Ebooks, Audobooks and Classical Music from Liber Liber
a b c d e f g h i j k l m n o p q r s t u v w x y z





Web - Amazon

We provide Linux to the World


We support WINRAR [What is this] - [Download .exe file(s) for Windows]

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
SITEMAP
Audiobooks by Valerio Di Stefano: Single Download - Complete Download [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Alphabetical Download  [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Download Instructions

Make a donation: IBAN: IT36M0708677020000000008016 - BIC/SWIFT:  ICRAITRRU60 - VALERIO DI STEFANO or
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Giordano Bruno - Wikipedia

Giordano Bruno

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Giordano  Bruno (1548-1600), pensador italiano, enfrentou abertamente os credos e dogmas da igrexa católica
Agrandado
Giordano Bruno (1548-1600), pensador italiano, enfrentou abertamente os credos e dogmas da igrexa católica

Giordano Bruno, coñecido tamén por Nolano ou Bruno de Nola, naceu en 1548 nunha provincia de Nápoles, Nola, na Italia e foi condenado á fogueira da inquisición o 17 de febreiro do 1600.

Índice

[editar] Vida

Giordano Bruno ingresou no convento dominico de Nápoles en 1566 onde se doutorou en teoloxía. Dominico como San Tomás de Aquino, era fillo de Xoán Bruno, un militar italiano e Flaulisa Savolino. Sempre contestador, non tarda a atrair contra si mesmo opinións contrarias e perseguicións. En 1576 abandona o hábito ao ser acusado de herexía por dubidar da Santísima Trindade.

Defensor do humanismo, corrente filosófica do renacimento (cuxo principal representante é Erasmo), Bruno defendia o infinito cósmico e unha nova visión do home. Aínda que a filosofia da súa época estivese baseada nos clásicos antigos, de entre os cais principalmente Aristóteles, Bruno teorizou vehementemente contra eles. A súa forma e contido son moi semellantes a de Platón, escrebendo na forma de diálogos e coa mesma visión.

Nomada por natureza e modo de vida, Bruno baseou a súa filosofia apoiado nas suas intuicións e vivencias fora do comun. Non era un científico, nen valoraba a matemática, mais era un visionario, considerado místico por moitos.

[editar] Ideas

Un dos puntos chaves da súa teoria é a cosmoloxía, segundo a cal o universo sería infinito, poboado por millares de sistemas solares, e interligado con outros planetas contendo vida intelixente. Para esta perspectiva bebeu na fonte de Nicolau da Cusa, Copérnico e tamén de Giovanni della Porta.

Deus seria a forza criadora perfeita que forma o mundo e que seria inmanente a el. Bruno coaduna cos poderes humanos extraordinarios, mais enfrentouse abertamente a igrexa católica ridicularizando os milagres de Cristo e outras tantos dogmas católicos, tais como a virxindade de María.

[editar] Obras

Ano e título en latín

  • 1582
    • De umbris idearum
    • Cantus Circaeus
    • De compendiosa architectura
    • Candelaio
  • 1583
    • Ars reminicendi
    • Explicatio triginta sigillorum
    • Sigillus sigillorum
  • 1584
    • La Cena de le Ceneri
    • De la causa, principio, et Uno
    • De l'infinito universo et Mondi
    • Spaccio de la Bestia Trionfante
  • 1585
    • Cabala del cavallo Pegaseo - Asino Cillenico
    • De gl' heroici furori
    • Figuratio Aristotelici Physiciauditus
  • 1586
    • Dialogi duo de FabriciiMordentis Salernitani
    • Idiota triumphans 1586
    • De somni interpretatione conl' Insomniun.
    • Centun et viginti articuli denatura et mundo adversusperipateticos
    • Animadversiones circa lampaden lullianan
    • Lampas triginta statuarum
  • 1587
    • Delampade combinatoria Lulliana
    • De progresu et lampade venatoria logicorum
  • 1588
    • Oratio valedictoria
    • Camoeracensis Acrotismus
    • De specierum scrutinio
    • Articuli centun et sexagintaadversus huius tempestatismathematicosatque Philosophos
  • 1589
    • Oratio consolatoria
  • 1591
    • De triplici minimo et mensura
    • De monade numero et figura
    • De innumerabilibus, immenso, et infigurabili
    • De imaginun, signorum &idearum compositione
    • De vinculis in genere
  • 1595
    • Summa terminorum metaphisicorum
  • 1612
    • Artificiun perorandi
  • Libri physicorum Aristotelisexplanati
  • De magia - Theses de maxia
  • De magia mathematica
  • De rerum principiis et elementis et causis
  • Medicina Lulliana


