Ebooks, Audobooks and Classical Music from Liber Liber
a b c d e f g h i j k l m n o p q r s t u v w x y z





Web - Amazon

We provide Linux to the World


We support WINRAR [What is this] - [Download .exe file(s) for Windows]

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
SITEMAP
Audiobooks by Valerio Di Stefano: Single Download - Complete Download [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Alphabetical Download  [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Download Instructions

Make a donation: IBAN: IT36M0708677020000000008016 - BIC/SWIFT:  ICRAITRRU60 - VALERIO DI STEFANO or
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Heavy Metal - Wikipedia

Heavy Metal

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Acostúmase a entender por heavy metal un tipo de música rock caracterizado por ritmos agresivos logrados mediante a utilización de guitarras moi amplificadas e/ou distorsionadas, baterías con dobre pedal e, normalmente, un tema escuro.

O heavy metal é un estilo musical derivado do Rock & Roll dos anos cincuenta, e coma estes, dalle á liña de guitarra (eléctrica) un papel principal. Algúns músicos dos anos sesenta comezaron a experimentar incluíndo técnicas de composición contemporáneas, rifts e técnicas propias da música clásica e barroca e cunha certa velocidade de execución. Consecuentemente, fóronse simplificando as bases rítmicas, para que permitisen encadrar nos compases 4x4 do Rock arpexios e secuencias máis propias da música clásica. Ó tempo básico era o correspondente a un rock ou blues bastante rápido (presto ou prestissimo na linguaxe musical), a partires de 140 pulsacións por minuto.

Logo de grupos como Deep Purple ou Black Sabbath (ó que moitos califican de primeiro grupo de metal), e os guitarristas coma primeiro Hendrix (anque este non fose heavy) e logo Eddie Van Halen ou Yngwie Malmsteen, o metal sufreu unha forte evolución. Segundo as características que primase cada grupo, seguiría unha ou outra variante.

Así, por exemplo, o Metal Barroco, igual que no barroco clásico, ten coma característica fundamental o excesivo detalle, os adornos e a complexidade; o Metal Neo-Clásico, no cal predominan os arranxos sinxelos mais completos.

Índice

[editar] Algo máis que música

Como estilo, o metal encádrase no movemento post-realista. Os anos da postguerra remataron, o vivir a vida está de moda co rock, mais algúns grupos minoritarios non atopan suficiente nesa moda. Igual que noutras épocas (o Gótico Clásico e o Romanticismo) o fundamental foi mirar atrás, ó pasado, na busca dun mundo máis completo, máis interesante; os heavies, coma moitos outros, voltaron a vista atrás, na busca das súas raíces.

Este interés polas raíces culturais, ademais de favorecer o desenrolo dun estilo musical que encadra dentro de si mesmo case que calqueira outro estilo (rock, blues, folk, barroco clásico, romántico, etc.), tivo a inevitable consecuencia de revivir a mitoloxía europea (un tanto apagada pola influencia aplastante da nova cultura americana) asumíndoa como sinal de identitade.

De feito, non en van a obra de J.R.R. Tolkien O Señor dos aneis foi publicada en 1956, marcando un novo revivir da mitoloxía. É lóxico entón que influíra moitísimo dunha ou de outra maneira na orda heavy. Nos mundos épicos como os de Tolkien e outros, é onde millor se poden despregar todo ese conxunto de virtudes como a honra, o deber, a ansia da paz (e a gloria nas loitas xustas) das que tanto carece o mundo de mediados e finais do século XX.

Máis en xeral as influencias literarias no metal poden abranguer dende Lovecraft ata o mentado Tolkien, pasando por Cervantes ou Shakespeare. Algúns heavies seguen máis as historias épicas coma O Señor dos Aneis e outros preferen as historias de bruxas, de demos ou trasgos, ou ben historias vencelladas á Cabalística, ou ás Cruzadas...

Dende o ponto de vista social, o heavy metal presenta algúns rasgos propios, como a ansia de liberdade individual non incongruente cun certo sentido do deber cívico ou medioambiental; Outros rasgos dos heavies son comúns con calqueira colectivo minoritario que persista máis duns cantos anos, coma o forte sentimento de pertenza ou identificación co grupo. Así, dous dos temas predilectos dos grupos heavies son a Unidade e a Resistencia: algo así como estar Unidos como medio para poder seguir estando Unidos... para poder seguir sendo un mesmo.

