Ebooks, Audobooks and Classical Music from Liber Liber
a b c d e f g h i j k l m n o p q r s t u v w x y z





Web - Amazon

We provide Linux to the World


We support WINRAR [What is this] - [Download .exe file(s) for Windows]

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
SITEMAP
Audiobooks by Valerio Di Stefano: Single Download - Complete Download [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Alphabetical Download  [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Download Instructions

Make a donation: IBAN: IT36M0708677020000000008016 - BIC/SWIFT:  ICRAITRRU60 - VALERIO DI STEFANO or
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Denis Law - Wikipedia

Denis Law

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Denis Law
Nome completo: Denis Law
Alcume: The King (O Rei), The Lawman
Data de nacemento: 24 de febreiro de 1940
Lugar de nacemento: Aberdeen, Escocia
Data de falecemento:
Lugar de falecemento: ,
Nacionalidade: Escocia
Clube actual: retirado
Posición: Dianteiro
Altura: metros
Partidos internacionais: 55
Goles: 30 (selección)
Ano do debut: 1956
Clube do debut: Huddersfield Town
Ano do retiro: 1974
Clube do retiro: Manchester City

Denis Law (nado o 24 de febreiro de 1940, en Aberdeen, Escocia) é un futbolista retirado, que xogaba de dianteiro e foi unha das estrelas do fútbol europeo dos anos 60.

A carreira de Law comeza na escadra da segundadivisión escocesa do Huddersfield Town no ano 1956. Despois de catro tempadas, o Manchester City contrátao pagando polo seu traspaso £55.000, establecendo un novo record de traspaso nas illas británicas. Denis Law ficou alí un ano, ao remate do cal foise para o Torino. Aíndo que o seu xogo gustou moito no clube italiano, el no se rematou de adaptar e voltou a inglaterra fichando polo Manchester United en 1962. Law é especialmente lembrado polos once anos que permaneceu no United, one anotou 236 goles en 409 encontros e foi alcumado The King(O Rei) e The Lawman polos siareiros. En 1964 gaña o Balón de Ouro, premio concedido ao mellor futbolista europeo do ano. Tamén contribuíu á consecución dos títulos de liga do United en 1965 e 1967. En 1973 marcha ao Manchester City para xogar a súa derradeira tempada coma futbolista. Tamén desputa con Escocia no Mundial de 1974. Law é o máximo anotador na historia da selección e o segundo do United, tras Bobby Charlton.

Índice

[editar] Infancia e Xuventude

Denis era o fillo de George Law, un pescador, e de Robina. Era o máis novo de sete irmáns. Os Law eran unha familia pobre, de feito Denis non tivo un par de zapatos ata os catorce anos de idade. As súas primeiras botas de fútbol foron un agasallo dun veciño.

Era seguidor do Aberdeen Football Club.

[editar] Huddersfield Town

Na tempada 1954/55 foi visto por Archie Beattie, un ollador do Huddersfield Town, o cal lle propuxo unha proba no equipo. Firmou o contrato 3 de abril de 1955.

Mentres estaba no equipo, filléronxe unha operación para corrixi-lo seu estrabismo, o que fixo que aumentara a sua autoestima e que non tivera que xogar máis cun ollo pechado.[1]

O descenso á segunda división escocesa do clube fixo que Law contara com máis opcións de xogar. Así o 24 de decembro de 1956 con tan só dezaseis anos debuta co primeiro equipo.

O manager do Manchester United Matt Busby ofreceu ao Huddersfield £10.000 polo xogador, que era unha cantidade máis que respectable por un futbolista naquela época, mais o clube rexeitouna. Non foi convocado coa selección escocesa para o Mundial de 1958. Nembargantes, ese mesmo ano, o 18 de outubro por fin debutou co equipo do seu país, anotando un gol.

[editar] Manchester City

En marzo de 1960 asinou polo Manchester City pagando este polo traspaso unha cantidade record de £55.000.

O City era unha escadra feble que o ano anterior sufrira para conserva-la categoría. Este ano non semellaba que as cousas foran a mellor. O propio Law pensaba que o mesmo Huddersfield tiña un mellor equipos naqueles intres.[2]. Law debutou o 19 de marzo anotando un gol nun encontro co Leeds United que rematou en derrota por 4-3. Ao mes seguinte dous goles seus axudan a vencer ó Aston Villa por 4-1 e así mante-la categoría un ano máis.

Participou en 1961 nun encontro coa Escocia contra a Inglaterra. Escocia perdeu por 9-3 e Law falou de que fora o peor día da súa vida.[3]

Era tempo de mudares a un equipo de máis nivel, e no verán de 1961 é traspasado ao Torino.

[editar] Torino

A súa etapa coma xogador do Torino non foi moi boa no plano deportivo. Ao chegar a Italia outro clube, o Inter fíxolle saber que tiña un precontrato asinado con eles, mais pouco antes do comezo da tempada retiraron esta demanda.

