Ebooks, Audobooks and Classical Music from Liber Liber
a b c d e f g h i j k l m n o p q r s t u v w x y z





Web - Amazon

We provide Linux to the World


We support WINRAR [What is this] - [Download .exe file(s) for Windows]

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
SITEMAP
Audiobooks by Valerio Di Stefano: Single Download - Complete Download [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Alphabetical Download  [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Download Instructions

Make a donation: IBAN: IT36M0708677020000000008016 - BIC/SWIFT:  ICRAITRRU60 - VALERIO DI STEFANO or
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
User talk:Xosé - Wikipedia

User talk:Xosé

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Mensaxes anteriores:

User talk:Xosé/Arquivo0

User talk:Xosé/Arquivo1


Índice

[editar] Música galega

Polo que parece o debate sobre a categoría Música seguirá aberto moito tempo, vai ser mellor seguir clasificando artigos na categoría Música galega. Se no futuro hai que cambiar algo xa se fará. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 14:53, 13 outubro 2006 (UTC)

[editar] Citas de Winston Churchill

Xa está activa a importación entre os wikis galegos, tes que ir a q:Special:Import. Unha vez no formulario indicas o wiki, por omisión está a Galipedia, logo a páxina Citas de Winston Churchill. Deixas marcado Copy all history versions for this page e xa podes importar. O seguinte paso é mover a páxina ao destino final. Como neste caso xa existe tes que aceptar que borre a páxina, logo vas ao historial da páxina e aparece un enlace ás revisións borradas, premes nel e restauras. Por último recuperas no historial a última versión válida. Unha vez que estea feito, por favor avísame para que borre na Galipedia a páxina orixinal. Por certo teremos que crear un marcador e unha categoría para mover a Galicitas. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 13:25, 16 outubro 2006 (UTC)

Polo que vexo o historial si que está completo (as veces non se mostra durante un breve período de tempo). A versión que tes que recuperar agora é http://gl.wikiquote.org/w/index.php?title=Winston_Churchill&oldid=6576 , telo que facer de xeito manual porque desfacer non funciona cando as edicións corresponden ó mesmo usuario (tanto a última coma esa son túas). Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 15:50, 16 outubro 2006 (UTC)

[editar] Obrigado

Obrigado polo apoio ao artigo sobre Penabade.

[editar] Río Rhin

Semella que debe haber unha confusión con Río Rin porque xa existe a páxina Río Rhin. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 14:07, 26 outubro 2006 (UTC)

[editar] Requeixo, Chantada

Coincidiu que estabamos editando á vez nese artigo. Gardei por riba da túa versión porque fixen algunhas correccións. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 13:37, 27 outubro 2006 (UTC)

[editar] Image:Bot.png

Xa están creados os modelos para as capturas de pantalla e agora a imaxe xa pode marcarse definitivamente. En Wikipedia:Política_de_uso_de_imaxes#Logos_Wikimedia hai unha explicación do tema e como evitar a presenza dos logos. Tamén podes atopar en Wikipedia:Política_de_uso_de_imaxes#Capturas_de_pantalla as instrucións sobre que elementos hai que ter en conta nas capturas. Unha solución para convertir a imaxe nunha imaxe libre é facer a captura sen o logo do canto superior esquerdo (e ocultar o logo de Commons que está no contido do artigo), nese caso podería cambiarse o marcador {{CopyrightWikimedia}} por {{Wikipedia-CapturaPantalla}}. Un apunte máis, na caixa de información da imaxe hai que indicar as licenzas do contido. Neste caso as dúas imaxes que se ven Image:Ratzinger Szczepanow 2003 9.JPG e Image:Coabxvi.png teñen licenzas Creative Commons ou duais. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 11:56, 5 novembro 2006 (UTC)

Revisada, agora contén toda a información e os marcadores precisos. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 10:33, 6 novembro 2006 (UTC)

[editar] Telón de Aceiro

Grazas por continuares coa corrección do artigo. Non me explico cómo non me decatei de "cortiña" (hiperenxebrismo flagrante) entre outras cousas, cando fixen a miña corrección. Na túa corrección observei un erro e procedín a corrixilo, é "caeu", non "caiu". Indícocho só por non andarmos a corrixir continuamente un por riba do outro. Saúdos --Lmbuga Commons - Galipedia 00:00, 10 novembro 2006 (UTC)

[editar] Rúa do Orzán

Desculpa que non me puxese en contacto contigo antes ou despois de facer o que fixen. Explícoche os motivos do que fixen.

