Ebooks, Audobooks and Classical Music from Liber Liber
a b c d e f g h i j k l m n o p q r s t u v w x y z





Web - Amazon

We provide Linux to the World


We support WINRAR [What is this] - [Download .exe file(s) for Windows]

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
SITEMAP
Audiobooks by Valerio Di Stefano: Single Download - Complete Download [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Alphabetical Download  [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Download Instructions

Make a donation: IBAN: IT36M0708677020000000008016 - BIC/SWIFT:  ICRAITRRU60 - VALERIO DI STEFANO or
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Lobo - Wikipedia

Lobo

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Lobo
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Mammalia
Orde: Carnivora
Familia: Canidae
Xénero: Canis
Nome científico
Canis lupus
Coñeza toda a Bioloxía en Wikispecies, o directorio dos seres vivos

O lobo é un animal mamífero carnívoro relaccionado co chacal e co can doméstico, polo que pertence á familia dos cánidos.

Basicamente existen dúas especies de lobos: o lobo gris (canis lupus) e o lobo vermello (canis rufus).

Índice

[editar] Canis Lupus (Lobo Gris)

O lobo gris é a especie que habita en Galicia; atópase tamén en case toda Europa, Asia, así como en América do norte.

Un lobo gris adulto pode chegar a medir 1,6 m de longo(incluíndo o rabo) e pode pesar ata 80 Kg. A cor da pelaxe adoita ser negra, marrón e grisácea polo lombo e branca no peito. Os lobos que habitan preto do ártico adoitan ser completamente brancos. Todos os lobos posúen uns dentes moi poderosos, cola peluda, pupilas redondas e un potente olfacto. O lobo pode habitar en áreas moi distintas, pradeiras, bosques e tundras, pero nunca en montañas moi elevadas.

[editar] Canis Rufus (Lobo vermello)

  • Véxase artigo principal: Lobo Vermello
Lobo Vermello
Agrandado
Lobo Vermello

O lobo vermello habita só no estado Texas, nos Estados Unidos. Esta especie é un pouco máis pequena có lobo gris e a súa pelaxe ten uns tons máis escuros.

[editar] Alimentación

O lobo é carnívoro polo que se alimenta doutras especies animais coma o cervo, renos, paxaros, lebre e coellos, roedores, e cando escasea a comida tamén se alimenta de prea.

[editar] Reprodución e Sociabilidade

O tobo dun lobo pode ser unha cova, un tronco dunha árbore oca, unha zona de vexetación espesa ou un burato na terra feito por el. A reprodución dos lobos ocorre na primavera, pero aparéanse no inverno. A femia prepara a gorida para parir a súa camada, que adoita estar entre un e once lobetos. Os pais coidan as crías durante un ano, e estes constitúen un grupo que se establece nunha zona e deféndea marcando o seu territorio con excrementos e ouriños.

Lobetos no seu tobo
Agrandado
Lobetos no seu tobo

Nalgunhas ocasións (sobre todo no inverno) os lobos forman grupos máis numerosos, de varias familias; é o que se chama unha manda, aínda que esta non adoita ter máis de dez membros.

Os lobos teñen unha estrutura social moi xerarquizada, amosan modelos de comportamento para informar da súa posición social de dominio ou submisión. Cada manda está liderada por un macho que copula coa femia dominante.

O ouveo do lobo é moi característico, e escçoitase máis durante o inverno, cando se aparean. O seu ouveo serve para se manter en contacto cos distintos membros da manada, delimitar territorio e para advertir a presenza de mandas "estranxeiras" no seu territorio.

[editar] En perigo

O lobo é unha especie en perigo de extinción; aínda que nos últimos anos se recuperou un pouco, segue a estar ameazada. As batidas, o delimitamento do seu espazo pola construción de estradas, os atropelos, o escaseamento dos seus alimentos son as causas principais.

Sorte que o lobo tivo o seu gran defensor Félix Rodríguez de la Fuente, senón tal vez agora o lobo xa tería pasado á historia na Península Ibérica.


[editar] Subespecies

  • Lobo gris ou cinzento (Canis lupus)
    • Canis lupus albus - Norte da Rusia
    • Canis lupus arabs - Península Arábica
    • Canis lupus arctos - Gronelandia e illas árticas do Canadá
    • Canis lupus baileyi - Reintroducido no Arizona
    • Canis lupus communis - Rusia Central
    • Canis lupus cubanensis - Rusia, entre o Mar Caspio e o Mar Negro
    • Canis lupus hattai - Norte do Xapón - Extinto
    • Canis lupus hodophilax - Sur do Xapón - Extinto
    • Canis lupus italicus - Apeninos italianos
    • Canis lupus lupaster - Norte do Exipto e Noroeste da Libia
    • Canis lupus lupus - Da China, Mongolia, Rusia e Europa oriental até a Alemaña, España e Portugal
    • Canis lupus lycaon - Sudeste do Canadá
    • Canis lupus nubilus - Canadá e Nordeste dos EUA
    • Canis lupus occidentalis - Canadá occidental, Alasca - Reintroducido no Noroeste dos EUA
    • Canis lupus pallipes - Desde a India até o Medio Oriente
    • Canis Lupus signatus - Península Ibérica

[editar] Véxase tamén

Our "Network":

Project Gutenberg
https://gutenberg.classicistranieri.com

Encyclopaedia Britannica 1911
https://encyclopaediabritannica.classicistranieri.com

Librivox Audiobooks
https://librivox.classicistranieri.com

Linux Distributions
https://old.classicistranieri.com

Magnatune (MP3 Music)
https://magnatune.classicistranieri.com

Static Wikipedia (June 2008)
https://wikipedia.classicistranieri.com

Static Wikipedia (March 2008)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com/mar2008/

Static Wikipedia (2007)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com

Static Wikipedia (2006)
https://wikipedia2006.classicistranieri.com

Liber Liber
https://liberliber.classicistranieri.com

ZIM Files for Kiwix
https://zim.classicistranieri.com


Other Websites:

Bach - Goldberg Variations
https://www.goldbergvariations.org

Lazarillo de Tormes
https://www.lazarillodetormes.org

Madame Bovary
https://www.madamebovary.org

Il Fu Mattia Pascal
https://www.mattiapascal.it

The Voice in the Desert
https://www.thevoiceinthedesert.org

Confessione d'un amore fascista
https://www.amorefascista.it

Malinverno
https://www.malinverno.org

Debito formativo
https://www.debitoformativo.it

Adina Spire
https://www.adinaspire.com