Ebooks, Audobooks and Classical Music from Liber Liber
a b c d e f g h i j k l m n o p q r s t u v w x y z





Web - Amazon

We provide Linux to the World


We support WINRAR [What is this] - [Download .exe file(s) for Windows]

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
SITEMAP
Audiobooks by Valerio Di Stefano: Single Download - Complete Download [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Alphabetical Download  [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Download Instructions

Make a donation: IBAN: IT36M0708677020000000008016 - BIC/SWIFT:  ICRAITRRU60 - VALERIO DI STEFANO or
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Macau - 澳门 - Wikipedia

Macau - 澳门

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Macao (澳門: Cantonés jyutping: Ou3 Mun4 Chinés(putonghua): pinyin: Àomén ) é unha zona administrativa especial da República Popular da China. Foi administrada por Portugal ata o 20 de decembro do 1999. É constituída por unha península e duas illas (Taipa e Coloane), nunha superficie total de 17 km². Tén preto de 450 000 habitantes.

中華人民共和國澳門特別行政區
Rexión Administrativa Especial de
Macao da República Popular da China
Bandeira de Macao Macao: Brasón
(En detalle) (En detalle)
Lema nacional: Non tén
Linguas oficiais Portugués e Chinés
Xefe do executivo Edmund Ho Hau-wah
Área
 - Total
 - % auga

27,3 km²
0%
Poboación
 - Total (2004)
 - Densidade

451.000
16,521/km²
Establecimento
- Data
Transición de Portugal para a China
20 de Decembro de 1999
PIB
- Total (2002)
- Per capita


US$ 8.600 millóns
US$ 17.600

Moeda Pataca (MOP)
Fuso horario UTC +8 (AWST)
Código Internet .MO
Código telefónico 853

Índice

[editar] Economía

A moeda usada en Macao é a Pataca. A economía está en gran parte baseada no turismo (en 2000, mais de 8 millóns de turistas chegaron a Macao) e na produción de textis e de fogos de artificio.

[editar] Historia de Macao

Agrandado

En 1550, baixo o pretexto de secar a sua carga, os portugueses construíron uns predios en Macao. A colonia permanente foi fundada en 1557, e tiña un valor inmenso, especialmente cando as autoridades da China prohibiron o comercio directo co Xapón perante mais de cen anos, ao mesmo tempo os portugueses gañaron o monopolio nese comerzo. Naturalmente, Macao era un porto importante no comerzo entre Europa, a China e o Xapón, tamén. Portugal pagaba aluguer de Macao á China entre 1573 e 1845. A importancia do porto de Macao reduciuse na primeira guerra do opio en 1841 cando Hong Kong se tornou no porto occidental mais importante na China. A illa de Taipa foi ocupada polos portugueses no 1851, mais o goberno da China só recoñeceu a ocupación de Macao no 1887. A pataca, a moeda local de Macao, foi lanzada polo Banco Nacional Ultramarino no 1905. A sua cuotación equivale á cuotación do dólar de Hong Kong. A poboación de Macao aumentou moito durante a Segunda Guerra Mundial porque moitas persoas fuxiron da ocupación xaponesa de Guangzhou (Cantón) e de Hong Kong a Macao, visto que o Xapón respeitaba a neutralidade de Portugal na guerra.

Depois da Revolución dos Cravos en 1974, Portugal alterou o estatuto de Macao para “un territorio chinés baixo administración portuguesa”. Propuxeron neste tempo a devolución de Macao a China, mas os chineses querían resolver a situación de Hong Kong antes de Macao. O contrato da devolución de Macao á China foi afirmado no ano 1987, e en 20 de Decembro de 1999 a rexión administrativa especial de Macao foi fundada, co sistema chinés de “un país, dous sistemas”. Este sistema garante que Macao pode continuar co seu sistema de goberno con moita autonomií, só as relacións exteriores e a defensa son controladas polos chineses.

[editar] Xeografia

 Mapa de Macao
Agrandado
Mapa de Macao

Macao está situado no sudeste da China, na provincia Guangdong, na desembocadura do Río das Pérolas. Fica só a 65 kilómetros de Hong Kong doutro lado da desembocadura, habendo barcos de enlace frecuentes entre as cidades. De aerobarco a viaxe só leva unha hora. As outras cidades importantes da área son Guangzhou, a capital de Guangdong con 7 millóns de persoas e Shenzhen, unha cidade nova e enérxica. Shenzhen é unha rexión económica especial e unha das cidades mais ricas da China, agora cuns 4 millóns de habitantes.

O clima de Macao é subtropical. A temperatura media anual é de 22 °C, no verán mais de 30 °C e en Inverno 15 °C. A choiva é mais frecuente entre xullo e setembro. Os monzóns causan mudanzas no clima.

