Ebooks, Audobooks and Classical Music from Liber Liber
a b c d e f g h i j k l m n o p q r s t u v w x y z





Web - Amazon

We provide Linux to the World


We support WINRAR [What is this] - [Download .exe file(s) for Windows]

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
SITEMAP
Audiobooks by Valerio Di Stefano: Single Download - Complete Download [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Alphabetical Download  [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Download Instructions

Make a donation: IBAN: IT36M0708677020000000008016 - BIC/SWIFT:  ICRAITRRU60 - VALERIO DI STEFANO or
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Gaspar Melchor de Jovellanos - Wikipedia

Gaspar Melchor de Jovellanos

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Jovellanos. Retrato de Francisco de Goya, 1798
Agrandado
Jovellanos. Retrato de Francisco de Goya, 1798

Gaspar Melchor de Jovellanos (Baltasar Melchor Gaspar María de Jove Llanos y Ramírez foi o seu nome de berce), (Xixón, 5 de xaneiro de 1744 - Veiga, Navia, 27 de novembro de 1811) foi un escritor e político español.

Índice

[editar] Primeiros anos

Naceu no seo dunha familia nobre xixonesa, aínda que sen fortuna. En 1757 marcha a Oviedo para estudar filosofía na súa universidade, en 1760 baixo a protección do bispo local vai a Ávila para comenzar os estudos de leis e canons en 1764 no Colexio Maior San Ildefonso de Alcalá, logo de licenciarse ocupou en 1767 a praza de maxistrado da Real Audiencia de Sevilla. En 1775 foi un dos promotores da Sociedad Patriótica Sevillana, da que secretario de artes e oficios.

[editar] Madrid

En 1778 consegue o traslado á Real Audiencia de Madrid, en parte grazas á influencia do duque de Alba, a quen tratara en Sevilla. En Madrid entra na tertulia de Campomanes, e en 1780 entrou no Consello de Ordes Militares. En 1782 formou parte da comisión que puxo en marcha o Banco de San Carlos, foi membro da xunta de comercio da Sociedade Económica de Amigos do País de Madrid e dende decembro de 1784 o seu director. Plenamente integrado na vida cultural madrileño foi membro da Real Academia da Historia (1779), da Real Academia de San Fernando (1780) e da Real Academia Española (1781). Tras a caída do seu amigo Francisco de Cabarrus Jovellanos viuse obrigado a marchar da Corte, establécese na súa cidade natal.

[editar] Asturias

En 1790 redactou un Informe sobre espectáculos que lle encargara a Academia da Historia e viaxa por Asturias, Cantabria e País Vasco para coñecer a situación das minas de carbón e as perspectivas do seu consumo, Jovellanos xa se mostrara favorable ao aumento da produción, para o que era preciso liberalizar a explotación de mineral. tras as súas viaxes mineiras presentou nove informes cos resultados da súa comisión e conseguiu que se liberalizase parcialmente en 1793. Entre 1790 e 1791 viaxa varias veces a Salamanca para encargarse da reforma dos Colexios das Ordes. Como subdelegado de camiños en Asturias (1792) tentou acelerar a conclusión das obras da estrada a Castela (que comezara en 1771), na procura de finalizar co illamento de Xixón, pero a falta de fondos imposibilitaría o seu remate.
A iniciativa de Jovellanos creouse en 1794 o Real Instituto Asturiano de Náutica e Minerealoxía en Xixón, no que tentou aplicar as ideas da Ilustración no ensino, dándolle prioridade ás ensinanzas prácticas.

[editar] Últimos anos

Tras a alianza coa Francia revolucionaria, Manuel Godoy pretendía realizar certas reformas e contar cos máis importantes dos ilustrados, ofreceulle a Jovellanos o posto de embaixador en Rusia que este rexeitou, pero o 10 de novembro de 1797 aceptou o posto de ministro de Gracia e Xustiza, dende alí tentou reformar da xustiza e diminuír a influencia da Inquisición, pero tras nove meses no goberno cesou o 16 de agosto de 1798 e voltou a Xixón, alí proxectou a creación dunha Academia Asturiana que tería como función o estudo da historia e da lingua asturiana, e elaborou 200 papeletas de léxico do asturiano. En decembro de 1800, tras a destitución de Mariano Luis de Urquijo como ministro de Estado, volta Godoy ao poder, que ordena a detención de Jovellanos o 13 de marzo de 1801 e ao seu envío a Mallorca, primeiro ao mosteiro de Valldemossa e logo á prisión do castelo de Bellver, durante os anos de prisión empeoran os seus problemas físicos e aumenta a súa relixiosidade, liberado o 6 de abril de 1808, tras o motín de Aranjuez, rexeitou formar parte do goberno de Xosé Bonarparte e representou a Asturias na Xunta Central e dende alí contribuiu a reformar as Cortes, tras instauración da Rexencia deixa Cádiz e chega a Muros o 6 de marzo de 1810, alí permanece varios meses e escribe a xustificación política da súa actuación na Xunta Central, Memoria en defensa de la Junta Central que se imprimiu na Coruña. Logo da marcha dos franceses de Xixón, o 27 de xullo de 1811 deixou Galicia e voltou a Xixón, aínda que un contratraque dos franceses fixeron que tivera que marchar unha vez máis, xa enfermo de pulmonía morre en Veiga o 27 de novembro de 1811.

