Ebooks, Audobooks and Classical Music from Liber Liber
a b c d e f g h i j k l m n o p q r s t u v w x y z





Web - Amazon

We provide Linux to the World


We support WINRAR [What is this] - [Download .exe file(s) for Windows]

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
SITEMAP
Audiobooks by Valerio Di Stefano: Single Download - Complete Download [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Alphabetical Download  [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Download Instructions

Make a donation: IBAN: IT36M0708677020000000008016 - BIC/SWIFT:  ICRAITRRU60 - VALERIO DI STEFANO or
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Partido Nacionalsocialista Alemán dos Traballadores - Wikipedia

Partido Nacionalsocialista Alemán dos Traballadores

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

O Partido Nacionalsocialista Alemán dos Traballadores (tamén traducido por Partido Nacionalsocialista Obreiro Alemán; en alemán Nationalsozialistische Deutsche Arbeiterpartei, NSDAP), mellor coñecido como o Partido Nazi, foi o partido político levado ó poder por Adolf Hitler en 1933. O termo nazi é unha forma abreviada da palabra alemana Nationalsozialismus (nacionalsocialismo), que era a ideoloxía do partido.

O partido foi a principal forza política na Alemaña Nazi dende a caída da República de Weimar (1933) até o fin da Segunda Guerra Mundial en 1945, cando foi declarado ilegal e os seus líderes foron arrestados e culpados de Crimes de Guerra, Contra a Humanidade e Contra a Paz nos Xuizos de Nuremberg entre novembro de 1945 e outubro de 1946.

O antecesor do partido nazi, o Deutsche Arbeiterpartei (Partido Obreiro Alemán), foi fundado en 1919 por un cerralleiro chamado Anton Drexler (xunto a Gottfried Feder, Dietrich Eckart e Karl Harrer) como un dos movementos populares (de: völkisch) que existían en Alemaña como resultado da sua derrota na Primeira Guerra Mundial.

Para investigar a este grupo, o servizo de intelixencia do exército alemán enviou a Hitler, un xove cabo, a monitorear as actividades deste partido. Impresionado polo que veu, ingresou como membro nº 55, ainda que Hitler despois declarou ser o "Membro do Partido número 7", para facer creer que el fora un dos fundadores. Él en realidade foi o 7º membro do comité central e Responsable de Propaganda. Durante a sua xestión iniciouse a contabilidade dos membros do partido, iniciándose a conta no número 500 para dar idea de gran cantidade, polo cal quedou asignado o 555 a Hitler. Logo de ser proscrito polo fracasado Putsch de Múnich en 1923, o partido foi refundado co nome de Partido Nacional Socialista Alemán dos Traballadores (NSDAP, nas suas siglas alemanas) o 25 de febreiro de 1924, obtendo Hitler a xefatura do partido.

Despois de que o seu intento de golpe de estado fracasara en Baviera, os Nazis compiteron nas eleccións restantes nos anos vinte. Nas eleccións da década de 1930, impulsados polos problemas económicos de Alemaña na incipiente Gran Depresión, incrementaron os seus votos dramáticamente, convertindose no segundo partido mais grande no Reichstag. Isto mellorou a sua posición nos anos vindeiros e, a pesar dunha pequena proscripción da SA (Sturmabteilung, Seccións de Asalto, o exército privado do partido) en 1932, nas eleccións do mesmo ano o partido alcanzou un total de 13.57 millóns de votos e converteuse no bloque mais votado no Reichstag. En vista que os nazis ganaran 22 procesos electorais e eran maioría no Congreso, Hitler foi nomeado Chanceler polo presidente Hindenburg o 30 de xaneiro de 1933, e nunhas eleccións nacionais, os nazis e os seus aliados nacionalistas alcanzaron a maioría, a cal usaron para aprobar un Acto Permisorio para poñer o poder absoluto nas mans de Hitler. Despois da proscripción ou cancelación de tódolos outros partidos (5 de xullo de 1933) e a prohibición de formar novos (14 de xullo de 1933), os Nacional Socialistas convertense no único partido político restante. Isto era parte do Gleichschaltung (literalmente "sincronización", térmo usado nun sentido político para describir o proceso mediante o cal o réxime nazi estableceu sucesivamente un sistema de control totalitario sobre o individuo).

Nomearon ás SA como brazo político do Réxime e á SS como un organismo auxiliar da Policía, ademais de fundar a Policía Secreta do Estado, en alemán: Geheime Staats Polizei, cuxas siglas, GESTAPO, foron o terror de Europa.

O Partido Nazi tivo preto de 14 millóns de militantes até 1945, cando foi prohibido. Actualmente en Alemaña o Partido Nacional Demócrata loita polo levantamento desa prohibición e está refundado nos Estados Unidos como o NSDAP/AO (Ausland Organization: Organización no estranxeiro), cuxo máximo líder, Gerhard Lauck, ten inundado Alemaña e Europa de propaganda Nazi e propiciado a creación de miles de grupos que apoian ó Nazismo.

O himno do Partido Nazi era Horst Wessel Lied (a canción de Horst Wessel).

[editar] Programa do partido

Os principais puntos do programa nacionalsocialista eran os seguintes:

  • Panxermanismo: unificación de tódolos alemáns nunha "Gran Alemaña".
  • Abrogación do Tratado de Versalles, considerado como humillante e inxusto para Alemaña.
  • Obtención de Lebensraum: ocupación de novos territorios para soster á crecente poboación alemana.
  • Exaltación da raza aria, considerada como superior.
  • Racismo e antisemitismo: desprecio cara as razas consideradas inferiores, especialmente cara os xudeus.
  • Rexeitamento á inmigración non alemana.
  • Adopción de políticas paternalistas e sociais por parte do Estado.
  • Anticomunismo.
  • Establecemento dun Estado forte e intervencionista.
  • Rexeitamento á democracia.
  • Abolición do Dereito romano.
Our "Network":

Project Gutenberg
https://gutenberg.classicistranieri.com

Encyclopaedia Britannica 1911
https://encyclopaediabritannica.classicistranieri.com

Librivox Audiobooks
https://librivox.classicistranieri.com

Linux Distributions
https://old.classicistranieri.com

Magnatune (MP3 Music)
https://magnatune.classicistranieri.com

Static Wikipedia (June 2008)
https://wikipedia.classicistranieri.com

Static Wikipedia (March 2008)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com/mar2008/

Static Wikipedia (2007)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com

Static Wikipedia (2006)
https://wikipedia2006.classicistranieri.com

Liber Liber
https://liberliber.classicistranieri.com

ZIM Files for Kiwix
https://zim.classicistranieri.com


Other Websites:

Bach - Goldberg Variations
https://www.goldbergvariations.org

Lazarillo de Tormes
https://www.lazarillodetormes.org

Madame Bovary
https://www.madamebovary.org

Il Fu Mattia Pascal
https://www.mattiapascal.it

The Voice in the Desert
https://www.thevoiceinthedesert.org

Confessione d'un amore fascista
https://www.amorefascista.it

Malinverno
https://www.malinverno.org

Debito formativo
https://www.debitoformativo.it

Adina Spire
https://www.adinaspire.com