Ebooks, Audobooks and Classical Music from Liber Liber
a b c d e f g h i j k l m n o p q r s t u v w x y z





Web - Amazon

We provide Linux to the World


We support WINRAR [What is this] - [Download .exe file(s) for Windows]

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
SITEMAP
Audiobooks by Valerio Di Stefano: Single Download - Complete Download [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Alphabetical Download  [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Download Instructions

Make a donation: IBAN: IT36M0708677020000000008016 - BIC/SWIFT:  ICRAITRRU60 - VALERIO DI STEFANO or
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Calcio (elemento) - Wikipedia

Calcio (elemento)

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

As cunchas son ricas en calcio
Agrandado
As cunchas son ricas en calcio
Potasio - Calcio - Escandio
Mg
Ca
Sr
Clique para descrición
Xeral
Nome, símbolo, número Calcio, Ca, 20
Clase , serie química Metal , representativo
alcalino-terroso )
Grupo, período, bloque 2 ( IIA ), 4, s
Densidade, dureza 1550 kg/m3, 1,75
Cor e aparencia Branco prateado
Propiedades atómicas
Masa atómica 40,078 u
Raio atómico 180 (194) picómetro
Raio covalente 174 pn
Raio de van der Waals non dispoñíbel
Configuración electrónica [Ar]4s2
Electróns por nivel de enerxía 2, 8, 8, 2
Estado de oxidación (óxido) 2 (fortemente básico)
Estrutura cristalina cúbica de face centrada
Propiedades físicas
Estado da materia sólido (paramagnético)
Punto de fusión 1 115 K
Punto de ebulición 1 757 K
Volume molar 26,20×10-6 m3/mol
Entalpía de vaporización 153,6 kX/mol
Entalpía de fusión 8,54 kX/mol
Presión de vapor 254 Pa a 1 112 K
Velocidade do son 3 810 m/s (293,15 K)
Propiedades diversas
Electronegatividade 1,00 (escala de Pauling)
Calor específico 632 X/kg*K
Condutividade eléctrica 29,8×10-6/m ohm
Condutividade térmica 201 W/m*K
1ª Potencial de ionización 589,8 kX/mol
2ª Potencial de ionización 1145,4 kX/mol
3ª Potencial de ionización 4912,4 kX/mol
Isótopos máis estábeis
iso AN mediavida MD ED (MeV PD
40Ca 96,941% isótopo estábel con 20 neutróns
41Ca Sintético 103,0 anos e-1 0,421 41K
42Ca 0,647% Isótopo estábel con 22 neutróns
43Ca 0,135% Isótopo estábel con 23 neutróns
44Ca 2,086% Isótopo estábel con 24 neutróns
46Ca 0,004% Isótopo estábel con 26 neutróns
48Ca 0,187% > 6×1018 anos emisión beta 4,272 48Ti
Unidades SI e condicións CNPT, excepto onde se indique o contrario

O calcio é un elemento químico, símbolo Ca, de número atómico 20 (20 protóns e 20 electróns) e masa atómica 40 u. É un metal da familia dos alcalino-terrosos, pertencente ao grupo 2 da clasificación periódica dos elementos químicos.

É un elemento sólido na temperatura ambiente, maleábel, dúctil que reacciona violentamente coa auga.

É un elemento químico esencial ao ser humano. Unha persoa ten entre 1,5 e 2% de calcio en peso, do cal o 99% encóntrase nos ósos , dentes, no restante dos tecidos, e en fluídos corporais intervindo no metabolismo celular. É rico no leite, algúns vexetais, e en espiñas de peixes. Tamén, en cunchas e estalactitas.

O calcio encóntrase abundantemente na natureza, sempre na forma de minerais. Foi descuberto en 1808 por Humphry Davy, mediante a electrólise dunha amálgama de mercurio e cal.


Índice

[editar] Características principais

O calcio é un metal alcalino-terroso, mol, maleábel e dúctil que arde con chama vermella formando óxido de calcio e nitruro. As superficies recentes son de coloración branco prateada que rapidamente se volven levemente amareladas expostas ao ar, finalmente con coloración cinzas ou brancas debido á formación de hidróxido ao reaccionar coa humidade ambiental. Reacciona violentamente coa auga para formar o hidróxido de calcio, Ca(OH)2 , con desprendemento de hidróxeno.

[editar] Papel biolóxico

O calcio actúa como mediador intracelular, cumprindo unha función de segundo mensaxeiro como, por exemplo, o ión Ca2+ intervén na contracción dos músculos. Tamén está implicado no control dalgunhas encimas quinases que realizan funcións de fosforilación como, por exemplo, na proteína quinase C (PKC). O calcio realiza funcións encimáticas de maneira similar ao magnesio en procesos de transferencia do fosfato como, por exemplo, a encima fosfolipase A2).

Algúns dos seus sales son bastante insolúbeis como, por exemplo, o sulfato de calcio (CaSO4), carbonato de calcio (CaCO3), oxalato, etc., e o calcio forma parte de distintos biominerais. Así, no ser humano, está presente nos ósos como hidroxiapatito cálcico, Ca10(OH)2(PO4)6, nos dentes como fluorohidroxiapatito (algúns OH- sustitúense por F-), ou como carbonato de calcio no ouvido interno. Outros biominerais están presentes en exoesqueletos, en conchas e nas cascas de ovos de diferentes animais e na forma de diferentes sales.

