Ebooks, Audobooks and Classical Music from Liber Liber
a b c d e f g h i j k l m n o p q r s t u v w x y z





Web - Amazon

We provide Linux to the World


We support WINRAR [What is this] - [Download .exe file(s) for Windows]

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
SITEMAP
Audiobooks by Valerio Di Stefano: Single Download - Complete Download [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Alphabetical Download  [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Download Instructions

Make a donation: IBAN: IT36M0708677020000000008016 - BIC/SWIFT:  ICRAITRRU60 - VALERIO DI STEFANO or
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Siniestro Total - Wikipedia

Siniestro Total

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Siniestro Total é o nome dun grupo de música punk-rock galego, formado en Vigo o vinte de agosto de 1981 por Germán Coppini, Miguel Costas, Alberto Torrado e Julián Hernández, e pasando por varias formacións ata queda-la actual con Julián Hernández, Javier Soto, Óscar G. Avedaño, Ángel González e Jorge Beltrán.


Índice

[editar] Compoñentes

Formación orixinal (1981-1983):

  • Germán Coppini — voz
  • Miguel Costas — guitarra eléctrica e coros
  • Alberto Torrado — baixo e coros
  • Julián Hernández — batería e coros

Segunda formación (1983-1985):

  • Miguel Costas — guitarra eléctrica e voz
  • Alberto Torrado — baixo e coros
  • Julián Hernández — batería e coros

Terceira formación (1985-1987):

  • Miguel Costas — guitarra eléctrica, voz e coros
  • Javier Soto — guitarra eléctrica e coros
  • Alberto Torrado — baixo, voz e coros
  • Julián Hernández — batería, voz e coros

Cuarta formación (1987-1988):

  • Miguel Costas — guitarra eléctrica, voz e coros
  • Julián Hernández — guitarra eléctrica, voz e coros
  • Javier Soto — guitarra eléctrica, voz e coros

Quinta formación (1988-1994):

  • Miguel Costas — guitarra eléctrica, voz e coros
  • Julián Hernández — guitarra eléctrica, voz e coros
  • Javier Soto — guitarra eléctrica e coros
  • Segundo Grandío — baixo e coros
  • Ángel González — batería

Sexta formación (1994-1996):

  • Julián Hernández — guitarra eléctrica, voz e coros
  • Javier Soto — guitarra eléctrica e coros
  • Segundo Grandío — baixo e coros
  • Ángel González — batería

Séptima formación (1996-2001):

  • Julián Hernández — guitarra eléctrica, voz e coros
  • Javier Soto — guitarra eléctrica e coros
  • Segundo Grandío — baixo e coros
  • Ángel González — batería
  • Jorge Beltrán — saxofón e coros

Formación actual (2001-):

  • Julián Hernández — guitarra eléctrica, voz e coros
  • Javier Soto — guitarra eléctrica]] e coros
  • Óscar G. Avendaño — baixo e coros
  • Ángel González — batería
  • Jorge Beltrán — saxofón e coros

[editar] Estilo

No primeiro álbume, ¿Cuándo se come aquí?, atopámonos cun estilo marcadamente punk, con letras desquiciadas e cancións de tres acordes como máximo que apenas rozan os dous menutos nos casos máis afortunados. No segundo, Siniestro Total II: El Regreso, continúa a esencia punk, inda que aparecen máis instrumentos aparte dos característicos neste estilo, e atopámonos con teclados, seccións de vento, etcétera. No terceiro, Menos mal que nos queda Portugal, o punk evoluciona a un rock máis clásico, inda que mantén unhas letras xenuinamente punk, pero algo máis simpáticas e menos grotescas. No cuarto, Bailaré sobre tu tumba, continúa o rock clásico, pero as letras se voltan a se tornar algo máis grotescas, inda que non tanto coma ó principio. No quinto e no sexto, De hoy no pasa e Me gusta cómo andas' respectivamente, o rock suavízase, dando paso ó power-pop e mantendo as letras características do punk, inda que de novo un tanto máis simpáticas. No séptimo, En beneficio de todos, dan un paso atrás e voltan ó rock clásico, pero as letras evolucionan e tórnanse algo máis complexas. No octavo e no noveno, Made in Japan e Policlínico miserable respectivamente, o rock faise máis duro, casi rozando o heavy metal en algúns casos, e as letras viran a máis oscuras e críticas, especialmente no segundo. No décimo, Sesión vermú, o rock suavizase un chisco, inda que segue a ser duro, e engádense instrumentos coma o órgano e a sección de ventos, mentras que as letras, inda complejas, volven a tratar sobre temas mundanos. No undécimo, La historia del blues, dan un xiro inesperado e o seu estilo pásase ó blues, coma o seu propio título indica, e as letras baséanse nos textos doutro autor de blues, Jack Griffin, co que tratan sobre temas mundanos pero non propios. No duodécimo, Popular, democrático e científico, voltan ó rock, nesta ocasión cercano ó grunge, e as letras tratan de novo temas cotidiáns.

