Ebooks, Audobooks and Classical Music from Liber Liber
a b c d e f g h i j k l m n o p q r s t u v w x y z





Web - Amazon

We provide Linux to the World


We support WINRAR [What is this] - [Download .exe file(s) for Windows]

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
SITEMAP
Audiobooks by Valerio Di Stefano: Single Download - Complete Download [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Alphabetical Download  [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Download Instructions

Make a donation: IBAN: IT36M0708677020000000008016 - BIC/SWIFT:  ICRAITRRU60 - VALERIO DI STEFANO or
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
William Herschel - Wikipedia

William Herschel

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

William Herschel
Agrandado
William Herschel

Friedrich William Herschel, nacido Friedrich Wilhelm Herschel (Hannover, Alemaña, 15 de novembro de 1738 - † Slough, Berkshire, 25 de agosto de 1822), astrónomo alemán, descubridor do planeta Urano (planeta) e de outros numerosos obxectos celestes.

Índice

[editar] Biografía

Friedrich W. Herschel naceu do matrimonio formado polo músico militar Issak Herschel e Anna Ilse Moritzen. Influído polos seus pais, Friedrich estudiou música e converteuse nun competente intérprete de oboe, uníndose ao seu pai e ao seu irmán Jacob na banda do Rexemento de Gardias de Infantería.

En 1757 participou na Batalla de Hastenbeck entre Francia e Hannover durante a Guerra dos Sete Anos, e os máis de 5,000 mortos que presenciou causáronlle unha fonda impresión, que levouno a alonxarse do seu país natal e afincarse co seu irmán en Inglaterra. Jacob decidíu regresar a Hannover despois de dous anos, pero Friedrich Wilhelm (ao cal os ingleses chamaban agora "William", nome que o acompañaría para sempre) preferíu quedarse.

O xoven Herschel profundizou en Inglaterra os seus estudos musicais: converteuse en profesor primeiro, en organista en Halifax (1765) e ao ano seguinte era xa director de orquestra en Bath.

En 1772 a súa irmá Caroline Herschel foi vivir con el en Bath. Foi entón cando ocorreu o episodio que cambiaría a vida de William: o 10 de maio de 1773 mercou un libro ("Astronomía" de Ferguson) e enamorouse para sempre da ciencia dos ceos.

[editar] Observación e construcción

Herschel comezou dende o principio a calcular, deseñar e construír os seus propios telescopios. Menos dun ano despois de mercar o libro de Ferguson, Herschel calculaba e pulía xa os máis perfectos e poderosos espellos de todo o mundo, porque comprendeu enseguida que o futuro dependía dos telescopios reflectores e non dos refractores.

Mentres construía os instrumentos observaba os ceos. En data tan temprana como febreiro de 1774 xa observara a nebulosa de Orión, descuberta en 1610.

O 13 de marzo de 1781 Herschel observó un obxecto non rexistrado, que a primeira vista parecía un cometa. Estudiándoo con cuidado consiguíu determinar que en realidade tratábase dun novo planeta.

[editar] Urano

Herschel descubrira o obxecto probando o seu recén construído telescopio reflector de 6 pulgadas. Apuntárao cara constelación de Xéminis e observara unha estrela que no se supoñía que estivese alí. Á potencia do seu instrumento, parecía posuír un disco planetario (de aí a confusión cun cometa). Brillaba cunha cor amarela e desprazábase lentamente.

Observándoo noite tras noite, Herschel chegou á conclusión de que descubrira o séptimo planeta do Sistema Solar. Pedíu a outros astrónomos que confirmasen o seu diagnóstico, e todos estiveron dacordo con el: existía un novo planeta situado ao dobre da distancia de Saturno.

[editar] A cuestión do nome

Poñer nome a un obxecto astronómico é privilexio do seu descubridor e Herschel bautizou ao planeta co curioso nome de Georgius Sidus ("Planexa Xurxo"), nunha estraña homenaxe ao rei Xurxo III de Inglaterra que acababa de perder todas as súas posesións en América del Norte pola independencia estadounidense de 1776.

O "Planeta Xurxo" seguíu chamándose así ata ben entrado o século XIX, a pesares da oposición do astrónomo Johann Elert Bode, que insistía en que Herschel debía continuar coa tradición mitolóxica. Se os nomes dos planetas contiguos eran Marte, Xúpiter e Saturno, o recén chegado debía bautizarse Urano. Bode xustificaba o seu punto de vista en que se debía continuar a secuencia xenealóxica: neto, pai, avó. O bisavó (pai de Saturno) era Urano, que axeitadamente personificaba ao ceo estrelado.

É curioso que Bode insistíse tanto en facer cambiar o nombre de Urano por un contemplado nas convencións, xa que el mesmo acostumaba a bautizar os seus descubrimentos con nomes moito máis extravagantes que "Xurxo". Así, chamou a certas [[constelacións "O Gato", "O Aparato Químico", "Globo Aerostático" e "Oficina Tipográfica". O caso extremo prodúxose ao bautizar Bode a unha constelación co nome de "As Honras de Federico" en honra ao emperador de Alemaña. O astrónomo francés Lalande propuxo, pola súa parte, bautizar ao planeta como "Herschel", aínda que a idea que perdurou foi a de Bode.

