Hamás
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Hamás (en árabe حماس, fervor, e acrónimo de Harakat al-Muqáwama al-Islamiya, حركة المقاومة الإسلامية Movimiento de Resistencia Islámica) é unha organización político-relixiosa palestina que pretende a destrución de Israel e a creación dun estado islámico en Palestina.
Hamas fundouna Ahmed Yassin o 14 de decembro de 1987 na faixa de Gaza, coincidindo co levantamento popular, ou intifada, contra a ocupación israelí. Ten relacións estreitas cos Irmáns Musulmáns exipcios. En xaneiro de 2006 accede ao goberno de Palestina logo de vencer con claridade nas eleccións lexislativas.