Ebooks, Audobooks and Classical Music from Liber Liber
a b c d e f g h i j k l m n o p q r s t u v w x y z





Web - Amazon

We provide Linux to the World


We support WINRAR [What is this] - [Download .exe file(s) for Windows]

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
SITEMAP
Audiobooks by Valerio Di Stefano: Single Download - Complete Download [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Alphabetical Download  [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Download Instructions

Make a donation: IBAN: IT36M0708677020000000008016 - BIC/SWIFT:  ICRAITRRU60 - VALERIO DI STEFANO or
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Música galega - Wikipedia

Música galega

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

A música tradicional de Galiza ten moitos rasgos en común coas das áreas viciñas de Asturias e Trás-os-Montes e caracterízase polo uso da gaita galega. Nas últimas décadas do século XX, moitos músicos galegos comezaron a considerar que a música galega era polo menos parcialmente "céltica" en orixe, de maneira que procuraron influencias nas músicas de Irlanda e Escocia, así como da Bretaña francesa. O resultado é a proxección internacional deste tipo de música.

Índice

[editar] Historia

Non se coñece ben a música medieval, ben que se conserven varios cancioneiros; mais estes non conservan a notación musical, con algunha excepción como Martín Codax (século XIII). Si se sabe que a gaita era común na altura.

Tamén se descoñece a música da Idade Moderna e apenas se conservan algunhas panxoliñas.

A comezos do século XX produciuse un rexurdimento folclórico con figuras como Perfecto Feijoo, gaiteiro e tanxedor de zanfona. A primeira gravación comercial de música galega, da coral Aires d'a Terra, apareceu en 1904. A mediados de século destaca a figura de Ricardo Portela, que inspirou a moitos músicos posteriores. Durante o franquismo, a música folclórica foi suprimida e forzada a adoptar letras novas e as manifestacións máis vistosas foron transformadas en espectáculos patrióticos, o que conduciu ao declinio na popularidade dos estilos tradicionais (o "folclorismo").

A partir da morte de Franco recuperáronse moitas formas tradicionais, tentouse dignificar a gaita e apareceron festivais, como o Festival Internacional do Mundo Celta (1977), que contribuiron a establecer grupos musicais. Algúns grupos destes primeiros tempos que reaprenderon os estilos folclóricos foron Os Areeiras, Os Rosales, Os Campaneiros e Os Irmáns Graceiras. Antón Corral creou un obradoiro de música popular de grande influencia na Universidade Popular de Vigo. A formación máis notoria aparecida nesta altura foi Milladoiro.

Nos anos 1980 apareceron moitos grupos e cantantes novos, como Uxía, que comezara con Na Lúa e cuxo álbume de 1995 Estou Vivindo no Ceo e a colaboración posterior co cantante sudanés Rasha lle proporcionou recoñecemento internacional.

Mais foron o grupo Luar na Lubre e o gaiteiro Carlos Núñez quen máis ten popularizado a música galega. O disco de Carlos Núñez A Irmandade das Estrelas (1996) vendeu máis de 100.000 copias. Nel incluía músicos tan distintos como La Vieja Trova Santiaguera, The Chieftains e Ry Cooder. O seu seguinte disco, Os amores libres, incluía máis fusións coa música flamenca, celta (especialmente a bretoa) e bereber.

Outros gaiteiros modernos inclúen Xosé Manuel Budiño e Susana Seivane; esta última é a primeira gaiteira de renome. Outra muller con grande éxito é Mercedes Peón.

[editar] Instrumentos

Os instrumentos tradicionais fundamentais son a gaita e outros instrumentos de vento e distintos tipos de percusión.

[editar] Instrumentos de vento

O pito ten forma cónica e sete furados na parte dianteira e un na posterior e tócase de maneira semellante ao punteiro da gaita. Tradicionalmente facíase en Mi bemol, pero Antón Corral popularizounos en Re.

A requinta é parecida ao piccolo e ten seis furados. Normalmente faise en Sol ou, ás veces, nun Do alto.

Outros instrumentos inclúen o chifre e a ocarina e, ultimamente,o clarinete e o acordeón.

[editar] Instrumentos de percusión

O tamboril ou redobrante pendura do cinto e tócase con dous paus sobre un parche de coiro. O bombo é de grande tamaño e tócase cunha maza. O pandeiro (semellante ao adufe portugués) é cuadrado, ten dúas caras e no seu interior colócanse os axóuxeres que acompañan o son do parche. A pandeireta é un instrumento tradicionalmente feminino. Dúas cunchas de vieira tamén poden acompañar, así como as tarrañolas, que son dúas lamelas de madeira. O charrasco consiste nun mango longo de madeira en cuxo extremo superior van unhas ferreñas; o mango golpéase contra o chan e con outro pau.

