Ebooks, Audobooks and Classical Music from Liber Liber
a b c d e f g h i j k l m n o p q r s t u v w x y z





Web - Amazon

We provide Linux to the World


We support WINRAR [What is this] - [Download .exe file(s) for Windows]

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
SITEMAP
Audiobooks by Valerio Di Stefano: Single Download - Complete Download [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Alphabetical Download  [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Download Instructions

Make a donation: IBAN: IT36M0708677020000000008016 - BIC/SWIFT:  ICRAITRRU60 - VALERIO DI STEFANO or
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
F-15 Eagle - Wikipedia

F-15 Eagle

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

F-15 Eagle en pleno voo
Agrandado
F-15 Eagle en pleno voo

O F-15 Eagle é un caza táctico construído nos Estados Unidos, deseñado para gañar e manter a superioridade aérea no combate aéreo. Fabricado pola McDonnell Douglas e despois de 1996 por Boeing. O primeiro vo efectouse en novembro de 1972.

O derivado F-15E Strike Eagle é un cazabombardeiro que entrou en servizo en 1988.

Teñen este tipo de cazas a Forza Aérea dos Estados Unidos, Forza Aérea Israelí, Forza Aérea de Autodefensa do Xapón e a Real Forza Aérea Saudí.

Índice

[editar] Historia

Na Guerra de Corea, o F-86 Sabre de as en frecha era o único caza estadounidense que podía enfrontarse e derrotar ao MiG-15 soviético. Máis tarde, en 1965 os MiG-17 derrubaron F-105 Thunderchief que realizaban unha misión de bombardeo en Vietnam. A Intelixencia da USAF foi impresionada cando descubríu que a Unión Soviética estaba construíndo un caza maior, coñecido como MiG-25 Foxbat. Nese momento non se coñecía en occidente que o MiG-25 estaba deseñado como un interceptador de alta velocidade e non como caza de superioridade aérea, sendo a súa vantaxe principal a velocidade, non a manobrabilidade. As grandes aletas e estabilizadores de cola insinuaban que era un caza moi manobrable, o que preocupou á Forza Aérea de que o seu rendemento fose moi superior aos seus homólogos estadounidenses. En realidade, los estabilizadores do MiG eran necesarios para previr á aeronave do acoplamento inercial a altas velocidades e altitudes grandes.

O F-4 Phantom II da Armada e a USAF era o único caza con suficiente potencia, alcance e maniobrabilidade para recibir como tarefa o enfrontarse aos cazas soviéticos en voo dentro do rango visual. Os mísiles de alcance medio AIM-7 Sparrow e os AIM-9 Sidewinder soían ser ineficaces e inefectivos a distancias curtas onde só os autocanóns podían ser a única arma eficaz. O Phantom II non tiña orixinalmente un canón xa que a súa función era utilizar os mísiles para derrubar os obxectivos a longas distancias. Tras experiencias de usar contedores externos con ametralladoras, finalmente integrouse un canón interno no Phantom.

Había unha necesidade clara dun nuevo caza que sobrepasase as limitacións do Phantom en distancias curtas e mantivese a superioridade aérea a longas distancias. Tras rexeitar o programa da Armada VFX, que daría como resultado o F-14 Tomcat, por non convir ás súas necesidades, a Forza Aérea deu os seus propios requisitos para o programa Fx (Experimental Fighter), unha especificación para un relativamente lixeiro caza de superioridade aérea. Tres compañías enviaron propostas: Fairchild, North American Aviation e McDonnell Douglas. A USAF anunciou a selección de McDonnell Douglas o 23 de decembro de 1969. O deseño gañador parecíase ao F-14, pero con as fixas, e non era máis lixeiro ou pequeno que o F-4 que debía reemprazar.

Primeiro prototipo do F-15
Agrandado
Primeiro prototipo do F-15

A versión inicial, designada F-15A para a configuración monopraza e F-15B para o bipraza, estaba impulsado cos novos motores Pratt & Whitney F100 cun empuxe superior ao seu peso. Propúxose utilizar un canón GAU-7 de Ford-Philco con munición sen casquillo pero foi abandonado a favor do canón estándar M61 Vulcan debido a problemas no seu desenvolvemento. O F-15 mantiña os catro mísiles Sparrow en suxeccións laterais da fuselaxe como o Phantom.

