Ebooks, Audobooks and Classical Music from Liber Liber
a b c d e f g h i j k l m n o p q r s t u v w x y z





Web - Amazon

We provide Linux to the World


We support WINRAR [What is this] - [Download .exe file(s) for Windows]

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
SITEMAP
Audiobooks by Valerio Di Stefano: Single Download - Complete Download [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Alphabetical Download  [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Download Instructions

Make a donation: IBAN: IT36M0708677020000000008016 - BIC/SWIFT:  ICRAITRRU60 - VALERIO DI STEFANO or
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Sáhara Occidental - Wikipedia

Sáhara Occidental

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

O Sáhara Occidental é un territorio de África, no estremo occcidental do deserto do Sahara. Foi unha antiga colonia española e actualmente está baixo administración de Marrocos, aínda que o seu dereito sobre este territorio non está recoñecido por algúns estados e é rexeitado pola Fronte Polisaria no interior.

Índice

[editar] Historia

Artigo principal: Historia do Sáhara Occidental

A poboación saharaui, antes da chegada dos europeos, organizábase en grupos de familias (fahed) que se agrupaban en cabilas, que constituían a unidade social básica dos saharauis, e que ligaba a un grupo unido por un lazo de parentesco patrilineal, que con frecuencia entraban en conflito entre si e que deu orixe a numerosas guerras tribais ata o século XX. A tribo máis importante era a dos Erguibat. Fóra da división tribal quedaban os maalemin (artesáns), iggaugen (trobadores), abid (escravos ) e haratin (libertos).
Reclamada como colonia por España en 1885, a ocupación efectiva do territorio non se realizou até 1934. Trala Marcha Verde, a metrópole cedeu o territorio en 1976 a Marrocos e Mauritania, mais a Fronte Polisaria proclamou a República Árabe Saharaui Democrática (RASD), iniciando unha guerra que remataría en 1991 á espera dun referendo que Marrocos se negou en repetidas ocasións a convocar.

[editar] Goberno e política

Artigo principal: Goberno e política do Sáhara Occidental

O status legal do territorio e a cuestión da soberanía están por resolver. A administración correspondería a Mauritania e a Marrocos. O primeiro país rexeitou á súa parte por non poder enfrontarse á loita de guerrilla da Fronte Polisaria. Actualmente Marrocos ten un muro con radares, artillería e minas no interior do deserto. A parte oriental, facendo fronteira con Alxeria, está controlada pola Fronte. Unha misión da ONU (MINURSO) controla a situación de alto o fogo e ten o mandato de facer un censo para organizar unhas eleccións libres que decidan o estatus do territorio.

[editar] Organización político-administrativa

Artigo principal: Organización político-administrativa do Sáhara Occidental

Antigamente dividíase en Saguia el Hamra (capital: O Aaiún) e Río de Oro (capital Dajla, antiga Villa Cisneros). Outras poboacións importantes son Smara ou La Güera (ou La Agüera).

Marrocos dividiu o Sahara Occidental en catro provincias: Boujdour (Boxador), Laâyoune (O Aaiún), Es-Smara (Smara) e Qued Eddahab (Río de Oro). Tras a reorganización de 1997, o territorio do Sahara Occidental pertence a tres rexións marroquís (Oued Ed-Dahab - Lagouira, Laâyoune - Boujdour - Sakia El Hamra e Guelmin - Es-Semara). As dúas últimas inclúen tamén territorio de Marrocoas (unha pequena parte de Cabo Juby aquela e unha gran parte do sur de Marrocos estoutra).

[editar] Xeografía

Artigo principal: Xeografía do Sáhara Occidental

O Sahara Occidental atópase localizado en África do Norte, limitando ao norte co océano Atlántico, entre Mauritania (leste e mais sur) e Marrocos (norte). Limita tamén ao noreste con Alxeria.

Atravesado polo trópico de Cáncer, o territorio está ocupado polo deserto do Sahara, sendo unha parte erg (deserto de area) e outra de pedra.

A escasa vexetación só medra nos oasis. Existen algunhas especies de animais adaptadas ao árido hábitat desértico, como o rato brincante do deserto.

