Ebooks, Audobooks and Classical Music from Liber Liber
a b c d e f g h i j k l m n o p q r s t u v w x y z





Web - Amazon

We provide Linux to the World


We support WINRAR [What is this] - [Download .exe file(s) for Windows]

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
SITEMAP
Audiobooks by Valerio Di Stefano: Single Download - Complete Download [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Alphabetical Download  [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Download Instructions

Make a donation: IBAN: IT36M0708677020000000008016 - BIC/SWIFT:  ICRAITRRU60 - VALERIO DI STEFANO or
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Ayrton Senna - Wikipedia

Ayrton Senna

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Ayrton Senna
Carreira na Fórmula 1
Nacionalidade Brasil Brasileño
Anos en activo 1984 - 1994
Escudería(s) Toleman Hart, Lotus, McLaren Honda, Williams
Grandes Premios disputados 162
Campionatos 3 (1988, 1990, 1991)
Vitorias 41
Podios 80
Pole positions 65
Voltas rápidas 19
Primeiro GP Gran Premio de Brasil de 1984
Primeira vitoria Gran Premio de Portugal de 1985
Derradeira vitoria Gran Premio de Australia de 1993
Derradeiro GP Gran Premio de San Marino de 1994

Ayrton Senna da Silva foi piloto de Fórmula 1. Naceu en Brasil o 21 de marzo de 1960 faleceu en competición no Autódromo Enzo y Dino Ferrari de Imola durante o Gran Premio de San Marino, o 1 de maio de 1994.

Foi tres veces campión do mundo, nos anos 1988, 1990 e 1991. Logrou tamén dous subcampionatos en 1989 e en 1993, os dous por detrás do seu gran rival o francés Alain Prost.

Ao longo da súa carreira ostentou case tódolos récords que se poden conseguir neste deporte, incluído o de maior número de pole positions, que foi superado polo alemán Michael Schumacher, o 22 de abril de 2006 no circuíto de Imola.

O equipo onde debutou na Fórmula 1 Ayrton foi Toleman, para despois competir desde 1985 ata 1987 en Lotus, desde 1988 ata 1993 en McLaren e en 1994 en Williams.

O seu primeiro podio, foi no Gran Premio de Mónaco de 1984, baixo unha intensísima choiva. Ayrton partiu desde a décimo terceira posición na grella e logrou alcanza-la segunda posición detrás de Alain Prost, nunha carreira atípica que só durou 31 voltas. O propio Alain Prost confesou nesa carreira que se chegase Ayrton a alcanza-lo coche de Alain, este o tería deixado pasar, xa que Ayrton ese ano non tería opcións de disputa-lo mundial.

Gañou a súa primeira carreira en 1985 no circuíto de Estoril, en Portugal, baixo unha choiva torrencial, cando militaba no equipo Lotus. Esta vitoria deixaría claro que se había converter no mellor pilotos de todos os tempos sobre superficies deslizantes. El mesmo era capaz de correr en choiva con neumáticos de seco, como demostrou no Gran Premio de Bélxica de 1992.

Hoxe máis que nunca, Ayrton Senna é considerado como un dos pilotos máis talentosos, intelixentes e carismáticos que a máxima categoría do automobilismo puido ver. Todos os especialistas coinciden en afirmar que moi poucos pilotos da Fórmula 1 puideron establecer unha relación tan estreitamente íntima, persoal e próxima cos seus coches de carreiras. Senna logrou entenderse á perfección co seu vehículo, o mesmo que o levou a toca-los límites do sobrenatural, as barreiras de velocidade que ninguén esperaba alcanzar en plena competencia e os triunfos e premios que moitos dos seus compañeiros de campionato desexaron ter.

A súa imaxe permanece moito máis viva que en ningún outro momento da súa lendaria carreira. Vence-los obstáculos e poder ir sempre máis alá dos límites foron e seguen sendo as súas insignias claves en honor como gran piloto e extraordinario ser humano.


Durante o Gran Premio de San Marino en Imola, o 1 de maio de 1994, á altura da famosa curva de Tamburello, o monopraza Williams Renault FW16 de Ayrton Senna estrelouse aparatosamente a case 300 km/h. Aínda se recordan as imaxes daquel cruel momento mentres os paramédicos e asistentes da carreira se achegaban aos restos do Williams onde xacía Senna inconsciente e con serias feridas no cranio. Foi necesario facerlle unha traqueotomía no mesmo circuíto, ata que minutos máis tarde foi trasladado ao hospital Maggiore de Bolonia, onde permaneceu en coma. Pouco máis tarde produciuse a súa morte.

