Ebooks, Audobooks and Classical Music from Liber Liber
a b c d e f g h i j k l m n o p q r s t u v w x y z





Web - Amazon

We provide Linux to the World


We support WINRAR [What is this] - [Download .exe file(s) for Windows]

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
SITEMAP
Audiobooks by Valerio Di Stefano: Single Download - Complete Download [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Alphabetical Download  [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Download Instructions

Make a donation: IBAN: IT36M0708677020000000008016 - BIC/SWIFT:  ICRAITRRU60 - VALERIO DI STEFANO or
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Wikipedia:Votacións para borrar - Wikipedia

Wikipedia:Votacións para borrar

Na Galipedia, a wikipedia en galego.


Para propoñer que unha páxina sexa borrada, lea antes con atención o parágrafo que ven a continuación.

Votacións para borrar é onde os usuarios da Wikipedia deciden cando un artigo ten que ser eliminado. As entradas listadas aquí, polo xeral, permanecen uns dez días aproximadamente; despois do cal algunha das seguintes accións ten lugar como resultado das decisións consensuadas da comunidade:

En primeiro lugar, comprobe o enlace "Páxinas que ligan con esta" na barra de navegación esquerda para facerse unha idea do que representa esta páxina na Wikipedia. Asimesmo, comprobe o historial da páxina para comprender a súa evolución. Entón, lea meticulosamente Wikipedia:Política e normas:Borrar antes de facer unha proposta. Unha vez teña feito todo iso, propoña a páxina para borrar seguindo as instrucións que aparecen no pé de páxina.

Sexa comprensivo cos principiantes, siga as normas de conduta da Wikipedia, sexa cuidadoso e repase o significado do seu comenentario antes de publicalo. Intente evitar que sexa malinterpretado. Asine o voto con catro (~~~~) . Os votos que procedan de usuarios que utilizan máis dunha identidade serán ignorados e o mesmo sucederá cos trolls.

Índice


<-- Atención: Por favor, lembre actualizar o número de sección na ligazón que hai no fondo da páxina e corresponde ao número de cabeceiras principais que coinciden co número de días rexistrados -->

[editar] 13 de novembro de 2006

[editar] Elias Cajaraville

Vanagloria. Persoa irrelevante (Google dá 2 entradas)--Lmbuga Commons - Galipedia 17:53, 13 novembro 2006 (UTC)

A favor do borrado

En contra

[editar] 24 de outubro de 2006

[editar] Xabier Cordal

Esta páxina debe borrarse por ter escrito o artigo unha persoa relacionada (ex-alumno do propio X. Cordal). --Gerardinho2000 01:23, 24 outubro 2006 (UTC)

A favor do borrado

En contra

  • --Xabier Cid 20:02, 24 outubro 2006 (UTC)
  • --Xelo2004 (Se non estás dacordo, dimo) 21:59, 24 outubro 2006 (UTC)
    • Comentario Que haxa un desacordo con dúas biografías anteriores, non significa que se teña que borrar ista.
  • -- Òscar Álvarez Vilaplana 15:20, 15 novembro 2006 (UTC) E qué ten que ver quen escribiu o artigo? Se o que hai nel é verídico e relevante e non ten problemas de licenza non vexo problema ningún para que estea na Galipedia.

[editar] 23 de outubro de 2006

[editar] Bernardo Penabade

Feito unhos texteos sobre da biografía deste persoaxe, achome cos seguintes puntos:

1º) Biografia non actualizada, carece de datos ate tan siquiera ano 2005. Poden figurar na páxina de orixe. En páxinas alternativa veñe aparecendo outros datos (do suposto autor) que non se citan no artigo da galipedia.

2º) A foto promociona o sitio (igual que algunha ligazons do artigo). No apartado da foto di que o © expirou, polo que é de supoñer que tén máis de 70 anos de antiguidade. (unha tomadura de pelo polo que viola a normas de lei fotografía da wiki e as dos estado español en xeral).

