Ebooks, Audobooks and Classical Music from Liber Liber
a b c d e f g h i j k l m n o p q r s t u v w x y z





Web - Amazon

We provide Linux to the World


We support WINRAR [What is this] - [Download .exe file(s) for Windows]

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
SITEMAP
Audiobooks by Valerio Di Stefano: Single Download - Complete Download [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Alphabetical Download  [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Download Instructions

Make a donation: IBAN: IT36M0708677020000000008016 - BIC/SWIFT:  ICRAITRRU60 - VALERIO DI STEFANO or
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
George Best - Wikipedia

George Best

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

George Best
Nome completo: George Best
Alcume: The Belfast Boy (O rapaz de Belfast), The Fifth Beatle]] (O quinto beatle)
Data de nacemento: 22 de maio de 1946
Lugar de nacemento: Belfast, Northern Ireland
Data de falecemento: 25 November, 2005
Lugar de falecemento: ,
Nacionalidade: Norirlandés
Clube actual:
Posición: Estremo, Dianteiro
Altura: metros
Partidos internacionais: 37
Goles: 9 (selección)
Ano do debut: 1963
Clube do debut: Manchester United
Ano do retiro: 1983
Clube do retiro: Brisbane Lions


George Best (22 maio de 194625 de novembro de 2005) é coñecido por ser un dos mellores xogadores de fútbol de tódolos tempos, destacando especialmente na súa etapa no Manchester United F.C.. Foi tamén internacional coa selección de Irlanda do Norte, mais debido ao feble equipo co que contaban nunca puido ser visto nunha grande competición de seleccións. Best posuía unha estraña combinación de talento, arranque en velocidade, forza, ambidestrismo e habilidade goleadora, aínda que o que máis destacaba era a súa destreza regateando rivais.

Xogou de estremo co United entre os anos 1963 e 1974 gañando con eles a liga en 1965 e 1967 e a Copa de Europa en 1968. Ese mesmo ano gaña o Balón de Ouro.

Pelé falou del coma "o mellor xogador do mundo", e Maradona tamén se pronunciou de xeito semellante.


Índice

[editar] Biografia

[editar] Carreira futbolística

Aos 15 anos de idade, Best foi descuberto en Belfast polo ollador do Manchester United Bob Bishop, o cal lle enviou un telegrama ao manager do equipo, Sir Matt Busby, coa mensaxe seguinte: "Atopei un xenio". O seu clube local Glentoran rexeitárao por ser "demasiado baixo e lixeiro". A Best ofrecéronlle unha proba e asinou o contrato co United en 1961. Debuta co primeiro equipo en 1963 nun encontro contra o West Bromwich Albion no estadio de Old Trafford. A fama mundial chegaríalle pouco despois, cando nun encontro de Copa de Europa de 1966 lle fixo tres goles ó Benfica. Dous anos despois volveu anotar contra o mesmo clube na final da Copa de Europa de 1968, cando o United gaña o seu primeiro título europeo.

Xogou un total de 466 encontros para o United, anotando un total de 178 goles. Foi o máximo goleador do equipo seis tempadas consecutivas, e o máximo da liga na 1967-68 con con 28 goles. En 1974 é expulsado do United, con 27 anos, debido aos seus excesos co alcol e ás ausencias reiteradas ós adestramentos.

Os anos seguintes foron un continuo deambular por escadras en Estados Unidos, Escocia e Australia. Finalmente retírase en 1983, ós 37 anos, nun equipo da terceira división inglesa, o A.F.C. Bournemouth.

Foi internacional coa selección de Irlanda do Norte 37 veces, nos que anotou 9 goles. Xogou maiormente de estremo, e foi coñecido polas súas habilidades de regate e pase. Nembargantes, nunca acudiu a unha grande competición de seleccións pola febleza da selección do seu país.

En 1988 celebrouse un encontro en homenaxe a Best no estadio de Windsor Park, en Belfast.

En nonvembro do 2004 entra a formar parte do Portsmouth F.C. coma adestrador de xuvenís, indicando que desexaba voltar a formar parte activa no mundo do fútbol. Ese mesmo foi nomeado por Pelé como un dos mellores 125 xogadores vivos na lista FIFA 100.

[editar] Celebridade

Mentres estivo no Manchester United o seu talento futbolístico e como showman fixo del un dos personaxes públicos favoritos dos medios de comunicación. Foi alcumado por estes coma "O Quinto Beatle" polo seu cabelo longo e as súas roupas. Este estilo de vida propio dunha celebridade causoulle problemas co xogo, coas mulleres e co alcol.

