Philip K. Dick
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Philip Kindred Dick (16 de decembro de 1928 - 2 de marzo de 1982), máis coñecido como Philip K. Dick, foi un prolífico escritor e novelista estadounidense de ficción científica, que influiu notablemente no xénero. Aclamado en vida por contemporáneos como Robert A. Heinlein ou Stanislaw Lem, Dick obtivo pouco recoñecmento antes da súa morte. Tras ésta, nembargantes, a adaptación ó cine de varias das súas novelas deuno a coñecer ó gran público. A súa obra é agora unha das máis populares da ficción científica.