3º) Sen consultar a paxina de orixe, senón algunhas das pacinas alternativas, podemos achar a seguinte descripción (cito textualmente) "NOTA IMPORTANTE: Los datos y las fotografías de las personalidades actuales que figuran en este portal, han sido cedidos a Galicia Digital por los interesados, al único efecto de su difusión en Internet por este medio.". Vendo esto, está claro que persegue a vanagloria persoal por promorcionarse a través da rede, polo que incumple outra das normas da galipedia.

4º) O artigo primario procede dun usuario que non voltou a realizar nengunha aportación a galipedia, sendo precedido por 3 usuarios máis e unhas ip's descoñecidas. Pola contra o derradeiro usuario inxeriu a foto que na actualidade estase a ver no artigo.

Votacions para borrar:

A favor:

Tal como o vexo está proposta de borrado non trata exclusivamente da entrada, o que tamén se cuestiona aquí é se a Galipedia pode usarse como soporte para a promoción de certas persoas ou grupos, sexan estes de Galicia ou de calquera outro sitio.
O mesmo que non deberiamos admitir que fixera o mesmo un membro do consello de redacción dun xornal de distribución nacional, nin un redactor xefe dunha revista, nin o directivo dunha empresa, nin un alto executivo dun banco,... cando houbera un interese directo, non debemos admitir que ninguén pretenda promocionarse nestas páxinas.
Diso se trata, a Galipedia non pode ser surcursal de ninguén e este caso ten certas características que o agravan. Entendo que a resposta que hai que dar a casos coma este é o contrario do que se pretende e iso significa eliminar inmediatamente aquela entrada que se queira promocionar. Esa decisión non ten que estar mediatizada nin pola ideoloxía, nin polas simpatías, crenzas ou opinións personais de cada un de nós. Agora o artigo chámase Bernardo Penabade pero podería ter calquera outro nome. Trátase de defender o proxecto e enviar unha mensaxe clara a aqueles que pensen que poida ser manipulado. Ocorra iso agora ou nun futuro próximo.
Quizais Gerardinho2000 non se decatara do que estaba facendo ou quizais si, neste momento iso xa non importa, o que se valora son as consecuencias. Personalmente creo que este proxecto ten mais importancia como proxecto de colaboración que polos contidos, ollo! non estou dicindo que os contidos non sexan importantes ou que non deban coidarse. Temos artigos de gran calidade e outros que no futuro poden chegar a selo. Así e todo hai certos artigos que probablemente nunca sirvan de referencia para ninguén. Sabemos que as páxinas relacionadas con partidos políticos (sobre todo aqueles que estean preto), crenzas relixiosas, temas polémicos, etc, están constantemente axexadas por militantes de partidos, crentes de todo tipo de credos, abandeirados desta ou daquela causa que intentan inserir a súa información por máis que queiramos evitalo. Nesas circunstancias é moi difícil que eses artigos teñan utilidade para os lectores, provocan rechazo e a súa proliferación resulta demoledora para a credibilidade do proxecto no seu conxunto.
Por outra banda é sabido que moitas persoas teñen interese en figurar. Nos últimos tempos houbo unha preocupante escalada, editan eles ou persoas achegadas as súas entradas. Cando un realiza tarefas de administración non deixa de sorprenderse por ese afán por figurar, quizais buscan certo recoñecemento ou sentirse importantes. Na miña opinión esas persoas sobrevaloran a súa presenza aquí, o malo é que coas súas edición prexudican o noso esforzo por construir un wiki que sexa útil. Volvendo á cuestión que nos ocupa, esta entrada sexa cal sexa a decisión final queda "tocada" e pouco servizo pode facer a persoa reseñada, non obstante se non se atalla o sucedido pode producir un grave dano á Galipedia enviando a mensaxe de que calquera pode utilizar este wiki como medio de promoción e propaganda. Por iso a mellor solución, na miña opinión, é borrala. --Prevert(talk) 18:16, 26 outubro 2006 (UTC)
    • Creio que é injusto o apagamento do artigo. Em todo o caso, a solução mais justa seria reverter as minhas modificações e deixar o artigo no estado anterior. Vejo justo o apagamento os outros artigos que criei eu e que podem ser polémicos, mas neste caso concreto só acrescentei conteúdo em base à Biblioteca Virtual Galega, à web da AGAL, ao fundo bibliográfico da USC e a algumas entrevistas que aparecem na rede (portanto, creio, dados contrastados e nada a verem com a propaganda). --Gerardinho2000 02:22, 28 outubro 2006 (UTC)


En contra:


Já vai em "ligações externas". Se a alguém molestam, apagam-se e ponto, não é preciso apagar o artigo na íntegra. No que tem a ver com a ligação a Galicia Digital, apaga-se e ponto. Porquê sacrificar o artigo na íntegra?