[editar] Historia

A finais dos anos setenta a Antón Reixa regálanlle unha batería; éste, vendo que non a utilizaría, regálalla á súa vez a Hernández coa condición de que formara un grupo de música. En 1979 Hernández coñece xa no instituto a Miguel Costas e Alberto Torrado, e nese mesmo ano contacta con eles Javier Soto, e no verán forma con eles e dúas persoas máis para cumplir a súa promesa con Reixa un sexteto que leva por nome El Sexteto del Blues, que ofrece unha única actuación o vinteséis de agosto de 1979, en Vigo, para se disolver despois. Neste grupo Costas e Soto tocarían a guitarra, Torrado encargaríase do baixo e Hernández faría o seu coa batería.

Pouco despois desto Soto comeza a mili, mentras que Costas, Torrado e Hernández forman o grupo amateur Coco y el de los Mil Quinientos. Máis tarde, xa en 1980, o grupo, tras varios cambios de nome, adoita o que parece o definitivo: Mari Cruz Soriano y los Que Afinan su Piano.

Nembargantes, algo faríalles trocar este nome polo definitivo. O vinte de agosto de 1981, Soto recibe un dos seus primeiros permisos para saír un tempo tras entrar na mili; éste aproveita esa noite para voltar cos seus antigos compañeiros nunha noite de neboa e alcohol típica da cidade de Vigo. Máis tarde, ó ir no coche de volta a casa, ó cruza-la ponte del Rande, o Renault 12 Familiar no que viaxan sufre un serio accidente, e tódolos que van nel (Costas, Soto, Torrado e Hernández) son rápidamente trasladados ó Xeral de Vigo, onde son atendidos polo persoal de urxencias que está de garda esa noite. Afortunadamente, o accidente non implica secuelas para ningún dos catro, máis a compañía na que estaba asegurado o Renault 12 Familiar declara o estado do vehículo como siniestro total, e de ahí se extrae o novo nome do grupo, que por fin sería o definitivo.

Deste xeito chegamos ó outono de 1981: o grupo xa conta cun nome definitivo, e é hora de comezar a ensaiar, a gravar temas e, ante todo, a se promocionar; pero fáltalles algo imprescindible se querían demostrar o seu bo humor: un cantante. Así que, procurando e procurando, atopan a un tal Germán Coppini, que, estando algo perdido no mundo da música e queréndose dar a coñecer dalgún xeito, acepta cantar no grupo.

Así pois, a banda comeza a ensaiar e a gravar, atopándose a finais dese ano con nada menos que catorce temas, e é entón cando comezan a se promocionar como «un grupo vigués con plantexamentos iconoclastas e neo-dadaístas nos textos: punk-rock galego contra o aburrimento xeral» — ou, tal como os definiría Antón Reixa nunha das primeiras gravacións das que se ten constancia, como un grupo de «esquizorock celta»—, mandando a maqueta que xa tiñan gravada a tódalas partes; e alguén, entre tódalas persoas ás que lla enviaran, amósase interesado nela. Trátase de Jesús Ordovás, que por aquel entón dirixe o programa radiofónico Esto No Es Hawaii en Radio Tres, de Radio Nacional de España; éste adícase a poñe-la maqueta a tódalas horas e a promociona-lo grupo, de xeito que éste acada unha enorme sona entre os oíntes, que comezan a pedir máis material da banda.

