Ebooks, Audobooks and Classical Music from Liber Liber
a b c d e f g h i j k l m n o p q r s t u v w x y z





Web - Amazon

We provide Linux to the World


We support WINRAR [What is this] - [Download .exe file(s) for Windows]

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
SITEMAP
Audiobooks by Valerio Di Stefano: Single Download - Complete Download [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Alphabetical Download  [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Download Instructions

Make a donation: IBAN: IT36M0708677020000000008016 - BIC/SWIFT:  ICRAITRRU60 - VALERIO DI STEFANO or
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Tony Blair - Wikipedia

Tony Blair

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Tony Blair.
Tony Blair.

Anthony Charles Lynton Blair (nado o 6 de maio de 1953) é o líder do Partido Laborista dende Xullo de 1994 e o Primeiro ministro do Reino Unido dende o 2 de maio de 1997.

É o único político laborista que foi tres veces consecutivas elixido como Primeiro Ministro. Durante estas tres lexislaturas, levou ó Reino Unido a catro conflictos internacionais: Kosovo, Serra Leona, Afganistán e Iraq.

Dentro do seu partido, é o líder da corrente denominada "Novo Laborismo", que defende a economía de mercado fronte á postura tradicional, centrada na nacionalización ods servizos. Isto fai que sexa o branco de moitas críticas dentro do seu partido, xa que o ven case máis próximo ó Partido Conservador que ós ideais do laborismo.

Índice

[editar] Vida

[editar] Familia

Blair naceu en Edimburgo como segundo fillo de Leo e Hazel Blair; o seu pai proviña de Inglaterra e a súa nai de Irlanda. Ten un irmán maior, William Blair.

Blair pasou a súa primeira infancia en Adelaida, Australia. Alí viviu a carón da Universidade, onde traballaba seu pai, no suburbio de Dulwich.

Despois, a súa familia voltou a Inglaterra, e Blair viviu en Durham. Foi educado no Fettes College, unha escola de pago con gran fama en Escocia; rematou os seus estudos na Universidade de Oxford. Pouco despois coñecería á súa muller, Cherie Booth (coa que casou o 29 de marzo de 1980), coa que tería tres fillos, Euan, Nicky e Leo.

[editar] Carreira política

Pouco despois de se graduar, en 1975, Blair uniuse ó Partido Laborista. A principios da década dos 80, intentou infructuosamente ser proposto candidato por Hackney Borough. Despois, e tras ser candidato por un lugar tipicamente conservador, perdeu as eleccións, pero logrou alcanzar algo de fama dentro do partido.

En 1983, Blair ocupou, por fin, un lugar dentro da Cámara dos Comúns.

[editar] Na oposición

O ascenso de Blair no seu partido despois da súa chegada ó Parlamento foi rápido. En 1988 pasou a formar parte do Shadow Cabinet (o grupo composto polos homes máis importantes da oposición), encargándose da enerxía.

Grazas a numerosas accións e á axuda de Peter Mandelson, pronto acadou gran importancia. Sen embargo, o seu primeiro gran discurso (en Outubro de 1990), no que falou demasiado rápido, acabou sendo un verdadeiro desastre.

Tralas eleccións de 1992, nas que o seu partido perdeu outra vez, Blair pasou a ocupar un posto máis importante no Shadow Cabinet baixo o liderazgo de John Smith. Trala súa morte, Blair foi elixido líder do partido en 1994.

[editar] Primeiro Ministro

[editar] Primeira lexislatura (1997-2001)

Nas eleccións de 1997, o Partido Laborista gañou con grande diferencia sobre o Partido Conservador (acadou o 66% dos escanos da Cámara dos Comúns) e Blair convertiuse en Primeiro Ministro do Reino Unido.

As primeiras políticas que tomou foron:

  • A dotación de independencia ó Banco de Inglaterra, que deixaba de depender dos vaivéns políticos.
  • Reformas do Parlamento. En primeiro lugar, Blair sustituiu os dous períodos de 15 minutos nos que se lle preguntaba ó Primeiro Ministro por un só de media hora. Tamén introduciu unha conferencia de prensa mensual, e déuselle máis importancia ó Portavoz Oficial do Primeiro Ministro.
  • Durante a primeira lexislatura, un dos principais logros de Blair foi o asinamento do tratado de Belfast, co que se garantiu unha certa estabilidade en Irlanda do Norte
  • Introducíronse novas leis, relativas ós Dereitos Humanos, ás rexións (estableceuse unha Asemblea para Gales e un Parlamento para Escocia), reduciuse o número de persoas que dispoñían dun posto no Parlamento por herdanza, creouse unha macro-Área Metropolitana en Londres, apareceu unha lei a favor da liberade de información, etc.
  • Internacionalmente, o Reino Unido entrou na guerra de Kosovo. Blair foi un dos seus principais impulsores dentro da OTAN

[editar] Segunda lexislatura (2001-2005)

Os resultados das eleccións de 2001 foron practicamente iguais que os de 1997. De feito, 620 dos 641 asentos do Parlamento permaneceron nas mesmas mans. A victoria de Blair, pois, foi cómoda.

