Ebooks, Audobooks and Classical Music from Liber Liber
a b c d e f g h i j k l m n o p q r s t u v w x y z





Web - Amazon

We provide Linux to the World


We support WINRAR [What is this] - [Download .exe file(s) for Windows]

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
SITEMAP
Audiobooks by Valerio Di Stefano: Single Download - Complete Download [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Alphabetical Download  [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Download Instructions

Make a donation: IBAN: IT36M0708677020000000008016 - BIC/SWIFT:  ICRAITRRU60 - VALERIO DI STEFANO or
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Hesbulá - Wikipedia

Hesbulá

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Hesbulá, Hizbulá, Hezbollah, Ḥizb Allāh, (en árabe ‮حزب الله‬, que significa "Partido de Deus"), é un grupo islamista libanés que ten un brazo civil e un brazo militar. Fundouse en 1982 como resistencia á invasión israelí do sur do Líbano.

Hesbulá é considerado por gran parte do mundo árabe e musulmán como un lexítimo movemento de resistencia. No Líbano é un partido político legal que incluso chegou a formar parte do goberno. Porén, a causa dos seus ataques militares a Israel e das súas relacións políticas e ideolóxicas con outras organizacións, coma Hamás ou o Xihad Islámico, os Estados Unidos considérano unha organización terrorista. A Unión Europea, porén, ten por terrorista unicamente a súa parte militar.

Hesbulá é, a canda Amal, a principal expresión política da comunidade xií libanesa, o grupo máis importante dun país cunha extraordinaria diversidade relixiosa.

Fundada grazas ao apoio de Irán, Hesbulá segue a ideoloxía islamista que preconizaba o aiatolá Ghomeini, líder da Revolución Islámica iraní. O obxectivo de Hesbulá é a implantación dun estado islámico no Líbano, se ben admiten que só se podería implantar co consenso da poboación libanesa. Ademais do seu brazo armado, o movemento conta cunha infraestrutura civil que, de xeito semellante ao palestino Hamás, prové a poboación de servizos sociais, sanitarios e educativos. A súa campaña de reconstrución Xihad al-Bina realizou diversos proxectos de desenvolvemento económico e de infraestruturas nas áreas do Líbano con maioría de poboación xií. Na actualidade Hesbulá ten oito deputados no parlamento libanés, e forma parte do goberno de coalición.

Existen importantes vencellos entre Hesbulá e o goberno de Siria. Por conseguinte, Hesbulá oponse á evacuación das tropas de ocupación sirias despregadas no Líbano, e que están en proceso de retirada como consecuencia da denominada Revolución do cedro. Non recoñece a existencia do estado de Israel, e a súa retórica expresa o desexo de destruílo. En 2000, Hesbulá debeu de disolverse logo da retirada de Israel do sur do Líbano, pero seguiu operando e atacando con mísiles o territorio israelí.

O máximo líder de Hesbulá é Hassan Nasralá.

En xullo de 2006 dous soldados das forzas armadas israelís despregadas nos Altos do Golán, zona fronteiriza entre Israel, Xordania, Líbano e Siria foron secuestrados. A acción foi reivindicada por Hesbulá, o que levou á maior intensidade de violencia na zona dende a operación Paz de Galilea, en 1982. As tropas israelís bombardearon Beirut e diversas infraestruturas do Líbano, bloquearon as dúas vías de transporte por terra, mar e aire, e provocou numerosos mortos. Un ataque de Hesbulá con mísiles catiuxa sobre a cidade de Haifa provocou a morte de oito civís israelís.

Our "Network":

Project Gutenberg
https://gutenberg.classicistranieri.com

Encyclopaedia Britannica 1911
https://encyclopaediabritannica.classicistranieri.com

Librivox Audiobooks
https://librivox.classicistranieri.com

Linux Distributions
https://old.classicistranieri.com

Magnatune (MP3 Music)
https://magnatune.classicistranieri.com

Static Wikipedia (June 2008)
https://wikipedia.classicistranieri.com

Static Wikipedia (March 2008)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com/mar2008/

Static Wikipedia (2007)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com

Static Wikipedia (2006)
https://wikipedia2006.classicistranieri.com

Liber Liber
https://liberliber.classicistranieri.com

ZIM Files for Kiwix
https://zim.classicistranieri.com


Other Websites:

Bach - Goldberg Variations
https://www.goldbergvariations.org

Lazarillo de Tormes
https://www.lazarillodetormes.org

Madame Bovary
https://www.madamebovary.org

Il Fu Mattia Pascal
https://www.mattiapascal.it

The Voice in the Desert
https://www.thevoiceinthedesert.org

Confessione d'un amore fascista
https://www.amorefascista.it

Malinverno
https://www.malinverno.org

Debito formativo
https://www.debitoformativo.it

Adina Spire
https://www.adinaspire.com