Anaconda
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Dáselle o nome de anaconda a catro especies de boa acuática do xénero Eunectes que habitan nos pantanos e os ríos do denso bosque tropical de América do sur e tamén no sur da illa de Trinidade. A anaconda amarela pódese atopar tan lonxe como a Arxentina. As anacondas son as maiores serpes do continente americano e das de maior peso do mundo. É un predador nocturno que caza emboscando ás súas presas, sorprendéndoas coa súa camuflaxe. Non son velenosos e matan por aganamento.
[editar] Texto da Cabeceira
[editar] Especies
- Eunectes murinus (Anaconda Verde)
- Eunectes notaeus (Anaconda Amarela)
- Eunectes deschauenseei (Anaconda de Deschauen)
- Eunectes beniensis