Ebooks, Audobooks and Classical Music from Liber Liber
a b c d e f g h i j k l m n o p q r s t u v w x y z





Web - Amazon

We provide Linux to the World


We support WINRAR [What is this] - [Download .exe file(s) for Windows]

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
SITEMAP
Audiobooks by Valerio Di Stefano: Single Download - Complete Download [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Alphabetical Download  [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Download Instructions

Make a donation: IBAN: IT36M0708677020000000008016 - BIC/SWIFT:  ICRAITRRU60 - VALERIO DI STEFANO or
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Talk:Nacionalismo galego - Wikipedia

Talk:Nacionalismo galego

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

O Partido Galeguista é o segundo partido nacionalista? Non será a FPG? Por ende o partido político independentista con maior voto é a FPG. Mirese datos na páxina do Ministerio do Interior [1]--AlberteSi, digame? 14:36, 2 setembro 2006 (UTC)

  • Tento non mezclar independentismo con nacionalismo; e por outra parte o PG actual non se ten presentado aínda a ningunhas eleccións, pero ten mási peso político este último se a memoria non me faia..De todos xeitos, vou investigalo.--Norrin_strange (Talk) 16:15, 2 setembro 2006 (UTC)
    • Xa investiguei algo, e é certo que o FPG ten máis votos (o PG non se presentou) pero o PG ten unha maior importancia en canto a apoio popular e social, maior poder político e económico e por representar unha opción política moito máis seguida polos galegos. Continuo investigando.--Norrin_strange (Talk) 16:47, 2 setembro 2006 (UTC)

[editar] Procurando un punto de vista neutral

Este é un artigo que pode resultar controvertido. Na miña opinión hai varios problemas, vou manifestar algúns dos que xa vexo:

  • Esta secuencia xorde, ó meu xuízo, dunha interpretación ideoloxizada da realidade e que provoca que mesmo uns poucos (pode que moitos) daqueles que se crían nacionalistas vexan que de súpeto polo que dia Galipedia non o son:

Dentro do nacionalismo galego podemos atopar dúas correntes ideolóxicas principais:

  • Unha, a maioritaria que avoga por unha gran autonomía, ou a transformación de España nun estado federal ou confederal.
* Outra, a da esquerda independentista, que aposta polo rompemento co estado español e co modelo de sociedade capitalista.

¿Acaso non se pode ser autonomista, non federalista e nacionalista?

  • O artigo tende á ideoloxización partidista:
  • Unha ideoloxización pouco grave e solucionable na definición (corrente social e política que propugna o recoñecemento de Galiza como nación.), pois falta unha dimensión fundamental do nacionalismo, a cultural.
  • pero grave, no seguinte texto, ó considerar que os partidos nacionalistas en contraposición ós que teñen outras sedes no goberno español son os únicos nacionalistas: O concepto de nacionalismo non se basea en que un partido teña só representación en Galicia e, que eu saiba, en xeral o psoe é nacionalista ou, cando menos, por aí vai a miña lectura da realidade. Mesmo me atrevería a asegurar que pode haber deputados do PP nacionalistas.

Na actualidade o nacionalismo galego está representado na meirande parte polo BNG, partido con representación parlamentaria tanto no Parlamento Galego a nivel autonómico coma no Congreso dos Deputados a nivel estatal, sendo o Partido Galeguista a segunda forza política. Tamén existen outros partidos de menor tamano que defenden esta ideoloxía.

A miña lectura da realidade é diferente. Se o nacionalismo é unha corrente cultural, social e/ou (e non e como di o artigo) política que propugna o recoñecemento de Galiza como nación, o concepto de partido nacionalista -outrora válido, pois outrora os partidos centrais (PSOE...) non aceptaban que Galicia fose unha nación nin o propugnaban abertamente- está desfasado e pasou a ter un pobre valor, o de oposición cos partidos centrais, pero con moita menos carga ideolóxica. Non se pode dicir que o BNG é a bandeira do nacionalismo galego. O nacionalismo galego pertence ó pobo, non ó BNG, o BNG non é o representante do nacionalismo, simplemente é nacionalista. O nacionalismo é unha realidade (concepto, esperiencia,...) moito máis ampla actualmente e historicamente do que a perspectiva do BNG achega--Lmbuga Commons - Galipedia 18:47, 2 setembro 2006 (UTC)

  • Que o Bloque apareza no inicio do artigo parece querer outorgarlle ó Bloque a primacía nacionalista cando a primacía nacionalista tena o pobo galego, non o Bloque.