O artigo, tal como estaba, distaba moito de ser un artigo enciclopédico (Wikipedia:Eliminación rápida: Artigos moi curtos fóra de contexto) e non suxería que se puidese dar no futuro esa condición.

É certo que todos desexamos que a Galipedia teña milleiros de artigos, pero creo que poucos admitimos que teñan a calidade, dimensión e futuro desa páxina.

Por outra banda, o artigo -polas súas dimensións e características- incita a que se fagan artigos de tódalas rúas de Galicia, cousa que sería inaceptable.

Se a rúa é realmente significativa, agradézoche que compoñas un artigo extenso. Non facelo así é un precedente perigoso. Hai rúas das que se podería -tendo a información adecuada- facer tal cousa, ¿e esa unha?, ¿te-la información?, ¿pensabas continuar desenvolvendo o artigo?

Dado que fixeches ti a páxina, procurei unha solución, a incorporación do texto a outra que -pensei- podía acollelo. Confundinme nisto (xa o solucionaches ti, polo que vexo), mais entendo que non me confundín na eliminación do artigo. Non procede facer un artigo por cada unha das rúas que hai en Galicia. Espero que me entendas.

Creo firmemente que non debo recuperar tal artigo, dado o contido que tiña. Iso non quere dicir que ti non o volvas crear, mais con contido enciclopédico. Un cordial saúdo --Lmbuga Commons - Galipedia 18:24, 13 novembro 2006 (UTC)

  • Evidentemente, os barrios das cidades poden ter máis doadamente cabida, especialmente, cando, coma ese -polo que dis-, teñen singularidade e, probablemente, historia.
Eu non son da Coruña e o meu coñecemento é limitado, non podo determinar se o nome do barrio "O Orzán" é correcto ou non. Fixen algunha comprobación e vin que Orzán é un barrio (o distrito de Pescadería está constituído polos barrios Monte Alto, Orzán, Riazor, Ensanche, Agra do Orzán, Labañou, Nostián,...), o que non sei é se é Orzán ou O Orzán. Polo que vin en internet, asemella que o uso habitual é co artigo.
Sobre o nome da páxina (salvando que haxa ou non artigo antes da denominación do barrio) creo que debería seguir o esquema das páxinas das vilas e lugares: Barrio de/do Orzán, A Coruña ou (O) Orzán, A Coruña. Non teño claro cal sería mellor. Quizais a primeira para non confundi-lo barrio cunha localidade, non o teño claro. Mirarei de comentar a cuestión. ¿Que che parece a ti?--Lmbuga Commons - Galipedia 16:18, 14 novembro 2006 (UTC)
  • Desculpa que non che indicase a fonte dos datos que obtiven. Dado que te vexo tan convencido de que os datos que che suxerín son incorrectos cando a fonte dos mesmos é o Boletín Oficial da Provincia, entendo que debe de haber algunha controversia nese tema. Así a todo, a Galipedia non pode nin debe ser unha fonte primaria (Wikipedia:Verificabilidade) polo que me gustaría saber se hai algunha outra fonte á que nos poidamos referir e en que poidas fundar a túa disensión.