Best abríu dos locais en Manchester a finais dos anos 60, Oscar's e Slack Alice's. Tamén posuía tendas de roupa xunto con Mike Summerbee do Manchester City, e un clube, o "Bestie's Beach Club" en Hermosa Beach, California, E.E.U.U.

En 1984, Best fixo un video de fitness con Mary Stavin chamado Shape Up And Dance.

O grupo de música Indie The Wedding Present titulou ao seu primeiro disco George Best, e na súa portada podíase ver unha imaxe do xogador.

A banda de Oi Punk Runnin' Riot compuxo un tema sobre Best chamado "Alcoholic Heroes" (Heroes Alcólicos)

Tamén foi tema de varios libros e el mesmo escribiu a súa propia biografía un par de veces. "The Good, The Bad and The Bubbly" en colaboración con Ross Benson, foi a primeira. Máis tarde foron "Blessed" e "Scoring At Half Time" con Roy Collins e Martin Knight respectivamente. Estas dúas obras foron escritas en datas preto da súa morte e é onde revela máis datos da súa vida.

[editar] Familia

Foi o fillo máis vello de Dickie e Anne, e ten catro irmás, Carol, Barbara, Julie, Grace, e un irmán, Ian.

Best casou dúas veces:

  1. Angela Douglas-James (1978-1986), coa que tivo un fillo, Calum
  2. Alex Pursey (1995-2004)

Segundo o xornal Daily Mirror, Best tivo duas fillas ilexítimas. [1]

[editar] Problemas coa lei

En 1984, Best recibiu una sentenza de 3 meses de cadea por conducir bébedo e asaltar a un oficial de policía. Pasou o nadal dese ano no cárcere, e mentres estivo alí xogou co equipo de fútbol do penal.

O 2 de febreiro de 2004 foi condeado a cumprir unha sanción de 20 meses sen poder conducir tras volver a comete-la infracción de ir bébedo ao volante.

[editar] Alcolismo

En Setembro de 1990, Best apareceu nun programa da BBC chamado Wogan totalmente bébedo. Tempo despois pediu desculpas e comentou que aquela foi unha das suas peores etapas de alcolismo.

No ano 2002 fixéronlle un transplante de fígado. Ao ano seguinte foi moi criticado cando, tralo transplante, continuou a beber alcol.

[editar] Enfermidade e Morte

Portas do Belfast City Hall xusto despois da morte de Best, Another view.
Agrandado
Portas do Belfast City Hall xusto despois da morte de Best, Another view.
Un graffiti en honra a Best coma este en New Lodge apareceu sobre todo Belfast despois da súa morte.
Agrandado
Un graffiti en honra a Best coma este en New Lodge apareceu sobre todo Belfast despois da súa morte.

Best continou bebendo e ás veces era visto no seu pub de Petersfield,Hampshire. O 3 de outubro de 2005 foi ingresado en cuidados intensivos no hospital privado Cromwell Hospital de Londres por serios problemas de ril. A causa era os efectos secundarios dos inmuno-supresores que estaba a tomar para evitar que o seu corpo rexeitara o fígado que lle acababan de transplantar.

O 27 de outubro os xornais publicaban que Best estaba moi preto da morte. Desta volta semellou que pouco a pouco ía mellorando, mais ao chega-lo mes de novembro a súa situación era xa crítica. O 20 de novembro o xornal británico News of the World publica, a petición do propio Best, unha foto súa na cama do hospital cunha mensaxe: "Non morrades coma min"

De entre os moitos agasallos que se atopaban a carón da cama estaba un de Pelé, que asinaba coma "O segundo mellor xogador do mundo". Pelé está considerado por moitos coma o mellor futbolista de tódolos tempos.

Na madrugada do 25 novembro do 2005 morre George Best. A morte foi provocada por unha infección no ril e que moitos dos seus órganos deixaron de funcionar. [2] [3]. O seu pai, as súas catro irmás, o seu irmán, o seu fillo, o seu axente e o seu compañeiro do United Denis Law estaban á beira da cama.

A FA Premier League anunciou un minuto de silencio en tódolos encontros daquel fin de semana, mais en moitos deles o que aconteceu foi que se trocou por un minuto de aplausos. Moitos afeccioados viaxaron ata o estadio de Old Trafford, o Windsor Park en Belfast, o Belfast City Hall e á casa do pai de George Best, deixando flores, camisolas e mensaxes. [4]