Na miña opinión procede colocar todas as referencias á política actual no apartado Actualidade para encadrar correctamente as afirmacións que se poidan facer. O Bloque non pinta nada no encabezamento do artigo, e non pinta nada porque que o Bloque se defina como nacionalista non lle dá a exclusividade do nacionalismo. Unha afirmación como o nacionalismo galego está representado na meirande parte polo BNG nese lugar é tendenciosa: non necesariamente os deputados do Bloque teñen que conformar a maioría dos deputados galegos nacionalistas pois para ser nacionalista non se precisa ningún requisito. Hai que reformular a secuencia para expresar a realidade. Pode ser -non sei- que o Bloque sexa o único partido que se defina nacionalista nos seus estatutos, pois hai que dicilo así, sen facer valoracións persoais de cantidades que atentan contra o punto de vista neutral e poden ofender porque minusvaloran a outros e non teñen por que ser verdade.

Abandono o tema en espera de que se acabe o artigo--Lmbuga Commons - Galipedia 10:30, 3 setembro 2006 (UTC)

[editar] Nivel moi baixo,... penoso.

Non quero ser esaxerado na miña posición. Pero penso que este artigo está mal enfocado, cae en tópicos absurdos e sen interese e non resiste unha mínima crítica en calquera das súas afirmacións. Cando un artigo está tan mal, nin as críticas teñen interese. Así que o que vou expoñer é o seguinte: Existe abondosa literatura académica, sobre a historia, o sentido e as diferentes formas en que ten existido e se ten manifestado o nacionalismo galego. Un artigo enciclopédico debe recoller (tanto na estrutura e plantexamento, como no contido) o que se considera doutrina ou análises nas que existe consenso, e se ademais quere ser bo, sinalar aquelas nas que os distintos autores de prestixio sobre o tema polemizan. Este artigo tal e como está, e se non se volve a empezar desde o principio, fai algo totalmente diferente: expresa o primeiro que ao autor se lle ven á cabeza. Recomendación: Se non se dispón de moito tempo o mellor é resumir dun manual. Hainos de R. Máiz. E moito máis doado: a parte sobre nacionalismo galego de "A Historia de Galicia" de R. Villares (2004) pode servir perfectamente; un manual elemental de historia que ademais é moi actual.

Insisto, o demais e verquer aquí opinións persoais, que non resisten unha crítica minimamente documentada. --Nanotrasno 08:30, 5 outubro 2006 (UTC)

  • Se tanto sabes ti , faino e xa esta, pero non veñas aqui criticando, dicindo que é un artigo penoso, ando realmente eres novo nisto. Un saúdo.--Norrin_strange (Talk) 10:33, 5 outubro 2006 (UTC)
Our "Network":

Project Gutenberg
https://gutenberg.classicistranieri.com

Encyclopaedia Britannica 1911
https://encyclopaediabritannica.classicistranieri.com

Librivox Audiobooks
https://librivox.classicistranieri.com

Linux Distributions
https://old.classicistranieri.com

Magnatune (MP3 Music)
https://magnatune.classicistranieri.com

Static Wikipedia (June 2008)
https://wikipedia.classicistranieri.com

Static Wikipedia (March 2008)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com/mar2008/

Static Wikipedia (2007)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com

Static Wikipedia (2006)
https://wikipedia2006.classicistranieri.com

Liber Liber
https://liberliber.classicistranieri.com

ZIM Files for Kiwix
https://zim.classicistranieri.com


Other Websites:

Bach - Goldberg Variations
https://www.goldbergvariations.org

Lazarillo de Tormes
https://www.lazarillodetormes.org

Madame Bovary
https://www.madamebovary.org

Il Fu Mattia Pascal
https://www.mattiapascal.it

The Voice in the Desert
https://www.thevoiceinthedesert.org

Confessione d'un amore fascista
https://www.amorefascista.it

Malinverno
https://www.malinverno.org

Debito formativo
https://www.debitoformativo.it

Adina Spire
https://www.adinaspire.com