  • Discordo--AlberteSi, digame? 16:00, 23 outubro 2006 (UTC) O artigo non se adica a louvar ó citado, snón a dar un repaso á súa carreira. Non penso que sexa vanagloria nin nada diso, polo que penso que o artigo debe permanecer tal cal na Galipedia.
  • Discordo --PortoFaládeme aquí 16:08, 23 outubro 2006 (UTC) Pódense suprimir as cousas que non sexan válidas, mais NON suprimir o artigo.
  • Discordo--gerardinho2000 *--Gerardinho2000 15:00, 23 outubro 2006 (UTC) Na fotografia, cometim um erro ao sinalar o tipo de licença, já que (creio) não é nenhuma das que aparece. Eu tenho a certeza de ter sinalado que a licença é com atribuição de fonte (e isso faço no pé de foto). Embora no artigo se promocione a URL do web da AGAL, é compreensível: há muitos outros personagens cujas biografias remitem a páginas web...
  • Discordo -- Bernardo Penabade ten recoñecemento e méritos davondo como para merecer un artigo. Xosé(✉) 17:41, 24 outubro 2006 (UTC)
  • Discordo Poida que no artigo haxa cousas que se deban modificar pero Bernardo Penabade é un personaxe que si debe figurar na Galipedia.--Miñato 17:01, 26 outubro 2006 (UTC)
  • Discordo A Wikipedia merece ter este artigo se quer ser plural e acorde coa realidade sociolingüística galega e toda a súa problemática, ás veces máis esaxerada do que é real. Bernardo Penabade ten méritos abondos para figurar na Galipedia, e as usuarias e usuarios deste enciclopedia feita por voluntariado temos dereito a saber das súas contribucións á lingua galega. O feito de non aparecer a entrada noutras enciclopedias galegas non é un criterio obxectivo para o borrar, porque se se seguise tal criterio, moitos máis -que tamén deben estar- habería que borrar. Se a foto ten dereitos de autor, pódese quitar, e se houber algún outro problema, pódese amañar, mais borrar o artigo pareceríame excesivo. Un cordial saúdo. --Xoán Carlos Fraga 15:14, 10 decembro 2006 (UTC)

Comentarios:

  • Comentario Respecto a iste persoaxe, tiven a molestia de consultar dúas fontes de suma importancia nas bibliotecas de galicia. A primeira referencia é a Gran Enciclopedia Galega, o resultado é negativo, a outra referencia é Enciclopedia Galega Universal (EGU), co mesmo resultado. A través da rede podemos ver en Galicia Digital e velaí a exposición do punto 3; señores/as, cando ista xente tampouco se molla, quen dá creto que está biografía é escrita por la mesma persoa que o publicou (de onde ven coma orixe)?. Non sabemos cantas cousas son realidades ou logros. Aquilas persoas que discordan do tema invítoas a que se mollen e deixen un artigo como deus manda.--Xelo2004 (Se non estás dacordo, dimo) 22:44, 23 outubro 2006 (UTC)

Por outra parte, ao procurar "Bernardo Penabade" no Google há 1.810 ocorrências, de fontes algumas tão "fiáveis" como o jornal Galicia Hoxe. Se o que queres é uma cópia digital das 2 enciclopédias que citaste antes... --Gerardinho2000 23:08, 23 outubro 2006 (UTC)