Xa na primaveira de 1982 a casa discográfica DRO (Discos Radioactivos Organizados), por aquel entón de recente creación, decide fichalos ó observa-la certa fama que xa posúen, sumada aos contactos que ten Julián Hernández en Madrid, e permítenlles grabar un EP, que é lanzado en juño dese mesmo ano co título de Ayudando a los enfermos que contén os catro temas Ayatolah!, Matar jipis en las Cíes, Mario (Encima del armario) e Purdey. Este EP resulta ser un éxito de vendas alternativas, polo que a discográfica permítelles continuar coa súa carreira e gravar un primeiro álbume completo, ou por aquel entón un LP. En outono de aquel ano péchanse no estudio durante apenas tres días escasos para gravar quince cancións, que aparecen publicadas en novembro de 1982 co título de ¿Cuándo se come aquí?, que supón un éxito de ventas inda maior ó do EP. Deste último tan só aparecen no LP as cancións Ayatolah! e Matar jipis en as Cíes, xunto con éxitos como Ponte en mi lugar, Fuera las manos chinas del Vietnam socialista, Las tetas de mi novia ou Hoy voy a asesinarte (The life and soul of the party), sendo esta derradeira unha versión de certo éxito de Petula Clark; todo esto acompañado por unha antolóxica carátula que representa aos distintos membros do grupo caracterizados coma os Irmáns Dalton de Lucky Luke.

Xa a comezos de 1983 Siniestro mantén certa fama, o que lle permite organizar concertos aos que asiste unha boa cantidade de público. O dez de xaneiro dese ano prodúcese un dos sucesos que máis da a coñecer á banda entre os consumidores de música daquel entón: a Primeira Festa de Radio Pop, na que Julián Hernández proclama: «Chegamos á gloria máis alta á que poderíamos chegar catro desgraciados coma nos». O concerto comeza có berro de Miguel Costas de: «¡Hala, chavalada...!, ¡a divertirse!», e a continuación o mesmo Costas presenta o primeiro tema da súa actuación como unha canción «heavy-metal Total»; é xusto nese intre cando o público comeza a cuspir contra o persoal da banda, incluído Coppini, que saira ó escenario cun polo de goma colgando da súa cazadora, que remata, xunto coas dos seus compañeiros, absolutamente enchoupada.

Esta actuación resulta ser un éxito absoluto, que lles da a oportunidade de actuar nada menos que na Sala RockOla de Madrid e, ademáis, gañar un dos premios que se outorgaban en dita festa. É tal o éxito que chama a atención de Carlos Tena e Diego A. Manrique, que son por aquel entón os directores do programa Caja de Ritmos en Televisión Española; polo que lles piden un par de temas inéditos para unha actuación no programa. En apenas cinco menutos Julián compón Me pica un huevo, mentras que nese mesmo tempo Miguel escribe Sexo chungo. Finalmente non poden interpretar estos dous temas para a televisión, xa que o día anterior ó que está programado para a actuación, Las Vulpes ofreceran a canción Me gusta ser una zorra, producíuse un escándalo inmediato e o programa foi censurado, tendo esto como consecuencia a dimisión de Carlos Tena de Televisión Española.

Con todo, as dúas cancións preséntanse como un single «de doble cara B» que fai exclamar a Miguel Ríos: «¿A dónde habrá llegado a parar el rock espanol cuando se cantan cosas como «Me pica un huevo»?»

A pesar do fracaso antes de tempo da súa actuación en Televisión Española, por aquel entón trátase xa dun grupo moi coñecido e promocionado sobre todo polos seus concertos, onde a diversión —e o caos— está asegurada. É precisamente nun destes concertos, pouco despois da Primera Fiesta de Diario Pop, cando nunha actuación na Sala Zeleste de Barcelona alguén da primera fila guíndalle un botellazo na perna a Germán. Debido a este suceso o grupo ten que saír a actuar sen cantante uns días máis tarde, o catro de febreiro, na discoteca La Mandrágora en León.