O Sparrow é unha arma semiactiva, o que significa que o avión lanzador debe estar continuamente pintando ao obxectivo co seu radar para que o mísil poida alcanzar ao branco. Se o avión debía manobrar para evitar fogo inimigo, o mísil podía perderse. Os mísiles máis avanzados como o AIM-120 AMRAAM e AIM-54 Phoenix, levaba un sistema activo de busca, o que permitía ao avión lanzador "disparar e esquecerse" e disparar a varios obxectivos simultáneamente. O F-15 ten un radar de exploración e disparo a cotas inferiores (coñecido también como look down, shoot down) que pode distinguir brancos móbiles a baixa altura como mísiles cruceiros ou bombardeiros e serve tamén como un sistema básico de vixiancia AWACS.

O F-15 usaría tecnoloxía de computación e novos controis e dispositivos de visualización para reducir a carga de traballo do piloto e aforrar o peso dun segundo tripulante. A diferencia do F-4 e o F-14, o F-15 ten unha única cuberta na carlinga o que lle permite maior visibilidade frontal. A USAF presentó ao F-15 como o "primeiro caza de superioridade aérea adicado da USAF dende o F-86 Sabre".

O F-15 sería favorecido por clientes como Israel e Xapón, e o desenvolvimento do F-15E Strike Eagle produciría un cazabombardeiro que reemprazaría ao F-111. Sen embargo, tamén se critica que o F-15 é demasiado grande para combates aéreos e demasiado caro para obter unha gran cantidade para reemprazar ao F-4 e ao A-7 o que levou ao programa LWF (Light Weight Fighter) a crear deseños como o F-16 Fighting Falcon e o F/A-18 Hornet.

[editar] Deseño

A maniobrabilidade do F-15 deriva da súa baixa carga alar (relación entre o peso e a área alar) cunha relación empuxe-peso alta, o que lle permite facer xiros pechados sen apenas perder velocidade. O F-15 pode subir a 10.000 metros nuns 60 segundos. Os controis de armas e voo están deseñados para que unha persoa poida utilizalos con seguridade e eficacia nun combate aéreo.

Os sistemas de aviónica inclúen a visualización HUD, radar avanzado, sistema de navegación inercial, instrumentos de voo, comunicacións en UHF, sistema de navegación táctico e sistema de aterraxe instrumental. Ten tamén instalado internamente un sistema de guerra electrónica táctica, un sistema de identificación de inimigos-amigos, un grupo de contramedidas electrónicas e un computador dixital central.

Un F-15 preparándose para repostar combustible dun KC-135 Stratotanker
Agrandado
Un F-15 preparándose para repostar combustible dun KC-135 Stratotanker

A pantalla de visualización (HUD) proxecta, a través dun combinador, toda a información de voo esencial recollida polos sistemas integrados de aviónica. Esta pantalla, visible para calquera tipo de condición de luz, proporciona ao piloto a información necesaria para rastrexar e destruír unha aeronave inimiga sen a necesidade de mirar aos instrumentos da cabina.

O rádar de impulsos dopler APG-63/70 do F-15 pode buscar tanto avións a cotas superiores e inferiores sen confundirse con obxectos do chan. Pode detectar e seguir avións e brancos pequenos a alta velocidade a distancias maiores que o alcance visual e ata altitudes tan baixas como o nivel das árbores. O radar dá a información do branco á computadora central que é proxectada na pantalla de visualización. O sistema de guerra electrónica do F-15 proporciona tanto alertas de perigo como contramedidas automáticas contra ameazas seleccionadas. Debido ao uso de sistemas electrónicos avanzados, o avión recibíu o sobrenome de Starship (nave espacial).

O F-15 pode levar unha ampla variedade de armamento aire-aire. Un sistema automático de armas permite ao piloto realizar combates aéreos seguros e efectivos, utilizando a pantalla de visualización e os controis de armas e aviónica localizados nos mandos de control. Cando o piloto cambia dun sistema de armas a outro, aparece no HUD unha guía visual de forma automática.

O Eagle pode ser armado coa combinación de catro tipos de armas aire-aire: mísiles AIM-7F/M Sparrow ou AIM-120 AMRAAM nos laterais da fuselaxe, mísiles AIM-9L/M Sidewinder ou AIM-120 baixo as ás, e un canón interno de 20 mm no lado dereito.

Depósito externo de combustible dun F-15E
Agrandado
Depósito externo de combustible dun F-15E

Uns depósitos externos de combustible (CFT, Conformal Fuel Tank) foron desenvolvidos para os modelos F-15C e D. Poden ser colocados nos lados das tobeiras dos motores baixo cada á e están deseñados cos mesmos factores de carga e de límites de velocidade que o avión. Sen embargo, reducen a capacidad de aceleración e non poden ser desechados en voo como os depósitos externos convencionais. A USAF só equipa con CFT aos F-15E, pero estos depósitos foron proporcionados a Israel que os utiliza en toda a súa frota. Cada CFT ten capacidade de 3.200 litros. Estos tanques reducen a necesidad do reabastecemento en voo en misións e aumenta o tempo na zona de combate. Todas as estacións externas para armas permañecen dispoñibles, ademais de poder suxeietar mísiles Sparrow ou AMRAAM nos laterais dos CFT.