Macao consta dunha península e das illas de Taipa e Coloane. A área total é de 23,5 quilómetros cuadrados, a península é de 9 km². A península é o centro político, económico, cultural e de transporte de Macao. O 94% da poboación e case toda a industria fican na península. A península tén topografia variable con moitas colinas.

[editar] Demografia

Os portugueses sempre foron unha minoría en Macao. No ano 1563 Macao tiña cinco mil habitantes, dos que 4100 eran chineses e 900 portugueses. Agora, os números son moito mais altos, e a porcentaxe dos portugueses é ainda mais baixa. Dos 450 mil habitantes de Macao, uns 96% son chineses, a maioria dos outros son de orixe portuguesa.

As linguas oficiais son o portugués e mailo cantonés, ainda que só unha porcentaxe moi reducida fala portugués. Os de orixe portuguesa (na maioria dos casos teñen antepasados chineses tamén) que viven en Macao chamanse Macaenses ou "fillos da terra". Os Macaenses ten a sua própria lingua, patuá ou macaense, que é unha lingua crioula baseada no portugués, con influencia de cantonés, malaio e moitas outras linguas.

 Matteo Ricci
Agrandado
Matteo Ricci

Macao ten varias relixións. A metade da poboación é budista, 15% católica. Os portugueses expediron moitos misioneiros a Macao, entre outras, a persoa occidental mais famosa na China, Matteo Ricci. Mais tamén a arte, a literatura clásica, a medicina e filosofía chinesa viñan á Europa via Macao.

A comida de Macao tamén é unha mestura de culturas. Unha das delicias da gastronomía do Sur da China é o din sum (点心 (diǎnxīn en Mandarim)) que é unha mistura riquísima de pequenos pratos diferentes. A culinaria dos macaenses naceu cando as esposas orientais dos portugueses tentaban facer comidas portuguesas cos ingredientes locais. Evidentemente, as suas proprias tradicións culinarias influiron nestas comidas. Lacasá, de tallaríns e porco afumado, arroz gordo, pato cabidela, sopa de aleta de tiburón, carne de porco doce e pito frito son comidas populares.

Depois de Hong Kong ter substituído Macao como porto de comerzo ocidental na China, a economía de Macao ten dependido de catro pilares: turismo e dos xogos de azar nos casinos, procesamento de textís, transaccións bancarias e construción. Nos anos 90 a criminalidade violenta era un risco serio para o turismo, porque a cidade estaba mais ou menos baixo o control dos tríades ou criminais organizados.

[editar] A transición de Macao

A transición de Macao para China foi diferente que a transición de Hong Kong. Primeiro, foi dous anos mais tarde, e as persoas podían ver que nada perigoso pasara en Hong Kong. Tamén a situación era un pouco diferente, Macao non tiña tanta democracia coma Hong Kong e a criminalidade era un problema moi grave. En Macao, a decisión de China de colocar tropas en Macao era benvida, aínda que o exército da China non se entrometa nas cuestións internas. Despois da transición, a criminalidade violenta desceu 70% no ano 2000 e 45% mais no ano 2001. Iso tivo un efeito moi positivo no turismo.

Mais a transición tiña alguns lados negativos tamén. Os macaenses, en xeral, eran bilingues con portugués e cantonés (ao lado de patuá). Por iso, traballaban na administración, porque as leis estaban escritas en portugués e devian ser traducidas para o cantones. Os macaenses traducían as leis para os secretarios chineses que as escrebian en chines. Mais, agora, a maioria das leis están escritas en chinés e os macaenses, apesar de dominaren o cantonés falado, non saben ler ou escrever chines.

[editar] Páxinas externas

Our "Network":

Project Gutenberg
https://gutenberg.classicistranieri.com

Encyclopaedia Britannica 1911
https://encyclopaediabritannica.classicistranieri.com

Librivox Audiobooks
https://librivox.classicistranieri.com

Linux Distributions
https://old.classicistranieri.com

Magnatune (MP3 Music)
https://magnatune.classicistranieri.com

Static Wikipedia (June 2008)
https://wikipedia.classicistranieri.com

Static Wikipedia (March 2008)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com/mar2008/

Static Wikipedia (2007)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com

Static Wikipedia (2006)
https://wikipedia2006.classicistranieri.com

Liber Liber
https://liberliber.classicistranieri.com

ZIM Files for Kiwix
https://zim.classicistranieri.com


Other Websites:

Bach - Goldberg Variations
https://www.goldbergvariations.org

Lazarillo de Tormes
https://www.lazarillodetormes.org

Madame Bovary
https://www.madamebovary.org

Il Fu Mattia Pascal
https://www.mattiapascal.it

The Voice in the Desert
https://www.thevoiceinthedesert.org

Confessione d'un amore fascista
https://www.amorefascista.it

Malinverno
https://www.malinverno.org

Debito formativo
https://www.debitoformativo.it

Adina Spire
https://www.adinaspire.com