Ebooks, Audobooks and Classical Music from Liber Liber
a b c d e f g h i j k l m n o p q r s t u v w x y z





Web - Amazon

We provide Linux to the World


We support WINRAR [What is this] - [Download .exe file(s) for Windows]

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
SITEMAP
Audiobooks by Valerio Di Stefano: Single Download - Complete Download [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Alphabetical Download  [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Download Instructions

Make a donation: IBAN: IT36M0708677020000000008016 - BIC/SWIFT:  ICRAITRRU60 - VALERIO DI STEFANO or
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Wikipedia:Cousas que non se deben facer - Wikipedia

Wikipedia:Cousas que non se deben facer

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

A Wikipedia é un proxecto feito en colaboración. O que isto significa, obviamente, é que só funciona se vostede colabora constructivamente no seu desenvolvemento. Para que iso aconteza, hai algunhas normas de conduta a ter en conta, que deben ser lidas por todos. O que segue non dispensa a consulta das normas de conduta, só é un resume rápido dos erros máis frecuentes e do motivo polo cal son erros.

Véxase tamén: Wikipedia:O que a Wikipedia non é

Índice

Cousas que non se deben facer na Wikipedia

Nunca copie na Wikipedia material doutras fontes

Excepto se se trata de material no dominio público ou se ten a autorización expresa do autor, nunca copie na Wikipedia material doutras fontes. O motivo é simple: os dereitos de autor están protexidos pola lexislación adoptada por todos os países do mundo, e se un autor se sente lesionado nos seus dereitos pode demandar á Wikipedia, o que pode provocar danos moi serios ao proxecto.

Diferencie entre o que está protexido polos dereitos de autor e o que é a expresión persoal desa información. O que isto significa é que vostede pode utilizar a información obtida de fontes externas sempre e cando a redacte coas súas palabras. É dicir: non pode copiar os textos pero si pode reutilizar a información contida neles.

Non entre en guerras lingüisticas

Esta Wikipedia é de lingua galega e grafía galega. Non intente mudar ou utilizar a grafía portuguesa, para iso está a Wikipedia portuguesa.

Non use imaxes colocadas en servidores externos

As imaxes colocadas noutros servidores non están, moi probablemente, no dominio público e por iso o seu uso é ilegal e incompatible coa licencia da Wikipedia. Á parte diso, quen usa imaxes que están noutros servidores está a usar ancho de banda de terceiros, perxudicandoos. As imaxes usadas na wikipedia deben ser cargadas previamente no servidor da wikipedia. Isto tamén inflúe na descarga da base de datos para o seu uso fóra deste servidor.

Non borre: corrixa e aumente

Salvo en casos de violación dos dereitos de autor, nunca debe borrar información coa que non concorde. En vez diso, corríxaa e complétea e, en caso que lle pareza que a alteración que se propón facer pode levantar polémica, propóñaa primeiro na páxina de discusión do artigo en cuestión.

Isto non significa, naturalmente, que non poida (e deba) mover información que pense que encaixa mellor noutro sitio, ou nunha páxina propia (salvo que as normas desta wikipedia digan o contrario).

Tampouco discuta na propia páxina dos artigos. Para as discusións existe unha páxina apropiada a eses efectos.

Nunca faga proselitismo

Non utilice a Wikipedia como tribuna para as súas crenzas persoais. A Wikipedia é unha enciclopedia, e por tanto debe ser receptáculo de información o máis obxectiva posible (vexa Punto de vista neutral). Artigos propagandísticos non son benvidos e é bó que teña consciencia de que o seu texto propagandístico rematará, axiña, profundamente alterado por outros usuarios, transformándose en algo que a vostede tal vez non lle gustaría ler.

Por iso, reflexione antes de colocar na Wikipedia textos abertamente parciais.

Non experimente coas páxinas normais

Existe unha páxina propria para facer experiencias á que chamamos Zona de probas. Con un sitio tan bó para facer probas, para que estragar o traballo dos outros Wikipedistas, ou crear páxinas sen contido, só para facer experiencias?

Non faga publicidade

Non utilice a wikipedia para publicitar os seus productos, os seus servizos, as súas páxinas web preferidas ou o seu canal de IRC. A Wikipedia é unha enciclopedia, non é unha páxina de anuncios. Anunciantes que usan a wikipedia para publicitar os seus productos están a abusar da enciclopedia e están a perxudicar o proxecto porque aumentan a relación sinal/ruído. É moi importante para a credibilidade do proxecto que un visitante da wikipedia atope só artigos relevantes.

Non cree páxinas de opinión

Sendo unha enciclopedia, os artigos da wikipedia deben conter feitos. As persoas que consultan enciclopedias están interesadas esencialmente en feitos e datos.

Claro que en algúns artigos é necesario escribir sobre opinións. Nese caso, vostede non debe publicar as súas opinións, senón as opinións de autoridades na materia ou de correntes de opinión importantes. Estas opinións deben ser sempre atribuídas aos seus autores de acordo co Punto de vista neutral.

Non cree entradas de dicionario

A wikipedia non é un dicionario. A wikipedia debe compilar o coñecemento humano. Cada artigo debe resumir o coñecemento humano sobre determinado tema. Por iso, non deben ser creadas páxinas que se limitan a explicar o significado dunha palabra. Nin todas as palabras corresponden a unha área do coñecemento humano. Por exemplo, a wikipedia non debe ter ningunha entrada sobre ollar, ollou, ver ou visualizar, pero debe ter un artigo sobre visión humana. E o contido dunha páxina non debe ter o formato dun diccionario. Os artigos da wikipedia deben seguir o libro de estilo.

Non asine os seus textos

Como calquer texto da wikipedia pode ser alterado por calquera outra persoa, e iso é inevitable que aconteza, cada artigo da wikipedia remata por ter varios autores. Estes autores quedan rexistrados na base de datos automaticamente, desde que o autor está rexistrado. A lista de autores de cada artigo pode ser consultada no seu historial. Por eses motivos, non asine as súas contribucións no artigo .

Our "Network":

Project Gutenberg
https://gutenberg.classicistranieri.com

Encyclopaedia Britannica 1911
https://encyclopaediabritannica.classicistranieri.com

Librivox Audiobooks
https://librivox.classicistranieri.com

Linux Distributions
https://old.classicistranieri.com

Magnatune (MP3 Music)
https://magnatune.classicistranieri.com

Static Wikipedia (June 2008)
https://wikipedia.classicistranieri.com

Static Wikipedia (March 2008)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com/mar2008/

Static Wikipedia (2007)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com

Static Wikipedia (2006)
https://wikipedia2006.classicistranieri.com

Liber Liber
https://liberliber.classicistranieri.com

ZIM Files for Kiwix
https://zim.classicistranieri.com


Other Websites:

Bach - Goldberg Variations
https://www.goldbergvariations.org

Lazarillo de Tormes
https://www.lazarillodetormes.org

Madame Bovary
https://www.madamebovary.org

Il Fu Mattia Pascal
https://www.mattiapascal.it

The Voice in the Desert
https://www.thevoiceinthedesert.org

Confessione d'un amore fascista
https://www.amorefascista.it

Malinverno
https://www.malinverno.org

Debito formativo
https://www.debitoformativo.it

Adina Spire
https://www.adinaspire.com