[editar] Morte

O nobre veneciano chamado Giovanni Mocenigo, encontrou a Bruno en Frankfurt en 1590 e convidouno a Veneza, baixo o pretexto de ensinar a mnemotécnica, a arte de desenvolver a memoria, en que Bruno era perito. Como Mocenigo quería usar as artes da memoria con fins comerciais, segundo algúns ou para prexudicar seus concorrentes e inimigos conforme outros, pechou a Bruno nun cuarto e chamou os axentes da Inquisición para lévarenno preso, acusándoo de herexía. Bruno foi preso no San Castello no día 26 de maio de 1592.

Por estas opinións quentes e perigosas para a época, Giornano Bruno foi condenado pola inquisición, pasando os seus últimos oito anos sofrendo torturas e maus tratos de todos os tipos. No último interrogatorio non se submete, mostra forza e coraxe. Por non abxurar, é condenado á morte na fogueira, mais antes de morrer afronta ainda máis unha vez aos seus inquisidores. É dito que cuspiu no crucifixo dos que o mataron. Sen embargo algúns consideran que non o fixo, e que este relato é para tentar denegrir máis a súa imaxe.

Ao ser anunciada a sentenza, de que sería executado piamente, sen profusión de sangue (que en verdade significaba a morte na fogueira) dixo: "Teme máis a Forza en pronuciar a sentenza do que eu en escoitala" Significando que a Forza - a Igrexa Católica sabería do crime contra a humanidade que estaría cometendo criando un mártir do pensamento. Anos despois, ante unha situación análoga, Galileo Galilei apenas susurrou "e pur si muove (aínda con todo iso, móvese...)" ao negar o heliocentrismo: Galileo, xa vello, tivo en conta o caso de Bruno e preservouse para poder continuar as súas investigacións.

[editar] Bibliografía

[editar] Sobre Bruno

Reale, G. & Antiseri, D. - Historia da Filosofia, Volume II, Ed.Paulis, Son Paulo, 1990.
Yates, F. A. - Giordano Bruno e a Tradición Hermética, Ed. Cultrix, Son Paulo, 1988.
Bosy, John, Giordano Bruno e o Misterio da embaixada, Ediouro, 1993, 272p.
Giuliano Montaldo Giordano Bruno, o filme, con Gian María Volontè, 1973, durazón 123min.

[editar] Bibliografía de Bruno en galego

Bruno, Giordano - Acerca do infinito, do universo e dos mundos, Fundación Calouste Gulbenkian, Lisboa,1984

[editar] Ligazóns Externas

Our "Network":

Project Gutenberg
https://gutenberg.classicistranieri.com

Encyclopaedia Britannica 1911
https://encyclopaediabritannica.classicistranieri.com

Librivox Audiobooks
https://librivox.classicistranieri.com

Linux Distributions
https://old.classicistranieri.com

Magnatune (MP3 Music)
https://magnatune.classicistranieri.com

Static Wikipedia (June 2008)
https://wikipedia.classicistranieri.com

Static Wikipedia (March 2008)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com/mar2008/

Static Wikipedia (2007)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com

Static Wikipedia (2006)
https://wikipedia2006.classicistranieri.com

Liber Liber
https://liberliber.classicistranieri.com

ZIM Files for Kiwix
https://zim.classicistranieri.com


Other Websites:

Bach - Goldberg Variations
https://www.goldbergvariations.org

Lazarillo de Tormes
https://www.lazarillodetormes.org

Madame Bovary
https://www.madamebovary.org

Il Fu Mattia Pascal
https://www.mattiapascal.it

The Voice in the Desert
https://www.thevoiceinthedesert.org

Confessione d'un amore fascista
https://www.amorefascista.it

Malinverno
https://www.malinverno.org

Debito formativo
https://www.debitoformativo.it

Adina Spire
https://www.adinaspire.com