Ebooks, Audobooks and Classical Music from Liber Liber
a b c d e f g h i j k l m n o p q r s t u v w x y z





Web - Amazon

We provide Linux to the World


We support WINRAR [What is this] - [Download .exe file(s) for Windows]

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
SITEMAP
Audiobooks by Valerio Di Stefano: Single Download - Complete Download [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Alphabetical Download  [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Download Instructions

Make a donation: IBAN: IT36M0708677020000000008016 - BIC/SWIFT:  ICRAITRRU60 - VALERIO DI STEFANO or
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Historia de Andorra - Wikipedia

Historia de Andorra

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

As orixes de Andorra datan dos escasos testemuños arqueolóxicos (a Balma Margineda e o Cedre) demostran que a poboación primitiva segueu o mesmo desenrolo que a rexión pirenaica catalana. A economía nalquél entonces podía ser pastoril e autárquica no neolítico coa influenza das correntes culturais do momento. Pola idade de bronce (o vaso campaniforme e a introducción da tecnica do bronce centroeuropeo) foron os seus principais rasgos. Na idade de ferro iniciaronse explotacións de ferro o fargas, que se mantiveron con poucos cambios ata o século XIX. Os achadegos documentados de Sant Julià e Les Escaldes, dan a coñecer que na época ibérica e a romana, xa había unha poboación individualizada (quizais citada por Polibio na que di que Ambal loitou en Cataluña contra os andosinos, o que se supón sexan os andorrans). Outros vestixios veñen a respalda-la cita, son algunhas moedas ibéricas e romanas que demostran a presenza destos pobos no actual principado.

Xa na idade media aparece invadida polo visigodos de Urgel, que se refuxian nos seus vals para defenderse dos árabes, corría por aquél entonces o ano 778, a partir dese intre, e coa axuda de Carlomagno (da que a tradición di, que o nome de Andorra, o parecer, foille posto polo emperador pola sua semellanza co val situado entre os montes Hermón e Tabor, en Palestina) a defensa faise máis forte contra o inimigo invasor. Mentres Dapifer de Moncada recuperaba o territorio situado entre o val de Arán e o de Andorra. Tras derrota-los sarracenos, Carlomagno fixo doazón destas terras a Igrexa de Urgel, que se viu deste modo respaldada polo Imperio carolinxio. No 819, durante as cerimonias de consagración da silla episcopal as que asistiu Ludovico Pío, asignaronse o bispado unha serie de posesións, entre elas Andorra, coas suas terras e aldeas. Arrimábase o ano 843 na que Andorra, todavía formaba parte da Marca Hispánica, despois da reconquista. Pero nesa data quedou na xurisdicción dos condes de Urgel, éstos detentaron a soberanía so coma vasalos do bispo, segúndo din documentos de distintas épocas e o nome de Andorra aparece por primeira vez na Acta de Consagración da Catedral da Seo de Urgel (ano 839), na que se mencionan as parroquias de Andorra coma parte das posesións do Conde de Urgel.

Mapa de Andorra
Agrandado
Mapa de Andorra

Coas sucesivas doacións dos condes pasou o señorío feudal do bispado de Urgel, no ano 988, a cambio dunhas posesións en Cerdaia foi enfeudada a familia Caboet para que lle dera apoio militar. Guillerme Guitardo de Caboet no ano 1110 prestou axuda, a cambio do territorio de Andorra coma vasalo do bispo; o propio fixo seu irmán Mirone no ano 1150, o fillo deste, Raimundo de Caboet (no ano 1156), e finalmente, Arnaldo de Caboet (case a finais do ano 1159). Mediante un acordo firmado co bispo Bernat Sanc, os andorranos acaban recoñecendo a soberanía da Igrexa de Urgel no ano 1176. No 1185 pasou o vizcondado de Castellbò, tralo casamento de Arnaldeta de Caboet e Arnaldo de Castellbó. Un novo casamento fai pasar as posesións a casa de Foix (neste caso, o herdeiro, Roger Bernat II de Foix, casou no ano 1208 con Ermessendis, filla de Arnaldo de Castellbó) facendose cargo das terras o finar o vizconde de Castellbó no ano 1226. As contínuas intromisións dos Foix no dereitos do bispo de Urgel platexaron diversos conflictos a pesar da estructuración político-administrativa que dos vals andorranos fixo o bispo Poncio de Villamunt no 1231 (que, con escasas variantes mantense ata hoxe), pronto surxiron desacordos entre os bispos e os condes de Foix. Un dos cales, o francés Roger Bernart III, enfrontouse co bispo, Pedro de Urgio, quen tivo que transixir e acepta-las "Pariatges" ou convenio arbitrais de 1278, polo que se sanciona o réxime de cosoberanía. As sentencias arbitrais dictadas na cidade de Urgel o 7 de setembro de 1278 (con calidade de fiador polo Rei Pedro III de Aragón e confirmada no ano 1288 polo Papa Martín V) establecía que os condes de Foix e os seus descendentes poseerían Andorra como feudo da silla de Urgel, a cuio bispo debían rendir vasalaxe e con quen compartirían a recepción dos tributos e a administración das terras, sendolles permitido ademáis o tener nos vals un vigario a modo de representación. No 1290 produxose o casamento entre Roger Bernart III de Foix e Margarida de Montcada (herdeira do Bearne) e ambas casas quedaron unidas no seu fillo e herdeiro Gastón I de Foix e VIII do Bearne.

