Ebooks, Audobooks and Classical Music from Liber Liber
a b c d e f g h i j k l m n o p q r s t u v w x y z





Web - Amazon

We provide Linux to the World


We support WINRAR [What is this] - [Download .exe file(s) for Windows]

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
SITEMAP
Audiobooks by Valerio Di Stefano: Single Download - Complete Download [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Alphabetical Download  [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Download Instructions

Make a donation: IBAN: IT36M0708677020000000008016 - BIC/SWIFT:  ICRAITRRU60 - VALERIO DI STEFANO or
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Batalla da fraga de Teutoburgo - Wikipedia

Batalla da fraga de Teutoburgo

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Batalla da fraga de Teutoburgo
Data 11 de setembro do ano 9 ddC
Lugar Fraga de Teutoburgo
Resultado Vitoria xermana e fin da expansión romana máis aló do Rin
Combatentes
Tribos xermanas (Cherusci, Marsi, Chatti, e Bructeri) Imperio Romano
Mandos
Arminio Publio Quintilio Varo
Forzas
Uns 100.000 combatentes Tres lexións. Uns 18.000 entre lexionarios e auxiliares.
Baixas
Descoñecidas 18.000

A Batalla da fraga de Teutoburgo ou Desastre de Varo foi un encontro armado que tivo lugar no outono do ano 9 entre a tribo xermánica dos queruscos, acaudillados por Arminio, e tres lexións romanas (a Lexión XVII, a XVIII e a XIX) comandadas por Publio Quintilio Varo, gobernador da provincia Germania Magna, que se estendía até o río Elba.

Ante os abusos cometidos por Varo, Arminio puxo en pé de guerra un exército duns 100.000 xermanos, atraendo o exército romano á fraga de Teutoburgo, unha zona de complicada orografía na que se estendía a fraga, na cal permanecían nos seus postos os queruscos, agardando o paso da comitiva militar romana. A batalla acabou cunha catastrófica derrota dos romanos e co suicidio do propio Varo. Tras esta derrota, a fronteira do Imperio Romano retrocedeu até o Rin.

Índice

[editar] Preámbulos

Todo comezou no 9 a.C. cando o gobernador romano de Xermania, Publio Quintilio Varo (Publius Quinctilius Varus), que se casara coa sobriña neta do emperador Augusto, estabeleceu os campamentos de verán das súas tres lexións (a 17, 18 e 19, duns 5.000 homes cada unha) en territorio querusco. Dúas lexións foron deixadas tras o río Rin. Os seus propios cuarteis avanzados estaban na beira occidental do río Weser (probabelmente cerca da actual cidade de Minden).

[editar] Conspiración contra o invasor

Varo fíxose moi amigo dos xefes queruscos (tribos que ocupaban a zona do actual Hanover), incluído o novo Arminio, de 25 anos. Debido ao seu "roma-centrismo", Varo non se daba conta de que Arminio o vía como un invasor do seu país e conspiraba contra el cos xefes doutros grupos xermanos: marsios, chatti e bructeri. Algúns dos xefes trataron de avisalo, mais Varo foi convencido para que concedera aos conspiradores destacamentos lexionarios que lle dixeron que necesitaban para fornecer certos postos e escoltar os convois de subministro para o exército romano.

[editar] Cuarteis de inverno

Cando chegou o momento de que Varo se ía retirar para o Rin para pasar o inverno, os xermanos convencérono de que cambiara de rota. El proxectara regresar ao seu campamento de inverno en Vetera pola calzada militar. Porén, un falso informe acerca dun levantamento local levouno a dar un rodeo para o noroeste a través dunha dificultosa rexión boscosa. Os conspiradores viron saír o principal exército do seu campamento de verán xunto ao Weser. Ao despedirse de Varo, pedíronlle permiso para unírense ás súas tribos co fin de poder enviar homes que axudaran a sofocar a revolta que eles inventaran. Varo concedéullelo.

[editar] Orde do exército romano

Aínda que é imposíbel reconstruír o curso exacto do ataque, quizais podemos aumentar un pouco a nosa comprensión se temos en conta a orde de marcha típico do exército romano, como o describe Flavio Xosefo na súa obra Guerras xudías (3.116-126).

