Ebooks, Audobooks and Classical Music from Liber Liber
a b c d e f g h i j k l m n o p q r s t u v w x y z





Web - Amazon

We provide Linux to the World


We support WINRAR [What is this] - [Download .exe file(s) for Windows]

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
SITEMAP
Audiobooks by Valerio Di Stefano: Single Download - Complete Download [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Alphabetical Download  [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Download Instructions

Make a donation: IBAN: IT36M0708677020000000008016 - BIC/SWIFT:  ICRAITRRU60 - VALERIO DI STEFANO or
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
ISBN - Wikipedia

ISBN

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Abreviatura do número internacional para a catalogación de libros (International Standard Book Number), código de 10 díxitos que identifica biunivocamente calquera libro editado legalmente no mundo.

Índice

[editar] Formato

O ISBN consta das seguintes partes:

  • Os primeiros (un, dous ou tres) díxitos correspóndense co país, grupo de países ou lingua común: O código para España é 84 (que para o sistema de código de barras EAN-13 é 978-84) e para Portugal son dous: 972 e 989 (constando para un total de 6240 editoriais). Para EEUU é 0 ou 1, para Francia é 2 e para Alemaña é 3. Algunhas rexións francófonas usan o número 2 para o francés (francobelgas, africanos,...) mentres que para o castelán non pasa o mesmo (Arxentina usa 950 e 987). Andorra ten dous números propios e independentes do castelán ou francés: 99913 e 99920;
  • Estes van seguidos cun código que identifica a editorial ou casa impresora. O número de díxitos do código da casa editora correspóndese normalmente co seu volume de títulos: o código da entidade con maior volume editor da lingua galega, a Xunta de Galicia, tén tres cifras mentres que o resto ten tres, catro ou máis (véxase un breve listado abaixo);
  • Tras estas partes vai un número dado pola editorial consecutivamente para os seus libros;
  • Ó final aparece un díxito de control (que pode ser un número ou a letra X);

O ISBN vai normalmente dividido con guións e especificado nalgún ou en todos estes lugares do libro:

  • Na parte superior do código de barras, normalmente na lapela exterior posterior do libro;
  • Na páxina anterior ó título, en páxina par, normalmente xunta o depósito legal;
  • Na última páxina do libro, onde indica o obradoiro gráfico e a data onde se imprimiu o libro;

[editar] Historia

En 1965 W. H. Smith era o maior distribuidor en Londres que quixo implementar un sistema de orde nos seus novos almacéns informatizados. Asesorado polo British Publishers Association's Distribution and Methods Committee (BPADMC, Comité para a distribución e métodos da Asociación de editoriais británicas), ideouse o SBN en 1966 e aplicouse en 1967.

Contra esas datas, o Comité Técnico 46 da ISO estudio a aplicación a nivel mundial do método SBN: houbo primeiro unha reunión con representantes da UNESCO, Dinamarca, Francia, Alemaña, Éire, Holanda, Noruega, Reino Unido e EEUU e logo outras dúas en Berlín e Estocolmo, xa con membros da ISO. Tras este tempo aprobouse a implantación do ISBN mediante a norma ISO 2108.

Na actualidade, o Publishers' International ISBN Directory (PIID, Guía ISBN Internacional de Editorais) contén 628795 editores de 218 países. A partires do ano 2007 se implantará un sistema de ISBN de 13 díxitos. En España tódolos editores teñen un código asignado, e tódolos libros á venda teñen ISBN, pois só se exceptúan os gratuítos.

[editar] Códigos ISBN nacionais de un ou dous díxitos

REXIÓN XEOGRÁFICA CÓDIGO
EEUU, Bermudas, Canadá, Australia, Nova Zelanda, Zambia, Sudáfrica e Xibraltar outras rexións anglófonas 0 e 1
Francia e francófonos belgas, suízos e canadianos e africanos 2
Alemaña, Austria e xermanófonos belgas 3
Xapón 4
Rusia e algúns outros países da antiga Unión Soviética 5
China 7
Chequia 80
India 81 e 93
Noruega 82
Polonia 83
España 84
Brasil 85
Serbia e Montenegro e algúns países da antiga Iugoslavia 86
Dinamarca 87
Italia 88
Corea 89
Holanda e os belgas flamencos, pero non Antillas holandesas 90
Suecia 91
Institucións multinacionais e supranacionais (FAO, OMS, OMT, UNESCO, ONU, EU, UE, CEE) 92
India 93 e 81

[editar] Códigos ISBN para países iberoamericanos, por orde de código

REXIÓN XEOGRÁFICA CÓDIGO
Arxentina 950 e 987
Chile 956
Colombia 958
Cuba 959
México 968 e 970
Portugal 972 e 989
Venezuela 980
Panamá 9962
Costa Rica 9968 e 9977
Perú 9972
Uruguai 9974
Ecuador 9978
Bolivia 99905
Andorra 99913 e 99920
Guatemala 99922 e 99939
El Salvador 99923
Nicaragua 99924
Paraguai 99925
Honduras 99926
República Dominicana 99934

