Ebooks, Audobooks and Classical Music from Liber Liber
a b c d e f g h i j k l m n o p q r s t u v w x y z





Web - Amazon

We provide Linux to the World


We support WINRAR [What is this] - [Download .exe file(s) for Windows]

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
SITEMAP
Audiobooks by Valerio Di Stefano: Single Download - Complete Download [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Alphabetical Download  [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Download Instructions

Make a donation: IBAN: IT36M0708677020000000008016 - BIC/SWIFT:  ICRAITRRU60 - VALERIO DI STEFANO or
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Jimi Hendrix - Wikipedia

Jimi Hendrix

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Atención: Este artigo precisa un traballo de revisión.
Por favor vexa a lista de Artigos con problemas e mellóreo de acordo coas indicacións que aparecen nesa páxina. Cando os problemas se resolvan retire esta mensaxe e borre a páxina da lista de artigos con problemas, pero por favor non quite esta mensaxe ata que estea todo solucionado.

James Marshall "Jimi" Hendrix (James Marshall Hendricks era o seu verdadeiro nome) (27 de novembro, 194218 de setembro de 1970) foi un músico norteamericano, considerado por moitos críticos como o mellor guitarrista eléctrico do rock. Conseguiu fama internacional en 1967 logo de participar no Festival Pop de Monterey e participou no Festival de Woodstock de 1969.

Autodidacta, dende pequeno escoitou Blues e R&B da colección de discos do seu pai, quen lle mercou a súa primeira guitarra cando tiña 10 anos. Ó ano seguinte o seu pai foi a unha tenda de música de Seattle e mercou unha guitarra eléctrica para Jimi e un saxofón para él, saxofón que tería que devolver para poder rematar de pagar a guitarra. Inspirouse na innovación de xente como B. B. King, Albert King e T-Bone Walker e converteu a guitarra eléctrica nun instrumento distinto a unha guitarra normal amplificada, que era como se viña utilizando ata o de entón. Sendo aínda adolescente, xa adquirira unha considerable reputación coma guitarrista tocando con xente coma Ike e Tina Turner, Little Richard ou o mesmiño B.B. King.

En 1965 Jimi formou a súa propia banda, chamada Jimmy James and the Blue Flames. Chas Chandler, baixista dos Animals, oiulle tocar e ofreceulle inmediatamente trasladarse a Londres. Jimi volveu a adoptar o seu verdadeiro nome modificando a ortografía. Chas Chandler conseguiulle coma baixista a Noel Redding, quen en realidade era un guitarrista que necesitaba o emprego, e a un batería chamado Mitch Mitchell. Xuntos formaron The Jimi Hendrix Experience. Os Experience sacaron o seu primeiro single con Polydor, "Hey Joe" (canción de Tim Robins) chegou ó nº4 das listas. Durante 1967 conseguiu outros tres singles de éxito considerados hoxe coma clásicos: "Purple Haze", "The Wind Cries Mary" e "The Burning of the Midnight Lamp".

A finais de 1967 regresou a EE.UU. para tocar no festival de Monterrey. Ó finalizar a súa actuación prendeulle lume á guitarra, cousa que non fixo moita gracia a un dos seus managers. Bill Graham fixose cargo entón da banda contratándoa para telonear durante varias noites ós Jefferson Airplane. Despois da impresionante actuación de Jimi na primeira noite, os Airplane retiraronse do cartel.

En 1969 Jimi, canso dos Experience, separouse e sacou un disco en directo con Bill Cox ó baixo e Buddy Miles á batería que non tivo moito éxito. De mala gana volve a reunir ós Experience, pero comeza a eludir as actuacións en directo. Instala en Nova Iork os seus propios estudios ("Electric Lady Studios") e dedicase a grabar.

O 18 de setembro de 1970 morre coma consecuencia dunha inxestión masiva de barbitúricos, afogado no seu propio vómito. Truncabase deste modo a carreira do máis grande guitarrista de tódolos tempos.

En realidade só os catro primeiros forón sacados en vida, os demais son obras póstumas.

Ademais dos álbumes oficiais hai unha chea de discos con recopilacións, actuacións en directo, festivais...Incrible e afortunadamente hai moitísimos discos en directo non oficiais cun son que xa o quixeran moitos grupos para os seus directos oficiais.


EQUIPO


A maior parte da súa carreira Jimi tocou con Fender Stratocaster normais (preferentemente brancas) postas ó revés e coas cordas en orden inverso, xa que era zurdo. Usou tamén unha Fender Jaguar, Gibson Les Paul, Gibson SG e a Gibson Flying V para zurdos (él chamabaa o meu anxo voador).

Coma amplificadores usaba seis bafles Marshall de 4 x 12, un monitor de 4 x 12 e nada menos que catro cabezas para poder manter o equipo funcionando nos concertos, xa que o puña ó máximo controlando o volumen có potenciómetro da guitarra, así saturaba o amplificador. Un dos legados de Jimi foi o uso do Wah-Wah entre os guitarristas, usaba modelos Vox ou Crybaby, ademáis dun Fuzz-Box para saturar o amplificador. Coma complementos utilizaba un divisor de octavas, un phaser e un delay analóxico. Jimi, coma moitos grandes guitarristas (Eric Clapton, Jeff Beck....), facia el mesmo modificacións á electrónica das súas guitarras, experimentando con calquer cousa posible e conseguindo deste modo sons inverosímiles.


[editar] Discos

·Are You Experienced ·Axis Bold As Love ·Electric Ladyland ·Band Of Gypsies ·Experience Hendrix ·First Rays Of The New Rising Sun ·South Saturn Delta ·BBC Sessions

Our "Network":

Project Gutenberg
https://gutenberg.classicistranieri.com

Encyclopaedia Britannica 1911
https://encyclopaediabritannica.classicistranieri.com

Librivox Audiobooks
https://librivox.classicistranieri.com

Linux Distributions
https://old.classicistranieri.com

Magnatune (MP3 Music)
https://magnatune.classicistranieri.com

Static Wikipedia (June 2008)
https://wikipedia.classicistranieri.com

Static Wikipedia (March 2008)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com/mar2008/

Static Wikipedia (2007)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com

Static Wikipedia (2006)
https://wikipedia2006.classicistranieri.com

Liber Liber
https://liberliber.classicistranieri.com

ZIM Files for Kiwix
https://zim.classicistranieri.com


Other Websites:

Bach - Goldberg Variations
https://www.goldbergvariations.org

Lazarillo de Tormes
https://www.lazarillodetormes.org

Madame Bovary
https://www.madamebovary.org

Il Fu Mattia Pascal
https://www.mattiapascal.it

The Voice in the Desert
https://www.thevoiceinthedesert.org

Confessione d'un amore fascista
https://www.amorefascista.it

Malinverno
https://www.malinverno.org

Debito formativo
https://www.debitoformativo.it

Adina Spire
https://www.adinaspire.com