Ebooks, Audobooks and Classical Music from Liber Liber
a b c d e f g h i j k l m n o p q r s t u v w x y z





Web - Amazon

We provide Linux to the World


We support WINRAR [What is this] - [Download .exe file(s) for Windows]

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
SITEMAP
Audiobooks by Valerio Di Stefano: Single Download - Complete Download [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Alphabetical Download  [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Download Instructions

Make a donation: IBAN: IT36M0708677020000000008016 - BIC/SWIFT:  ICRAITRRU60 - VALERIO DI STEFANO or
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Pel - Wikipedia

Pel

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

A pel ou cute é o órgao de revestimento externo do corpo, o maior órgao do corpo humano, responsable da protección do organismo contra o medio externo.

Índice

[editar] Anatomía

O nome anatómico internacional é cute. A pel é un dos maiores órgaos, constituindo o 15% do peso corporal. Cobre case todo o corpo a excepción dos orificios xenitais e alimenticios, ollos e superficies mucosas xenitais.

[editar] Histoloxía

A pel ten tres capas: a epiderme, a derme e o tecido adiposo subcutáneo (tecnicamente externo á pel mais relacionado funcionalmente). Hai ademais varios órgaos anexos, como folículos pilosos, glándulas sudoríparas e sebáceas e uñas; ademais, noutros animais, atópanse plumas, escamas, cascos e cornos.

A pel é practicamente idéntica en todos os grupos étnicos humanos. Nos individuos de pel escura, os melanocitos producen máis melanina que naqueles de pel clara, mais o seu número é semellante.

1-Córnea, 2-Epiderme, 3- Derme, 4- Tecido adiposo subcutáneo
Agrandado
1-Córnea, 2-Epiderme, 3- Derme, 4- Tecido adiposo subcutáneo

[editar] Epiderme

A epiderme é unha capa con profundidade diferente conforme a rexión do corpo. As palmas das máns e pés teñen unha capa máis grosa, ata 2mm de espesura.

A epiderme é constituida por un epitelio estratificado pavimentoso (células escamosas en varias capas). A célula principal é o queratinocito (ou ceratinocito) que produz a queratina. Existen tamén niños de melanocitos (produtores de melanina, un pigmento castaño que absorbe os raios UV); e células inmunitarias, principalmente células de Langerhans, xigantes e con prolongamentos membranares.

A epiderme presenta varias capas. A orixe da multiplicación celular é a capa basal. Todas as outras son constituidas con células cada vez máis diferenciadas que co crecimento basal van ficando cada vez máis periféricas, acabando por descamar e cair (unha orixe importante do pó que se acumula nos locais onde viven persoas ou animais).

  1. Extracto basal, é o máis profundo, en contacto con derme, constituido por células cúbicas pouco diferenciadas que se dividen continuamente dando orixe a todas as outras capas. Contén moito pouca queratina. Algunhas destas células diferencianse e pasan para as capas máis superficiais, encanto outras permanecen na capa basal e continuan a dividirse.
  2. Extracto espiñoso: células cúbicas ou achatadas con máis queratina que as basais. Comezan a formar unións celulares unhas coas outras, como desmosomas e unions estreitass (de ahí o aspecto de espiños).
  3. Extracto granuloso: células achatadas, con gránulos de queratina prominentes e outros como substancia extracelular e outras proteínas (colaxenos).
  4. Extracto lúcido: células achatadas hialinas eosinófilas debido a gránulos moi numerosos proteicos. Estas células liberan encimas que as dixeren. A maior parte xa está morta (sen núcleo).
  5. Extracto córneo: constituido por células achatadas eosinófilas sen núcleo (mortas) con grande cantidade de filamentos, principalmente queratinas.

A unión entre a epiderme e a derme ten forma de papilas, que dan maior superficie de contacto coa derme e maior resistencia ao rozamento.

