Ebooks, Audobooks and Classical Music from Liber Liber
a b c d e f g h i j k l m n o p q r s t u v w x y z





Web - Amazon

We provide Linux to the World


We support WINRAR [What is this] - [Download .exe file(s) for Windows]

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
SITEMAP
Audiobooks by Valerio Di Stefano: Single Download - Complete Download [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Alphabetical Download  [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Download Instructions

Make a donation: IBAN: IT36M0708677020000000008016 - BIC/SWIFT:  ICRAITRRU60 - VALERIO DI STEFANO or
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Carmina burana - Wikipedia

Carmina burana

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Codex Buranus (Carmina Burana)
Agrandado
Codex Buranus (Carmina Burana)

Os Carmina Burana son unha colección de cantos medievais goliárdicos dos séculos XII e XIII. Púxolles este nome J.A. Schmeller, quen a descobriu a finais do século XIX nun códice de 1225 da abadía de Benediktbeuren (Bura Sancti Benedicti), en Baviera, ainda que hoxe pénsase que non foi aquí onde se recopilou, senón en Seckau. A colección atópase actualmente na Bayerische Staatsbibliothek de Munich.

Esta colectánea, composta por estudantes e clérigos, consta dunhas 300 composicións, das que arredor de 250 están en latín e unhas 50 en alemán, en francés antigo ou nunha mistura de varias delas. Os temas e estrutura rítmica son as comúns da poesía cabaleiresca (as cruzadas, o amor, a natureza) e aos himnos relixiosos. Porén, as composicións típicas son as chamadas Kontrafakturen, que seguen o esquema de versículos e letanías dos Evanxeos pero satirizan e condenan a decadencia dos estudos e a corrupción da curia romana. A composición máis coñecida é a Confessio Goliae, de Gualterio de Châtillon, que eloxia a muller, o viño e o xogo. Algunhas das composicións están acompañadas de neumas, que suxiren as melodías.

A colección divídese en seis seccións:

  • Carmina ecclesiastica (cánticos eclesiásticos)
  • Carmina moralia et satirica (cancións morais e satíricas)
  • Carmina amatoria (cancións amatorias)
  • Carmina potoria (cancións de bebedores)
  • Ludi (xogos)
  • Supplementum

A maior parte dos textos é anónima, ainda que se supón a autoría de Hugo de Orleáns, Serlón de Wilton, Pedro de Blois e outros. Estes autores estaban familiarizados coa cultura escolástica do seu tempo e a literatura latina pagá.

Carl Orff tomou os textos dos Carmina Burana para compor unha ópera co mesmo nome en 1937, cuxo fragmento máis coñecido é o O Fortuna que constitúe a primeira parte do preludio. Está pensada para orquestra grande, coro e intérpretes individuais. Orff subtitulouna Cantiones profanae cantoribus et choris cantandae comitantibus instrumentis atque imaginibus magicis (Cancións seculares para cantantes e coros para representar con instrumentos e imaxes máxicas). A composición é orixinal e non utiliza os neumas orixinais. Utiliza como linguas o latín e o Alto Alemán Medio.

Carmina Burana é posibelmente a obra musical máis famosa composta na Alemaña nazi. A obra, descrita como "cantata escénica" representouse por vez primeira na Ópera de Francfurt o 8 de xuño de 1937. Foi dirixida por Bertil Wetzelsberger, co Coro Cäcilienchor e encenación] de Otto Wälterlin e vestuario de Ludwig Sievert.

A obra foi tan ben recibida que se lle encargou a Orff a composición de outras. Ainda que nun principio os críticos locais a tacharon de arte dexenerada, foi posteriormente abrazada con entusiasmo polo rexime nazi como louvanza á cultura "aria". Após a guerra, a popularidade continuou a aumentar e na década de 1960 facía parte habitual do repertorio clásico internacional, chegándose a representar en Israel en 1966. Hoxe en día utilízase normalmente o formato de cantata.

A obra mezcla pasaxes moi rítmicas e percusivas con seccións melódicas. Algúns fragmentos son instrumentais, outros só para voz solista con acompañamento e outras para o grupo completo de coro e orquestra.

[editar] Enlaces externos

[editar] Curiosidades

  • Con ocasión dun concerto en Santiago, perguntóuselle a Xesús Pérez Varela, entón conselleiro de cultura da Xunta de Galicia polos Carmina Burana e contestou eloxiando á "cantante" "Carmiña Burana".
Our "Network":

Project Gutenberg
https://gutenberg.classicistranieri.com

Encyclopaedia Britannica 1911
https://encyclopaediabritannica.classicistranieri.com

Librivox Audiobooks
https://librivox.classicistranieri.com

Linux Distributions
https://old.classicistranieri.com

Magnatune (MP3 Music)
https://magnatune.classicistranieri.com

Static Wikipedia (June 2008)
https://wikipedia.classicistranieri.com

Static Wikipedia (March 2008)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com/mar2008/

Static Wikipedia (2007)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com

Static Wikipedia (2006)
https://wikipedia2006.classicistranieri.com

Liber Liber
https://liberliber.classicistranieri.com

ZIM Files for Kiwix
https://zim.classicistranieri.com


Other Websites:

Bach - Goldberg Variations
https://www.goldbergvariations.org

Lazarillo de Tormes
https://www.lazarillodetormes.org

Madame Bovary
https://www.madamebovary.org

Il Fu Mattia Pascal
https://www.mattiapascal.it

The Voice in the Desert
https://www.thevoiceinthedesert.org

Confessione d'un amore fascista
https://www.amorefascista.it

Malinverno
https://www.malinverno.org

Debito formativo
https://www.debitoformativo.it

Adina Spire
https://www.adinaspire.com