Ebooks, Audobooks and Classical Music from Liber Liber
a b c d e f g h i j k l m n o p q r s t u v w x y z





Web - Amazon

We provide Linux to the World


We support WINRAR [What is this] - [Download .exe file(s) for Windows]

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
SITEMAP
Audiobooks by Valerio Di Stefano: Single Download - Complete Download [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Alphabetical Download  [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Download Instructions

Make a donation: IBAN: IT36M0708677020000000008016 - BIC/SWIFT:  ICRAITRRU60 - VALERIO DI STEFANO or
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Bruto - Wikipedia

Bruto

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Ilustración de Bruto
Agrandado
Ilustración de Bruto

Marco Xunio Bruto (circa 85 - 23 de outubro do 42 adC), político e militar romano da etapa final da República. Foi un dos líderes dos conspiradores que planexaron e executaron o asasinato de Xulio César nos idus de marzo do 44 adC. Non debe ser confundido con Décimo Xunio Bruto, outro parente da familia dos Brutos que tamén participou no complot.

[editar] Trasfondo

Bruto era fillo de Décimo Xunio Bruto (que, a pesar de ter o mesmo nome, non debe confundirse co asasino de César), un político pouco importante e Servilia Cepionis, media irmá de Catón o Xove e amante de Xulio César. Algunhas fontes falan da posibilidade de que César fora o seu verdadeiro pai, ainda que probablemente non se trate máis que dun rumor sen fundamento, xa que César tiña quince anos cando naceu Bruto, e a relación coa sua nai empezou dez anos despois.

O avó de Bruto, Quinto Servilio Cepio, adoptouno cando era novo e Bruto engadiu o cognomen Cepio ao seu nome. A sua carreira política empezou cando se converteu en asistente de Catón durante o período no que este último foi gobernador de Chipre. Nesa época, Bruto enriqueceuse prestando diñeiro a altos xuros. Dende a sua aparición no Senado, alineouse coa facción conservadora (optimates) en contra do Primeiro Triunvirato de Marco Licinio Craso, Cneo Pompeio Magno e Xulio César. Pompeio asasinara o pai de Bruto no ano 77 adC, durante as proscripcións de Sila.

Cando estalou a guerra civil no 49 adC entre Pompeio e César, Bruto alineouse xunto co seu antigo inimigo e líder actual dos optimates, Pompeio. Despois do desastre da batalla de Farsalia, Bruto escribiu a César pedindo clemencia, e este perdooulle inmediatamente. César aceptouno entre os seus seguidores máis próximos e fíxoo gobernador da Galia cando foi a África perseguindo a Catón e a Metelo Escipión. Ao ano seguinte, (45 adC), Ceśar nominouno ao cargo de pretor.

[editar] O asasinato de César e as suas consecuencias

Conservador por natureza, Bruto nunca tratou de esconder as sus conviccións políticas. Casado coa filla de Catón, a sua prima irmá Porcia escribiu un texto louvando as cualidades do seu sogro, xa falecido. César estaba moi encariñado con el e respetaba moito as suas opinións. Non obstante, Bruto, como outros moitos senadores, non estaba satisfeito co estado da República. Ceśar fora nominado ditador perpetuo, e aprobara varias leis que concentraban o poder nas suas mans. Bruto comezou unha conspiración contra Ceśar xunto co seu cuñado e amigo Caio Casio Longino e outros senadores. Nos idus de marzo (15 de marzo do 44 adC, un grupo de senadores, incluindo a Bruto, asasinaron a César na Curia Pompeia. Na obra de William Shakespeare Xulio César, o dictador dirixe as súas famosas últimas palabras a Bruto: Tu quoque, Brute, fili mi (Ti tamén, Bruto, fillo meu) ou tamén Et tu, Brute (e ti tamén, Bruto?). Suetonio afirma que César dixo, en grego, Kai su, teknon? (Incluso ti, fillo meu?) (De Vita Caesarum, Liber I Divus Iulius, LXXXII).

Tras o asasinato, demostrouse que a cidade de Roma estaba contra os conspiradores, xa que a maior parte da poboación amaba a César. Marco Antonio decidiu aproveitarse da situación e no 20 de marzo falou airadamente dos asasinos no eloxio fúnebre de César. A partir de entón Roma deixou de ver os conspiradores como salvadores da República e foron acusados de traizón. Bruto e os seus compañeiros fuxiron ata Oriente. En Atenas Bruto dedicouse ao estudo da filosofía e a obter fondos para financiar un exército para a guerra que se aproximaba. Octaviano e Marco Antonio marcharon cos seus exércitos contra Bruto e Casio. Ambos os exércitos encontráronse na dobre batalla de Filipos (42 adC). Despois do primeiro encontro, Casio suicidouse, e tras o segundo encontro, xa derrotado, Bruto fuxiu cos restos do seu exército. A piques de ser capturado, Bruto suicidouse tirándose sobre a su espada. Marco Antonio honrou o seu enemigo caído, declarándoo o romano máis nobre. Mentres que outros conspiradores actuaron por envexa e ambición, Bruto creu que actuaba polo ben de Roma.

Commons
Commons ten máis imaxes sobre:
Our "Network":

Project Gutenberg
https://gutenberg.classicistranieri.com

Encyclopaedia Britannica 1911
https://encyclopaediabritannica.classicistranieri.com

Librivox Audiobooks
https://librivox.classicistranieri.com

Linux Distributions
https://old.classicistranieri.com

Magnatune (MP3 Music)
https://magnatune.classicistranieri.com

Static Wikipedia (June 2008)
https://wikipedia.classicistranieri.com

Static Wikipedia (March 2008)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com/mar2008/

Static Wikipedia (2007)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com

Static Wikipedia (2006)
https://wikipedia2006.classicistranieri.com

Liber Liber
https://liberliber.classicistranieri.com

ZIM Files for Kiwix
https://zim.classicistranieri.com


Other Websites:

Bach - Goldberg Variations
https://www.goldbergvariations.org

Lazarillo de Tormes
https://www.lazarillodetormes.org

Madame Bovary
https://www.madamebovary.org

Il Fu Mattia Pascal
https://www.mattiapascal.it

The Voice in the Desert
https://www.thevoiceinthedesert.org

Confessione d'un amore fascista
https://www.amorefascista.it

Malinverno
https://www.malinverno.org

Debito formativo
https://www.debitoformativo.it

Adina Spire
https://www.adinaspire.com