[editar] Órgaos Anexos da Epiderme

  • Folículo piloso: produce unha estrutura maciza queratinizada, o pelo, que é producido por células especializadas na súa raiz, constituindo o bulbo piloso. Teñen músculo liso erector e terminacións nervosas sensitivas asociadas. Os folicúlos pilosos dos bigodes dalguns animais como o gato están altamente especializados como órgaos dos sentidos.
  • Glándula sudorípara: son glándulas tubulosas enoveladas non ramificadas, que producen un líquido acoso diluido que contén sais e detritos orgánicos. A súa principal función é a regulación da temperatura, mais tamén ten funcións excretoras pouco significativas (resquicios de animais nosos antepasados que non posuían rins). Hai glandulas sudoríparas especializadas (apócrinas) nalgunhas rexións como nas axilas e nas rexións xenitais, que producen suor que colle cheiro despois de metabolizalo as bacterias da pel. É posible que esas glándulas secreten no ser humnao hormonas con funcións de sinalización sexual, como en algúns animais, mais aínda non foi probado.
  • Glándula sebácea: son glándulas ramificadas que forman ácinos, que secretan substancias lípidicas dentro dos tubos dos foliculos pilosos ou directamente na pel. Non existen nas palmas das máns e pés. Teñen funcións de protección contra deshidratación e no control da flora bacteriana da pel e do seu pH.
  • Uñas, pelos, cornos, cascos, escamas e plumas: son estructuras especializadas compostas enteiramente de queratina, producidas como protección por varios tipos de animais.

[editar] Derme

A derme é un tecido conxuntivo de sustentación da epiderme. É constituido por fibrillas de colaxenio e elastina con numerosos fibrocitos que fabrican estas proteínas e sustentan o tecido.

Ten dúas capas, a capa papilar de contacto coa epiderme a capa reticular máis densa. É na derme onde se localizan os vasos sanguíneos e linfáticos que vascularizan a epiderme así como os nervos e os órgaos sensoriais asociados a eles. Estes incluen varios tipos de sensores:

  1. Corpúsculo de Vater-Pacini, sensibeis á presión.
  2. Corpúsculo de Meisner con función de detección de presións de frecuencia diferente.
  3. Corpúsculo de Krause
  4. Órgao de Ruffini
  5. Célula de Merckel
  6. Folículo piloso con terminacións nervosas asociadas.
  7. Terminación nervosa libre, con dendrites libres sensibles á [[dor e temperatura.

[editar] Hipoderme (subcutis)

Técnicamente xa non é parte da pel. Está constituido por tecido adiposo que protexe contra do frío.

[editar] Fisioloxía (función)

A pel é un órgao moito máis complexo do que aparenta. A súa función principal é a protección do organismo das ameazas externas. sen embargo ten tamén funcións inmunitarias, é o principal órgao da regulación da calor, protexendo contra a deshidratación. Teñen tamén funcións nerviosas, constituindo o sentido do tacto e metabólicas, como a producción da vitamina D.

[editar] Protección Física

A epiderme secreta proteínas e lípidos (a principal, é a queratina]]) que protexen contra a invasión por parasitas e as feridas mecánicas e o rozamento. Contra esta tamén é fundamental o tecido conxuntivo da derme, na cal os fibrocito]]s depositan proteínas fibrilares con propriedades de resistencia á tracción e elasticidade, como os colaxenos e a elastina. A melanina producida polos seus melanocitos protexe contra a radiación, principalmente UV.

[editar] Protección da desidratación

Unha das funcións vitais da pel é a protección contra a deshidratación. Os seres humanos son animais terrestres, e necesitan protexer os seus corpos, principalmente compostos de auga, contra a evaporación excesiva e a deshidratación e o subsequente choque hipovolémico e morte, que serían inevitables nun meio seco e quente. É común que as víctimas de queimaduras graves morran de choque hipovolémico (sangue con pouco volume debido á perda de auga) se perden extensamente superficie cutánea. A pel protexe da desidratación por dous mecanismos. As unións celulares como unións estreitas e desmosomas dan cohesión ás células da epiderme e a súa superficie continua de membrana lipídica impede a saída de auga (que non se mestura con lípidos).

[editar] Regulación da temperatura corporal

A pel tamén é o principal órgao de regulación da temperatura corporal a través de diversos mecanismos:

  1. Os vasos sanguíneos subcutáneos contraense co frío e dilatanse coa calor, para minimizar ou maximizar as perdas de calor.
  2. Os folicúlos pilosos teñen músculos que producen a súa erección co frío (pel de galiña), aprisionando bollas de ar estático xunto á pel que retarda os trocos de calor -un mecanismo máis eficaz nos nosos antepasados máis peludos.
  3. As glándulas sudoríparas secretan líquido acuoso cuxa evaporación diminúe a temperatura superficial do corpo.
  4. A presenza de tecido adiposo (graxa) subcutáneo protexe do frío, xa que a graxa é mal conductor do calor.

[editar] Encanto órgao inmunitario

A pel é un órgao importante do sistema inmunitario: alberga diversos tipos de leucocitos; hai linfocitos que regulan a resposta inmunitaria e desenvolven respostas especificas; células presentadoras de antixeno (histiocitos ou células de Langerhans) que recollen moléculas estrañas (posibeis invasores) que levan para os ganglios linfáticos onde as presentan aos linfocitos CD4+; mastocitos envoltos en reaccións alérxicas e loita contra parasitos.