Heavy metal
Orixes do estilo: Rock psicodélico e o blues británico
Orixes culturais: Finais dos sesenta no Reino Unido
Instrumentos comúns: Guitarra - Baixo - Batería
Popularidade: Baixa nos Estados Unidos de América, excepto o hair metal; o New Wave Of British Heavy Metal ten pouca influencia nos EUA, pero é moi seguido no resto do mundo (especialmente en Europa, Xapón, India e Sudamérica).
Subxéneros
Subxéneros Tradicionais: New Wave Of British Heavy Metal - Hair - Thrash - Black - Death - Speed - Power
Clasificación Extendida: Alternative - Circus - Doom - Epic - Gothic - Metalcore - Neo-Classical - Stoner - Sludge
Fusións: Grindcore - Industrial metal - Nu metal (Asunto moi discutido) - Progressive Metal
Asuntos relacionados:
Grupos - Outros artículos

[editar] Subxéneros

Non existe no Heavy Metal unha clasificación canónica dos diversos subxéneros. En todo caso, establécense diferenzas pola temática, pola técnica, etc. que poden xerar confusión para calquera non iniciado que pretenda internarse no mesmo. Hai que dicir que esta desorde é habitual noutros xéneros, onde diversificacións estilísticas deben convivir con etiquetas comerciais que non proporcionan información ningunha.

Os subxéneros tradicionais, que son os que contan cun maior grao de aceptación, son:

  • Trash Metal: subxénero que se caracteriza polo uso masivo da síncopa, que se remonta á fin da década dos 70. Pode, en certa medida, considerarse que é ó metal o mesmo que o punk ó rock. Metallica é considerado un dos máximos e primeiros expoñentes dentro deste estilo, en particular cos seus temas críticos coa guerra do Vietnam.
  • Black Metal: subxénero caracterizado polo emprego masivo de tonalidades menores e sostidas, con patróns repetitivos que buscan provocar unha atmosfera intensa, opresiva. A súa temática versa sobre lendas e mitos sanguentos, sobre satanismo, bruxería e cábala, etc.
  • Death Metal: subxénero denominado así en referencia ó grupo Death, que foi o primeiro impulsor do mesmo. Semellante ó Black Metal, os seus ritmos son máis frenéticos e as liñas vocais tenden a ser moi guturais, cun conxunto melódico áspero, forte e bastante rápido.
  • New Wave Of British Heavy Metal: metal de orixe británica, en particular con expoñentes como Judas Priest ou Iron Maiden. Tamén ten orixe na década dos 70 e pode considerarse o contraste europeo co Trash Metal americano. A partires de mediada a década dos 80 pode falarse en rigor de Metal Europeo, por ampliarse a grupos de Alemaña, en primeiro lugar (co éxito de Helloween, auspiciado polos propios Iron Maiden), Escandinavia e ó resto de Europa, na década dos 90. Este é o subxénero que sufreu unha maior diversificación: Epic Metal (Metal Épico), Power Metal, Neo-classical Metal (Metal Neoclásico), Speed Metal (Metal Rápido) e moitos outros. A súa temática é moi ampla, anque acostuma a incluír referencia literarias e mitolóxicas europeas. Técnicamente, é moito máis melódico que os demais subxéneros, traballando tonos entre medios a moi agudos.
  • Glam: Estilo moi popular nos anos oitenta, principalmente en Estados Unidos de América, e tamén denominado AOR (Adult Orient Rock: rock para adultos). Moito máis relaxado e melódico que calqueira dos anteriores, as temáticas típicas son cancións de amor ou ligoteo, con textos frecuentemente moi explícitos. O máis característico, e que dá nome ó estilo, é a importancia da estética (peinados coidadísimos en longas melenas, maquillaxes e tatuaxes): glam: *glamur.

[editar] Historia

[editar] Antecedentes

O blues americano foi moi popular e influínte entre os primeiros rockeiros británicos; bandas coma os The Rolling Stones e os The Yardbirds adaptaron moitas cancións clásicas do blues, ás veces acelerando o tempo e usando guitarras eléctricas onde as orixinais usaban acústicas. Adaptacións semellantes constituíron o primeirísimo rock, particularmente con Elvis Presley.