  • É curioso, si señor!!!. Moi curioso, que problema ten unha persoa reintegracionista para non aparecer en calquera das dúas enciclopedias mencionadas. Non ten unhas cantas obras publicadas?, non fixo discursos ni espuxo artigos en xornais?. Non é unha persoa con ¡¡¡moito prestíxio!!!, polo que repecta o tema (se tanta embergadura se lle da, que fai, que non aparece?). Será que o que conta na súa biografía ten pouco de serio?. Amigo, sabido está que "chufas e peidos, non costan diñeiros". Dís atopar no Google 1.810 coincidencias, quizáis non has miraches todas, do contrario, o artigo que se propón para borrar non se habería proposto por que sería outro artigo moi diferente. Dende aquí sigo reiterando o que espuxen no comentario principal.--Xelo2004 (Se non estás dacordo, dimo) 01:06, 24 outubro 2006 (UTC)
    • Estimado Xelo, dicirche que no artigo do Sr. Penabade aparece parte da súa bibliografía. Sobre o reintegracionismo, deberas saber que desde Guerra da Cal, pasando por Carvalho Calero, a maior parte dos pessoeiros reintegracionistas ou não aparecem, ou as suas biografias aparecem sesgadas (a dualidade "Carballo Calero" vs "Carvalho Calero" oferece também diversas entradas e interpretações). Digo eu, aparecer nas duas enciclopédias que citas é marca de qualidade? Também aparecem todos os membros dos Governos de Fraga embora ninguém saiba quem foram (alguns, de tão breve passo como o Cástor Gago). Olha tu que, por exemplo, Margarita Ledo ainda não tem entrada nesta enciclopédia. Agora diz-me tu se é merecedora ou não de um artigo: fundadora da faculdade de jornalismo de Santiago, co-fundadora da UPG, premiada pola sua obra documental, presidenta da Lusocom, escritora reconhecida e premiada (aparece em todas as antologias literárias desde os '70)... E, provavelmente, nessas duas enciclopédias omitam muitas passagens da sua vida. Por enquanto, aqui nao tem artigo, e eu como ex-aluno e como vizinho, não o posso criar :-D --Gerardinho2000 01:15, 24 outubro 2006 (UTC)

  • Outro dato, é que dende a administración xa estábamos a poñernos dacordo coa proposición de borrado cando Gerardinho2000 empezou a ampliar-lo datos. Se revertimos isos cambios volvemos o artigo que se estaba a falar para borrar. Pero como xa lle dixen a Gerardinho2000 na súa páxina de discusión; a administración debe de velar polo que o proxecto vaia cara adiante. De xeito neutral se podería borrar o artigo de B. Penabade e que sexa o mesmo Gerardinho2000 quen cree outro novo, pero máis extenso posibel en cunha estructura diferente o artigo que está feito. Maila que todo iso se puidese facer, cabería de facer unha proposta na Taberna sobre unha categoría a que se lle denomíaria "reintegracionismo", asimesmo, unha template unitaria para isa categoria. --Xelo2004 (Se non estás dacordo, dimo) 02:42, 28 outubro 2006 (UTC)

[editar] 23 de outubro de 2006

[editar] Vítor Manuel Lourenço Peres

Feito unhos texteos sobre da biografía deste persoaxe, achome cos seguintes puntos:

1º) Biografia non actualizada, carece de datos como a data de nacemento e o lugar. Na páxina de orixe si figuran alguns deles. Aprol de que nalgunhas paxinas alternativas figura con outros datos biografícos como (Administrativo - Director do Portal Galego da Língua, Ourense) que non se citan no artigo da galipedia.

2º) A foto promociona o sitio (igual que algunha ligazons do artigo). No apartado da foto non existe un © que nos dee a exclusividade de cesion do autor da mesma (polo que viola a normas de lei fotografía da wiki).

3º) Consultando outros apartados da paxina de orixe atópase o seguinte texto: "Copyright © 2002, 2004, PGL. É permitida a reproduçom total ou parcial do conteúdo do PGL sempre que se citar a fonte. As notícias assinadas e comentários som responsabilidade dos seus autores.". Isto quere dicir que os datos contidos na páxina (artigos, fotos, biografias, etc.) poden perseguir a vanidade persoal por promorcionarse a través da rede, polo que incumple outra das normas da galipedia.

