Ebooks, Audobooks and Classical Music from Liber Liber
a b c d e f g h i j k l m n o p q r s t u v w x y z





Web - Amazon

We provide Linux to the World


We support WINRAR [What is this] - [Download .exe file(s) for Windows]

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
SITEMAP
Audiobooks by Valerio Di Stefano: Single Download - Complete Download [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Alphabetical Download  [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Download Instructions

Make a donation: IBAN: IT36M0708677020000000008016 - BIC/SWIFT:  ICRAITRRU60 - VALERIO DI STEFANO or
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Cneo Pompeio Magno - Wikipedia

Cneo Pompeio Magno

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Cneo Pompeio Magno, coñecido como Pompeio o Magno, (29 de setembro de 106 a.C. - Exipto, 28 de setembro de 48 a.C.) foi un político e xeneral do Imperio romano.

Desde moi novo tivo vocación política e militar e gran ambición por conseguir unha boa carreira e chegar ao mandato supremo de Roma. Os seus comezos nesta carreira foron xunto ao cónsul de Roma, Sila, como oficial do seu exército. Casou cunha muller chamada Antistia, á que repudiou anos máis tarde para casar de novo con Emilia (fillastra de Sila). Tivo unha terceira muller, Xulia, que era filla de Xulio César, o home con quen Pompeio formou o primeiro triunvirato de Roma.

Moitos foron os méritos militares que levaron a Pompeio ao triunfo de ser nomeado cónsul romano no ano 71 a.C.. O devandito nomeamento foi unha excepción na que o Senado se saltou as normas das leis polas que se rexían entón para obter este título, é dicir, o que se chamaba cursus honorum.

Índice

[editar] Éxitos militares

  • Reconquista da provincia de África á beira do xeneral Sila. Polos seus méritos concedéuselle o alcume de Magno e o Senado honrouno co trunfo, no ano 79 a.C.
  • Campaña contra Sertorio en terras de Hispania, o que se coñece como Guerras sertorianas, que remataron no ano 71 a.C. coa derrota de Sertorio fronte a Quinto Cecilio e Pompeio.
  • Ao seu regreso da guerras contra Sertorio venceu e deu morte a uns poucos seguidores dos escravos gladiadores Espartaco, que fuxíu cara ao norte de Italia.
  • Campaña con éxito contra os piratas das costas do Mar Mediterráneo
  • Guerra contra o rei do Ponto (ao noreste de Asia Menor, xunto ao Ponto Euxino, o que hoxe se chama mar Negro) Mitrídates do Ponto. Sucedeu entre os anos 66a.C. e 61 a.C. Pompeio]] regresou triunfante logo de vencer a Mitrídates. Guerra nese tempo contra Tigranes o Grande de Armenia e contra Antíoco XIII de Siria (último rei da dinastía Seleúcida, cuxo reino conquistou e Anexionou a Roma. Á volta entrou en Xerusalen e tamén someteu aos xudeos.

[editar] Guerras sertorianas

Cando Roma se deu conta de que Quinto Sertiorio, pretor da Hispania Citerior, se engrandecía e pretendía chegar a ser un monarca independente nesta provincia, mandou a Pompeio para que axudase ao procónsul Quinto Cecilio e xuntos venceran a Sertorio. Deste xeito Roma expresaba o seu desexo de quitar plenamente o poder a Sertorio, que se fora facendo cada vez máis grande e perigoso.

Para este empeño Roma creou un exército especial e pediu aos cónsules que se fixesen cargo, pero os cónsules negáronse a emprender esa campaña. Con todo, ofreceuse voluntario un xeneral novo e ambicioso, que xa triunfara á beira de Lucio Cornelio Sila na reconquista de África e por cuxos méritos o propio Sila deulle o apelativo de Magno, e o Senado] honroulle co trunfo (espectacular desfile que se organizaba en ofrenda cara a algún xeneral que o merecese) no 79 a.C. Este xeneral era Cneo Pompeio o Grande.

En primeiro lugar, Pompeio e o seu exército fixeron a grande obra de construír unha calzada no monte Xenebra, que foi o primeiro camiño artificial que houbo nos Alpes, o mesmo que anos máis tarde, no 58 a.C. , utilizaría César para levar os suas lexions á Galia. Foi necesario construír esta rota porque o camiño da costa estaba ocupado polo pobos dos salvios (bárbaros veciños de [[Marsella), que estaban en pé de guerra. Ao pasar Pompeio pola nova ruta construída sorprendeu aos salvios polo flanco e venceunos sen dificultade, podendo así seguir pola estrada da costa, cruzar os Pirineos e entrar na Hispania o ano [[-77 a.C.

A guerra contra Sertorio comezou e nos primeiros tempos o trunfo deste último foi considerable. As súas forzas militares e o seu talento eran moi superiores ás de Pompeio e Metelo]], que tamén loitaba contra el desde o extremo meridional do oeste. Pompeio edificou un campamento de inverno á vista de que a guerra sería dura e que se alongaría. O campamento chamouse Pompaelo, e así naceu a futura cidade de Pamplona. Pola súa banda, Metelo tamén edificara o seu propio campamento, que se chamou Metellinum, e que co tempo sería Badaxoz

A guerra contra Sertorio terminouse no ano 71 a.C., co absoluto trunfo de Pompeio e Metelo.