Outra función do calcio está relacionada coa coagulación do sangue, a través da súa relación coa proteína protrombina.

É, por tanto, un importante compoñente da dieta. A cantidade diaria recomendada para os adultos oscila entre 800-1000 mg, cantidade que debe incrementarse durante o crecemento (9-18 anos), na gravidez, na lactación e, posteriormente, na menopausa até 1200-1300 mg. Os produtos comerciais especifican nos seus rótulos a cantidade de calcio que presentan, xeralmente en porcentaxe, para que o consumidor saiba se está inxerindo a cantidade diaria necesaria. Produtos ricos en calcio son o leite e os seus derivados, cuxo calcio é facilmente absorbido; en vexetais como feixón e espinaca; nas espiñas de peixes como sardiña e anchoa e, nos alimentos enriquecidos con calcio.

A competición que se estabelece con certos metais pode inhibir a absorción do calcio. O magnesio e o calcio compiten nos mesmos puntos de absorción, por tanto, persoas que inxiren suplementos de magnesio deben tomar especial coidado co aporte diario de calcio.

A deficiencia de calcio pode provocar osteoporose e "hipocalcemía" ; o exceso provoca a "hipercalcemía".

[editar] Historia

O calcio (do latín "calx", "calcis", cal ) foi descuberto en 1808 por Humphry Davy mediante a electrólise dunha amálgama de mercurio e cal. Davy mesturou cal humedecida con óxido de mercurio que colocou sobre unha lámina de platina, o ánodo, e somerxeu unha parte de mercurio no interior da pasta funcionando como cátodo. Na electrólise obtivo unha amálgama que destilada orixinou un residuo sólido facilmente oxidábel. Davy non ficou convencido de que obtivera calcio puro. Posteriormente, Robert Bunsen en 1854 e Matthiessen en 1856 obtiveron o metal por electrólise do cloruro de calcio e, Henri Moissan obtivo o calcio cunha pureza do 99% por electrólise do ioduro de calcio. Entretanto, até principios do século XX, o calcio só era obtido en laboratorio.

[editar] Abundancia e obtención

É o quinto elemento en abundancia na codia terrestre (3,6% en peso ). Non se encontra en estado nativo, porén formando compostos de grande interese industrial como carbonatos, (calcita, mármore, caliza e dolomita) e sulfatos (xeso, alabastro) a partir dos cales se obtén o cal vivo , a escaiola, o cemento, etc. Outros minerais que o conteñen son a fluorita (fluoruro), apatita (fosfato) e granito (silicato).

O metal íllase por electrólise do cloruro de calcio (subproduto do proceso Solvay) fundido:

  • cátodo: Ca2+ + 2 e- → Ca
  • ánodo:  Cl- → ½ Cl2 (gas) + e-

[editar] Isótopos

O calcio ten seis isótopos estábeis, dos cales o Ca-40 é o máis abundante (97%). O Ca-40 e o Ar-40 son produtos da desintegración do K-40. O segundo úsase para a determinación da idade de rochas en xeoloxía pola datación radiométrica, porén, a prevalencia do isótopo Ca-40 na natureza ten impedido de facer o mesmo co calcio.

Diferentemente doutros isótopos cosmoxénicos producidos na atmosfera terrestre, o Ca-41 orixínase por activación neutrónica do Ca-40, formándose nas capas máis superficiais do solo, onde o bombardeo de neutróns é suficientemente intenso. Alén diso, o Ca-41 ten recibido unha atención dos científicos porque se desintegra en K-41, un indicador crítico das anomalías do sistema solar.

[editar] Véxase tamén

Táboa periódica dos elementos

[editar] Referencias

Commons
Commons ten máis imaxes sobre:
Our "Network":

Project Gutenberg
https://gutenberg.classicistranieri.com

Encyclopaedia Britannica 1911
https://encyclopaediabritannica.classicistranieri.com

Librivox Audiobooks
https://librivox.classicistranieri.com

Linux Distributions
https://old.classicistranieri.com

Magnatune (MP3 Music)
https://magnatune.classicistranieri.com

Static Wikipedia (June 2008)
https://wikipedia.classicistranieri.com

Static Wikipedia (March 2008)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com/mar2008/

Static Wikipedia (2007)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com

Static Wikipedia (2006)
https://wikipedia2006.classicistranieri.com

Liber Liber
https://liberliber.classicistranieri.com

ZIM Files for Kiwix
https://zim.classicistranieri.com


Other Websites:

Bach - Goldberg Variations
https://www.goldbergvariations.org

Lazarillo de Tormes
https://www.lazarillodetormes.org

Madame Bovary
https://www.madamebovary.org

Il Fu Mattia Pascal
https://www.mattiapascal.it

The Voice in the Desert
https://www.thevoiceinthedesert.org

Confessione d'un amore fascista
https://www.amorefascista.it

Malinverno
https://www.malinverno.org

Debito formativo
https://www.debitoformativo.it

Adina Spire
https://www.adinaspire.com