Ebooks, Audobooks and Classical Music from Liber Liber
a b c d e f g h i j k l m n o p q r s t u v w x y z





Web - Amazon

We provide Linux to the World


We support WINRAR [What is this] - [Download .exe file(s) for Windows]

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
SITEMAP
Audiobooks by Valerio Di Stefano: Single Download - Complete Download [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Alphabetical Download  [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Download Instructions

Make a donation: IBAN: IT36M0708677020000000008016 - BIC/SWIFT:  ICRAITRRU60 - VALERIO DI STEFANO or
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Francis Drake - Wikipedia

Francis Drake

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Sir Francis Drake.
Sir Francis Drake.

Sir Francis Drake ( Cronwdale 1543 – Portobelo, 28 de xaneiro, 1596) foi un corsario inglés e vicealmirante da Royal Navy.

Sir Francis Drake naceu en Tavistock, Devon, fillo de Edmund Drake e a súa muller (nome descoñecido), que foron granxeiros protestantes. Durante a revolta católica de 1549 a familia viuse forzada a abandonar Kent. Á idade de 13 anos, Francis saíu ao mar nun cargueiro, converteuse en capitán á idade de 20 anos. Aos 23, Drake realizou a primeira das súas viaxes polo “novo mundo”, coa axuda da familia Hawkins de Playmouth, en compaña do seu primo, John Hawkins. Xuntos, Hawkins e Drake, fixeron a primeira expedición inglesa para comerciar con escravos. A pesar de existir unha tregua formal entre ambas as coroas de España e Inglaterra, durante aquela época os incidentes armados entre ambas as potencias mariñas fixéronse mais violentos e frecuentes, ata que finalmente desembocaron no desastre inglés de San Juan de Ulúa (1568), cando a flota ao mando de Hawkins e de Drake foi atacada pola flota española en “Nueva España”, nun ataque sorpresa cando días antes se declarara unha tregua. Este feito case lle custa a vida ao propio Drake. Dende ese día Drake estivo en guerra co Imperio Español para o resto da súa vida. Os españois considerábano un pirata, os ingleses dicían que era un mariñeiro.

Acompañado, segundo conta a lenda, dunha tripulación formada por franceses e escravos africanos, conseguiu unha inmensa fortuna en ouro, pero, como o propio Drake contaba, tivo que deixar atrás un importante botín en prata xa que era demasiado pesado para levalo a Inglaterra. Durante esta expedición a Nombre Díos, Drake subiu a unha inmensa árbore no istmo das montañas de Panamá e así converteuse no primeiro inglés en ver o Océano Pacífico. Cando Drake volveu a Inglaterra o 9 de agosto do 1573, os escasos 30 mariñeiros que volveron xunto a el eran todo ricos de por vida. A Raiña Isabel que patrocinaba as súas expedicións e incursións asinara unha tregua temporal polo que non podía recoñecer oficialmente os actos de Drake.


Drake foi o primeiro inglés en cruzar o estreito de Magallanes, en dar a volta ao mundo (1580). A raíz disto iniciou unha campaña propagandística para facer ver que el fora o primeiro home en circunnavegar a terra, ignorando por completo que o español “Juan Sebastián Elcano” lograra a fazaña ( feita antes de todos por Magallanes ) case 60 anos antes. Pretendeu tamén ser o primeiro en descubrir que “Tierra de Fuego” non era parte do continente senón un arquipélago, pero numerosos documentos de navegantes españois proban que esta foi só outra das súas ególatras pretensións. Ademais disto, a pesar de que o explorador español “Francisco de Hoces” descubrira o estreito chamado “Mar de Hoces” moito antes en 1525.

Sir Francis Drake (sobre 1581)
Agrandado
Sir Francis Drake (sobre 1581)

Tras as súas longas viaxes e un botín que como contaba Drake podía chegar aos 25 barcos, dedicouse á piratería nas Antillas e a súa volta a Inglaterra atacou e saqueou Cádiz en 1587, destruíndo mais de 30 barcos destinados á Armada Invencible. Isto retrasou os planos de invasión de Inglaterra un ano mais. Polos seus logros foi nomeado Vicealmirante pola raíña Isabel I, que mentres afirmaba ante os embaixadores españois non ter nada que ver coa piratería, seguía financiando discreta e xenerosamente as campañas de Drake.

Francis Drake loitou contra a Armada Invencible que intentaba invadir Inglaterra no 1588. A pesar de que finalmente Drake se retirou da loita, unha lenda inglesa conta que Drake xogaba ós bolos en Playmouth cando recibiu noticias de que a flota española se acercaba, ao cal repuxo que primeiro terminaría a partida e despois derrotaría os españois. Na viaxe a Portugal para liberala da ocupación, Drake desembarca e saquea “A Coruña”. Fracasa en iniciar a revolta dos portugueses contra Felipe II. Ao non conseguir ocupar Lisboa, Drake embarcase nunha longa e desastrosa campaña contra a América Española, na que sofre varias derrotas consecutivas. Cando cumpre co encargo de atacar Puerto Rico, os artilleiros españois do castelo de “El Moro” alcanzan a ponte do seu barco, aínda que Drake sobrevive. Pouco despois, atacou de novo “San Juan de Puerto Rico”, e volveu a saír derrotado. Ante as grandes perdas económicas e humanas da súa campaña contra os portos fortificados españois, probou sorte coas poboacións desprotexidas. Finalmente morreu de disentería. Existen historiadores que sosteñen que en realidade Drake foi envelenado por algún dos seus homes. A súa tripulación saqueou e queimou a indefensa cidade de Portobelo na súa honra. Tras a súa morte, as campas das igrexas de Castela replicaron como símbolo de celebración. Miguel de Cervantes e Francisco Quevedo dedicaron versos á morte do mais innobre inimigo de Felipe II.

A casa onde naceu e viviu ata aventurarse polos mares encóntrase actualmente ao borde dunha estrada secundaria a uns cen quilómetros ao oeste de Londres. Hoxe está convertida nunha hostalería.


Our "Network":

Project Gutenberg
https://gutenberg.classicistranieri.com

Encyclopaedia Britannica 1911
https://encyclopaediabritannica.classicistranieri.com

Librivox Audiobooks
https://librivox.classicistranieri.com

Linux Distributions
https://old.classicistranieri.com

Magnatune (MP3 Music)
https://magnatune.classicistranieri.com

Static Wikipedia (June 2008)
https://wikipedia.classicistranieri.com

Static Wikipedia (March 2008)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com/mar2008/

Static Wikipedia (2007)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com

Static Wikipedia (2006)
https://wikipedia2006.classicistranieri.com

Liber Liber
https://liberliber.classicistranieri.com

ZIM Files for Kiwix
https://zim.classicistranieri.com


Other Websites:

Bach - Goldberg Variations
https://www.goldbergvariations.org

Lazarillo de Tormes
https://www.lazarillodetormes.org

Madame Bovary
https://www.madamebovary.org

Il Fu Mattia Pascal
https://www.mattiapascal.it

The Voice in the Desert
https://www.thevoiceinthedesert.org

Confessione d'un amore fascista
https://www.amorefascista.it

Malinverno
https://www.malinverno.org

Debito formativo
https://www.debitoformativo.it

Adina Spire
https://www.adinaspire.com