Televisión Española
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Televisión Española (TVE) foi fundada o 28 de outubro de 1956 e pertence a o grupo Radiotelevisión Española.
TVE é a principal empresa de RTVE e o mair grupo audiovisual dos países de fala hispana. Está presente nos cinco continentes por medio de vía satélite. TVE tamén participa na cadea Euronews.
[editar] Historia
A aparición da Televisión Española no ano 1956 é o comezo da televisión en España. A Constitución Española defíne a súa misión no artigo 20:
Que protexe o dereito a comunicar ou recibir libremente información veraz por calquera medio de difusión.
No ano 1962 pasa a depender do Ministerio de Información e Turismo, do cal era Ministro Manuel Fraga Iribarne. Os primeiros contidos da canle eran informativos, musicais e publicidade. Todos os programas emitíanse en directo dende o Paseo de la Habana (Madrid).
En novembro de 1966 aparece a segunda canle de TVE (TVE2). En TVE2 emitiríanse os contidos deportivos, culturais e de servizo público de baixa audiencia.
En 1990 aparece a Lei de Televisión Privada a trae con ela novas canles (Antena 3, Telecinco, Canal+).
En 1994 creanse as canles temáticas Teledeporte e Canal Clásico que emiten vía satélite (agora Teledeporte emite por TDT), tamén comeza a emitir por vía satélite TVE internacional lanzado en 1989
Coa chegada da Televisión Dixital Terrestre Televisión Española conta con maior número de canles:
- La Primera (TVE1)
- La 2 (TVE2)
- Canal 24 horas
- Teledeporte
- Clan TVE-TVE 50 anos
Cadea | Recepción |
---|---|
La Primera | Analóxica / TDT / Digital+/Imagenio/ Cable |
La 2 | Analóxica / TDT / Digital+/Imagenio/ Cable |
Canal 24 Horas | TDT / Digital+ / Hotbird / Hispasat / IA13 /NSS7/ Cable/ Imagenio |
Teledeporte | TDT / Digital+ / Hispasat/ Cable/ Imagenio |
Docu-TVE | Digital+ / Hispasat / IA13 /NSS7 |
TVE Internacional | Digital+ / Astra / Hotbird / Hispasat / Asiasat / IA13 /NSS7 |
Canal Clásico | Digital+ / Hispasat |
Clan-TVE / TVE-50 Años | TDT / Digital+/ Cable/ Imagenio |