O F-15E é un caza biplaza todo tempo para misións de intercepción. A parte traseira da cabina foi actualizada para incluír catro monitores multipropósito para os sistemas do avión e a utilización do armamento. Incorpora un sistema triple redundante de control de voo e un sistema mellorado de navegación inercial con xiróscopo de anel láser. Para voos a altas velocidades e baixa altitude e ataques precisos nocturnos ou con mal tempo, o F-15E leva un radar de alta resolución APG-70 e contedores LANTIRN que lle proporciona imaxes termais.

[editar] Historia operacional

O principal operador do F-15 é a Forza Aérea dos Estados Unidos (USAF). O primeiro F-15A voou en xullo de 1972, e o primeiro voo do bipraza F-15B (denominado anteriormente TF-15A) realizouse en xullo de 1973. O primeiro Eagle, un F-15B, foi entregado en novembro de 1974, e en xaneiro de 1976 entregouse o primeiro Eagle con destino a un escuadrón de combate. Estos primeiros avións levaban o radar APG-63 de Hughes Aircraft.

Os primeiros F-15C monoprazas e F-15D biprazas entraron a formar parte da USAF a principios de 1979. Estos modelos levaban as melloras do Paquete de Producción Eagle (PEP 2000), incluíndo 900 kg adicionais de combustible interno, suministros para levar os depósitos externos CFT e aumentando o peso máximo ao despegar en 30.700 kg.

O Programa de Mellora Multifase (MISP) do F-15 comezou en febreiro de 1983, coa primeira producción de MISP F-15C en 1985. As melloras incluían un computador central actualizado, un grupo de control programable de armamento, que permitía utilizar versións avanzadas dos mísiles AIM-7, AIM-9 e AIM-120; un sistema de guerra electrónica táctica expandido que proporcionaba melloras ao radar de alerta ALR-56C e ao grupo de contramedidas ALQ-135. As últimas 43 unidades levaban un radar Hughes APG-70, que sería o modelo de serie no F-15E.

Os modelos F-15A e B foron utilizados por Israel na Guerra do Líbano de 1982. Os modelos C, D e E foron despregados no golfo Pérsico durante a Operación Tormenta do Deserto en 1991, onde apuntáronse 36 das 39 victorias aéreas da USAF. Os F-15E operaban principalmente de noite, buscando lanzadores de mísiles Scud e posicións de artillería utilizando o sistema LANTIRN.

[editar] Operadores

F-15J da Forza Aérea de Xapón
Agrandado
F-15J da Forza Aérea de Xapón

A USAF dispuña de 396 F-15 e a Gardia Nacional Aérea operaba con 126 unidades en 2005. A Forza Aérea Israelí (Heyl ha'Avir) utilizou F-15 dende 1977. Estos avións están organizados en dous escuadróns de F-15A/B e un escuadrón de F-15C/D.

A Forza Aérea Xaponesa adquiríu 203 F-15J e 20 F-15DJ en 1981, dos cales 2 F-15J e 12 F-15DJ foron fabricados en Estados Unidos e o resto por Mitsubishi baixo licencia. A Forza Aérea Real Saudí ten catro escuadróns de F-15C/D (55 e 19 unidades de cada modelo respectivamente) dende 1981. A Forza Aérea Surcoreana opera con tres F-15K á espera de completar un total de 36 unidades a comezos de 2008.

[editar] Récord de baixas

A 2005, os F-15 de todas as forzas aéreas teñen unha marca combinada de 104 derribos sen ningunha perda en combate aéreo (excluíndo o caso onde un F-15J xaponés derrubou a outro F-15J en 1995 debido ao mal funcionamento dun AIM-9 Sidewinder durante un adestramento con fogo real). Os Estados Unidos e Israel sosteñen que ata a data, as versións de superioridade aérea do F-15 (modelos A, B, C e D) nunca foron derrubados por un inimigo.

Máis da metade das baixas realizadas polos F-15 foron producidas por pilotos da Forza Aérea Israelí. Durante os conflictos na fronteira co Libano entre 1979 e 1981, os F-15A derrubaron trece MiG-21 e dous MiG-25 sirios. Na guerra do Líbano de 1982, os pilotos israelíes derrubaron 40 cazas sirios, 23 MiG-21 e 17 MiG-23 e un helicóptero sirio Gazelle SA.342L. Durante as escaramuzas israelí-sirias de 1985, Israel informou que derribara dous MiG-23.

