Ebooks, Audobooks and Classical Music from Liber Liber
a b c d e f g h i j k l m n o p q r s t u v w x y z





Web - Amazon

We provide Linux to the World


We support WINRAR [What is this] - [Download .exe file(s) for Windows]

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
SITEMAP
Audiobooks by Valerio Di Stefano: Single Download - Complete Download [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Alphabetical Download  [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Download Instructions

Make a donation: IBAN: IT36M0708677020000000008016 - BIC/SWIFT:  ICRAITRRU60 - VALERIO DI STEFANO or
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Melanoma maligno - Wikipedia

Melanoma maligno

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Melanoma maligno é o tipo de cáncer de pel con peor prognóstico. É un tumor altamente maligno nos seus estadios avanzados, debido á a súa elevada probabilidade de diseminar metástases para outros órganos.

Índice

[editar] Etioloxía e Xenética

O melanoma maligno orixínase dos melanocitos, as células que producen o pigmento melanina que dá cor á pel. O melanoma é máis común na pel mais pode xurdir tamén raramente noutros epitelios, como no ollo, nas mucosas do esófago, vaxina e outros órganos.

Os xenes mutados son frecuentemente o CDK4 (unha cinase de ciclina) e o BRAF, un membro da familia dos oncoxenes RAS.

[editar] Epidemioloxía

Nos EUA +50.000 casos ano e preto de 8000 mortes. Os principais factores de risco do melanoma son a pel clara e a exposición ao Sol, unha vez que os raios ultravioletas provocan alteracións ou mutacións no DNA (por exemplo dimerización de determinadas bases), e as persoas de pel escura teñen melanina que absorbe a maioría deses raios UV antes deles provocaren danos. No entanto o melanoma pode xurdir en áreas da pel non expostas ao sol e en persoas de pel moito escura tamén, porque a melanina non para todos os raios UV, hai algúns raios UV mesmo cando hai nubes e no Inverno, e porque hai outros factores que poden causar o melanoma, como factores xenéticos (susceptibilidade hereditaria, responsábel por 10% dos casos), e determinados químicos canceríxenos.

Estas consideracións explican a alta incidencia do melanoma maligno en países como a tropical Australia, cuxa poboación ten orixe na Europa do norte, cultura de praia e vive baixo o Buraco do Ozono, o que leva a maior incidencia de raios UV naquela rexión do Mundo; e tamén nalgúns grupos de Brasileiros de orixe nórdica. Aliás cóidase que foi a selección natural do melanoma maligno e outros tumores da pel como os carcinomas basocelulares ou de células escamosas, que levou as poboacións humanas que viven nos trópicos a desenvolveren a coloración escura que os protexe. No norte, inversamente, o pouco aceso ao Sol criou outro tipo de problemas médicos como a baixa absorción de vitamina D (unha vitamina formada na pel, en reacción química que envolve luz solar, necesaria á absorción do calcio para os osos- a súa deficiencia tradúcese no raquitismo, con fracturas frecuentes). Os individuos escuros con altos niveis de melanina absorben pouca vitamina D comparativamente, porque a melanina absorbe a maior parte da luz solar incidente. Dese modo as presións, durante decenas de millares de anos, da necesidade de vitamina D por un lado, e de evitar o mortífero melanoma por outro, explican algunhas diferenzas étnicas existentes hoxe. Na verdade se as poboacións nórdicas nos países tropicais, ou as tropicais nos países do norte permanecesen illadas durante moitos millares de anos, elas tornaríanse de certo cada vez máis escuras ou máis claras de acordo coa exposición solar nas respectivas rexións.

[editar] Clínica

O melanoma xeralmente ten máis de 8 mm de diámetro horizontalmente. Pode ser negro, castaño, vermello, azul ou branco. Pode xurdir da pel sa ou de lesións pigmentadas preexistentes (as "pintas" ou "sinais" de nacenza). O melanoma non ten síntomas na súa fase inicial, excepto a irritación cutánea (comezón ou dor) que surxe apenas nalgúns casos. É frecuente xurdir como unha área dun nevo ("sinal") xa existente que creceu, mudou de cor, gañou contornos irregulares; ou como un novo nevo que surxe na vida adulta. Todas esas manifestacións son altamente suxestivas de melanoma.

[editar] Patoloxía

As células do melanoma concéntranse inicialmente en niños ben ou mal formados. Elas son maiores que os melanocitos normais, e poden ou non producir melanina (se non producen son melanomas acrómicos).

As células teñen grandes núcleos irregulares, nucléolos prominentes. Un elevado número de mitoses suxire mal prognóstico. Pódese observar en estadios avanzados a invasión de nervos, vasos sanguíneos e linfáticos, indicando un mal prognóstico. A existencia de resposta inmunitaria vigorosa, como infiltración de linfocitos, suxire mellor prognóstico.

[editar] Progresión

Inicialmente o melanoma non teñen posibilidade de metastización e crece apenas pola pel (crecemento radial ou horizontal). Co aumento do número de células, hai maior probabilidade dunha delas desenvolver as mutacións que lle permitan tornarse invasiva (por exemplo expresión de xenes de encimas degradadoras do coláxeno do tecido conxuntivo envolvente, unha barreira á proliferación). Esa célula entón multiplícase e inicia a fase de crecemento vertical, invadindo os tecidos adxacentes. A metastización do melanoma é común no fígado e nódulos linfáticos.

[editar] Prognóstico e Terapia

O tratamento é cirúrxico. A probabilidade de éxito na cirurxía depende do crecemento vertical do tumor. As persoas con tumores cuxa espesura vertical é menor de 0,76 mm sobreviven case todas a este cancro. Tamaños inferiores a 1,7 mm aínda indican prognóstico intermedio. Maiores os tamaños correlaciónanse con cada vez maiores taxas de mortalidade. O melanoma, non sendo extirpado no inicio, aínda pertence ao grupo dos cancros con alta taxa de mortalidade.

Our "Network":

Project Gutenberg
https://gutenberg.classicistranieri.com

Encyclopaedia Britannica 1911
https://encyclopaediabritannica.classicistranieri.com

Librivox Audiobooks
https://librivox.classicistranieri.com

Linux Distributions
https://old.classicistranieri.com

Magnatune (MP3 Music)
https://magnatune.classicistranieri.com

Static Wikipedia (June 2008)
https://wikipedia.classicistranieri.com

Static Wikipedia (March 2008)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com/mar2008/

Static Wikipedia (2007)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com

Static Wikipedia (2006)
https://wikipedia2006.classicistranieri.com

Liber Liber
https://liberliber.classicistranieri.com

ZIM Files for Kiwix
https://zim.classicistranieri.com


Other Websites:

Bach - Goldberg Variations
https://www.goldbergvariations.org

Lazarillo de Tormes
https://www.lazarillodetormes.org

Madame Bovary
https://www.madamebovary.org

Il Fu Mattia Pascal
https://www.mattiapascal.it

The Voice in the Desert
https://www.thevoiceinthedesert.org

Confessione d'un amore fascista
https://www.amorefascista.it

Malinverno
https://www.malinverno.org

Debito formativo
https://www.debitoformativo.it

Adina Spire
https://www.adinaspire.com