  1. Arqueiros e auxiliares, que actuaban como exploradores.
  2. A vangarda: unha lexión (de cerca de 5000 homes) apoiados por 120 xinetes.
  3. Pioneiros, que melloraban a rúa e ao final do día construían o campamento.
  4. A primeira parte do tren: os bártulos do xeneral e dos oficiais.
  5. O xeneral e a súa garda de corps.
  6. A cabalaría das seguintes dúas lexións (240 xinetes).
  7. A segunda parte do tren: mulas coa artillaría.
  8. Os suboficiais e os portaestandartes ("aguias")
  9. A forza principal: dúas lexións (cerca de 10.000 homes).
  10. A terceira parte do tren: a equipaxe dos soldados.
  11. A retagarda: tropa mixta.

[editar] Estratexia dos xermanos

O punto obvio para atacar é o punto 5: o xeral. Aínda que Varo estaba escoltado pola súa garda e seguido por 240 xinetes, non había outros combatentes nas súas proximidades. Se os homes de Arminio tivesen éxito, cortasen o exército en dous e destruísen o centro de mando, sería unha gran vantaxe para eles e destruiría a moral romana, especialmente cando as aguias foran capturadas.

[editar] O ataque xermano

A columna romana avanzaba moi lentamente, debido á cantidade demasiado grande de homes, serventes e bagaxes. Segundo avanzaban polo dificultoso país, derribando árbores e facendo carreiros e camiños sobre os pantanos, de repente caeulles encima unha chuvia de dardos. Non cabía dúbida do que ocorría: os xermanos atacaban.

Os lexionarios romanos víanse impedidos polo vento, a chuvia e o barro que sempre lles desagradaba da Xermania. Ían demasiado escasos de tropas auxiliares —cabalaría, arqueiros e fondeiros— para contestar eficazmente. Todo o que podían facer era aferrarse á esperanza de chegar á fortaleza máis próxima, Aliso, que viña estando cerca do río Lippe, quizá dous terzos do camiño desde o río Weser ao Rin.

[editar] Ataque contra Varo

Mentres os homes de Arminio cargaron contra Varo, outros deberon facer unha chuvia de frecha e xavelinas sobre as dúas lexións de atrás. Os achados arqueolóxicos en Kalkriese non contradicen este primeiro ataque, mais existe evidencia escrita (Dión e Tácito) de que Varo non morreu o primeiro día do ataque.

[editar] Reagrupamento dos romanos

A seguinte fase (aínda que esta reconstrución é hipotética) debeu ser o reagrupamento do exército romano. Aínda que o primeiro ataque debeu causar unha gran sorpresa, eses soldados eran profesionais que non podían ser derrotados dun só golpe, nin sequera cando estaban sendo atacados en terreo difícil. A primeira lexión retornou desde o noroeste e tratou de xuntarse co que quedaba das outras dúas lexións. Outra alternativa é que os soldados da primeira lexión creran que eran os últimos sobreviventes, continuaran para o noroeste e desapareceran na Gran Lameira (Grosses Moor).

[editar] A noite

Mantívose a disciplina o suficiente para plantar un campamento en terreos elevados para pasar a noite. Carretas e impedimenta foron queimadas ou abandonadas, e á mañá seguinte reanudouse a marcha. As tres lexións partiron en mellor orde por campo aberto, mais isto fíxoas tan vulnerábeis aos ataques xermanos, que se viron obrigadas a volverse e refuxiarse no bosque. Alí pasaron un día terrorífico loitando entre obstáculos. Sufriron graves perdas, incluídas algunhas que se inflixiron a si mesmos pola dificultade de distinguir os inimigos dos amigos. Esa noite amañáronse para se reuniren todos noutro campamento provisional, cunha fortificación totalmente inadecuada.

[editar] Varo suicídase

Cando chegou a mañá, seguía chovendo; sopraba un vento cortante e viron que os xermanos recibían reforzos. O xefe da cabalaría romana perdeu a calma e escapou co seu rexemento, coa va esperanza de atinxir o Rin. Varo foi ferido e deuse conta do que lle farían os xermanos se o capturaban con vida. Para evitar tal destino, suicidouse. Algúns membros do estado maior seguiron o seu exemplo. Os dous xenerais que quedaron ao mando non sobreviviron moito. Un deles ofereceu equivocadamente unha capitulación que se converteu en matanza (os xermanos non tomaban prisioneiros na guerra; a súa lei era matar ou morrer); o outro caeu loitando cando os xermanos entraron no campamento.