Naqueles tempos os xogadores no Reino Unido non eran tratados coma na Italia, e Law atopouse facendo a pretempada nos Alpes aloxado nun hotel de primeiro nivel. Nembargantes o pago dos salarios dependía dos resultados obtidos no terreo de xogo, dándolles bolsas cheas de cartos cando o equipo gañaba e deixándoos sen cobrar cando sufrían unha derrota.[4].

O estilo de fútbol que se xogaba na Italia non gustou moito ao xogador, era a época de maior esplendor do catenaccio e non facía sinxelo o traballo dun dianteiro.[5]

O 7 de febreiro de 1962 tivo un accidente de coche co seu compañeiro de equipo Joe Baker, quen faleceu no mesmo. Law só sufríu feridas leves.

No mes de abril solicitou á directiva o seu traspaso, sen moito éxito. Pouco despois comunicáronlle que ía ser transferido ao Juventus, e que a letra pequena do seu contrato obrigábao ir co seu consentimento ou non. Denis respondeu a isto marchando cara a súa casa en Aberdeen.

Finalmente firmou co United o 10 de xullo de 1962 por unha cantidade record de £115,000.

[editar] Manchester United

[editar] Os anos de gloria

O seu primeiro encontro para o United foi o 18 de agosto de 1962 contra o West Bromwich Albion, e tras só sete minutos de xogo xa anotou o seu primeiro gol coa camisola vermella. Ese ano gañarían a FA Cup, vencendo na final ó Leicester City por 3-1. Law anotou un tanto nese encontro.

Ese ano houbo un incidente que segundo o xogador marcaría a súa carreira nos anos vindeiros. Nun encontro contra o West Bromwich, o 15 de decembro de 1962 o colexiado Gilbert Pullin estívose a mofar del constantantemente no transcurso do xogo. Law e o seu adestrador Matt Busby queixáronse á Federación Inglesa de Fútbol.[6] O comité disciplinario decidiu que a actitude de Pullin debía ser castigada. O colexiado non aceptou o veredicto e abandonou a arbitraxe. Law bótalle a culpa a este incidente dos estranos desencontros que tivo despois co colectivo arbitral. Nas súas propias verbas: "Aos ollos dalgúns colexiados Law estaba marcado".[7]

O bo traballo de Law a comezos da 1963/64 fico que fora elixido para xogar co equipo do "Resto do Mundo" contra Inglaterra. Anotou o gol do seu equipo, que foro derrotados por 2-1. Segundo o propio Denis, estar alí foi a mais grande honra da súa carreira. [8]

Na tempada 1964/65 Law é o máximo anotador da liga inglesa, con 28 goles e gaña o Balón de Ouro (premio ó mellor xogador europeo do ano). O United é campión de Liga por vez primeira dende o desastre de Múnic.

A tempada seguinte ven acompañada dunha mancadura no xeonllo, onde xa tivera que ser operado na súa etapa no Huddersfield[9]. Nunca chegaría a recuperarse completamente.

En 1966 Law pediulle ao adestrador do United, Matt Busby, unha suba no soldo na vindeira renovación do contrato. Amezou incluso con deixa-lo clube se non se lle concedía. Busby respondeu situando ao xogador na lista de transferibles. Cando Law foi falar con el, este deulle unha carta pedindo desculpas para que o xogador a asinara.[10] Así o fixo, e o United a fixo pública. Anos despois Law comentou que todo isto fora unha montaxe de Busby para evitar que outros xogadores fixeran o mesmo, e que segredamente si lle concedeu o aumento.[11]

Na tempada 1967/68 o United gaña por vez primeira a Copa de Europa, pero Law non puido xogar nin a semifinal nin a final, por problemas co seu xeonllo.

No ano 1969 chegan á semifinal da Copa de Europa, mais perde contra o AC Milan. Busby deixa o seu cargo a finais da tempada e aí comeza a decadencia do United.

[editar] A decadencia

Wilf McGuinness fíxose cargo do equipo ao comezo da tempada 1969/70.[12]O United rematou oitavo na liga, e Law perdeu case toda a tempada por mor da súa lesión no xeonllo. No mes de abril de 1970 é posto á venda por 60.000 Libras. Coma ninguén fixo oferta algunha, fica no equipo.

Despois dos pores resultados obtidos na tempada 1970/71, Frank O'Farrell faise co posto de adestrador. Ese ano rematarían quintos a pesares de facer un bo comezo e con Law en plena forma.

Ao ano seguinte Law volve ter problemas co xeonllo e só puido anotar un gol en toda a campaña. O'Farrell foi despedido.

Law recomendoulles a Tommy Docherty coma adestrador e no clube tiveron en conta a súa proposta. [13]. Parece que eiquí o United comezou a mellorar.

[editar] Derradeira Tempada (1973-74)

Docherty deulle a carta de liberdade no verán de 1973, e voltou ó Manchester City, co que conseguíu o subcampionato da League Cup, tras caer na final por 2-1 contra os Wolves.

