Ebooks, Audobooks and Classical Music from Liber Liber
a b c d e f g h i j k l m n o p q r s t u v w x y z





Web - Amazon

We provide Linux to the World


We support WINRAR [What is this] - [Download .exe file(s) for Windows]

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
SITEMAP
Audiobooks by Valerio Di Stefano: Single Download - Complete Download [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Alphabetical Download  [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Download Instructions

Make a donation: IBAN: IT36M0708677020000000008016 - BIC/SWIFT:  ICRAITRRU60 - VALERIO DI STEFANO or
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Wikipedia:Libro de estilo - Wikipedia

Wikipedia:Libro de estilo

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Se as colaboracións que se fan na Galipedia seguen un estilo uniforme, seralle máis doado atopar información a quen a procure e mellorar os contidos a quen queira contribuir. A razón deste libro de estilo é enumerar as convencións ás que se ten chegado co obxecto de darlle un carácter máis homoxéneo á Galipedia. O estilo recomendado ten como fontes as propias cualidades técnicas do sofware (MediaWiki), os acordos que se siguen noutras wikipedias e os usos do Galego.

Nesta páxina recóllense convencións de estilo. Para indicacións técnicas deberás procurar noutras páxinas, nomeadamente:

Se estás a dar os primeiros pasos na Galipedia non te deberás preocupar por seguir todas estas recomendacións inmediatamente. Comeza a redactar, que alguén se ocupará do estilo por ti até que o domines.

Índice

[editar] Redacción

[editar] Título dos artigos

  • en singular salvo se son conceptos colectivos que perdan o seu significado cando se expresen en singular (linguas románicas, partes do carro, países balcánicos);
  • en minúsculas salvo nomes propios:

[editar] Estrutura dos artigos

Os artigos comezan cunha explicación breve (entre tres e cinco liñas) que enuncia os rasgos xerais do conceito. Após ler esta introdución débelle quedar claro a quen o lea o fundamental sen necesidade de ler o resto do artigo. Esta introdución non debe ser unha definición. O lugar das definicións é o galizionario. Con efeito, se ves unha introdución que se pareza máis ben a unha definición deberíala copiar para o galizionario e mellorar o artigo da Galipedia.

  • Nas biografías, por exemplo, menciónase o nome completo da personalidade (o nome máis coñecido é o título da páxina), as datas de nacemento e morte, a nacionalidade, a razón da súa condición (profesión, implicación en determinados feitos, etc.) e outra información relevante (títulos de obras, etc.)

O concepto que dá lugar ao artigo debe aparecer neste parágrafo introdutorio en letra negra e en contexto. Se ese concepto é coñecido por máis nomes e se mencionan na introdución, tamén irán en negra. Sen embargo, hai que evitar que eses termos conteñan ligazóns.

[editar] Subdivisións do texto

[editar] Parágrafos

Cada parágrafo trata unha idea distinta á dos outros parágrafos. Sepáranse con dobre espazo.

[editar] Apartados

Non se deben crear demasiados pero tampouco poñer moito máis de 8 parágrafos sen apartados: facilita a edición por anacos e a localización dos datos que interesan se o artigo é moi grande (porque saen no índice). Mellor poñer de máis que de menos. Utilizar subtítulos aclaradores e non ambiguos. Referencias (bibliografía) e ligazóns externas sempre en apartados propios (en nivel 1 ou 2). O índice créase automaticamente.

[editar] Ligazóns

[editar] No corpo do texto

A utilidade desta enciclopedia multiplícase co uso de vínculos internos. Crea sempre ligazóns deste xeito:

  • anos: ano 2006 e ano -44: os números sós. Para antes da Era Cristiá, o vínculo é un número negativo, ainda que no texto apareza 44 a.C..
  • séculos: século XIX (números romanos)
  • día + "de" + mes: 4 de outubro (o mes, en minúscula)
  • lugares: Lugo.

Podes crear ligazóns a páxinas que ainda non existen.

[editar] "Véxase tamén" e "Ligazóns externas"

Se o artigo o precisa, pódese rematar cunha sección chamada "Véxase tamén" na que se listen conceitos relacionados e que axudarían a comprender mellor ou complementar o tema. Trátase dunha lista sen explicacións, só cos vínculos.

