Na Galipedia, a wikipedia en galego.
1175 < 1176 < 1177
[editar] Acontecementos
[editar] Europa occidental
- Henrique XII de Baviera rexeita axudar a Frederico Barbarrosa nunha expedición a Italia.
- Derrota de Frederico Barbarrosa diante da Liga lombarda na batalla de Legagno. Confírmanse os privilexios de Milán.
[editar] Europa oriental
- Vitoria de Vladimir e de Péréïaslav sobre Rostov e Souzdal. O principado de Vladimir afirma a súa preponderancia sobre Kiev.
- O príncipe de Riazán saquea Moscovo.
[editar] Oriente Próximo
- 22 de maio: durante o Sitio de Alepo, uns membros da secta dos asasinos tenta asasinar a Saladino, que se salva grazas á súa cota de malla, mentres que os asaltantes son masacrados.
- En agosto, para vengarse, Saladino sitia Massiaf, fortaleza dos Asasinos en Siria central. Ameazado de asasinato polo "vello da montaña", Saladino levanta rapidamente o sitio. Posteriormente procurará conciliarse cos Asasinos para evitar un novo frente, a parte dos francos.
[editar] Nacementos
- Leopoldo VI de Austria
- André II de Hungría, rei de Hungría (-1235)
- Filipe de Suabia, emperador alemán, fillo de Frederico Barbarrosa (-1208)
- Chrétien de Troyes escribe a novela Cligès.
- Iníciase a construción do Old London Bridge (vella Ponte de Londres).
- Saladino funda escolas superiores de administración, as medersas para formar funcionarios e erradicar o xiísmo do Exipto.
Historia ano a ano