No 1396, Martín I o Humano, Rei de Aragón apoderouse brevemente de Andorra, que devolveu a Isabel de Foix no 1400. No casamento do fillo de Isabel con Xoana de Navarra (no ano 1479) e máis tarde con Xoana de Albret posibilitou que un dos seus descendentes, Francisco Febo, reunira na sua persoa as casas de Foix e de Navarra. Tralo seu casamento con Germana de Foix no ano 1505 e a anexión dos vals de Andorra, no transcurso dunha loita que mantivo fronte os Albret de Navarra e os condes de Foix (ano 1512), Fernando o Católico entregou estas posesions a sua dona (entrado o ano 1513). Posteriormente, Carlos I de España confirmou estos dereitos da Germana, renunciando taxativamente o principado no 1519. Deste modo, e seguindo unha líña sucesoria, chegase o derradeiro conde de Foix e herdeiro de Navarra, Enrique IV de Francia, quen no ano 1589 incorporou o condado de Foix e as suas posesions a coroa francesa, (en todo o tempo despois, ninguén dos seus 61 sucesores tiveron necesidade de exercer un dominio efectivo sobre o territorio andorrano, (salvo nalgunhas escepcións: coma o edictos promulgados por Luis XIII no anos 1607 e 1620 que certificaban a coroa francesa coma coseberana dos vals) que seguiu baixo autoridade do bispo de Urgel.

Os tributos pagabanse nos anos impares o representante francés e nos anos pares o bispo; Nun principio pagabanse na Semana Santa e na actualidade (unque de forma simbólica) en decembro. A historia de Andorra baixo os condes de Foix e os seus descendentes, responsables directos dos destinos andorranos, os acontecementos protagonizados por esta casa afectaron inmediatamente a Andorra. Tamén se pode decir que a partires do ano 1278, Andorra, tivo a súa fundación coma estado, que coas modificacions feitas por un posterior "Pareatge", que fora redactado no 1288, as normas contidas naquél son todavía vixentes prácticamente ata hoxe. Na metade do ano 1419 creouse o "Consell da Terra", era o primeiro órgano lexislativo do Principado, que daría lugar posteriormente o "Consell General" da actualidade.

Xa no ano 1793, o equilibrio político-administrativo que se mantivo entre o estado francés e o bispado de Urgel viuse interrompido pola revolución francesa; a República, despois de haber eliminado os dereitos feudais, non quixo recauda-los "quistia" ( tributos propios por estima-los dun réxime feudal andorrano), situación foi modificada no 1806 por Napoleón, que exerceu (a petición dos andorranos) unha soberanía directa sobre Andorra restablecendo o equilibrio tradicional. Unha vez rematado o periodo napoleónico, Andorra vé forxarse no seu interior xa no ano 1840, dous partidos, un francófilo, reformista e liberal, que trataba de erixir un Consello soberano de cara o público en xeral (posto que xa esistía de forma non recoñecida), e outro tradicionalista exaltado, apegado na persoa do bispo; dese xeito pasa por diversas vicisitudes na sua organización interna.

Entre os anos 1866 e 1877 tivo intensas reformas; en concreto no 1866 o bispo carlista Caixal y Estradé, pola presión dos liberais, promulgou unha lei que daba dereito de voto (so exercido por unhas cantas familias), a todolos "caps de casa" (os cabezas de familia) dos vales. Dereito de lei que se fixo efectiva coa corroboración polo copríncipe francés no ano 1868. As contínuas diverxencias entre copríncipes e as loitas internas entre os seus respectivos seguidores foron mitigadas pola xestión do bispo de Urgel, o doutor Benlloch y Vivó, que presidiu unha época de transformación: construcción de carreteras, instalación do servicios telefónico e catastro de terréos rústicos, o que permitiu equilibrar a tributación sobre unhas bases xustas. Asi mesmo lle foi concedida o bispo polo governo español unha rebaixa sobre os dereitos de aranceis (corría por aquél entonces o ano 1908).