A última sección pode levar a páxinas externas á Galipedia e chámase "Ligazóns externas". Ao escollelas pensa na súa durabilidade: as páxinas persoais, por exemplo, poden non permanecer accesíbeis dentro dun par de anos, polo que non é recomendábel mencionalas. Aquí é importante que se explique claramente a que tipo de páxina e contidos remeten os vínculos.

[editar] Ortotipografía

[editar] Xeralidades

  • maiúscula inicial sempre tras un punto;
  • negra con uso opcional, pero sen abusar. O concepto que dá pé ao artigo debe aparecer no primeiro parágrafo en negra.
  • vírgulas, puntos e vírgulas, dous puntos e puntos sempre seguidos de espazo;
  • os números sepáranse nos miles por puntos (non espazos nen vírgulas) e nos decimais por vírgulas (non apóstrofes), a excepción dos anos (por exemplo 1900), nos que non usa o punto;
  • non usar dobre espazo;
  • os signos ? e ! non van seguidos de punto (xa o teñen incorporado);

[editar] Uso da cursiva e as aspas

[editar] Cursiva

[editar] Títulos

Póñense en cursiva os títulos de cousas que teñen entidade propia. Así se diferencian os títulos das novelas e series de televisión dos títulos de poemas e episodios, que irán entre aspas. Non se poñen no título do artigo. En particular, van en cursiva os títulos de:

  • Libros, xornais e revistas: A nosa cinza. Unha excepción son os libros da Biblia e a Biblia e o Corán en si.
  • Obras de teatro, películas e series de televisión ou radio: Othello
  • Composicións musicais longas (p.ex. óperas ou álbumes): Madamme Butterfly de Puccini
  • Poemas longos que poidan aparecer publicados sós nun libro: Os Lusíadas
  • Obras de arte: As señoritas de Avignon

[editar] Ademáis

  • Palabras procedentes doutros idiomas que ainda non foron asimiladas: un existencialista avant la lettre
  • Palabras cando se fala da palabra en si: Dixo purguratorio en vez de purgatorio
  • Letras cando se fala da letra en si: O dígrafo nh provén do provenzal
  • En Bioloxía, o xénero, subxénero, especie e subespecie

[editar] Aspas

[editar] Títulos

Úsanse as aspas para os títulos de cousas que forman parte dunha entidade maior. Non se poñen no título do artigo. En particular, van entre aspas os títulos de:

  • Artigos de xornais e revistas, capítulos de libros e ensaios.
  • Capítulos de series de televisión ou radio
  • Cancións e composicións musicais breves
  • Poemas

[editar] Ademais

É posíbel pór aspas arredor de palabras ou frases que se usan nun sentido non literal e para introducir por primeira vez conceptos non familiares para o lector.

[editar] Diversos

Categoriza se podes e sabes. En Wikipedia:Categorías están as categorías consideradas oficiais, establecidas por consenso (votouse sobre elas); en Wikipedia:Wikiproxecto Categorías/Índice temático de categorías hai un mapa de todas as categorías existentes, oficiais e non oficiais.

Our "Network":

Project Gutenberg
https://gutenberg.classicistranieri.com

Encyclopaedia Britannica 1911
https://encyclopaediabritannica.classicistranieri.com

Librivox Audiobooks
https://librivox.classicistranieri.com

Linux Distributions
https://old.classicistranieri.com

Magnatune (MP3 Music)
https://magnatune.classicistranieri.com

Static Wikipedia (June 2008)
https://wikipedia.classicistranieri.com

Static Wikipedia (March 2008)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com/mar2008/

Static Wikipedia (2007)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com

Static Wikipedia (2006)
https://wikipedia2006.classicistranieri.com

Liber Liber
https://liberliber.classicistranieri.com

ZIM Files for Kiwix
https://zim.classicistranieri.com


Other Websites:

Bach - Goldberg Variations
https://www.goldbergvariations.org

Lazarillo de Tormes
https://www.lazarillodetormes.org

Madame Bovary
https://www.madamebovary.org

Il Fu Mattia Pascal
https://www.mattiapascal.it

The Voice in the Desert
https://www.thevoiceinthedesert.org

Confessione d'un amore fascista
https://www.amorefascista.it

Malinverno
https://www.malinverno.org

Debito formativo
https://www.debitoformativo.it

Adina Spire
https://www.adinaspire.com