4º) Lanzado algúns avisos o autor/traductor que expuso este artigo na galipedia, achámonos que o que fai é borrar os mesmo co argumento persoal de favorece-la dinamización de acceso a mesma. Ante isto a galipedia ten unha das propostas xa aprovadas dende fai tempo na que consiste que as discusións das citadas páxinas (o mesmo que as dos apartados da taberna) son gardadas coma historiais das mesmas, co fin de poder seguir a conversa.

Votacions para borrar:

A favor:

  • --Xelo2004 (Se non estás dacordo, dimo) 23:02, 22 outubro 2006 (UTC)
  • Concordo--Lmbuga Commons - Galipedia 06:45, 23 outubro 2006 (UTC)
  • Borrar --Prevert(talk) 19:31, 25 outubro 2006 (UTC) Hai varios aspectos que se poden considerar para decidir borrar este artigo, pero un deles xa é definitivo. O mesmo que coas imaxes que teñen copyright os textos con copyright deben ser borrados inmediatamente.
  • Borrar Despois de ler a biografía parece que o máis importante que fixo é ser director dun sitio web, non creo que iso sexa relevante para estar nunha enciclopedia, asemade ser funcionario da facenda, colaborador dunha determinada páxina web, websmater, etc. son desde o punto de vista enciclopédico irrelevantes desde o meu punto de vista.--Miñato 16:54, 26 outubro 2006 (UTC)

En contra:

  • Discordo --PortoFaládeme aquí 16:08, 23 outubro 2006 (UTC) Pódense suprimir as cousas que non sexan válidas, mais NON suprimir o artigo.
  • Discordo --AlberteSi, digame? 16:47, 23 outubro 2006 (UTC)


Comentarios:

  • Definitivo? Cito dos termos de uso legal do PGL: "É permitida a reproduçom total ou parcial do conteúdo do PGL sempre que se citar a fonte". Citando o PGL entre as fontes do artigo (como sucede noutros artigos da Galipedia) não vejo problema.--Gerardinho2000 16:30, 26 outubro 2006 (UTC)
  • Nunha resposta a outra das túas mensaxes xa expliquei que a licenza non é compatible, a páxina de orixe ten copyright e aínda que diga que se pode reproducir citando a orixe iso non ten ningún valor a efectos da licenza GFDL, que ten unha serie de requerimentos que deben cumplirse. Por outra banda movin o teu comentario á zona comentarios porque os votos doutras persoas non se comentan, os comentarios teñen que estar na zona correspondente. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 16:44, 26 outubro 2006 (UTC)

[editar] 23 de agosto de 2006

[editar] 22 de agosto de 2006

[editar] 24 de xullo de 2006

[editar] Lista de grupos étnicos

Sinceramente estou alucinado. Paréceme aberrante que se poida incluír os galegos como grupo étnico. Tras esa apreciación toda outra que se poida realizar no presente artigo carece de toda verosimilitude. Evidentemente, teño que solicitar o seu borrado.

As reflexións que podo facer son moi semellantes ás realizadas por min mesmo no artigo anterior, así que non as vou repetir.

Só vexo unha alternativa que pouco ten que ver con isto: converter esta páxina nun glosario de xentilicios. --Lmbuga Commons - Galipedia 19:13, 24 xullo 2006 (UTC)

Borrar Completamente de acordo coa exposición de Lmbuga tanto sobre está páxina como con Lista de movementos activos secesionistas e autonomistas. --Prevert(talk) 21:44, 24 xullo 2006 (UTC)
Borrar Contades coa miña bendición para darlle os santos óleos. --Xelo2004 (Se non estás dacordo, dimo) 22:42, 24 xullo 2006 (UTC)

DiscordoEsta páxina esta en proceso, pero é tradución da páxina da wikipedia en inglés. Se alí o poñen (e inclúen ós galegos) ¿por que non facelo nós?--Norrin_strange (Talk) 16:15, 25 xullo 2006 (UTC)