[editar] Economía

Artigo principal: Economía do Sáhara Occidental

O Sahara Occidental non posúe precipitacións abondo como para abastecer á maioría das actividades agrícolas, a agricultura só se practica ocasionalmente, tras as chuvias en zonas de terra vexetal. A súa economía céntrase no pastoreo nómade de camelos, cabras e ovellas, a pesca e a minería. Especial releve ten a minería de fosfato, principal produto de exportación. Nos últimos tempos compañías petrolíferas internacionais levan a cabo exploracións na costa en busca de reservas de gas ou petróleo. A maioría dos alimentos para a poboación urbana debe ser importada. Todo o comercio e outras actividades económicas son controladas polo goberno de Marrocos. Os ingresos e estándares de vida atópanse substancialmente por debaixo dos de Marrocos.

[editar] Demografía

Artigo principal: Demografía do Sáhara Occidental

A poboación do Sahara Occidental, os saharauis, son na súa maior parte unha poboación mixta, descendentes dos Beni Hassan, unha tribo beduína árabe do Iemen que arredor do século XV chegan ao Sahara Occidental, e de tribos bérberes, existe tamén una escasa minoría de ascendencia española ou europea, e de raza negra. Unha parte da poboación saharaui orixinaria (arredor de 155.000) atópase refuxiada en campamentos en Alxeria dende 1975. O país está ocupado maioritariamente por marroquís chegados despois de 1975 e polo exército.

O Sahara Occidental é un dos territorios máis escasamente poboados do mundo e posiblemente o de menor densidade de poboación. Cara a xullo de 2004 existía no Sahara Occidental unha poboación estimada de 267.405 persoas.

O idioma oficial é o árabe, o hassaniya é o dialecto que se fala popularmente. O español tamén ten unha certa presenza no territorio, sobre todo entre a poboación que se educou durante a colonia española.

A relixión predominante é o islam.

[editar] Cultura

Artigo principal: Cultura do Sáhara Occidental

[editar] Ligazóns externas


Países membros da Unión Africana
África do Sur | Alxeria | Angola | Benín | Botsuana | Burkina Faso | Burundi | Cabo Verde | Camerún | Chad | Cimbabue | Costa do Marfil | Congo | Exipto | Eritrea | Etiopía | Gabón | Gambia | Gana | Guinea | Guinea-Bissau | Guinea Ecuatorial | Lesoto | Liberia | Libia | Madagascar | Malaui | Malí | Mauricio | Mauritania | Mozambique | Namibia | Níxer | Nixeria | Quenia | República Centroafricana | República Democrática do Congo | Ruanda | Sáhara Occidental | Santo Tomé e Príncipe | Senegal | Serra Leona | Seychelles | Somalia | Suacilandia | Sudán | Tanzania | Togo | Túnez | Uganda | Xibuti | Zambia
Our "Network":

Project Gutenberg
https://gutenberg.classicistranieri.com

Encyclopaedia Britannica 1911
https://encyclopaediabritannica.classicistranieri.com

Librivox Audiobooks
https://librivox.classicistranieri.com

Linux Distributions
https://old.classicistranieri.com

Magnatune (MP3 Music)
https://magnatune.classicistranieri.com

Static Wikipedia (June 2008)
https://wikipedia.classicistranieri.com

Static Wikipedia (March 2008)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com/mar2008/

Static Wikipedia (2007)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com

Static Wikipedia (2006)
https://wikipedia2006.classicistranieri.com

Liber Liber
https://liberliber.classicistranieri.com

ZIM Files for Kiwix
https://zim.classicistranieri.com


Other Websites:

Bach - Goldberg Variations
https://www.goldbergvariations.org

Lazarillo de Tormes
https://www.lazarillodetormes.org

Madame Bovary
https://www.madamebovary.org

Il Fu Mattia Pascal
https://www.mattiapascal.it

The Voice in the Desert
https://www.thevoiceinthedesert.org

Confessione d'un amore fascista
https://www.amorefascista.it

Malinverno
https://www.malinverno.org

Debito formativo
https://www.debitoformativo.it

Adina Spire
https://www.adinaspire.com