Ebooks, Audobooks and Classical Music from Liber Liber
a b c d e f g h i j k l m n o p q r s t u v w x y z





Web - Amazon

We provide Linux to the World


We support WINRAR [What is this] - [Download .exe file(s) for Windows]

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
SITEMAP
Audiobooks by Valerio Di Stefano: Single Download - Complete Download [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Alphabetical Download  [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Download Instructions

Make a donation: IBAN: IT36M0708677020000000008016 - BIC/SWIFT:  ICRAITRRU60 - VALERIO DI STEFANO or
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Wikipedia:Mensaxes predefinidas - Wikipedia

Wikipedia:Mensaxes predefinidas

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Para simplificar as tarefas de xestión da Wikipedia existen varias ferramentas que permiten aforrar traballo. Son as mensaxes predefinidas ou marcadores, os moldes e os modelos.

Índice

[editar] Mensaxes predefinidas

Para relacionar as páxinas con características que obrigan a xestionar conxuntamente ese grupo de artigos, utilízanse marcadores (templates en inglés), que son instrucións no texto wiki que etiquetan a ese grupo.

Por exemplo, se temos un amigo wikipedista islandés que nos axuda a introducir datos sobre Islandia en particular e os volcáns en xeral pero que escribe nun galego mesturado con estranxeirismos (islandesismos), ademais de categorizar os seus artigos temáticamente en Islandia e Xeoloxía, deberíamos ilos mantendo separados para que alguén se deteña a corrixir a súa ortografía. Para iso se utilizaría o marcador {{nongalego}} ou {{traducir}}. Estes marcadores, ademáis de introducir o artigo nunha categoría, visualizan unha mensaxe sempre igual, parecida a "isto necesita revisión ortográfica". Este aviso é ó que se lle chama "mensaxe predefinida".

Os seguintes son exemplos de mensaxes predefinidas.

[editar] Propor para borrar

Utilízase o marcador {{lixo}} e aparece a mensaxe predefinida:

[editar] Propor para borrar dando unha razón

Utilízase o marcador {{lixoporque|ExplicaciónDaCausa}} e aparece a mensaxe predefinida:

[editar] Pedir unha votación para borrar

Utilízase o marcador {{vpb}} e aparece a mensaxe predefinida:

Unha proposta para o borrado desta páxina fíxose na Galipedia.
Esta petición está sendo discutida para acadar un consenso sobre se este é, ou pode ser, un artigo apropiado para a Wikipedia. Por favor vexa a entrada desta páxina na lista de votacións para borrar para máis detalles. Se vostede pensa que non está xustificado polas políticas e normas da Wikipedia vote en contra da súa eliminación. Por favor non quite está mensaxe nin baleire de contido a páxina mentres a proposta está sendo considerada. En todo caso, é benvida toda mellora que poida realizar na edición deste artigo, en especial se consigue correxir os problemas que provocaron que estivera na lista de items a borrar.

[editar] Xuntar dous artigos que falan do mesmo

Utilízanse os marcadores:

  • {{fusión}} [[artigoQueVaiQuedar]] no artigo que vai desaparecer e
  • {{fusióndesde}} [[artigoQueVaiDesaparecer]] no artigo que vai quedar

aparecendo as mensaxes predefinidas:

MENSAXE QUE APARECE
ONDE APARECE A MENSAXE
Este artigo debe ser combinado con
artigoQueVaiQuedar
no artigo que vai desaparecer
Este artigo debe incluir o material procedente de
artigoQueVaiDesaparecer
no artigo que vai quedar

[editar] Distinguir distintos significados da mesma entrada

Utilízase o marcador {{homónimos}} e aparece a mensaxe predefinida:

Homónimos

Esta é unha páxina de homónimos. Unha axuda de navegación que presenta unha lista de páxinas que compartirían o mesmo título porque se pronuncian ou escriben igual. Permite distinguir dous ou máis significados da mesma palabra ou expresión.

[editar] Artigos que se consideran inacabados

Utilízase o marcador {{en progreso}} e aparece a mensaxe predefinida:

Traballo en progreso: Este artigo é, polo de agora, só un esbozo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre.

Pódense utilizar outros marcadores de traballo en progreso máis específicos.

[editar] Pedir axuda para revisión lingüística

Utilízase o marcador {{nongalego}} e aparece a mensaxe predefinida:

Este artigo necesita tradución, a súa axuda é benvida. Se o artigo non se traduce ao Galego no prazo de trinta días, pasará á lista de páxinas para borrar.

[editar] O autor é consciente de que o galego do artigo non está depurado, pero xa o irá corrixindo

Utilízase o marcador {{entradución}} e aparece a mensaxe predefinida:

Este artigo está sendo traducido ao Galego por un usuario desta Wikipedia, por favor non o edite. Se o usuario non publica a tradución no prazo de trinta días, pasará á lista de páxinas para borrar.

[editar] Problemas de coherencia, comprensión, idioma, etc.