[editar] Escritos

Jovellanos escribiu poesía e teatro, aínda que os seus principais escritos foron ensaios de economía, política, agricultura, filosofía e costumes elaborados dende o espírito reformador do Despotismo Ilustrado. Entre elas destacan o Informe sobre la ley agraria que escribiu nunha primeira versión en 1787 pero que non enviou ata 1784 á Sociedade de Amigos do País de Madrid, quen a remitiu ao Consello de Castela e que se publicou en 1795. Nela Jovellanos móstrase partidario de eliminar os obstáculos á libre iniciativa, que dividía en tres clases: polítiocs, morais e físicos. Entre eles estaban os baldíos, a Mesta, a fiscalidade, a falta de coñecementos útiles dos propietarios e labregos, as malas comunicacións e a falta de regadíos, canles e portos. Para corrixir esta situación Jovellanos propón que os baldíos e montes en man común pasaran a propiedade privada, disolver a Mesta, cercar as fincas, e que os arrendamentos estivesen baseados no pacto libre entre os colonos e os propietarios, ademais da limitación dos morgados e a supresión da amortización eclesiástica ou da eliminación das trabas sobre os agricultores, alén da reforma dos impostos. A isto habería que engadir a reforma do ensino, para o facer máis práctico, dándolle máis importancia ás materias científicas, e o investimento do Estado en obras públicas. Estas medidas crearían as condicións para a constitución dun mercado de terras, un aumento da produción e a creación dun mercado nacional unificado que posibilitarían que aumentase a poboación e o seu nivel de vida que serviría de base para o inicio da industrialización.
Memoria sobre espectáculos y diversiones públicas e Cartas del viaje de Asturias. Nas que se ensalza o valor da razón fronte ás crenzas, crítica a política da época e dá ideas para potenciar o comercio e a industria.
Durante a súa estadía en Sevilla foi un dos participantes na tertulia de Pablo de Olavide, o que influiu para que comezase a escribir poesía amoroso e redactou a primeira versión da traxedia El Pelayo (1769) e a comedia El delincuente honrado (1773). Tamén traduciu o primeiro libro de Paradise Lost (Os paraísos perdidos)
Jovellanos impulsou melloras na súa cidade natal, como a estrada Xixón-León, que significou o traslado do comercio marítimo de Avilés a Xixón.

Our "Network":

Project Gutenberg
https://gutenberg.classicistranieri.com

Encyclopaedia Britannica 1911
https://encyclopaediabritannica.classicistranieri.com

Librivox Audiobooks
https://librivox.classicistranieri.com

Linux Distributions
https://old.classicistranieri.com

Magnatune (MP3 Music)
https://magnatune.classicistranieri.com

Static Wikipedia (June 2008)
https://wikipedia.classicistranieri.com

Static Wikipedia (March 2008)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com/mar2008/

Static Wikipedia (2007)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com

Static Wikipedia (2006)
https://wikipedia2006.classicistranieri.com

Liber Liber
https://liberliber.classicistranieri.com

ZIM Files for Kiwix
https://zim.classicistranieri.com


Other Websites:

Bach - Goldberg Variations
https://www.goldbergvariations.org

Lazarillo de Tormes
https://www.lazarillodetormes.org

Madame Bovary
https://www.madamebovary.org

Il Fu Mattia Pascal
https://www.mattiapascal.it

The Voice in the Desert
https://www.thevoiceinthedesert.org

Confessione d'un amore fascista
https://www.amorefascista.it

Malinverno
https://www.malinverno.org

Debito formativo
https://www.debitoformativo.it

Adina Spire
https://www.adinaspire.com