MiG-25
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O MiG-25 (designación OTAN: Foxbat) é un avión de recoñecemento e interceptor de alta velocidade deseñado e producido na Unión Soviética pola oficina de deseño Mikoyan-Guverich. Voou por vez primeira en 1964 e entrou en servizo en 1970. Cunha velocidade máxima estimada en Mach 3 un poderoso radar e catro mísiles aire-aire, o Foxbat causou conmoción entre os analistas militares e observadores occidentais.