Ebooks, Audobooks and Classical Music from Liber Liber
a b c d e f g h i j k l m n o p q r s t u v w x y z





Web - Amazon

We provide Linux to the World


We support WINRAR [What is this] - [Download .exe file(s) for Windows]

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
SITEMAP
Audiobooks by Valerio Di Stefano: Single Download - Complete Download [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Alphabetical Download  [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Download Instructions

Make a donation: IBAN: IT36M0708677020000000008016 - BIC/SWIFT:  ICRAITRRU60 - VALERIO DI STEFANO or
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Río Amazonas - Wikipedia

Río Amazonas

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Río Amazonas
Altitude da fonte: 5.597 msnm
Lonxitude: 7020qm
Caudal medio: 219.000 m³/s
País: Perú, Colombia e Brasil
Desemboca Océano Atlántico

O río Amazonas é o máis caudaloso do mundo. Nace en Perú e desemboca no Océano Atlántico, despois de atravesar Brasil, onde entra polo estado homónimo e recibir máis de 1.100 afluentes. Ten entre 6.259 km e 6.712 km de lonxitude (dependendo do criterio de medición), é o segundo máis longo despois do Nilo.

O río Amazonas é un río sur-americano que nace na Cordilleira dos Andes, no lago Lauri ou Lauricocha, no Perú e desagua no Océano Atlántico, xunto á Illa do Maraxó, no Brasil. E ao longo do seu percurso recebe os nomes de Tunguragua, Marañón, Ucayali, Solimóns e finalmente Amazonas.

Unha investigación recente revelou que o Amazonas ten un lonxitude de 6.868 Km e máis de 1.000 afluentes, e polo tanto maior que o Nilo cos seus 6.695 Km de extensión, sendo entón o máis longo río do mundo. A súa cunca hidrográfica é a maior do mundo, cunha superficie de aproximadamente 7 millóns de km². O Amazonas é de lonxe o río máis caudaloso do mundo, cun volume de auga preto de 56 veces o do río Nilo.

Mapa mostrando o traxecto do río Amazonas e os seus afluentes, e a área aproximada da súa cunca hidrográfica
Agrandado
Mapa mostrando o traxecto do río Amazonas e os seus afluentes, e a área aproximada da súa cunca hidrográfica

Índice

[editar] Xeografía

A cantidade de auga doce lanzada no Atlántico é xigantesca: preto de 190.000 m³/s na estación de choivas, ou un quinto de toda a auga fluvial do planeta. Na verdade, o Amazonas é responsable dun quinto do volume total de auga doce que desauga nos océanos de todo o mundo. Dise que a auga aínda é doce mesmo a quilómetros de distancia da costa, e que a salinidade do océano é ben máis baixa que o normal 150 km mar adentro.

O Amazonas, que pode ter 40 km de anchura en períodos de chea, é navegable por navíos oceánicos de porte medio ata Iquitos, a 3.500 km do mar.

  • Véxase tamén:

Bacía do río Amazonas Amazonia


[editar] Fauna e flora

Toda a fauna da selva tropical húmida suramericana está presente na Amazonia. Os cientificos afirman que alí existen innúmeras especies de plantas aínda sen clasificación, millares de especies de paxaros, innúmeros anfibios e millóns de insectos.

Desde os insectos ata os grandes mamíferos como o puma, a denta e os veados, réptiles como a tartaruga, a anaconda, o caimán e a víbora. Hai paxaros e peixes de todas as especies, plumaxes e peles. Nas lagoas ao longo do Amazonas florece a planta Victoria Rexia, cuxas follas circulares chegan a máis dun metro de diámetro.

É tan amplo o seu número de especies de peixes e plantas acuáticas que enumeralas todas sería imposible. Para todos os afeccionados ao acuarismo, trátase da fonte que proporciona a maior cantidade de especies de peixes que hoxe en día poboan os comercios e acuarios de todo o mundo.

[editar] Pulmón do planeta

Cientificamente, trátase dun equívoco chamar as florestas tropicais de "Pulmón do planeta". Hai varios motivos para iso, como por exemplo:

  • O pulmón é un órgano que absorbe oxíxeno e elimina gas carbónico, ou sexa, "produce" gas carbónico.
  • Outro feito é que a maior parte da produción do oxíxeno que respiramos provén de microorganismos (algas e cianofíceas) e que a súa produción de oxíxeno por fotosíntese supera en moito o seu consumo pola respiración. Mentres que nas florestas tropicais o oxíxeno producido pola fotosíntese durante o día (fase clara) é consumido en grande parte á noite (fase escura) pola respiración das mesmas. Apenas florestas que aínda están en desenvolvimento producen máis oxíxeno do que consomen, e as florestas tropicais na súa grande maioría xa están en proceso de estabilidade ecolóxica.