Do 8 de agosto o 9 de outubro de 1933 tras unha intensa axitación política, por mor dunhos cantos descontentos que furgaron entre as altas xerarquías acarrexando un malestar xeral a unhas eleccións previas, que se viron propostas unhos meses. O 6 de xullo de 1934 houbo a intentona dun aristócrata de orixe rusa, Boris de Skossyreff, coa intención de proclamarse soberano do país (baixo o nome de Boris I de Andorra), por fortuna no chegou a properar, polo que no verán concedese o dereito de voto a todolos andorranos maiores de 25 anos, xa que ata entó so votaban os “caps de casa”. Pouco despois os traballadores da fábrica e obras hidráulicas da gran empresa Fhasa fixeron unha folga revolucionaria, o que deu lugar (no 14 de xullo) a intervención dun numeroso continxente da garda móvil francesa (outros autores din que era sofocada esta revolta pola garda civil española), por primeira vez na historia de Andorra. Co tempo da Guerra Civil Española (de xullo do 1936 extendeuse aquí por mor doutro conflicto ata xuño de 1940), estivo defendida por un destacamento francés coa misión de preveni-los ataque españois de Franco. Cando no xuño de 1940 Francia é invadida polo exército alemán, Andorra, o 25 de setembro de mesmo ano asina un tratado de paz Alemaña; o longo de toda a Segunda Guerra Mundial, tratouse de manter "neutral".

No 1970 concedeuselle o voto as mulleres, e no 1971 estableceuse a maioría de idade os 21 anos. As eleccións do 14 de decembro do 1977 supuxeron a división do "Consell General" entre conservadores e progresistas. O proceso de modernización consolidouse o renunciar o "Consell" o poder executivo que se viña exercendo a través do seu presidente ou "sindic". Entrado o ano 1978 as seis entidades que compoñían o pais foron ampliadas a sete, engadindose as restantes a entidade de Escaldes-Engordany. Dentro do ano 1979 creuse a Agrupacion Democrática Nacional, que se convirte na primeira organización política do país. No 1981 consúmase a creación do Cosello Executivo, que se sumas as reformas de cara a finais do século XX. No 1982 creouse o primeiro Goberno do Principado, separando o poder Lexislativo do poder Executivo, e que estaría presidido dende o 8 de xaneiro por Òscar Ribas Reig. Escomenzaba así o proceso de reforma institucional, que pouco tempo antes promulgaran os copríncipes. O dimitir no abril de 1984, Ribas, é sustituido o 21 de maio do mesmo ano por Josep Pintat, que conxelou as reformas. No 1985 rebaixouse a maioría de idade os 18 anos e no 1988 entrou en vigor a lei que recoñecía a Declaración Universal dos Dereitos do Home, adoitada pola ONU no abril de 1948. No decembro de 1989 celebraronse eleccions que levaron o Consell General dos Vals de Andorra a unha maioría de reformadores moderados, encabezado polo partido de centro-esquerda de Òscar Ribas Reig que sustituiu o governo de centro-dereita de Josep Pintat, ocorría esto o un 12 de xaneiro de 1990.

O ano seguinte Òscar Ribas anunciou unha lei sobre o dereito das persoas e un tratado coa CEE. O 1 de xullo de 1992 Andorra adheriuse a Unión Aduaneira da Comunidade Europea, e estableceu novos dispositivos para elimina-lo contrabando de tabaco. Sustanciais cambios no sistema político, que remataron cos vestixios feudais, foron aprobados no 1993, xunto cos aranceis de mercadorías industriais, e en país terceiro para productos agrarios. Coa chegada de 14 de marzo de 1993, Andorra dotase dunha Constitución (aprobada en referéndum polo 74% dos votantes) cuio obxetivo principal era o desenrolo e evolución das institucions tradicionais. O país foi admitido na ONU o 27 de xullo de 1993. As primeiras eleccions lexislativas, celebradas o 7 de decembro de 1993, (supuxeron a modernización definitiva do país) deron unha maioría relativa o Agrupament Nacional Democratic coa lista do xefe do Goberno, Òscar Ribas Reig quen, o 19 de xaneiro de 1994 sería reelexido xefe do Goberno. Ese mesmo ano, o 10 de novembro, Andorra convertese no membro número 33 do Consello de Europa. E o 25 de novembro do mesmo, Òscar Ribas presentou a sua dimisión, o no prosperar unha moción de confianza, que presentou unha semana antes, pola pérdida do apoio das duas formacions que secundaban o seu Gabinete, Nova Democracia e Iniciativa Democrática. O apoio fora retirado en razón dos desacordos surxidos na elaboración dos orzamentos xerais do Estado e que motivaron a primeira gran crisis guvernamental en Andorra dende a aprobación da sua Constitución; polo que o 7 de decembro (1994) o deputado da Unió Liberal, Marc Forné, foi elexido novo xefe do Goberno, tras gañar na votación no “Consell General de les Valls d’Andorra” por quince votos a favor e trece abstencions. Xurou cargo como xefe de Goberno o 21 de decembro, asumindo o plan de orzamentos do anterior Gabinete. Con dúas votacións de censura nun ano, Forné anunciou novas eleccions a principios de 1997, que tiveron lugar o 16 de febreiro e contaron cunha participación do 81,6%. Nestas o Partit Liberal (antiga Unió Liberal) consegue 18 dos 28 escanos a primeira; mentres que AND alcanzou, a ND e ID, obtiveron 3 cada un. No abril Marc Forné anunciou a formación dun novo Governo.