Aínda que en 1827 o nome de Urano xa era moi usual en Inglaterra, ata 1850 o Almanaque Náutico británico seguíu chamando ao planeta "Xurxo" na súas efemérides astronómicas. Finalmente o astrónomo John Adams (que erróneamente atribuiríase o descubrimento de Neptuno) conseguíu convencer aos editores do Almanaque para que o cambiasen polo nome actual.

[editar] Observacións anteriores de Neptuno

Como dáse o feito de que, baixo certas condicións, Urano é visible a simple vista, é moi probable que fose divisado xa na Prehistoria ou na Antigüedade, circunstancia que non quedou rexistrada. Galileo observouno en 1612 durante unha conxunción con Xúpiter, anotándoo como un satélite galileano deste último. Tamén o Astrónomo Real Sir John Flamsteed catalogou en 1690 a Neptuno como unha estrela na constelación de Tauro á que chamou 34 Tauri. Algúns anos máis tarde, o francés Le Monier observou a Urano durante oito noites completas, pero nunca acertou a notar o seu movemento planetario. Outros dazaoito astrónomos tamén anotaron ao planeta nos seus catálogos, pero sempre confundíndoo cunha estrela fixa. Estas observacións serviron ao longo do século XX para determinar mellor a órbita de Neptuno.

[editar] Os obxectos de espacio profundo

O rei Xurxo premiou a Herschel polo seu descubrimento de Urano nombeándoo membro da Real Sociedade de Ciencias. Grazas ao salario que este nombramento lle procuraba, o astrónomo puido abandonar definitivamente a música como medio de vida e adicarse exclusivamente á astronomía. Efectuaba máis e mellores observacións (sempre asistido pola súa irmá Caroline, á que transmitira o seu interese pola astronomía), e comezou a construír instrumentos cada vez máis potentes e evoluídos.

En 1782 xa ostentaba o título de Astrónomo Real da Corte, cando un amigo que coñecera na Real Sociedade, William Watson, regaloulle un Catálogo de Messier, que estimulou o interese de Herschel polas nebulosas e os cúmulos, chamados en conxunto "obxectos de espacio profundo". No mes de agosto de 1782, Herschel comezou a investigar os obxectos descritos no libro cos seus telescopios, máis poderosos que os que o propio Charles Messier, autor do catálogo, usou. Para setembro, convencérase de que o libro só contiña unha ínfima parte dos obxectos de espacio profundo existentes na realidade, polo que decidíu dedicarse a unha minuciosa, extensa e sistemática búsqueda en todas as partes do ceo visible dende o seu observatorio.

O proceso comezou o 23 de outubro de 1783, coa axuda de Caroline e utilizando o seu refractor de 157 aumentos e campo de 15´ e 4" de arco. Cinco días máis tarde fixo o seu primeiro descubrimento: NGC 7184, unha pequena galaxia na constelación de Acuario, de magnitude 11,2. No seu propio catálogo chamouna "H II.1". A este descubrimento seguiron outros, a unha velocidade tal que só pode atribuírse á calidade dos seus instrumentos: nun ano e medio descubríu 1.000 novos obxectos de espacio profundo, que publicou nunha lista no seu propio catálogo de 1786. En 1789 descubrira xa ootros 1.000, e 500 máis en 1802. Un tiempo despois agregou outros 14. Así, nun lapso de menos de dúas décadas, Herschel descubríu 2.514 novos obxectos de espacio profundo, entre os que se contan cúmulos globulares, nebulosas e galaxias.

Astronomía en progreso: Este artigo relacionado coa Astronomía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre.
Our "Network":

Project Gutenberg
https://gutenberg.classicistranieri.com

Encyclopaedia Britannica 1911
https://encyclopaediabritannica.classicistranieri.com

Librivox Audiobooks
https://librivox.classicistranieri.com

Linux Distributions
https://old.classicistranieri.com

Magnatune (MP3 Music)
https://magnatune.classicistranieri.com

Static Wikipedia (June 2008)
https://wikipedia.classicistranieri.com

Static Wikipedia (March 2008)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com/mar2008/

Static Wikipedia (2007)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com

Static Wikipedia (2006)
https://wikipedia2006.classicistranieri.com

Liber Liber
https://liberliber.classicistranieri.com

ZIM Files for Kiwix
https://zim.classicistranieri.com


Other Websites:

Bach - Goldberg Variations
https://www.goldbergvariations.org

Lazarillo de Tormes
https://www.lazarillodetormes.org

Madame Bovary
https://www.madamebovary.org

Il Fu Mattia Pascal
https://www.mattiapascal.it

The Voice in the Desert
https://www.thevoiceinthedesert.org

Confessione d'un amore fascista
https://www.amorefascista.it

Malinverno
https://www.malinverno.org

Debito formativo
https://www.debitoformativo.it

Adina Spire
https://www.adinaspire.com