[editar] Portos

Os portos máis importantes do río Amazonas fican nas cidades de Iquitos, no Perú, Leticia na Colombia e Manaus no Brasil.

[editar] Estrada

Un pouco ao sur do Amazonas está a Estrada Transamazónica, como un longo canal de poeira e barro, resultado dunha das aventuras máis ousadas xamais tentadas na maior de todas as rexións florestais do mundo. A estrada BR-233 imita o curso do río Amazonas, pois avanza en forma paralela a este. Ten, de acordo cos números oficiais, cinco mil quilómetros de lonxitude, a pesar de estar invadida pola floresta en varios treitos. A estrada, iniciada no período da ditadura militar, nunca fixo uso nin dos miles de millóns de dólares, nin das esperanzas de desenvolvimento, depositadas nela, mais foi unha grande indutora do desmatamento ao longo do seu curso.

[editar] Desnivel nos últimos quilómetros

O río Amazonas, cuxo curso é moi plano (20 m de desnivel nos últimos 1500 quilómetros) antes da súa desembocadura, constitúe un caso moi especial de Mareas oceánicas. Na rexión do río Amazonas, tais mareas son coñecidas como pororoca, e son unha atración turística. Os primeiros resultados dunha investigación realizada por institucións brasileiras asociadas no marco do programa HiBAn (Hidroloxía da bacía amazónica) permiten entender mellor a influencia da marea no funcionamento hidrodinámico do Amazonas ao se aproximar ao océano e, de maneira máis particular, medir o seu impacto nas pulsacións do caudal do río e no transporte de sedimentos en dirección ao océano.

[editar] Grupos indíxenas

No territorio ao longo do río Amazonas moran innúmeros grupos nativos precedentes orixinalmente do Perú, da Colombia e do Brasil.

[editar] Afluentes principais

Do nacimento á foz.

  • Río Napo (marxe esquerda: e)
  • Río Javari (marxe dereita: d ) ou Yavari
  • Río Jandiatuba (d)
  • Río Içá (e)
  • Río Jutaí (d)
  • Río Juruá (d)
  • Río Japurá (e)
  • Río Tefé (d)
  • Río Coari (d)
  • Río Piorini (e)
  • Río Purus (d)
  • Río Negro (e)
  • Río Madeira (d)
  • Río Uatamã (e)
  • Río Nhamundá (e)
  • Río Trombetas (e)
  • Río Tapajós (d)
  • Río Curuá (e)
  • Río Maicuru (e)
  • Río Uruará (d)
  • Río Paru (e)
  • Río Xingu (d)
  • Río Jari (e)

[editar] Cidades principais

Da nacente á foz:

  • Nauta
  • Iquitos
  • Pebas
  • Caballo Cocha
  • São Paulo de Olivença
  • Santo Antônio do Içá
  • Fonte Boa
  • Tefé
  • Coari
  • Anori
  • Manaus
  • Careiro
  • Itacoatiara
  • Urucurituba
  • Parintins
  • Óbidos
  • Santarém
  • Prainha
  • Almeirim
  • Gurupá
  • Mazagão
  • Santana
  • Macapá
  • Afuá
  • Chaves

[editar] Véxase tamén

Our "Network":

Project Gutenberg
https://gutenberg.classicistranieri.com

Encyclopaedia Britannica 1911
https://encyclopaediabritannica.classicistranieri.com

Librivox Audiobooks
https://librivox.classicistranieri.com

Linux Distributions
https://old.classicistranieri.com

Magnatune (MP3 Music)
https://magnatune.classicistranieri.com

Static Wikipedia (June 2008)
https://wikipedia.classicistranieri.com

Static Wikipedia (March 2008)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com/mar2008/

Static Wikipedia (2007)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com

Static Wikipedia (2006)
https://wikipedia2006.classicistranieri.com

Liber Liber
https://liberliber.classicistranieri.com

ZIM Files for Kiwix
https://zim.classicistranieri.com


Other Websites:

Bach - Goldberg Variations
https://www.goldbergvariations.org

Lazarillo de Tormes
https://www.lazarillodetormes.org

Madame Bovary
https://www.madamebovary.org

Il Fu Mattia Pascal
https://www.mattiapascal.it

The Voice in the Desert
https://www.thevoiceinthedesert.org

Confessione d'un amore fascista
https://www.amorefascista.it

Malinverno
https://www.malinverno.org

Debito formativo
https://www.debitoformativo.it

Adina Spire
https://www.adinaspire.com