Este feito ocorreu un día despois de que outro piloto, o austríaco Roland Ratzenberger, falecera durante as probas de clasificación na curva Gilles Villenueve. O día mesmo da carreira víuselle a Senna moi contrariado e sen ganas de correr por dito feito tráxico, pero en cumprimento do seu deber terminou vestíndose de ídolo de multitudes.

Moito se discutiu acerca da causa do accidente e do motivo da súa morte. Recentemente, a investigación levada a cabo por National Geographic determinou que a causa do accidente foi unha inesperada derrapaxe na metade da curva que fixo que Ayrton perdera o control do seu monopraza, ao contrario da teoría xeneralizada que falaba da rotura da dirección. O que acabou coa vida de Ayrton non foi a deceleración brutal que resistiu, senón que co accidente, un trozo da dirección atravesou o casco e a súa cabeza danándoo de forma irreversible, aínda que aguantaría vivo catro horas máis.

O seu ataúde foi levado polas rúas de São Paulo nun coche de bombeiros, seguido por máis de 2 millóns de persoas. Foi enterrado con honores de xefe de Estado. No seu funeral acudiron pilotos da talla de Jackie Stewart, Alain Prost, Emerson Fittipaldi ... O seu corpo descansa no cemiterio de Morumbi, na súa cidade natal Sao Paulo.

[editar] Frases de Senna

  • "Todos os anos hai un campión, pero non sempre hai un gran campión"
  • "O meus rivais non me queren porque o meu pecado é ser veloz"
  • "Os pilotos somos, para a xente, máis un soño que unha realidade"
  • "Correr, competir, lévoo no sangue, é parte de min, é parte da miña vida"
  • "As carreiras son excitantes, pero tamén perigosas"
  • "Cando eu era pequeno, Fittipaldi foi o meu heroe e exemplo"
  • "O segundo é o primeiro dos perdedores"

[editar] Curiosidades

  • Ayrton Senna confesaba que na curva de Eau Rouge no Circuit de Spa-Francorchamps falaba con Deus.
  • En cada gran premio, Senna acostumaba a realizar dúas voltas desde que saía do pit lane, ata colocarse na grella de saída. No Gran Premio de San Marino de 1994 realizou tres voltas.
  • Senna era un piloto moi relixioso, sen embargo cando acudía a unha igrexa, non lle gustaba que esta estivese chea de xente, senón todo o contrario. Senna quería un deus e que a dedicación fose exclusiva a el.
  • Antes de cada gran premio, Senna acostumaba a ler no "motorhome" algunha pasaxe da biblia.

[editar] Ligazóns externas

Vida e obra de Ayrton SennaMundoMotormanía

Sitio oficial (en Portugués)

Páxina en memoria a Ayrton Senna

Our "Network":

Project Gutenberg
https://gutenberg.classicistranieri.com

Encyclopaedia Britannica 1911
https://encyclopaediabritannica.classicistranieri.com

Librivox Audiobooks
https://librivox.classicistranieri.com

Linux Distributions
https://old.classicistranieri.com

Magnatune (MP3 Music)
https://magnatune.classicistranieri.com

Static Wikipedia (June 2008)
https://wikipedia.classicistranieri.com

Static Wikipedia (March 2008)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com/mar2008/

Static Wikipedia (2007)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com

Static Wikipedia (2006)
https://wikipedia2006.classicistranieri.com

Liber Liber
https://liberliber.classicistranieri.com

ZIM Files for Kiwix
https://zim.classicistranieri.com


Other Websites:

Bach - Goldberg Variations
https://www.goldbergvariations.org

Lazarillo de Tormes
https://www.lazarillodetormes.org

Madame Bovary
https://www.madamebovary.org

Il Fu Mattia Pascal
https://www.mattiapascal.it

The Voice in the Desert
https://www.thevoiceinthedesert.org

Confessione d'un amore fascista
https://www.amorefascista.it

Malinverno
https://www.malinverno.org

Debito formativo
https://www.debitoformativo.it

Adina Spire
https://www.adinaspire.com