Ebooks, Audobooks and Classical Music from Liber Liber
a b c d e f g h i j k l m n o p q r s t u v w x y z





Web - Amazon

We provide Linux to the World


We support WINRAR [What is this] - [Download .exe file(s) for Windows]

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
SITEMAP
Audiobooks by Valerio Di Stefano: Single Download - Complete Download [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Alphabetical Download  [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Download Instructions

Make a donation: IBAN: IT36M0708677020000000008016 - BIC/SWIFT:  ICRAITRRU60 - VALERIO DI STEFANO or
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Historia de Letonia - Wikipedia

Historia de Letonia

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Historia de Letonia a partir do terceiro milenio antes de Cristo.

Mancomunidade polaco-lituana
Agrandado
Mancomunidade polaco-lituana

Índice

[editar] Letonia antiga

Os Proto-bálticos chegaron ás chairas letonas no terceiro milenio antes de Cristo. Ó principio desta era, o territorio da actual Letonia volveuse famoso como un cruce. A famosa "ruta dos viquingos aos gregos" mencionada nas crónicas antigas, estendíase desde Escandinavia pasando polo territorio letón, o cal cruza o río Daugava á Rus de Kiev cara a Constantinopla, hoxe Istambul, ó Imperio Bizantino.

Os antigos baltos deste tempo participarón activamente na ruta comercial. A través do continente europeo, a costa de Letonia foi coñecida como un lugar para obter ámbar. Ata xa ben entrada a Idade Media o ámbar era máis valoso có ouro, e o ámbar letón foi coñecido ata na Grecia antiga e o Imperio romano.

No 900, os baltos comezaron a instituír monarquías tribais. Gradualmente, catro culturas bálticas tribais se formaron: curonios, latgalianos, selonios, semgalianos (en Letón: kurši, latgaļi, sēļi e zemgaļi).

A máis grande das tribos era a dos latgalianos, que eran os máis avanzados, política e socialmente. En 1100 e 1200, os curonios mantiveron unha vida de intensas invasións que incluían saqueo e pillaxe.

Na costa oeste do mar Báltico, foron coñecidos como os Vikingos bálticos; pero os selonios e semgalianos, foron coñecidos como amantes da paz e prósperos granxeiros

[editar] Período Alemán

Coñecida principalmente como Livonia, a área que hoxe constitúe Letonia estaba baixo a influenza dos Irmáns de Espada alemáns, a partir do século XIII en adiante.

Pola súa situación xeográfica estratéxica, o territorio letón sempre ten sido invadido por nacións máis grandes, e esta situación ten definido o destino de Letonia e da súa xente.

Ó final dos anos 1100, Letonia foi outra vez visitada por comerciantes da Europa occidental. Nestes anos os comerciantes alemáns arribaron coa cristianismo, que desexaban convertir aos paganos ó cristianismo.

Os baltos non desexabán cambiar de relixión, e opúñanse ó Cristianismo. Estas noticias chegaron a oídos do papa en Roma o cal decidiu que os cruzados serían levados a Lituania.

Os Alemáns fundaron Riga en 1201 e gradualmente converteuse na cidade máis bonita do sur do Báltico, coa chegada dos cruzados alemáns o desenvolvemento das monrquias antigas chegaron á súa fin.

No século XI, unha confederación feudal desenvolveuse baixo o mandato alemán, que se chamou Livonia. Livonia incluíu a Estonia e Letonia. En 1282, Riga e despois Cēsis, Limbaži, Koknese e Valmiera foron incluídas na Liga Hanseática (Hansa). Desde este tempo, Riga coverteuse nun importante punto entre leste e oeste. Riga volveuse o centro do Báltico oriental, e formou grandes nexos culturais con occidente.

[editar] Letonia baixo Suecia e Polonia

Os anos 1500 foron tempos de grandes cambios para os letóns, notablemente pola reformación e caída de Livonia despois da Guerra de Livonia (1558-1583), e foi tomado pola Mancomunidade polaco-lituana. A fe Luterana foi aceptada en Kurzeme, Zemgale e Vidzeme, pero a fe romana mantívose dominante en Latgale onde segue ata hoxe.

Nos anos 1600, o Ducado de Curlandia, unha vez parte de Livonia, experimentou unha explosión económica. Estableceu dúas colonias, unha nunha illa no estuario de Gambia e Tobago, os nomes nunca foron cambiados e seguen aló.