Neutro Estuven mirando a páxina en inglés, e está bastante ben. Sen embargo, paréceme que este artigo ten moi pouco valor se o comparamos co traballo que vai dar. Ademais, leín tamén a páxina en inglés dos grupos étnicos españois, e non sei ata que punto podemos considerar que nós somos un grupo étnico e non os casteláns ou os cataláns e non os aragoneses... Isto demostra que non podemos fiarnos de todo o que di a wikipedia en inglés. Volvo a repetir que a min tanto me ten se sacades o artigo ou o deixades. --O TinContradíceme se te atreves 12:00, 28 xullo 2006 (UTC)

[editar] 29 de agosto de 2005

[editar] Novas da Galiza

Aviso: este artigo permanece aquí, aínda que a decisión que se tomou en primeiro lugar foi borralo, ata que se concrete a política sobre relevancia e vangloria.



Engadir unha nova entrada a lista desta páxina

[editar] Instruccións para propoñer borrar unha páxina

Nota para os usuarios que engadan entradas á lista de votacións para borrar:

Por favor lea atentamente as instrucións que se inclúen a continuación.


Para engadir a páxina chamada Nomedapáxina á lista de páxinas para borrar:

(onde apareza Nomedapáxina abaixo, use o nome da páxina que se propoña para borrar no seu lugar.)
  1. Edite a páxina que queira borrar, insira {{Vpb}} na parte superior da páxina, e logo garde a páxina.
  2. Siga a ligazón "entrada desta páxina" ata Wikipedia:Votacións para borrar/Nomedapáxina e poña un enlace arriba á páxina que se propón borrar incluído na sub-sección como se ve a continuación:
    ===[[Nomedapáxina]]===
  3. Nesa sección, describa, de acordo coas nosas políticas e normas sobre borrar, porque a páxina debe borrarse. Non esqueza asinar e poñela data (usando ~~~~).
  4. Garde a páxina.
  5. Regrese a esta páxina e copie o seguinte texto:
    {{Wikipedia:Votacións para borrar/Nomedapáxina}}
  6. Edite esta páxina, usando esta ligazón de edición, ou o botón que hai na parte superior desta páxina, ou o enlace "[edita]" ao lado dereito de cada cabeceira coa data, pero nunca a ligazón "[edita]" xunto a entrada doutro usuario (esas cabeceiras proceden dun modelo -template-, polo tanto se o fai así estará editando no lugar equivocado); pegue o texto copiado a continuación da última entrada {{Wikipedia...}}.
  7. Non esqueza sustituir Nomedapáxina co nome da páxina que vostede propón borrar.
  8. Como cortesía, use [[Nomedapáxina]] como cabeceira da páxina de edición así os usuarios poderán ir directamente á páxina sen ter que cargar toda a lista de votacións para borrar.
  9. Garde a páxina.
Our "Network":

Project Gutenberg
https://gutenberg.classicistranieri.com

Encyclopaedia Britannica 1911
https://encyclopaediabritannica.classicistranieri.com

Librivox Audiobooks
https://librivox.classicistranieri.com

Linux Distributions
https://old.classicistranieri.com

Magnatune (MP3 Music)
https://magnatune.classicistranieri.com

Static Wikipedia (June 2008)
https://wikipedia.classicistranieri.com

Static Wikipedia (March 2008)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com/mar2008/

Static Wikipedia (2007)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com

Static Wikipedia (2006)
https://wikipedia2006.classicistranieri.com

Liber Liber
https://liberliber.classicistranieri.com

ZIM Files for Kiwix
https://zim.classicistranieri.com


Other Websites:

Bach - Goldberg Variations
https://www.goldbergvariations.org

Lazarillo de Tormes
https://www.lazarillodetormes.org

Madame Bovary
https://www.madamebovary.org

Il Fu Mattia Pascal
https://www.mattiapascal.it

The Voice in the Desert
https://www.thevoiceinthedesert.org

Confessione d'un amore fascista
https://www.amorefascista.it

Malinverno
https://www.malinverno.org

Debito formativo
https://www.debitoformativo.it

Adina Spire
https://www.adinaspire.com