[editar] Instrumentos de corda

Non existe tradición de instrumentos de corda a excepción da zanfona, que desapareceu a mediados do século XX e foi recuperada por Faustino Santalices e Xosé Lois Rivas. Parece ser que as gravacións máis antigas deste instrumento foron as de Perfecto Feijoo en 1904. Na Idade Media tamén se usou a harpa, mais esta desapareceu hai séculos e só se volveu a incorporou nos anos 1970, cando a usou Emilio Cao e, posteriormente, cando a incluiron músicos como Quico Comesaña e Rodrigo Romaní, influenciados pola harpa céltica de Escocia, Irlanda e a Bretaña Francesa. Tamén se incorporaron nas últimas décadas a guitarra española, o buzuqui e a mandolina.

[editar] Xéneros

Os alalás son a forma de música galega máis antiga e mellor coñecida. Cántanse sós, sen acompañamento musical e con ritmo libre. Baséanse nun tema breve que repite a melodía que tamén se pode separar con frases de gaita. As melodías son case sempre diatónicas.

A composición máis popular é a muiñeira. É rápida, cun compás de 6/8, e resulta parecida á jiga irlandesa. Tamén utilizan o 6/8 a carballesa (ritmo moi marcado), a ribeirana (ritmo vivo), a redonda, a chouteira, o golpe (ritmo pausado) e o contrapaso, que se diferencian pola maneira de bailalas.

As pandeiradas teñen certa relación coa muiñeira, se ben o seu compás propio é o de 5/4, ainda que se poden ver en 6/8 ou 4/4.

A alborada é unha composición instrumental que se escribe en 2/4 e se caracteriza por unha serie de frases descendentes. Úsanse para comezar as celebracións do día, como di o seu nome, e carecen de letra. Moi semellantes son os pasarrúas e pasacorredoiras.

A foliada é unha canción alegre en 3/4 que se toca preferentemente nas romarías. Considérase unha variante da xota, cun tempo máis pousado.

O pasodoble galego é unha variación do pasodoble español, ao que se lle incorpora a gaita.

As polkas extendéronse por Galiza procedentes de Europa durante o século XIX. O seu compás é o 2/4 e son máis melodiosas que as orixinais.

As marchas procesionais son marchas lentas, en compás de 4/4, 2/4 ou 6/8 creadas para acompañar as procesións.

Os cantos ou cantaeiras interprétanse só coa vez e son característicos de determinadas épocas do ano (Nadal, Maios), de acontecementos sociais (espadelas, bodas, rondas,...) ou ben cantos de oficios. Pódense mencionar os seguintes:

  • Cantos de berce.
  • Enchoiadas.
  • Coplas.
  • Cantos de oficios:
    • de canteiros.
    • de arrieiros.
    • de ferreiros.
    • de cegos.
  • Espadeladas.
    • Cantigas de Seitura.
    • Aguinaldos.
    • Maios.

O aturuxo é un berro que se bota para animar aos músicos ou aos bailaríns.

Outras linguas
Our "Network":

Project Gutenberg
https://gutenberg.classicistranieri.com

Encyclopaedia Britannica 1911
https://encyclopaediabritannica.classicistranieri.com

Librivox Audiobooks
https://librivox.classicistranieri.com

Linux Distributions
https://old.classicistranieri.com

Magnatune (MP3 Music)
https://magnatune.classicistranieri.com

Static Wikipedia (June 2008)
https://wikipedia.classicistranieri.com

Static Wikipedia (March 2008)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com/mar2008/

Static Wikipedia (2007)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com

Static Wikipedia (2006)
https://wikipedia2006.classicistranieri.com

Liber Liber
https://liberliber.classicistranieri.com

ZIM Files for Kiwix
https://zim.classicistranieri.com


Other Websites:

Bach - Goldberg Variations
https://www.goldbergvariations.org

Lazarillo de Tormes
https://www.lazarillodetormes.org

Madame Bovary
https://www.madamebovary.org

Il Fu Mattia Pascal
https://www.mattiapascal.it

The Voice in the Desert
https://www.thevoiceinthedesert.org

Confessione d'un amore fascista
https://www.amorefascista.it

Malinverno
https://www.malinverno.org

Debito formativo
https://www.debitoformativo.it

Adina Spire
https://www.adinaspire.com