Ebooks, Audobooks and Classical Music from Liber Liber
a b c d e f g h i j k l m n o p q r s t u v w x y z





Web - Amazon

We provide Linux to the World


We support WINRAR [What is this] - [Download .exe file(s) for Windows]

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
SITEMAP
Audiobooks by Valerio Di Stefano: Single Download - Complete Download [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Alphabetical Download  [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Download Instructions

Make a donation: IBAN: IT36M0708677020000000008016 - BIC/SWIFT:  ICRAITRRU60 - VALERIO DI STEFANO or
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Vincent van Gogh - Wikipedia

Vincent van Gogh

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Autorretrato de Vincent van Gogh
Agrandado
Autorretrato de Vincent van Gogh
Retrato do Dr. Gachet pintado por Van Gogh en xuño de 1890 en Auvers-sur-Oise, nos meses  previos ao seu suicidio.
Agrandado
Retrato do Dr. Gachet pintado por Van Gogh en xuño de 1890 en Auvers-sur-Oise, nos meses previos ao seu suicidio.

Vincent van Gogh (nado o 30 de marzo de 1853 e morto o 29 de xullo de 1890) foi un pintor neerlandés e figura destacada do Postimpresionismo.

Fillo dun pastor protestante holandés, foi moi temperamental dende a sua infancia. Foi mestre de francés, traballou nunha galería de arte, estudou teoloxía e foi evanxeizador denantes de dedicarse á pintura pouco antes de cumprir os trinta anos de idade.

Viviu a maior parte da sua vida en Francia e en 1886 mudouse a París, para vivir xunto ao seu irmán menor Theo Van Gogh, quen sería o soporte mais forte da súa vida e das suas aspiracións artísticas. Van Gogh, como moitos pintores da época admiraba a arte xaponés-cífrense: Hokusai, Hiroshige, Utamaro..., proba disto son as réplicas que realizou de gravados xaponeses e algunhas pinturas suas que reproducen pinturas dese país á maneira escenográfica.

En 1888 instalouse en Arlés ao sur de Francia, coa intención de crear un taller de artistas. Paul Gauguin desprazouse ata alí e pasaron xuntos unha tempada, na cal as desordes mentais de Vincent impediron que a relación se mantivera. Un día Gauguin saiu a camiñar, en certo momento sentiu pasos tras el, ao virarse descubriu a Van Gogh que se achegaba a el de maneira agresiva. Ao verse descuberto, Van Gogh retirouse e Gauguin proseguiu o seu camiño. Ao regresar Gauguin ao estudo que compartían atopou a Van Gogh sangrante tras terse amputado unha orella, que quixo regalar a Paul. Este máis tarde regalaríalla a unha prostituta.

Os derradeiros anos de Van Gogh estiveron marcados polos seus permanentes problemas mentais, que o levaron a ser recluido en sanatorios mentais. Pero, a estreita relación co seu irmán, quen sostiña a Vincent economicamente, alentabao moralmente. O seu comportamento agresivo e solitario fixo del un paria dos diferentes sitios onde habitaba e fíxolle vivir unha vida de frustracións amorosas ao ser rechazado por cada unha das suas pretendidas.

Finalmente, un día de verán saiu a camiñar polo campo, disparouse cunha arma de fogo no peito e regresou ao seu cuarto para morrer un día despois, deixando inacabado o cadro chamado "Os Corvos". Antonin Artaud, cun extenso poema en prosa, dános a noción da calidade de Van Gogh; bastenos ler alguns fragmentos do mesmo poema: "...Regreso o cadro dos corvos; ¿quen veu como, nese cadro, equivale a terra ó mar?(...)o mar é azul pero non dun azul de auga senon de pintura líquida(...)Van Gogh retornou as cores á natureza, pero, a el, ¿quen llos devolverá?(...) aquel que soubo pintar tantos soles embriagados sobre tantas parvas sublevadas, o Café de Arlès, a recolección das olivas, os aliscampos;...'A ponte', sobor unha auga onde se ten o irrefreable desexo de afundir o dedo nun movemento de regresión violenta á infancia,(...)".

Moitos historiadores comparten a teoría de que a sua tolemia podería deberse a que na súa infancia tivo que convivir xunto á tumba dun irmán que morreu antes do seu nacemiento e o cal se chamaba coma el: Vincent van Gogh.

[editar] Obra

Van Gogh produciu todo o seu traballo (unhas 900 pinturas e 1100 debuxos) durante un período de tan só 10 anos ata que sucumbiu á doenza mental (posibelmente desorde bipolar). A súa fama medrou rapidamente despois da súa morte, grazas á promoción da esposa de Theo que, aínda que non tivo unha boa relación con Vincent, resultou ser a única herdeira de toda a súa obra tras a morte do seu esposo, ocorrida pouco despois da de Vincent. O maior impulso da sua obra veu especialmente despois dunha mostra de 71 das súas pinturas, en París o 17 de marzo de 1901 (11 anos despois da sua morte).

Commons
Commons ten máis imaxes sobre:

A influencia de Van Gogh no expresionismo, fauvismo e os princípios do abstraccionismo foi enorme, e podese notar en moitos outros aspectos da arte do século XX. O Museo Van Gogh en Amsterdam dedicase ao traballo de Van Gogh e aos dos seus contemporáneos. O museo de Kröller-Müller en Otterlo (tamén nos Países Baixos) ten unha colección considerable das pinturas de Vincent van Gogh.

Varias das pinturas de Van Gogh están entre as pinturas mais caras do mundo. O 30 de marzo de 1987 a pintura "Lírios" de Van Gogh foi vendida por un valor récord de $53,9 millóns en Southeby's, Nova Iorque. No 15 de maio de 1990 o seu "Retrato do Dr. Gachet" foi vendido por $82,5 millóns en Christie's, establecendo dese modo un novo precio récord.

Our "Network":

Project Gutenberg
https://gutenberg.classicistranieri.com

Encyclopaedia Britannica 1911
https://encyclopaediabritannica.classicistranieri.com

Librivox Audiobooks
https://librivox.classicistranieri.com

Linux Distributions
https://old.classicistranieri.com

Magnatune (MP3 Music)
https://magnatune.classicistranieri.com

Static Wikipedia (June 2008)
https://wikipedia.classicistranieri.com

Static Wikipedia (March 2008)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com/mar2008/

Static Wikipedia (2007)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com

Static Wikipedia (2006)
https://wikipedia2006.classicistranieri.com

Liber Liber
https://liberliber.classicistranieri.com

ZIM Files for Kiwix
https://zim.classicistranieri.com


Other Websites:

Bach - Goldberg Variations
https://www.goldbergvariations.org

Lazarillo de Tormes
https://www.lazarillodetormes.org

Madame Bovary
https://www.madamebovary.org

Il Fu Mattia Pascal
https://www.mattiapascal.it

The Voice in the Desert
https://www.thevoiceinthedesert.org

Confessione d'un amore fascista
https://www.amorefascista.it

Malinverno
https://www.malinverno.org

Debito formativo
https://www.debitoformativo.it

Adina Spire
https://www.adinaspire.com