[editar] Os piratas

O Senado de Roma levaba moitos anos sen ocuparse da mariña e do coidado das súas costas, feito que os numerosos piratas aproveitaron para vivir ás súas anchas e actuar en consecuencia. O (Mediterráneo estaba invadido por estes fuxidos aventureiros que procedían case todos das costas de Cilicia, enAsia Menor (no golfo de Alexandreta, fronte á illa de Chipre). A súa audacia e a súa seguridade eran tal que chegaron a desembarcar na desembocadura do río Tíber, internándose ata as proximidades de Roma sen seren molestados.

Dadas as circunstancias, no ano 67 a.C. a Asemblea do pobo aprobou unha lei pola cal outorgábase a Pompeio ata 200 naves e autorización para aumentar o seu exército, cousa que non se facía normalmente con ningún xeneral. No término de 40 días, Pompeio varreu de piratas as costas do Mediodía occidental e noutros tantos días limpou a parte oriental ata chegar ás costas de Cilicia, onde tamén fixo un bo escarmento.

[editar] O regreso a Roma

Logo da campaña contra os piratas Pompeio dirixiuse a Siria loitando e vencendo ao rei Mitrídates, campaña bélica que durou desde o 67 a.C. ata o 62 a.C.. No 61 regresou a Roma de forma triunfal por terceira vez. Licenciou ao seu exército e pediu ao Senado que lle concedese terras para os seus lexionarios, como paga e recompensa. Pero o Senado non fixo caso da súa petición, polo que Pompeio, que era altivo e orgulloso e coñecía os seus propios méritos en todas as campañas anteriores, volveuse contra o partido aristocrático dos senadores, e no ano 60 declarouse abertamente enimigo do Senado, poñéndose de acordo co político Marco Licinio Craso e co xeneral Xulio César para formar o primeiro Triunvirato, cuxos triunviros eran estes tres xenerais. Nun principio este acordo careceu do apoio do Senado e non tivo soporte legal ningún. O seu programa estaba concibido para engrandecer Roma aínda a costa da oposición dos senadores. Tiñan da súa parte ao pobo e aos soldados e por un tempo os tres xenerais foron os donos de Roma.

Cos anos, a relación dos tres xenerais foise deteriorando. No ano 53 a.C. morreu Craso en Carres (cidade próxima a Harran, na actual Turquía, ao sureste), loitando contra os partos. No ano 52 a.C., o Senado decidiu destituír a César do seu cargo de cónsul coa idea de que quedase un só, Pompeio. Este feito foi o comezo da gran enemizade entre César máis os seus partidarios e Pompeio máis os seus.

[editar] O fin de Pompeio

Cando lle chegaron as noticias do seu cese a César, decidiu regresar a Roma co seu exército e defender os seus dereitos coa súa axuda. Cruzou no 49 a.C. o antigo río Rubicón, que marcaba a fronteira entre Italia e a Galia Cisalpina, e presentouse nas proximidades de Roma desafiando ao Senado e ao propio Pompeio. Ante esta audacia de César, Pompeio optou por retirarse a Brundisium (actual Brindisi, ao sur de Italia) e máis tarde a Grecia, onde contaba cun exército que lle era fiel; tiña tamén moitos partidarios seguidores de Hispania e contaba así mesmo coa frota que mandara na campaña contra os piratas. Malia todo, César tomou o control da península Itálica e perseguiu a Pompeio, derrotándoo na soada batalla de Farsalia (antiga cidade ao norte de Grecia), no 48 a.C. (Esta batalla tenna na Historia como unha das máis interesantes da antigüidade, desde o punto de vista da arte militar).

Pompeio puido fuxir dirixíndose a Exipto, onde lle esperaba a morte a mans dun sicario do rei Ptolomeo XIII (irmán da soada Cleopatra), cando desembarcó en Pelusio o 28 de setembro do ano 48 a.C. Ptolomeo quixo deste xeito render tributo a César, de quen se sentía gran amigo político.

[editar] Véxase tamén

Commons
Commons ten máis imaxes sobre:
Our "Network":

Project Gutenberg
https://gutenberg.classicistranieri.com

Encyclopaedia Britannica 1911
https://encyclopaediabritannica.classicistranieri.com

Librivox Audiobooks
https://librivox.classicistranieri.com

Linux Distributions
https://old.classicistranieri.com

Magnatune (MP3 Music)
https://magnatune.classicistranieri.com

Static Wikipedia (June 2008)
https://wikipedia.classicistranieri.com

Static Wikipedia (March 2008)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com/mar2008/

Static Wikipedia (2007)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com

Static Wikipedia (2006)
https://wikipedia2006.classicistranieri.com

Liber Liber
https://liberliber.classicistranieri.com

ZIM Files for Kiwix
https://zim.classicistranieri.com


Other Websites:

Bach - Goldberg Variations
https://www.goldbergvariations.org

Lazarillo de Tormes
https://www.lazarillodetormes.org

Madame Bovary
https://www.madamebovary.org

Il Fu Mattia Pascal
https://www.mattiapascal.it

The Voice in the Desert
https://www.thevoiceinthedesert.org

Confessione d'un amore fascista
https://www.amorefascista.it

Malinverno
https://www.malinverno.org

Debito formativo
https://www.debitoformativo.it

Adina Spire
https://www.adinaspire.com