Ebooks, Audobooks and Classical Music from Liber Liber
a b c d e f g h i j k l m n o p q r s t u v w x y z





Web - Amazon

We provide Linux to the World


We support WINRAR [What is this] - [Download .exe file(s) for Windows]

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
SITEMAP
Audiobooks by Valerio Di Stefano: Single Download - Complete Download [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Alphabetical Download  [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Download Instructions

Make a donation: IBAN: IT36M0708677020000000008016 - BIC/SWIFT:  ICRAITRRU60 - VALERIO DI STEFANO or
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Troll - Wikipedia

Troll

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Nome propio

O Trol ou Troll (mantendo a grafía do vocablo noruegués do que provén) é un horrendo ser orixinario da mitoloxía noruega, e que se extendeu á mitoloxía nórdica en xeral, pasando logo a formar parte do folklore escandinavo.

Índice

[editar] Os Trolls no folklore escandinavo

Segundo unha enciclopedia de 1908, os "Trolls son ananos da mitoloxía nórdica, que viven en montes ou montañas; represéntaselles como pequerrechos, deformes, e chepudos, con inclinación ó roubo, e afeccionados a levarse os nenos ou sustituir unha das súas crías por outra dunha nai humana. Chámanos o "pobo das montañas", e teñen especial aversión ó ruido, polo recordo da época na que Thor acostumaba a lanzarlles o seu martelo. En Suecia hai moitos lugares nomeados en honor ós trolls, como a vila Trollhättan ("Carapucha de Troll") e Trollkyrka.

Os Trolls, que adoitan amorear ouro, son unhas das criaturas máis frecuentes nos contos de fadas escandinavos, máis comúns incluso que os elfos, ananos, meigas ou xigantes. (Hai que dicir que nestes contos de fadas non hai unha distinción clara entre meigas e trolls femia, como tampouco entre trolls macho e xigantes). Aparecen descritos baixo calquera tamaño, podendo ser tan enormes como xigantes ou tan pequenos como ananos. Sen embargo, sempre se lles considera poseedores dunha pobre intelixencia (especialmente os machos, mentres que as femias ou trollkonor poden ser bastante maliciosas), un nariz grande, brazos longos, peludos e non demasiado agraciados (excepto algunhas femias). Nos contos de fadas escandinavos, os trolls xeralmente vólvense de pedra ó contacto coa luz solar. Esta debilidad compártena cos "Svartalfar" (elfos oscuros) e os ananos nórdicos.

Os trolls viven no bosque e nas montañas, e ás veces raptan nenos obrigándoos a vivir con eles (especialmente princesas). De cando en vez, atrévense incluso a roubar un recén nado, deixando en troques un dos seus propios pequenos. Os nenos suecos máis novos cren a miúdo nos trolls, e unha maneira de ensinarlle ós nenos a cepillarse os dentes é dicirlles que é para desfacerse duns "dentes de troll" moi pequeniños, porque senón lles farán buracos nos dentes.


Nos contos das illas Shetland e Órcadas, os trolls denomínanse Trowe, que é unha variante escocesa do troll nórdico.

[editar] Os Trolls na literatura

Os trolls, como personaxe mitolóxica que son, teñen aparecido en numerosísimas obras literarias, e especialmente nas de tipo fantástico.

