Ebooks, Audobooks and Classical Music from Liber Liber
a b c d e f g h i j k l m n o p q r s t u v w x y z





Web - Amazon

We provide Linux to the World


We support WINRAR [What is this] - [Download .exe file(s) for Windows]

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
SITEMAP
Audiobooks by Valerio Di Stefano: Single Download - Complete Download [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Alphabetical Download  [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Download Instructions

Make a donation: IBAN: IT36M0708677020000000008016 - BIC/SWIFT:  ICRAITRRU60 - VALERIO DI STEFANO or
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Estreito de Xibraltar - Wikipedia

Estreito de Xibraltar

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

O estreito de Xibraltar, ao sur de España, ao norte de Marrocos, ao leste do océano Atlántico, ao oeste do mar Mediterráneo, separara estes dous últimos. Ten de 14,4 km de longo e unha profundidade duns 300 m. Na antigüidade este estreito era coñecido como "as Columnas de Hércules", pero debe o seu nome actual a unha deformación de djebel Tarik de Tarik ibn Ziad, que no 711 traspasou o estreito para facer unha incursión contra a España visigoda, primeira incursión musulmá na península Ibérica.

O peñón e a cidade de Xibraltar, que dá o seu nome ao estreito, atópase nunha estreita península, na beira europea, á entrada oriental do estreito. Ao oeste, o estreito dá ao golfo de Cádiz, que se abre ao longo do Atlántico. Ao leste, pola contra, o golfo de Alxeciras é máis cerrado, dunha centena de quilómetros de largo, e preto de dous centos de longo. O Mediterráneo, sendo un mar case fechado, e sufrindo unha evaporación importante, a corrente dominante no estreito vai desde o Atlántico cara ao Mediterráneo. O límite entre as augas do Atlántico e do Mediterráneo (en termos de temperatura e de salinidade principalmente) sitúase lonxe no leste, case todo o golfo de Alxeciras é atlántico desde este punto de vista.

A pesares de levar o nome de xibraltar, a cidade máis meridional é Tarifa, levando o cabo correspondente o nome de Punta Europa

O estreito é un punto importante de ligazóns marítimas no mundo. É cruzado todos os anos por uns 80.000 navíos mercantes. A posición ten unha grande importancia estratéxica polo menos desde que acabada a Idade Media, un comercio por mar foi establecido entre a Europa do Norte e Italia. A cidade de Xibraltar é unha colonia do Reino Unido desde o tratado de Utrecht en 1713, o que permitíu á frota inglesa ter a supremacía naval no Mediterráneo a partir do s. XVIII e sobre todo no s. XIX. O estreito volveuse aínda máis estratéxico tras a inauguración da canle de Suez en 1869. Desde aquela, permite a pasaxe do Atlántico non soamente ao Mediterráneo, senón tamén ó océano Índico, evitando a longa rota do Cabo. Xibraltar foi durante moito tempo unha gran base naval británica, pero foi fortemente reducida desde a fin da Guerra fría. Pola súa parte, España posúe a cidade de Ceuta, na beira marroquí do estreito. Conquistada en 1415 por Portugal, pasou a mans españolas durante o reinado de Filipe II de España, cando era rei dos dous países. Xibraltar é reivindicada por España e Ceuta por Marrocos.

O estreito separa tamén Europa de África. Os ferries aseguran a ligazón, tanto para pasaxeiros como para vehículos. O incicio dun túnel baixo o estreito devería dar comezo en breve, xa que se acaba de firmar un acordo o 12 de decembro de 2003. Este é un punto de paso da inmigración clandestina a Europa, sobre todo desde que por unha parte o crecemento de España ao longo dos anos oitenta a fixera destino da inmigración, e pola outra que desaparición dos controis nas fronteiras interiores da Unión europea (Acta Única e Espacio Schengen) fíxoa porta de entrada á unión. A inmigración pódese facer por Ceuta, enclave europeo en África. España reforzou fortemente a súa fronteira a partir de 1999. Faise tamén a través do estreito nas denominadas "pateras", embarcacións precarias que provocan numerosos mortos ao longo dos anos. A situación é semellante nos outros dous estreitos que dan acceso a Europa, o estreito de Sicilia, entre Tunicia e Sicilia; e a canle de Otranto á entreada do mar Adriático, entre Albania e Italia, sendo nembargantes o de Xibraltar o máis estreito.

Our "Network":

Project Gutenberg
https://gutenberg.classicistranieri.com

Encyclopaedia Britannica 1911
https://encyclopaediabritannica.classicistranieri.com

Librivox Audiobooks
https://librivox.classicistranieri.com

Linux Distributions
https://old.classicistranieri.com

Magnatune (MP3 Music)
https://magnatune.classicistranieri.com

Static Wikipedia (June 2008)
https://wikipedia.classicistranieri.com

Static Wikipedia (March 2008)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com/mar2008/

Static Wikipedia (2007)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com

Static Wikipedia (2006)
https://wikipedia2006.classicistranieri.com

Liber Liber
https://liberliber.classicistranieri.com

ZIM Files for Kiwix
https://zim.classicistranieri.com


Other Websites:

Bach - Goldberg Variations
https://www.goldbergvariations.org

Lazarillo de Tormes
https://www.lazarillodetormes.org

Madame Bovary
https://www.madamebovary.org

Il Fu Mattia Pascal
https://www.mattiapascal.it

The Voice in the Desert
https://www.thevoiceinthedesert.org

Confessione d'un amore fascista
https://www.amorefascista.it

Malinverno
https://www.malinverno.org

Debito formativo
https://www.debitoformativo.it

Adina Spire
https://www.adinaspire.com