[editar] Manobras dos sobreviventes

Os soldados romanos sobreviventes tiveron que manobrar nunha faixa de terra de 220 metros de ancho, mais a parte norte estaba fóra do alcance das frechas xermanas. Os lexionarios deberon entender que non podían seguir para o noroeste, senón que tomarían a rota máis doada para o sudoeste, a Haltern no Lippe e Xanten no Rin.

Cando fixeron a súa manobra, non deberon poder destruír a posición xermana nas ladeiras da outeiro Kalkriese. Os restos arqueolóxicos suxiren que houbo loitas ao pé da outeiro. Os lexionarios seguiron ao longo da outeiro, e os guerreiros xermánicos deberon matar moitísimos deles. O rexistro arqueolóxico suxire que houbo loitas no desfiladeiro e que os romanos foron expulsados.

Excepto algúns lexionarios que escaparon amparados pola escuridade da noite (e grazas a quen sabemos o que pasou), uns 18.000 soldados foron mortos ou capturados (e sacrificados máis tarde), máis uns 10.000 non combatentes, que incluían escravos, armeiros, comerciantes, mulleres e nenos.

[editar] O emperador Augusto

A clades variana ('a derrota de Varo') alterou a Augusto máis que ningunha outra cousa na súa longa vida. O historiador romano Suetonio sinalou que o emperador tomou o desastre tan a peito que «sempre celebrou o aniversario como un día de profundo pesar» e «a miúdo golpeaba a cabeza contra unha porta e gritaba: "¡Varo, Varo, devólveme as miñas lexións!"». Tomou medidas enérxicas e destituíu todos os xermanos e galos que había na súa garda persoal.

[editar] Xulio César Xermánico

Seis anos despois, outro xefe romano da zona, Xulio César Xermánico, concibiu a idea —segundo o seu tío, o emperador Tiberio, foi unha idea desmoralizadora— de ir coas súas tropas visitar o lugar da batalla. A ocasión inspirou a Tácito unha das súas mellores páxinas: «Non lonxe estaba o bosque onde se dicía que os restos de Varo e das súas legións quedaron sen sepultura. A Xermánico veulle o desexo de tributar os últimos honores a Varo e aos seus soldados. Esta mesma conmiseración estendeuse a todo o exército de Xermánico, pensando nos seus parentes e amigos, nos azares da guerra e no destino dos homes... En medio do campo branqueaban os ósos, separados ou amontoados, segundo fuxiran ou fixeran fronte. Xunto a eles xacían restos de armas e membros de cabalos, e cabezas humanas estaban cravadas en troncos de árbores. Nos bosques próximos había bárbaros altares, xunto aos cales sacrificaran os tribunos e os primeiros centurións».

[editar] Arqueoloxía da guerra

A fraga de Teutoburgo é un dos poucos campos de batalla que se escavaron. Por suposto, hai moitas fortificacións e liñas de sitio que se descubriron, por exemplo: Nínive, Pafos, Numancia, Alesia, Vechten, Masada), pero Kalkriese é un dos poucos lugares onde os arqueólogos descubriron o sitio dunha batalla aberta. Isto aumentou a nosa comprensión do que pasou na masacre da fraga de Teutoburgo.

O Hermannsdenkmal. Monumento levantado en memoria de Arminio (Hermann) na parte sur da fraga de Teutoburgo.
Agrandado
O Hermannsdenkmal. Monumento levantado en memoria de Arminio (Hermann) na parte sur da fraga de Teutoburgo.

[editar] Monumento a Arminio/Hermann

Durante moito tempo o sitio da batalla de Teutoburgo, onde o exército romano sucumbiu, foi descoñecido. Os modernos estudiosos do sangrento encontro propuxeron máis de 700 emprazamentos posíbeis.

O historiador alemán Mommsen situou a batalla cerca da fonte do Hunte, ao norte de Osnabrück e lonxe dos outeiros; mais a maioría dos eruditos preferían algún sitio na parte central da cadea montañosa boscosa de Teutoburgo (de 110 km de longo e duns 10 km de ancho). De acordo con esa opinión, en 1875 construíuse unha estatua xigantesca de Arminius/Hermann (de 17 m sobre un pedestal de 30 m) en Grotenbuf-g, a 35 km ao sudoeste de Detmold (e 100 km ao sueste do sitio real) cun custo de 13.500. O traballo foi deseñado por E. von Bandel.

