Ulán Bátor - Улаанбаатар
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Ulaanbaatar (Mongol: Улаанбаатар) ou Ulán Bátor é a capital de Mongolia. No 1998 a súa poboación estimábase en 650.000 persoas. Está situada ao norte e lixeiramente ao leste do centro do país, sobre o Río Tuul, un afluente do Selenga, nun vale ao pé da montaña Bogdo Uul.
Fundado no 1649 coma unha cidade-mosteiro Budista chamada Urga prosperou na decada de 1860 coma un centro comercial sobre a ruta do té entre Rusia e mais China. Cando Mongolia se converteu na Republica Popular de Mongolia, no 1924, os seu nome trocouse a Ulaanbaatar ("heroi roxo" na lingua Mongol), en honra do heroi nacional Mongol Sühbaatar. A súa estatua adorna a praza central de Ulán Bátor.
Ulán Bátor tén un aeroporto internacional chamado Buyant Ukhaa e está conectado por autopista coas principias cidades mongois, así como co tren Transiberiano. A cidade tén a única universidade do país,
Índice |
[editar] Xeografía
Ulán Bátor sitúase nas coordenadas xeodésicas 47.92 N, 106.92 E.
[editar] Lugares de interés
- Museo de Historia Natural
- Mausoleo de Sühbaatar
- Mosteiro de Gandantegchinlen Khiid coa estatua de Migjid Janraisig, de 25 m de alto
- Pazo de inverno de Bogd Khan