[editar] Subcódigos ISBN para algunhas editoriais galegas

EDITORIAL CÓDIGO
Xunta de Galicia (administrativa): 453
Editorial Galaxia (viguesa): 8288, 400, 7154
Edicións Xerais de Galicia (viguesa): 7507, 9782, 8302
Consello da Cultura Galega (compostelá): 505, 87172, 95415
Real Academia Galega (coruñesa): 600, 604, 606, 87987
Ir Indo (viguesa): 7680
Ediciós do Castro (de Sargadelos, Sada): 300, 7492, 8485, 85134
A Nosa Terra = Promocións culturais galegas (viguesa): 404, 604, 89138, 89976, 922032, 95350, 96202, 96203, 96403
ASPG (coruñesa): 300, 604, 605, 89679, 920453, 921126, 930421
Nigra (pontevedresa): 87709
Trea (de Xixón): 87733, 89427, 95178, 9704
NigraTrea (galegoasturiana): 95364, 604
Linteo (ourensá): 930058
Tristram (luguesa): 89377
3C3 (ourensá):  ??

Como se pode comprobar, as relacións non sempre son biunívocas para as editoriais nin para os códigos (604 úsase para A Nosa Terra, ASPG e NigraTrea), pero isto non impide que sexa un número único para cada edición dun libro. Tamén se pode observar que non teñen relación en absoluto coa localidade sede da editorial. As chamadas autoedicións ou edición de autor teñen números moi diversos. Por outra banda, as chamadas reimpresións conservan o mesmo ISBN có orixinal: dentro destas considéranse aqueles libros onde só se modificou o prezou ou menos dun 5% dos contidos. Para as reedicións, renovacións e modificacións de formato, úsase un novo ISBN. Os ISBN úsanse para edicións non perecedoiras (calendarios, axendas) e se xurden da colaboración entre dúas entidades editoras é preferible que teñan dous ISBN. En certos países é obrigatorio por lei, por exemplo en España. Existen países nos que hai que pagar inicialmente para conseguir un código de editorial (na zona 0-1, dende 33 dólares australianos) mentres que noutros códigos territoriais é gratuíto.

(Poden verse tamén ISBN no artigo sobre distribución editorial)

[editar] Ligazóns externas

[editar] Notas técnicas

A wikipedia identifica automaticamente a cadea ISBN que vaia seguida dun código numérico separada simplemente por un espazo. Non é necesario colocarlle un punto nin dous puntos para separala: pode verse un exemplo na bibliografía de Lorenzo Varela, onde os ISBN non están marcados con dobres corchetes ([[]]).

Debe notarse tamén que, en moitas ocasións, a consecución dun ISBN territorial propio considérase unha cuestión identitaria. Que as Antillas holandesas, as antigas repúblicas soviéticas ou xugoslavas e os territorios de fala propia en estados multilingües (cataláns con Andorra en España, flamencos en Bélxica, alemáns e italianos en Suíza ou franceses en Canadá, Suíza e Bélxica) cheguen a ter un código territorial distintivo dentro do ISBN é interesante para as súas reclamacións culturais e mesmo aspiracións independentistas. Neste sentido, o seu comportamento é o mesmo que ante a consecución de dominios de internet.

[editar] Véxase tamén

  • Depósito legal, identificador español de imprentas
  • ISSN, identificador de publicacións periódicas
  • ISMN, identificador de obras musicais
  • ISRC, identificador de grabacións
  • ISWC, identificador de propiedade intelectual
  • ISAN, identificador de obra audiovisual
  • DOI e URN, identificadores de publicacións en internet
  • Código de barras EAN-13
Our "Network":

Project Gutenberg
https://gutenberg.classicistranieri.com

Encyclopaedia Britannica 1911
https://encyclopaediabritannica.classicistranieri.com

Librivox Audiobooks
https://librivox.classicistranieri.com

Linux Distributions
https://old.classicistranieri.com

Magnatune (MP3 Music)
https://magnatune.classicistranieri.com

Static Wikipedia (June 2008)
https://wikipedia.classicistranieri.com

Static Wikipedia (March 2008)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com/mar2008/

Static Wikipedia (2007)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com

Static Wikipedia (2006)
https://wikipedia2006.classicistranieri.com

Liber Liber
https://liberliber.classicistranieri.com

ZIM Files for Kiwix
https://zim.classicistranieri.com


Other Websites:

Bach - Goldberg Variations
https://www.goldbergvariations.org

Lazarillo de Tormes
https://www.lazarillodetormes.org

Madame Bovary
https://www.madamebovary.org

Il Fu Mattia Pascal
https://www.mattiapascal.it

The Voice in the Desert
https://www.thevoiceinthedesert.org

Confessione d'un amore fascista
https://www.amorefascista.it

Malinverno
https://www.malinverno.org

Debito formativo
https://www.debitoformativo.it

Adina Spire
https://www.adinaspire.com