Os pilotos da Forza Aérea Real Saudí derrubaron dous F-4E Phantom II da Forza Aérea Iraní nunha escaramuza na fronteira en 1984, e derrubaron dous Mirage F1 iraquíes na Guerra do Golfo.

Dacuerdo coa USAF, os seus F-15C tiveron 34 baixas confirmadas de aeronaves iraquíes durante a Guerra do Golfo de 1991, principalmente por acción de mísiles: cinco MiG-29, dous MiG-25, oito MiG-21, dous Su-25, catro Su-22, un Su-7, seis Mirage F1, un avión de carga Il-76, un avión de adestramento Pilatus PC-9 e dous helicópteros Mil Mi-8. Tras conseguir a superioridade aérea nos primeiros tres días do conflicto, muitas das baixas posteriores eran de avións iraquíes que voaban casa Irán, en lugar de intentos de enfrontarse aos aviones estadounidenses. O F-15C monopraza foi utilizado para a superioridad aérea mentres que o F-15E foi usado para bombardeos terrestres. Un F-15E conseguíu derribar un helicóptero Mi-8 iraquí utilizando unha bomba guiada por láser. Os F-15E tiveron dúas baixas por fogo terrestre na Guerra do Golfo.

En 1994, un F-15C da USAF derribou por accidente dous UH-60 Black Hawk do Exército estadounidense na zona de exclusión norte de Iraq. En 1999, na intervención da OTAN en Kosovo, os F-15C da USAF derrubaron catro MiG-29 iugoslavos.

[editar] Variantes

  • F-15A: variante caza monopraza todo tempo para superioridade aérea.
  • F-15B: variante bipraza para adestramento, anteriormente designado TF-15A.
  • F-15C: variante mellorada do modelo F-15A.
  • F-15D: variante mellorada do modelo F-15B.
  • F-15J: variante caza monopraza construída baixo licencia por Mitsubishi para a Forza Aérea de Xapón.
  • F-15DJ: variante bipraza de adestramento para a Forza Aérea de Xapón, construida baixo licencia por Mitsubishi.
  • F-15 Streak Eagle: variante sen armas e sen pintar do F-15A para demostrar a aceleración do caza e batir oito marcas de subidas entre o 16 de xaneiro e o 1 de febreiro de 1975.

[editar] F-15E e relacionados

  • F-15E Strike Eagle: cazabombardeiro bipraza todo tempo de longo alcance da USAF.
  • F-15I Ra'am (Thunder): variante avanzada do F-15E Strike Eagle para as Forzas Aéreas Israelies.
  • F-15K Slam Eagle: variante avanzada do F-15E Strike Eagle para as Forzas Aéreas de Corea do Sur.
  • F-15S: variante de exportación do F-15E Strike Eagle para as Fuerzas Aéreas de Arabia Saudí.
  • F-15SG: variante avanzada da versión F-15E Strike Eagle para as Fuerzas Aéreas de Singapur.
  • F-15S/MTD: un TF-15A convertido para despegue e aterraxe corto e como demostración de tecnoloxía aeronáutica.
  • F-15 ACTIVE: un F-15S/MTD convertido para investigación de tecnoloxías aeronáuticas avanzadas.
  • F-15 IFCS: un F-15 ACTIVE convertido para investigación de sistemas de control intelixentes.
  • F-15 MANX: variante sen cola do F-15 ACTIVE.
Commons
Commons ten máis imaxes sobre:
Our "Network":

Project Gutenberg
https://gutenberg.classicistranieri.com

Encyclopaedia Britannica 1911
https://encyclopaediabritannica.classicistranieri.com

Librivox Audiobooks
https://librivox.classicistranieri.com

Linux Distributions
https://old.classicistranieri.com

Magnatune (MP3 Music)
https://magnatune.classicistranieri.com

Static Wikipedia (June 2008)
https://wikipedia.classicistranieri.com

Static Wikipedia (March 2008)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com/mar2008/

Static Wikipedia (2007)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com

Static Wikipedia (2006)
https://wikipedia2006.classicistranieri.com

Liber Liber
https://liberliber.classicistranieri.com

ZIM Files for Kiwix
https://zim.classicistranieri.com


Other Websites:

Bach - Goldberg Variations
https://www.goldbergvariations.org

Lazarillo de Tormes
https://www.lazarillodetormes.org

Madame Bovary
https://www.madamebovary.org

Il Fu Mattia Pascal
https://www.mattiapascal.it

The Voice in the Desert
https://www.thevoiceinthedesert.org

Confessione d'un amore fascista
https://www.amorefascista.it

Malinverno
https://www.malinverno.org

Debito formativo
https://www.debitoformativo.it

Adina Spire
https://www.adinaspire.com