A principias de 1999 o Goberno aprobou diversas leis e emendou outras que penalizaban o contrabando, especialmente do tabaco. Neste sentido, o 6 de maio a Comisión Europea amosou a sua satisfacción en Bruxelas por tales medidas no curso da celebración do Tercer Comité Mixto Comunidad Europea-Andorra. O 25 de xuño do mesmo ano o Goberno andorrano aprobou a lei de ordenación lingüística, cuio obxetivo é garante-lo uso da lingua oficial, o catalán, en todolos ámbitos da vida pública, os medios de comunicación e as actividades culturais e deportivas. O 17 de setembro os copríncipes de Andorra, o bispo de Seo de Urgel, Joan Martí Alanis e o presidente francés, Jacques Chirac, reciben por primeira vez no Elíseo, o Corpo Diplomático acreditado perante o Principado, ante as máximas autoridades andorranas. Era tamén a primeira vez na historia de Andorra que os dous copríncipes reunianse na capital francesa, segundo destacou o presidente francés.

O xefe do Goberno, Marc Forné, acompañado polo seu ministro de Exteriores, Albert Pintat, firmou o 10 de novembro de 1999 en Helsinki o Acta Final da Organización para a Seguridade e a Cooperación Europea (OSCE). Esta era a primeira visita oficial que facía un xefe do Goberno andorrano a Finlandia, para abordar, aparte da firma do Acta Final da OSCE, o desenrolo das relacions bilaterais entre Finlandia e Andorra, así como as relacions coa Unión Europea (UE), coincidindo co semestre da Presidencia finlandesa. O 4 de marzo de 2001, Forné consiguiu a reelección a fronte do Goberno andorrano. O 1 de xaneiro do 2002 Andorra incorporouse con normalidade o euro. Andorra tivo respresentanción ante diversos paises, e mesmamente no enterro do Papa Xoán Paulo II. Nas eleccións do 27 de maio do 2005 os andorranos decidiron non querelos governos con maioría absoluta polo que o Partit Liberal, con Albert Pintat o seu fronte gañaron os comicios con 14 escanos, cota moi xusta xa que unha maioría absoluta pediría 17.

Traballo en progreso: Este artigo é, polo de agora, só un esbozo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre.
Our "Network":

Project Gutenberg
https://gutenberg.classicistranieri.com

Encyclopaedia Britannica 1911
https://encyclopaediabritannica.classicistranieri.com

Librivox Audiobooks
https://librivox.classicistranieri.com

Linux Distributions
https://old.classicistranieri.com

Magnatune (MP3 Music)
https://magnatune.classicistranieri.com

Static Wikipedia (June 2008)
https://wikipedia.classicistranieri.com

Static Wikipedia (March 2008)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com/mar2008/

Static Wikipedia (2007)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com

Static Wikipedia (2006)
https://wikipedia2006.classicistranieri.com

Liber Liber
https://liberliber.classicistranieri.com

ZIM Files for Kiwix
https://zim.classicistranieri.com


Other Websites:

Bach - Goldberg Variations
https://www.goldbergvariations.org

Lazarillo de Tormes
https://www.lazarillodetormes.org

Madame Bovary
https://www.madamebovary.org

Il Fu Mattia Pascal
https://www.mattiapascal.it

The Voice in the Desert
https://www.thevoiceinthedesert.org

Confessione d'un amore fascista
https://www.amorefascista.it

Malinverno
https://www.malinverno.org

Debito formativo
https://www.debitoformativo.it

Adina Spire
https://www.adinaspire.com