[editar] Citas

  • "Gastei moitos cartos en alcol, mulleres e coches deportivos... o resto o desperdiciei"
  • (Sobre David Beckham) "Non sabe golpea-lo balón coa perna esquerda, nin cabecear, nin roubar balóns e non marca moitos goles. Polo demáis, é un bo xogador."
  • "En 1969 deixei de andar con mulleres de beber alcol. Foron os peores 20 minutos da miña vida."
  • "Parei de beber, pero só mentres durmo"
  • "Unha vez díxenlle a Gazza se o seu Coeficiente intelectual era máis baixo que o seu número da camisola. El respondeume: "Que é un Coeficiente Intelectual?"
  • (Sobre Eric Cantona) "Daría toda a champaña que bebín por xogar con el un grande encontro europeo en Old Trafford"
  • "Pasei de El Beatle a El Vino en tres curtos anos."
  • "A min chégame con que unha soa persoa pense que fun o mellor. Meu pai pénsao."
  • "Sentiame superior, ninguén me podía afastar desa idea. Tiñaa dende pequeno, cando xogaba ao fútbol na escola. Ningún outro rapaz era quen de quitarme o balón. E se algún o facía ata me enoxaba."

[editar] Títulos e Records

  • Liga inglesa, campión en 1965 e 1967
  • Copa de Europa 1968
  • Balón de Ouro, 1968
  • Futbolista do ano segundo a Asociación de Periodistas de Fútbol (Inglaterra), 1968
  • Record de máis goles para o United nun só encontro, seis contra o Northampton Town en 1970
  • Freeman de Castlereagh, 2002
  • English Football Hall of Fame 2002
  • Doutorado Honorario na Queen's University of Belfast, 2001
  • PFA Premio polos seus servizos ao fútbol 2006

[editar] Na súa memoria

O Belfast City Airport (Aeroporto de belfast) foi renomeado coma o [5] George Best Belfast City Airport[6] coma tributo ao lendario futbolista. Fíxose oficial o día 22 de maio do 2006, que sería o 60 cumpreanos de Best de ter estado vivo.

[editar] Goles

Un dos mellores goles que Best anotou na súa carreira pódese ver aquí: [7]

É do ano 1981, cando xogaba para os San Jose Earthquakes, en E.E.U.U.

[editar] Trivia

Best é retratado na canción "A dedicated follower of fashion", de The Kinks

[editar] Encontros e goles para cada clube

  • Pre -1963 - Cregagh Boys Club
  • 1963-1974 - Manchester United: 466 encontros, 178 goles
  • 1974-1974 - Jewish Guild of Johannesburg: 5 encontros
  • 1975-1975 - Dunstable Town (amigables)
  • 1975-1975 - Stockport County: 3 encontros, 2 goles
  • 1976-1976 - Cork Celtic: 3 encontros, 0 goles
  • 1976-1976 - Los Angeles Aztecs: 24 encontros, 15 goles
  • 1976-1977 - Fulham: 47 encontros, 10 goles
  • 1977-1978 - Los Angeles Aztecs: 37 encontros, 14 goles
  • 1978-1979 - Fort Lauderdale Strikers: 33 encontros, 7 goles
  • 1979-1980 - Hibernian: 22 encontros, 3 goles
  • 1980-1981 - San Jose Earthquakes: 56 encontros, 21 goles
  • 1983-1983 - Bournemouth: 5 encontros, 0 goles
  • 1983-1983 - Brisbane Lions: 4 encontros, 0 goles
  • 1984-1984 - Tobermore United: 1 encontro, 0 goles

Internacional: 1964-1978 - Irlanda do Norte: 37 encontros, 9 goles


[editar] Ligazóns externas

(en inglés)

Our "Network":

Project Gutenberg
https://gutenberg.classicistranieri.com

Encyclopaedia Britannica 1911
https://encyclopaediabritannica.classicistranieri.com

Librivox Audiobooks
https://librivox.classicistranieri.com

Linux Distributions
https://old.classicistranieri.com

Magnatune (MP3 Music)
https://magnatune.classicistranieri.com

Static Wikipedia (June 2008)
https://wikipedia.classicistranieri.com

Static Wikipedia (March 2008)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com/mar2008/

Static Wikipedia (2007)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com

Static Wikipedia (2006)
https://wikipedia2006.classicistranieri.com

Liber Liber
https://liberliber.classicistranieri.com

ZIM Files for Kiwix
https://zim.classicistranieri.com


Other Websites:

Bach - Goldberg Variations
https://www.goldbergvariations.org

Lazarillo de Tormes
https://www.lazarillodetormes.org

Madame Bovary
https://www.madamebovary.org

Il Fu Mattia Pascal
https://www.mattiapascal.it

The Voice in the Desert
https://www.thevoiceinthedesert.org

Confessione d'un amore fascista
https://www.amorefascista.it

Malinverno
https://www.malinverno.org

Debito formativo
https://www.debitoformativo.it

Adina Spire
https://www.adinaspire.com