Lingua crioula
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Unha lingua crioula, chamada tamén creol ou patois, é unha lingua nada habitualmente nunha comunidade de xentes con orixes diversas que non comparten previamente ningunha lingua, que teñen necesidade de comunicarse, e que se ven forzados a valerse dun idioma que non é o de ningún deles. O resultado é unha lingua que toma o léxico (normalmente moi deformado) da lingua imposta e que así a todo ten unha sintaxe que se parece máis á doutras linguas crioulas que á da lingua "nai".
O exemplo típico é o dos obreiros (ou escravos) levados ás plantacións do Caribe dende diferentes partes do mundo que se viron obrigados a utilizar a lingua da potencia colonial (o inglés, o castelán) para comunicarse.
[editar] Algúns exemplos
Algúns exemplos de linguas crioulas:
- Crioulo Afro-Semínola
- Crioulo caboverdiano
- Crioulo de Belice
- Crioulo haitiano
- Crioulo palenquero
- Chabacano
- Patois ou crioulo xamaicano.
- Papiamento
Crioulos do portugués:
- Crioulos Afro-Portugueses: Incluen os crioulos da Alta-Guinea e os do Golfo de Guinea.
- Crioulos Luso-Asiáticos: Estes crioulos están divididos entre Indo-Portugueses, Malaio-Portugueses e Sino-Portugueses.
- Crioulos Luso-Americanos: Falados nas Antillas e Surinam.
[editar] Véxase tamén
- Pidgin
- Crioulos de base portuguesa