[editar] Descubrimento arqueolóxico

Logo, en 1987, un descubrimento por parte dun arqueólogo afeccionado británico, Anthony Clunn (achou 162 moedas romanas coñecidas como denarios e tres bolas de chumbo do tipo usado nas fondas do exército romano), e a posterior investigación a cargo dos arqueólogos experimentados dirixidos por Wolfgang Schlüter, levou a unha proba convincente de que a batalla tivo lugar ao norte da outeiro Kalkriese, entre os pobos de Engter e Venne, no borde norte da fraga de Teutoburgo (Teutoburger Wald), 30 km ao norte da moderna cidade de Osnabrück (200 km ao noreste de Colonia, Alemaña).

[editar] "Eterna oposición" entre xermanos e latinos

É posíbel que se sobrevalore a importancia da batalla do bosque de Teutoburgo. Isto sucedeu realmente no século XIX, cando —especialmente na Alemaña— Arminio e Varo se convirteron en símbolos dunha eterna oposición entre os nobres salvaxes xermánicos e os seus arquiinimigos latinos: os franceses.

Esta eterna loita é simplemente unha parvada. Despois dos horrores da Primeira Guerra Mundial, o gran historiador belga Henri Pirenne (1862-1935) estivo entre os primeiros en opórse a esta idea chauvinista, mais Europa necesitou a Robert Schuman e Konrad Adenaor para comprendelo. Desde o reinado de Luis XIV até a Segunda Guerra Mundial, o control do Rin foi fonte de conflito entre Francia e Alemaña, mais o Rin sempre foi finalmente a zona onde as dúas culturas europeas estiveron reunidas e intercambiaron experiencias.


[editar] Consecuencias da batalla de Teutoburgo

A batalla foi realmente importante: o imperio romano encontrou o seu límite. Tiberio aceptou que había grandes áreas sen cidades que non foran predixeridas polo imperio. Durante os seguintes séculos, as tribos xermánicas aprenderon de Roma, e Roma aprendeu deles. Mais sempre Xermania permanecería independente.

A batalla de Teutoburgo tivo serias consecuencias. Un exemplo basta para ilustralo: se os romanos mantivesen o seu imperio entre o Rin e o Elba, as tribos do Mar do Norte que máis tarde se coñeceron como saxóns acabarían falando latín ou algún tipo de lingua romance. O lingua inglesa nunca existiría (para ben ou para mal) e o alemán quedaría como un idioma marxinal.

[editar] Teutoburgo e o idioma alemán

Outro resultado sería unha comprensión máis pobre da realidade: sen o idioma alemán, un filósofo como Heidegger sería imposíbel. A gran división lingüística da actualidade simplemente non existiría sen a batalla do bosque de Teutoburgo.

[editar] Ligazóns Externas

Our "Network":

Project Gutenberg
https://gutenberg.classicistranieri.com

Encyclopaedia Britannica 1911
https://encyclopaediabritannica.classicistranieri.com

Librivox Audiobooks
https://librivox.classicistranieri.com

Linux Distributions
https://old.classicistranieri.com

Magnatune (MP3 Music)
https://magnatune.classicistranieri.com

Static Wikipedia (June 2008)
https://wikipedia.classicistranieri.com

Static Wikipedia (March 2008)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com/mar2008/

Static Wikipedia (2007)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com

Static Wikipedia (2006)
https://wikipedia2006.classicistranieri.com

Liber Liber
https://liberliber.classicistranieri.com

ZIM Files for Kiwix
https://zim.classicistranieri.com


Other Websites:

Bach - Goldberg Variations
https://www.goldbergvariations.org

Lazarillo de Tormes
https://www.lazarillodetormes.org

Madame Bovary
https://www.madamebovary.org

Il Fu Mattia Pascal
https://www.mattiapascal.it

The Voice in the Desert
https://www.thevoiceinthedesert.org

Confessione d'un amore fascista
https://www.amorefascista.it

Malinverno
https://www.malinverno.org

Debito formativo
https://www.debitoformativo.it

Adina Spire
https://www.adinaspire.com