Os músicos comezaron a explotar as oportunidades da amplificación da guitarra eléctrica, para producir un son máis sonoro, máis discordante. Onde o típico estilo de batería do blues e do rock tendía a constituír un simple ritmo de suffle, algúns baterías comezaron a usar unha técnica máis muscular, complexa e amplificada para lograr ser escoitados entre as guitarras cada vez máis ruidosas. De xeito semellante, os vocalistas modificaron a súa técnica, incrementando a súa amplitude e presenza, a miúdo chegando a ser máis estilizada e dramática no proceso. Os avances simultáneos na tecnoloxía de amplificación e de grabación fixeron posible capturar esa forza nas grabacións.

Os primeiros músicos tradicionalmente identificados como heavy metal chegaron dende a zona de Birminghma no Reino Unido a finais dos anos 60s, con bandas coma Led Zeppelin e Black Sabbath, facendo un aproveitamento dos estándares da música blues para crear nova música, baseándose en escalas e arranxos de blues. Ademais, estas bandas estaban moi influenzadas polos músicos do rock psicodélico americano (nos que se inclúe especialmente Jimi Hendrix), pioneiros en amplificar e procesar a guitarra de blues e rock, actuando coma ponte entre a música negra americana e os rockeiros blancos europeos.

Outras influenzas clave inclúen a Vanilla Fudge, así coma The Who e The Kinks (quenes encamiñaron o metal introducindo os power chords e unha percusión máis agresiva), a Cream (como exemplo do que se denominou power trío) e a The Beatles (que cada vez usaban máis distorsión e arranxos heavies como no temperán Sgt. Pepper's Lonely Hearts Club Band (1967).

Así, moitos sitúan a obra Summertime Blues do álbum Blue Cheer (1968) de Eddie Cochran como a primeira canción heavy metal. Os seguidores dos Beatles citan no seu lugar Helter Skelter, do álbum White (1968), co cal fixan un novo estándar para a distorsión e a agresividade do son nun álbum de pop. Outras posibilidades apuntan ó álbum Truth (1968), de Jeff Beck, xusto antes de que Led Zeppelin lanzara o seu primeiro álbum; ou o single "Think About It" (1968) de The Yardbirds.

Tamén debe mencionarse aquí o tema 21st Century Schizoid Man do álbum de debut In the Court of the Crimson King (1969) do grupo de rock progresivo King Crimson. Nel aparecen moitas das características de temática, compositivas e musicais do heavy metal: tono de guitarra fortemente distorsionado, solos discordantes, letras enfocadas ó problema do devir da humanidade no século XXI e incluso o filtrado de vocais a traverso dun equipo de distorsión.

Os primeiros grupos de heavy metal (Led Zeppelin, Deep Purple, Uriah Heep, UFO e Black Sabbath, entre outros) son denominados a miúdo como grupos de Hard Rock pola moderna comunidade de heavy metal. Durante os anos 70, en xeral, as etiquetas hard rock e heavy metal son con frecuencia intercambiables. A maiores, moitas bandas que poderían non ser consideradas como grupos de heavy metal per se contribuíron con traballos ou incluso cancións individuais ó xénero. Por exemplo, Jethro Tull non é un grupo de heavy metal nun senso real, máis poucos dubidan que a súa canción Aqualung sexa a quintaesencia da canción heavy metal.

[editar] Os inicios

Entre 1970 e 1980 prodúcese o asentamento do heavy metal coma un estilo musical propio. Dunha beira, o Glam americano acada audiencias comparables ó estilo pop; doutra, os arranxos clásicos popularízanse dentro da técnica musical (como en Eddie Van Halen e Randy Rhoads); e os álbumes Sad Wings Of Destiny (1976), Sin After Sin (1977) e Stained Class (1978) de Judas Priest pon os alicerces do que moitos consideran o máis puro heavy metal, encamiñando de paso o que nos 80 será o NWOBHM (New Wave Of British Heavy Metal).

Con Judas Priest as bandas de heavy metal rápidametne comezan a ir máis aló do exclusivo uso da escala de blues pentatónica, para incorporar modos diatónicos nos seus solos. Esta práctica exténdese a tódolos subxéneros do metal, engadíndose contribucións de música clásica ou de jazz (por medio do rock progresivo).

