Método científico
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O método científico constitúe o estudo sistemático, controlado, empírico e crítico de proposicións hipotéticas sobre presuntas relacións entre varios fenómenos naturais e é o mecanismo utilizado nas ciencias experimentais para validar ou invalidar unha teoría, por medio da experimentación ou da observación.
Son dous os pilares básicos do método científico. O primeiro deles é a reproducibilidade, é dicir, a capacidade de repetir un determinado experimento en calquer lugar e por calquer persoa. Este pilar usa para a súa práctica, esencialmente, a comunicación e publicidade dos resultados obtidos.
O segundo pilar é a falsabilidade. É dicir, que toda proposición científica ten que ter a posibilidade de ser falsada. Isto implica que pódense deseñar experimentos que no caso de dar resultados distintos ós preditos negarían a hipótese posta a proba.
Na actualidade os resultados da investigación científica son publicados en revistas científicas especializadas tras críticas ou comentarios de outros expertos, correccións por parte dos autores e aínda verificación dos experimentos por outros equipos de investigación. Asemade, está comezando a ser usual que se publiquen na rede (internet) ó tempo que nas revistas científicas ou exclusivamente.