Polo que respecta ó tema do nome, coincido contigo e co que propós; para non confundilo coas parroquias é mellor o de Barrio de X, Cidade. Non creo que sexa necesaria unha discusión que, por outra banda, se fose precisa, poderíase facer a posteriori. Un cordial saúdo --Lmbuga Commons - Galipedia 20:12, 14 novembro 2006 (UTC)

[editar] Wikipedia:Artigo Destacado/decembro 2006

Grazas pola túa colaboración, vexo excelentes as apreciacións que realizaches, inda que quizais non comprenda moi ben que o concepto de meta (entendido como remate dunha carreira) poida ser merecente dun artigo enciclopédico, mais non me parei a mirar se tal entrada existía noutras wikipedias --Lmbuga Commons - Galipedia 01:49, 28 novembro 2006 (UTC)

[editar] 20.000 artigos

Ola Xosé. Como xa sabes, a Galipedia acadou a cifra de 20.000 artigos. Este feito posibilítanos ollar con perspectiva a evolución do wiki e decatarnos de que estamos nunha etapa crucial no desenvolvemento do proxecto galego e da comunidade de usuarios da Galipedia. É o momento de celebrarmos que o esforzo realizado por múltiplos e heteroxéneos usuarios está a dar un froito que cando se iniciou o proxecto semellaba utópico e que nos permite albiscar un futuro inda mellor.

Como celebración do éxito que supón acadar esa cifra, inconcibible sen a colaboración daqueles compañeiros que, coma ti, están fortemente implicados no proxecto, están á túa disposición os seguintes novos espazos:

Agradeceriamos que te unises a esta celebración expresando o teu parecer en Wikipedia talk:20.000 artigos. Grazas pola túa colaboración e a túa compañía --Prevert(talk) --Lmbuga Commons - Galipedia 00:23, 6 decembro 2006 (UTC)

[editar] Bloqueos

Os bloqueos de IPs varian en función do que teñen feito antes e do tipo de IPs. Hai IPs que non bloqueamos porque debido ás técnicas que utilizan non resulta efectivo bloquealos, mentres que noutros si se debe bloquear. Este mesmo IP xa foi bloqueado noutras ocasións, antes de bloquear foi comprobado o IP e coñecese a súa orixe. Así mesmo, as novas versións de MediaWiki dispoñen de instrumentos para tratar cos enderezos IP, quere dicir que non hai un único tipo de bloqueo para IPs. Como regra xeral bloquear os IPs por un só día deixa o wiki vulnerabel, por iso comprobamos cada IP e aplicamos un bloqueo en función dos danos que produce. --Moderador 14:49, 11 decembro 2006 (UTC)

Modifiquei o bloqueo á baixa. Pero non podo reducilo máis. --Moderador 15:16, 11 decembro 2006 (UTC)

[editar] Arte

A categoría Arte e das que depende da aprobación, ata agora non se chegou á conclusión de que deba separarse de Arte e Cultura. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 23:22, 12 decembro 2006 (UTC)

  • O das personalidades da política está semi-pechado, Arte e Cultura está case completo excepto algúns detalles. A que ten máis problemas e semella que non hai solución á vista é Música porque as propostas son contarditorias. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 23:34, 12 decembro 2006 (UTC)
Podes conectar un momento. Grazas. --Prevert(talk) 22:39, 13 decembro 2006 (UTC)
Our "Network":

Project Gutenberg
https://gutenberg.classicistranieri.com

Encyclopaedia Britannica 1911
https://encyclopaediabritannica.classicistranieri.com

Librivox Audiobooks
https://librivox.classicistranieri.com

Linux Distributions
https://old.classicistranieri.com

Magnatune (MP3 Music)
https://magnatune.classicistranieri.com

Static Wikipedia (June 2008)
https://wikipedia.classicistranieri.com

Static Wikipedia (March 2008)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com/mar2008/

Static Wikipedia (2007)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com

Static Wikipedia (2006)
https://wikipedia2006.classicistranieri.com

Liber Liber
https://liberliber.classicistranieri.com

ZIM Files for Kiwix
https://zim.classicistranieri.com


Other Websites:

Bach - Goldberg Variations
https://www.goldbergvariations.org

Lazarillo de Tormes
https://www.lazarillodetormes.org

Madame Bovary
https://www.madamebovary.org

Il Fu Mattia Pascal
https://www.mattiapascal.it

The Voice in the Desert
https://www.thevoiceinthedesert.org

Confessione d'un amore fascista
https://www.amorefascista.it

Malinverno
https://www.malinverno.org

Debito formativo
https://www.debitoformativo.it

Adina Spire
https://www.adinaspire.com