Tamén durante ese concerto ocurre un percance. Unha das espectadoras, de nome Cuca, bota unha botella ó escenario, que da na cara a Miguel, quen sufre diversos cortes no rostro. Ésta é a razón pola que Alberto e Julián permanecen o resto da noite, mentras Miguel é atendido na casa de socorro por diversos cortes e contusións, repetindo: «Non volvemos a actuar» aos presentes.

Mentras ocurre todo esto, Germán estivo replantexándose seriamente a súa continuidade no grupo. Tras saír do hospital e poder volver a actuar, contacta co multiinstrumentista Teo Cardalda, co que forma un dúo, en principio tan só un pequeno proxecto paralelo a Siniestro Total, co nome de Golpes Bajos; de xeito que compaxina a súa actividade nos grupos, estando de luns a venres en Siniestro e os fins de semán en Golpes. Pero o intre decisivo chega cando con este último grupo envía algunas cancións para participar no Concurso de Maquetas da revista Rock Espezial (que actualmente denomínase Rock Deluxe) e xuntos gañan o primeiro premio. Pouco despois, e debido a este éxito, Golpes aparece nun programa de Televisión Española presentado por Paloma Chamorro; Germán non comenta que tamén pertence a Siniestro Total, feito que ocasiona que se ofenda o resto dos compoñentes do grupo.

Así pois, Germán e Teo buscan a dous instrumentistas máis para o seu grupo; atopan a Pablo Novoa e Luis García, e en abril de 1983 Germán abandona definitivamente Siniestro Total.

[editar] Discografía

(Os álbumes son de estudio, a non ser que se indique o contrario.)

  • ¿Cuándo se come aquí? (1982)
  • Siniestro Total II: El Regreso (1983)
  • Menos mal que nos queda Portugal (1984)
  • Bailaré sobre tu tumba (1985)
  • Gran D Sexitos (1986) (Álbum recopilatorio)
  • De hoy no pasa (1987)
  • Me gusta cómo andas (1988)
  • En beneficio de todos (1990)
  • Trabajar para el enemigo (1992) (Álbum recopilatorio)
  • Ante todo mucha calma (1992) (Álbum en directo)
  • Ojalá estuvieras aquí (1993) (Álbum recopilatorio)
  • Made in Japan (1993)
  • Policlínico miserable (1995)
  • La edad de oro del pop español (1996) (Álbum recopilatorio)
  • Gato por liebre (1997) (Álbum recopilatorio)
  • Cultura popular (1997) (Álbum en directo)
  • Así empiezan las peleas (1997) (Álbum en directo)
  • Sesión vermú (1997)
  • La historia del blues (2000)
  • Héroes de los ochenta (2000) (Álbum recopilatorio)
  • ¿Quiénes somos? ¿De dónde venimos? ¿Adónde vamos? (2002) (Álbum recopilatorio)
  • Popular, democrático y científico (2005)
Outras linguas
Our "Network":

Project Gutenberg
https://gutenberg.classicistranieri.com

Encyclopaedia Britannica 1911
https://encyclopaediabritannica.classicistranieri.com

Librivox Audiobooks
https://librivox.classicistranieri.com

Linux Distributions
https://old.classicistranieri.com

Magnatune (MP3 Music)
https://magnatune.classicistranieri.com

Static Wikipedia (June 2008)
https://wikipedia.classicistranieri.com

Static Wikipedia (March 2008)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com/mar2008/

Static Wikipedia (2007)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com

Static Wikipedia (2006)
https://wikipedia2006.classicistranieri.com

Liber Liber
https://liberliber.classicistranieri.com

ZIM Files for Kiwix
https://zim.classicistranieri.com


Other Websites:

Bach - Goldberg Variations
https://www.goldbergvariations.org

Lazarillo de Tormes
https://www.lazarillodetormes.org

Madame Bovary
https://www.madamebovary.org

Il Fu Mattia Pascal
https://www.mattiapascal.it

The Voice in the Desert
https://www.thevoiceinthedesert.org

Confessione d'un amore fascista
https://www.amorefascista.it

Malinverno
https://www.malinverno.org

Debito formativo
https://www.debitoformativo.it

Adina Spire
https://www.adinaspire.com