[editar] Funcións metabólicas

As funcións matabólicas da pel son moi importantes. Nela fabrícase, nunha reacción dependente da luz solar, a vitamina D, unha vitamina esencial para o metabolismo do calcio e polo tanto na formación/manutención saudabel dos ósos.

[editar] Encanto órgao dos sentidos

Finalmente a pel tamén é un órgao sensorial, constituindo o sentido do tacto. Ela presenta numerosas terminacións nervosas, algunhas libres, outras con comunicación con órgaos sensoriais especializados, como células de Merckel, folicúlos pilosos. A pel teñen capacidade de detectar sinais que crian as percepcións da temperatura, movimento, presión e dor. É un órgao importante na función sexual.

[editar] O ciclo celular da pel

A pel normal produce preto de 1250 células por día por cm² e esas células proveñen de 27000 células; a pel do doente de psoriase produce 35000 novas células por día por cm² e esas células proveñen de 52000 células. A duración normal do ciclo celular da pel é de 311 horas, que se reduce a 36 h. na pel psoriática.

[editar] Embrioloxía

A epiderme ten orixe na maior parte da ectoderme, mentres a derme e o tecido adiposo subcutáneo teñen orixe mesodérmica.

[editar] Patoloxía

A pel é un importante órgao na clínica de varias doenzas ou condicións benignas que a afectan principalmente ou primariamente a outros órgaos.

  • Acantose nigricans -forma de hiperplasia do epitelio da pel.
  • Acne -inflamación dos foliculos pilosos debido a infección pola bacteria Propionibacterium acnes.
  • Carbúnculo -doenza infecciosa causada polo Bacillus anthracis con manifestacións cutáneas importantes.
  • Dermatite seborreica -doenza inflamatoria da pel con etioloxía autoinmune.
  • Efélis ou sarda é unha pigmentación fotorreactiva da pel sen importancia.
  • Ictiose -doenza xenética con formación de pseudoescamas na pel.
  • Impetigo -infección da pel con formación de pústulas por Staphylococcus aureus ou Streptococcus.
  • Lentigo -pigmentación da pel semellante á efelis mais que non aparece e desaparece coas estacións do ano.
  • Melanoma maligno - tumor dos melanocitos da pel.
  • Melasma -escurecimento da pel debido a hormonas femininas que ocorre sobre todo no embarazo.
  • Molusco contaxioso -pápula debido a infección polo virús do molusco contaxioso.
  • Pelagra -dermatite debido a deficiencia vitaminica.
  • Psoriase -doenza autoinmune da pel.
  • [[Rosácea (doenza)]]
  • Penfigo -doenza con formación de bollas de causa auto-inmune. Pode ser fatal.
  • Queimadura
  • Tiña -infección cutánea con fungos. A máis importante é o pé de atleta.
  • Tumores da pel -outras neoplasias comuns da pel, como nevos (pontos negros -benigno) e carcinomas epidermoides ou basaloides.
  • Urticaria, Eccema e Eritema multiforme -reaccións alérxicas da pel.
  • Verruga -lesión neoplascia benigna causada por infección con papilomavirus.
  • Vitiligo -doenza autoinmune da pel con zonas esbranquizadas.
Our "Network":

Project Gutenberg
https://gutenberg.classicistranieri.com

Encyclopaedia Britannica 1911
https://encyclopaediabritannica.classicistranieri.com

Librivox Audiobooks
https://librivox.classicistranieri.com

Linux Distributions
https://old.classicistranieri.com

Magnatune (MP3 Music)
https://magnatune.classicistranieri.com

Static Wikipedia (June 2008)
https://wikipedia.classicistranieri.com

Static Wikipedia (March 2008)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com/mar2008/

Static Wikipedia (2007)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com

Static Wikipedia (2006)
https://wikipedia2006.classicistranieri.com

Liber Liber
https://liberliber.classicistranieri.com

ZIM Files for Kiwix
https://zim.classicistranieri.com


Other Websites:

Bach - Goldberg Variations
https://www.goldbergvariations.org

Lazarillo de Tormes
https://www.lazarillodetormes.org

Madame Bovary
https://www.madamebovary.org

Il Fu Mattia Pascal
https://www.mattiapascal.it

The Voice in the Desert
https://www.thevoiceinthedesert.org

Confessione d'un amore fascista
https://www.amorefascista.it

Malinverno
https://www.malinverno.org

Debito formativo
https://www.debitoformativo.it

Adina Spire
https://www.adinaspire.com