A explosión da virtuosidade guitarrística (na que foi pioneiro Jimi Hendrix nunha xeración musical anterior) pode atoparse en Eddie Van Halen, sendo considerado primordial por moitos o solo de Eruption (do álbum Van Halen (1978). Ritchie Blackmore, Randy Rhoads e Yngwie Malmsteen foron os que solidificaron esta explosión de virtuosidade na guitarra. Iconos clásicos coma Liona Boyd tamén chegaron a ser asociados coas estrelas de heavy metal. Nalgúns casos, guitarras clásicas e guitarras con cordas de nylon usábanse en concertos de heavy metal. A diversidade de guitarras hermandadas nun tema onde guitarras conservadoras e agresivas podían soar xuntas chegou a ser unha sorte de marca rexistrada.

[editar] A diversificación de estilos

[editar] O Metal actual

[editar] A orixe do termo "Heavy metal"

A orixe exacta do termo "Heavy Metal" referido a un xénero de música é incerta. Durante séculos foi usado en química e en metalurxia (en inglés), e así figura no Oxford English Dictionary.

Unha das primeiras aparicións do termo na cultura popular débese a Burroughs, William S, na súa novela The Soft Machine (1962). Ahí aparece a caracterización "Uranian Willy, the Heavy Metal Kid". Posteriormente, na seguinte novela Nova Express (1964), aparece o desenrolo do termo como metáfora das drogas adictivas:

With their diseases and orgasm drugs and their sexless parasite life forms - Heavy Metal People of Uranus wrapped in cool blue mist of vaporized bank notes - And the Insect People of Minraud with metal music"

Burroughs, William S, (1964). Nova Express. New York: Grove Press. p. 112

Dadas as datas de publicación das novelas, é descartable a intención de Burroughs de relacionar o termo coa música rock, máis os seus escritos influíron posteriormente no uso do mesmo.

A primeira vez que aparece o termo nunha letra, aparece na expresión Heavy metal thunder, na canción Born to be Wild de Steppenwolf en 1968 (Walser 1993, p. 8):

"I like smoke and lightning
Heavy metal thunder
Racin' with the wind
And the feelin' that I'm under"

Non obstante, o termo heavy entrara xa na contracultura co significado de profundo ou serio. En 1968 publicouse o primeiro disco de Iron Butterfly co título de heavy. Na portada do mesmo explicábase o nome da banda:

  • Iron: símbolo de algo heavy como son.
  • Butterfly: luz, versatilidade, un obxecto que pode ser usado para excitar a imaxinación.

Doutra beira, a finais dos anos 60 Birmingham (Inglaterra) continuaba sendo un centro industrial. Dalí son Led Zeppelin, The Move ou Black Sabbath, polo que é posible que exista unha relación entre a expresión metalúrxica e a etiqueta que se acaba impondo como estilo musical destes grupos.

Traballo en progreso: Este artigo é, polo de agora, só un esbozo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre.
Our "Network":

Project Gutenberg
https://gutenberg.classicistranieri.com

Encyclopaedia Britannica 1911
https://encyclopaediabritannica.classicistranieri.com

Librivox Audiobooks
https://librivox.classicistranieri.com

Linux Distributions
https://old.classicistranieri.com

Magnatune (MP3 Music)
https://magnatune.classicistranieri.com

Static Wikipedia (June 2008)
https://wikipedia.classicistranieri.com

Static Wikipedia (March 2008)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com/mar2008/

Static Wikipedia (2007)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com

Static Wikipedia (2006)
https://wikipedia2006.classicistranieri.com

Liber Liber
https://liberliber.classicistranieri.com

ZIM Files for Kiwix
https://zim.classicistranieri.com


Other Websites:

Bach - Goldberg Variations
https://www.goldbergvariations.org

Lazarillo de Tormes
https://www.lazarillodetormes.org

Madame Bovary
https://www.madamebovary.org

Il Fu Mattia Pascal
https://www.mattiapascal.it

The Voice in the Desert
https://www.thevoiceinthedesert.org

Confessione d'un amore fascista
https://www.amorefascista.it

Malinverno
https://www.malinverno.org

Debito formativo
https://www.debitoformativo.it

Adina Spire
https://www.adinaspire.com