Utilízase o marcador {{atención}} e aparece a mensaxe predefinida:

Atención: Este artigo precisa un traballo de revisión.
Por favor vexa a lista de Artigos con problemas e mellóreo de acordo coas indicacións que aparecen nesa páxina. Cando os problemas se resolvan retire esta mensaxe e borre a páxina da lista de artigos con problemas, pero por favor non quite esta mensaxe ata que estea todo solucionado.

[editar] O artigo debería estar no Wikcionario

Utilízase o marcador {{wikt}} e aparece a mensaxe predefinida:

Esta páxina está proposta para mover ao Wikcionario.
Se a páxina pode convertirse nun artigo enciclopédico, mais que nunha definición do dicionario, por favor fágao e logo retire esta mensaxe.
En caso contrario, pode axudar configurándoa segundo as regras do Wikcionario antes de que se produza o traslado.

[editar] O artigo debería estar no Wikisource

Utilízase o marcador {{source}} e aparece a mensaxe predefinida:

Esta páxina está proposta para mover ao Wikisource.
Se a páxina se pode converter nun artigo enciclopédico, mais que nunha copia dun texto orixinal, por favor fágao e logo retire esta mensaxe.
En caso contrario, pode axudar formateandoa segundo as regras de Wikisource antes de que se produza o traslado.

[editar] Outro uso dos marcadores útil para repetir información

Noutras ocasións existen materiais, cadros ou simplemente partes ou listas que se repiten en moitas páxinas, e en lugar de escribilo manualmente cada vez que se queira introducir esos textos facemos un modelo que queremos que apareza automáticamente. ¿En que consiste? Por exemplo en todos os concellos de Galicia queremos que exista unha táboa que enlace co resto dos concellos (e que ten unha variación de contido moi concreta e particular: non é necesario que un concello se enlace a si mesmo): o máis doado é crear un cadro que se chamaría Template:Concellos e para introducilo na páxina escribimos {{Concellos}}.

[editar] Moldes

Outras veces os textos introducidos son comúns na súa estrutura pero variables no seu contido: iso ocorre coas caixas que se poñen nos concellos con {{Concello info}}. A caixa é igual en todos os concellos pero varían os datos, e o xeito en que iso se fai é con asignacións de propiedade = valor , exemplo propiedade → xentilicio , valor → abadinense (podes velo en Wikipedia:Concello info). Isto é máis complicado de entender e editar, así que se non o entendes á primeira non te preocupes. Hai unha Lista de moldes que se pode consultar.

[editar] Modelos

Finalmente, podemos querer que unha páxina teña unha determinada presentación visual e un xeito unitario de presentación dos contidos, é dicir que sempre teñan os mesmo datos, estrutura e organización. Nese caso creamos un formulario baleiro, un modelo cos ocos sen cubrir no que se "copia e pega" e logo énchese cos datos que faltan. Os modelos estan agrupados na categoría "modelo" e hai unha Lista de modelos de artigos.

[editar] Resumo

En definitiva, as mensaxes predefinidas están relacionadas con:

  • Un molde será un contenedor que leva datos variables (feito como template).
  • Un modelo algo que sirve de exemplo para repetir.
  • Unha mensaxe predefinida será entón aquela que se repite sen modificacións nas páxinas (feita como template).
  • Un marcador o xeito en que se introducen as mensaxes predefinidas e os moldes nas páxinas.

O uso dun tipo o outro depende da facilidade de introducción de datos, do mantemento deses datos e de que sexa sinxelo para os colaboradores o seu uso,..., ás veces está claro o uso de uns en detrimento doutros, noutras ocasións é dubidoso. Para entender mellor isto, quizais axude máis a páxina de wikipedia:mantemento

Our "Network":

Project Gutenberg
https://gutenberg.classicistranieri.com

Encyclopaedia Britannica 1911
https://encyclopaediabritannica.classicistranieri.com

Librivox Audiobooks
https://librivox.classicistranieri.com

Linux Distributions
https://old.classicistranieri.com

Magnatune (MP3 Music)
https://magnatune.classicistranieri.com

Static Wikipedia (June 2008)
https://wikipedia.classicistranieri.com

Static Wikipedia (March 2008)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com/mar2008/

Static Wikipedia (2007)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com

Static Wikipedia (2006)
https://wikipedia2006.classicistranieri.com

Liber Liber
https://liberliber.classicistranieri.com

ZIM Files for Kiwix
https://zim.classicistranieri.com


Other Websites:

Bach - Goldberg Variations
https://www.goldbergvariations.org

Lazarillo de Tormes
https://www.lazarillodetormes.org

Madame Bovary
https://www.madamebovary.org

Il Fu Mattia Pascal
https://www.mattiapascal.it

The Voice in the Desert
https://www.thevoiceinthedesert.org

Confessione d'un amore fascista
https://www.amorefascista.it

Malinverno
https://www.malinverno.org

Debito formativo
https://www.debitoformativo.it

Adina Spire
https://www.adinaspire.com