Esta lexislatura viuse marcada, máis que calquera outra cousa, polos Ataques do 11 de setembro de 2001. Blair aliñouse cos Estados Unidos a favor da loita contra o terrorismo; con eles, atacaron Afganistán ese mesmo ano.

En 2003, Blair levou ó seu país, xunto cos Estados Unidos e outro número de países, á Guerra de Iraq. Baseouse nas Armas de destrucción masiva, ó igual có seu homólogo estadounidense, que dicía tiña Iraq (a día de hoxe, aínda non se atoparon).

Un terzo do Exército do Reino Unido de Terra acudiu á ínvasión de Iraq. Os desastres ocurridos dende entón afectaron moi seriamente á imaxe pública de Blair dentro do seu país.

En canto á política doméstica, continuáronse as políticas da primeira lexislatura. Subíronse os impostos para mellora-la educación e o sistema sanitario; en Irlanda do Norte, os problemas co IRA proseguiron; convocouse un referéndum respecto da Constitución Europea que nunca se chegou a celebrar. Blair tomou políticas a favor do Protocolo de Kioto e contra o cambio climático.

Pero tamén houbo problemas. Blair foi sometido a unha moción de censura e sufriu complicacións na saúde (problemas no corazón que o obrigaron a poñer un catéter).

[editar] Terceira lexislatura (2005- )

Nas eleccións de 2005, o apoio ó laborismo foi máis reducido que nas dúas anteriores, probablemente pola Guerra de Iraq.

Así e todo, o partido de Blair gañou de novo as eleccións. A política internacional ten marcado este mandato ata a actualidade. Os conflictos na UE (polo rexeitamento da Constitución Europea e polo coñecido como cheque británico) saldáronse con bos resultados por parte do Goberno británico.

O 6 de xullo de 2005, anunciábase en Singapur que os Xogos Olímpicos de 2012 ían ter lugar en Londres. Apenas un día máis tarde, o 7 de xullo, tiña lugar un masacre terrorista nesta mesma cidade, a través dunha serie de atentados no metro e no autobús, no que morreron cincuenta e seis persoas e sobre setecentas quedaron feridas. Pouco despois ese mes, o 21 de xullo, volvía a haber atentados na mesma cidade. Isto tivo efectos diversos na opinión sobre Blair. Por un lado, moitos creron que eses atentados eran consecuencia da actuación británica en Iraq; por outro, a meirande parte dos británicos aprobaron a xestión que fixera Blair neses momentos de crise.

Na actualidade, e trala aprobación da reforma educativa (cos votos da oposición e non os do propio partido), Blair enfróntase a grandes problemas de política interna, sobre todo dentro do seu partido, no que perdeu gran parte do apoio. Nas seguintes eleccións, ten dito que non se vai a presentar. O candidato máis probable do laborismo será Gordon Brown

Our "Network":

Project Gutenberg
https://gutenberg.classicistranieri.com

Encyclopaedia Britannica 1911
https://encyclopaediabritannica.classicistranieri.com

Librivox Audiobooks
https://librivox.classicistranieri.com

Linux Distributions
https://old.classicistranieri.com

Magnatune (MP3 Music)
https://magnatune.classicistranieri.com

Static Wikipedia (June 2008)
https://wikipedia.classicistranieri.com

Static Wikipedia (March 2008)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com/mar2008/

Static Wikipedia (2007)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com

Static Wikipedia (2006)
https://wikipedia2006.classicistranieri.com

Liber Liber
https://liberliber.classicistranieri.com

ZIM Files for Kiwix
https://zim.classicistranieri.com


Other Websites:

Bach - Goldberg Variations
https://www.goldbergvariations.org

Lazarillo de Tormes
https://www.lazarillodetormes.org

Madame Bovary
https://www.madamebovary.org

Il Fu Mattia Pascal
https://www.mattiapascal.it

The Voice in the Desert
https://www.thevoiceinthedesert.org

Confessione d'un amore fascista
https://www.amorefascista.it

Malinverno
https://www.malinverno.org

Debito formativo
https://www.debitoformativo.it

Adina Spire
https://www.adinaspire.com