Ebooks, Audobooks and Classical Music from Liber Liber
a b c d e f g h i j k l m n o p q r s t u v w x y z





Web - Amazon

We provide Linux to the World


We support WINRAR [What is this] - [Download .exe file(s) for Windows]

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
SITEMAP
Audiobooks by Valerio Di Stefano: Single Download - Complete Download [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Alphabetical Download  [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Download Instructions

Make a donation: IBAN: IT36M0708677020000000008016 - BIC/SWIFT:  ICRAITRRU60 - VALERIO DI STEFANO or
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Gaita galega - Wikipedia

Gaita galega

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

A gaita galega é un instrumento de vento madeira fisicamente moi semellante á do no norte de Portugal (onde se coñece como gaita minhota), e tamén á de Asturias e á de Sanabria (Zamora). É o símbolo por excelencia da música tradicional galega.

Índice

[editar] Partes

Gaita fabricada por Seivane
Agrandado
Gaita fabricada por Seivane

A gaita galega consta de:

  • un soprete, co que se introduce o aire no fol.
  • un punteiro, co que se pode tocar en "aberto", ou en "pechado";
  • un fol, onde se almacena o aire que fai que soe o instrumento;
  • un roncón, o tubo que se apoia sobre o ombro do gaitero, que soa na mesma nota que o son do punteiro na posición de Re, pero dúas oitavas máis abaixo;
  • un ronquete, o tubo que se apoia sobre o antebrazo dereito do gaitero, que soa na mesma nota do roncón, pero unha oitava máis arriba que este e unha máis abaixo que a posición Re do punteiro, e
  • un ronquillo, que sae do fol paralelo ao ronquete, que soa con igual nota que a posición Re do punteiro, unha oitava máis arriba que o ronquete e dúas máis arriba que o roncón.

O roncón componse de tres pezas: a tercia, ou parte final, por onde sae o son que remata na copa, a segunda e a prima. O ronquete está composto de dúas pezas respectivamente, copa e prima. O ronquillo é de unha soa peza.

O roncón, o ronquete e o ronquillo sintonízanse á nota do punteiro mediante o deslizamento telescópico das súas partes compoñentes, de tal maneira que o tubo resultante é máis longo ou máis curto, adecuándose así a lonxitude da onda da nota emitida. Á hora de realizar esta sintonización, percibese que esta está realizada a percibir auditivamente a posta en fase de dous sons comparados.

As gaitas adórnanse con gravuras sobre a madeira, deseños sobre o fol, farrapos e borlas. As cores máis empregadas son o negro con verde e vermello. A gaita galega costuma ser construída com madeira de buxo, pau santo e granadillo. As buxas (os tubos que conectan as pezas) fixéronse tradicionalmente de corno ou madeira de buxo, mais os modelos en metal ou marfín (e sua imitación) son cada vez mais frecuentes. Na actualidade utilízanse foles de gore-tex, pallóns sintéticos, válvulas máis incrementadas, estabilizadores de bordóns e controladores de humidade interna da bolsa.

[editar] Evolución

As primeiras representacións gráficas da gaita son de mediados do século XIII. Constaba entón de fol, punteiro e soprete, sen roncón. Coincidindo co desenvolvemento da polifonía, engadíronselle os bordóns e na segunda metade do XIII e no XIV aparece xa con un roncón, con dous ou ainda sen nengún. Nun principio, este tiña forma abocinada e posteriormente tomou a forma de copa.

Na segunda metade do século XIX introduciuse un chillón como apoio ao punteiro, colocado acarón deste. Ben entrado o século XX apareceu unha ronqueta, máis pequena que o segundo bordón dos séculos anteriores.

[editar] Tipos de gaitas empregadas en Galiza

Gaita tradicional
Consta de fol, punteiro, roncón e soprete.
Gaita con ronqueta
Engádeselle unha ronqueta pequena frontal.
Gaita con ronqueta e chillón
Engádeselle un chillón frontal.
Gaita de banda ou marcial
Adaptación da gaita escocesa na que a ronqueta e o chillón colócanse á par do roncón. Costuma estar afinada en Si bemol.
Gaita de barquín
Adaptación dunha gaita irlandesa na que, en vez de soprar, o aire insúflase cun barquín.

A existencia destas dúas últimas gaitas, introducidas pola Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense a finais do século XX, provocou unha forte controversia cos gaiteiros "tradicionais".

[editar] Execución

Agrandado

Os gaiteiros insisten na dignidade do seu oficio, que se debe transmitir cunha postura correcta: a cabeza erguida, o fol ben situado baixo o brazo, o roncón nunca paralelo ao chan, o soprete ben colocado na boca e esta nunca inchada co aire que se ha de soprar.

Para a gaita existen dous modos de dixitación:

  • "aberto": érguense os dedos até a nota que se desexa
  • "fechada": só se ergue o dedo do que se desexa facer a nota.

Dado que o sopro de ar é continuo, para separar as notas do mesmo ton recórrese a dúas técnicas:

  • "picado": realízase un golpe seco e rápido cos dedos, normalmente superiores á nota que se quer repetir, separándoos dos buracos que tapan.
  • "batemento": golpéase con un ou varios dedos simultaneamente sobre os buracos abertos do punteiro.

Non é habitual que un gaiteiro toque só. Normalmente reúnense dous ou tres, que se acompañan de percusión: bombo e redobrante, pandeiro, pandeiretas, cunchas, etc. Ademáis destes grupos de gaitas, nos anos noventa do século XX apareceron numerosas bandas de gaitas baseadas no modelo escocés.

[editar] O mito celta

Dentre as hipóteses menos consideradas por historiadores serios está o famoso mito celta. Para moitas persoas, a gaita estaría asociada aos "povos celtas", os cais terían creado e desenvolvido o instrumento. Moitas influencias modernas terían contribuído para esa crenza, como o movimento New Age e a ignorancia de outros modelos alén da gaita das Highlands.

O feito é que as gaitas se desenvolveron especialmente entre os povos celtas, principalmente por hoxe ser polémica esa definición. Para alén das diversas correntes migratorias ao longo dos séculos por diferentes povos, hoxe cuestiónase moito a real extensión dese povo. Este mito hoxe mellor atende á industria cultural de masas, en especial á fonográfica e à cinematográfica.

[editar] Ligazóns externas

Our "Network":

Project Gutenberg
https://gutenberg.classicistranieri.com

Encyclopaedia Britannica 1911
https://encyclopaediabritannica.classicistranieri.com

Librivox Audiobooks
https://librivox.classicistranieri.com

Linux Distributions
https://old.classicistranieri.com

Magnatune (MP3 Music)
https://magnatune.classicistranieri.com

Static Wikipedia (June 2008)
https://wikipedia.classicistranieri.com

Static Wikipedia (March 2008)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com/mar2008/

Static Wikipedia (2007)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com

Static Wikipedia (2006)
https://wikipedia2006.classicistranieri.com

Liber Liber
https://liberliber.classicistranieri.com

ZIM Files for Kiwix
https://zim.classicistranieri.com


Other Websites:

Bach - Goldberg Variations
https://www.goldbergvariations.org

Lazarillo de Tormes
https://www.lazarillodetormes.org

Madame Bovary
https://www.madamebovary.org

Il Fu Mattia Pascal
https://www.mattiapascal.it

The Voice in the Desert
https://www.thevoiceinthedesert.org

Confessione d'un amore fascista
https://www.amorefascista.it

Malinverno
https://www.malinverno.org

Debito formativo
https://www.debitoformativo.it

Adina Spire
https://www.adinaspire.com