No derradeiro encontro da tempada o City enfrontábase ao United, e este precisaba a vitoria para ficar na primeira division. O Manchester City gañou por 1-0, gol de Denis Law nun remate co calcaño que afundía á escadra coa que conseguíu os seus maiores éxitos ó pozo da segunda división. Despois de anota-lo gol, Law sentíuse afundido, non celebrou o tanto e inmediatamente foi substitiudo.

Escocia clasificouse para un mundial, o de Alemaña 1974, por vez primeira dende 1958. Law foi convocado pola selección, aínda que non xogara moito ese ano. Foi titular no primeiro encontro contra Zaire, vencendo Escocia por 2-0. Nos seguintes encontros contra o Brasil e a Iugoslavia non xogou nin un só minuto. Law confesouse "moi decepcionado"[14] por non poderes participar no xogo. Escocia non pasou á segunda rolda.

[editar] Despois do Fútbol

Law tiña contrato co City mais o adestrador Tony Book díxolle que se ficaba no equipo actuaría coma xogador reserva. Non querendo rematar deste xeito a súa carreira, decide retirarse no verán de 1974.[15]

Dende entón Law traballou ocasionalmente coma presentador de radio e televisión

Segue casado con Diana, vive en Manchester e ten cinco fillos. A súa filla, tamén chamada Diana traballa coma axente de prensa para o United.

Law está no English Football Hall of Fame en recoñecemento ó seu impacto no fútbol inglés.

O 23 de febreiro do 2002 colocouse unha estatua de Law en Old Trafford.

O 25 de novembro de 2005 Law estaba carón da cama do hospital onde George Best falecía.

[editar] Curiosidades

Ao xogador holandés Dennis Bergkamp puxéronlle o seu nome en honra a Law, xa que os pais de Bergkamp eran siareiros do United dos anos 60.

[editar] Historial deportivo

Clubes:

  • Huddersfield Town (1956–1960)
  • Manchester City (1960–1961)
  • Torino (1961–1962)
  • Manchester United (1962–1973)
  • Manchester City (1973–1974)

Galardóns:

  • FA Cup (1963)
  • Campión da Liga inglesa (1965, 1967)
  • Balón de Ouro (1964)
  • Copa de Europa 1968
  • Membro do English Football Hall of Fame (2002)
  • Xogador de Ouro de Escocia (mellor xogador escocés dos últimos 50 anos), ver en www.uefa.com

[editar] Encontros e goles nos clubes

En tódalas competicións:

Tempada Clube Encontros Goles
1956-57 Huddersfield Town 18 3
1957-58 Huddersfield Town 20 6
1958-59 Huddersfield Town 26 2
1959-60 Huddersfield Town 27 8
1959-60 Manchester City 7 2
1960-61 Manchester City 43 21
1961-62 Torino 27 10
1962-63 Manchester United 44 29
1963-64 Manchester United 41 45
1964-65 Manchester United 52 39
1965-66 Manchester United 48 24
1966-67 Manchester United 38 25
1967-68 Manchester United 27 9
1968-69 Manchester United 36 21
1969-70 Manchester United 20 12
1970-71 Manchester United 34 16
1971-72 Manchester United 41 13
1972-73 Manchester United 12 3
1973-74 Manchester City 26 12
TOTAL   587 300

[editar] Referencias

  1. Denis Law and Bob Harris, The King (New York: Bantam Press, 2003), 29.
  2. Ibid., 53.
  3. Ibid., 112.
  4. Ibid., 67.
  5. Ibid., 68.
  6. Denis Law – An Autobiography, 67.
  7. Ibid., 68.
  8. Ibid., 74.
  9. The King,164.
  10. Ibid., 170.
  11. Ibid., 170–171.
  12. Ibid., 208.
  13. Ibid., 217.
  14. Ibid., 108.
  15. Denis Law – An Autobiography, 162.

[editar] Ligazóns externas (en inglés)

Our "Network":

Project Gutenberg
https://gutenberg.classicistranieri.com

Encyclopaedia Britannica 1911
https://encyclopaediabritannica.classicistranieri.com

Librivox Audiobooks
https://librivox.classicistranieri.com

Linux Distributions
https://old.classicistranieri.com

Magnatune (MP3 Music)
https://magnatune.classicistranieri.com

Static Wikipedia (June 2008)
https://wikipedia.classicistranieri.com

Static Wikipedia (March 2008)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com/mar2008/

Static Wikipedia (2007)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com

Static Wikipedia (2006)
https://wikipedia2006.classicistranieri.com

Liber Liber
https://liberliber.classicistranieri.com

ZIM Files for Kiwix
https://zim.classicistranieri.com


Other Websites:

Bach - Goldberg Variations
https://www.goldbergvariations.org

Lazarillo de Tormes
https://www.lazarillodetormes.org

Madame Bovary
https://www.madamebovary.org

Il Fu Mattia Pascal
https://www.mattiapascal.it

The Voice in the Desert
https://www.thevoiceinthedesert.org

Confessione d'un amore fascista
https://www.amorefascista.it

Malinverno
https://www.malinverno.org

Debito formativo
https://www.debitoformativo.it

Adina Spire
https://www.adinaspire.com