Pero na Guerra sueco-polaca (1600-1629) Riga foi tomada por Suecia en 1621. Volveuse a máis grande e desenvolvida de Suecia. Durante este tempo Vidzeme foi coñecida como “A caixa de pan Sueco” porque suplía ó imperio sueco do seu trigo O resto de Letonia permaneceu polaca ata a Segunda partición de Polonia en 1793, cando se volveu parte do Imperio Ruso.

A consolidación da nación letona ocorreu en 1600. Unindo aos Curonios, latgalianos, selenios, semgalianos e livonios (Fino-ugrios, en letón: lībieši ou līvi), Letonia converteuse nunha nación culturalmente unida e desenvolvida.

[editar] Letonia Moderna e Contemporánea

Ingrida Udre, membro da Comisión Europea, que foi remprazada por Andris Piebalgs ó non contar co respaldo do Parlamento Europeo.
Agrandado
Ingrida Udre, membro da Comisión Europea, que foi remprazada por Andris Piebalgs ó non contar co respaldo do Parlamento Europeo.

Despois foi conquistada pola mancomunidade polaco-lituana. Porén, nos século XVIII e XIX, Rusia conseguiu o control de Letonia e rexións veciñas. Con Rusia devastada pola revolución e a Primeira guerra mundial, Letonia declarou a súa independencia en novembro de 1918. Este período da independencia durou ben pouco, cando a Unión Soviética se anexionou ao país o 17 de xuño de 1940 no acordo Xermano-Soviético (pacto Ribbentrop-Molotov) do 23 de agosto de 1939.

Excepto un breve período da ocupación militar por parte da Alemaña nazi durante a Segunda Guerra Mundial, Letonia non deixou o territorio soviético; En 1988 o Movemento pola Independencia de Letonia (LNNK) esixiu liberdade de prensa, a fin da "rusificación" do país e a formación de partidos políticos independentes.

En 1989, o Congreso da Fronte Popular de Letonia (LFT) gañou as eleccións e aprobou a independencia económica e política, pese á resistencia de Moscova.

Baixo a presidencia de Guntis Ulmanis, en 1993 deu inicio a liberalización económica, que provocou unha grave crise de desemprego da que aínda non se recupera o país. Pese á privatización masiva de empresas estatais, a inestabilidade política e económica continuou ata 1995.

Ata que as reformas no comunismo soviético como a glasnost estimularan o movemento de independencia letón, e Letonia recobrou a súa independencia o 21 de agosto de 1991.

En 1990 o Congreso da antiga URSS recoñeceu formalmente a independencia das Repúblicas do Báltico, as cales, tempo despois, tamén foron admitidas como membros da ONU e en 2004 entraron a formar parte da OTAN.

Nos derradeiros anos, a sociedade letona enfronta tensións étnicas que se complican pola diversidade racial do país e pola forte influenza rusa.

[editar] Ingreso na Unión Europea

O 20 de setembro do 2003 apróbase por referendo (69,6 % dos letóns aproximadamente 1,4 millóns) a adhesión do seu país á Unión Europea como xa realizaran Lituania e Estonia. A entrada oficial realizouse en maio do 2004.

[editar] Véxase tamén

Our "Network":

Project Gutenberg
https://gutenberg.classicistranieri.com

Encyclopaedia Britannica 1911
https://encyclopaediabritannica.classicistranieri.com

Librivox Audiobooks
https://librivox.classicistranieri.com

Linux Distributions
https://old.classicistranieri.com

Magnatune (MP3 Music)
https://magnatune.classicistranieri.com

Static Wikipedia (June 2008)
https://wikipedia.classicistranieri.com

Static Wikipedia (March 2008)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com/mar2008/

Static Wikipedia (2007)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com

Static Wikipedia (2006)
https://wikipedia2006.classicistranieri.com

Liber Liber
https://liberliber.classicistranieri.com

ZIM Files for Kiwix
https://zim.classicistranieri.com


Other Websites:

Bach - Goldberg Variations
https://www.goldbergvariations.org

Lazarillo de Tormes
https://www.lazarillodetormes.org

Madame Bovary
https://www.madamebovary.org

Il Fu Mattia Pascal
https://www.mattiapascal.it

The Voice in the Desert
https://www.thevoiceinthedesert.org

Confessione d'un amore fascista
https://www.amorefascista.it

Malinverno
https://www.malinverno.org

Debito formativo
https://www.debitoformativo.it

Adina Spire
https://www.adinaspire.com