  • Na literatura infantil sueca, os trolls non son malos por natureza, senón primitivos e incomprendidos. As súas falcatruadas débense a unha combinación dos rasgos da personalidad humana máis básicos e comúns, como a envexa, o orgullo, a avaricia, a inxenuidade, a ignorancia e a estupidez. Nalgúns contos de pricipios do século XX, concretamente de Elsa Beskow, os trolls son tamén descritos como unha raza indíxena de cazadores e recolectores que fuxen da invasión da civilización humana, polo que cando o home constrúe unha estrada, os trolls desaparecen da zona.
  • A autora finlandesa de lingua sueca Tove Jansson, acadou fama e recoñecemento internacional grazas á familia de trolls Mumin.
  • No mundo de J.R.R. Tolkien, os trolls son uns humanoides creados na Primeira Edade do mundo por Melkor, moi altos (miden en torno ós 10 pés/3 metros de altura) pero de pobre intelixencia, que cando se ven expostos á luz solar, vólvense de pedra. No O Señor dos Aneis, unha nova raza de trolls aparece, os chamados Uruk-hai que, a diferencia dos trolls correntes, son capaces de vivir á luz do sol.
  • Na serie de libros sobre o Mundodisco de Terry Pratchett, os trolls son grandes criaturas silíceas, é dicir, de composición rochosa. Según van crecendo e facéndose maiores, pasan de simples croios a enormes montañas. Teñen unha tendencia "cultural" hacia a violencia, e a súa intelixencia é inversamente proporcional á temperatura ambiente, tornándoos notablemente necios en climas temperados ou cálidos. O bar O Tambor Roto ten trolls como gardas de seguridade, que a miudo cómense ós malos clientes.
  • No mundo de Harry Potter, os trolls son xigantescos monstros que matan a quenqueira que atopan. En Harry Potter e a Pedra Filosofal, Harry e Ron Weasley salvan a Hermione Granger dun troll da montaña adulto. Na película (igual que na película O Señor dos Aneis), o troll foi animado por ordenador. Hai outras poucas mencións posteriores dos trolls: por exemplo, rumoreouse que a Firebolt (basoira voadora último modelo) de Harry , que Dolores Umbridge "confiscou" foi custodiada por trolls. Uns "Trolls de Seguridade" son tamén mencionados en varias ocasións, xa que aparentemente poden ser contratados como gardiáns.
  • Nas novelas do distinguido paleontólogo e escritor finlandés (que, curiosamente, tamén escribe en sueco) Björn Kurtén, como por exemplo, A Danza do Tigre, os Neandertales son chamados "Trolls" polo home moderno.

[editar] Os Trolls nos xogos

Os trolls, como xa vimos antes, teñen unha gran presencia en tódalas obras de corte fantástico, e polo tanto, teñen cabida como personaxes destacados en xogos de rol ou mesmo videoxogos.

  • No xogo de rol Dungeons & Dragons (ou Dragóns e Alxubes), os trolls son monstros altos e fracos, de anchos e puntiagudos narices e pel verde. En D&D, os trolls rexenéranse continuamente, reparando todo dano, salvo se este é causado polo lume ou por ácido. Hai que puntualizar que esta versión de troll foi orixinada pola novela fantástica de Poul Anderson, Tres Corazóns e Tres Leóns.
  • No xogo de rol Earthdawn, os trolls son unha raza alta, musculosa e honorable da que os xogadores poden formar parte. Os trolls de Earthdawn, de cornos retortos como as cabras, son moi peludos e teñen uns enormes caninos inferiores.
  • Os trolls do xogo fantástico Warhammer son similares ós de Dungeons & Dragons. Pero, ademáis, teñen un ácido estomacal altamente corrosivo que pode disolvelo todo, dende carne e ósos a rocas e metais. Hai moitas e diferentes tipos de Troll, como os viscosos "Trolls de río" e os resistentes á maxia "Trolls de pedra". Os trolls son máis ben estúpidos, e son aliados dos Orcos, como de costumbre.
Nos videoxogos de tema fantástico, os trolls aparecen baixo moitas formas e temperamentos. Cabe destacar que a maioría dos xogos de ordenador adoptou o tipo de troll de Dungeons & Dragons, con rexeneracións dalgún tipo.
  • No videoxogo de tipo rol de maior éxito, EverQuest, os trolls son unha das opcións dos xogadores á hora de escoller personaxe.
  • En Dark Age of Camelot, os trolls son tamén unha raza de xogador, pero de aspecto máis de golem de rocha, aunque aparecen entre as filas do bando do "Midgard" nórdico.
  • Na serie de xogos para PC Warcraft, de Blizzard Entertainment, os trolls son unha raza de áxiles, sensibles e con saberes chamánicos. Son salvaxes, lanzan hachas ou lanzas e practican o vudú. Os trolls do Warcraft se adaptan rapidamente ó seu entorno, indo dende os verdes Trolls do Bosque e os blanco-azulados Trolls do Xeo, ós Trolls da Xungla/Sombra de pel gris. Os Trolls do Bosque aliáronse unha vez coa Horda dos Orcos para loitar contra os Altos Elfos, pero os abandoaron logo da súa derrota na segunda guerra. O Señor da Guerra Orco Thrall aliouse ós Trolls da Sombra cando a Horda foi desfeita na súa illa mentres escapaban da prisión dos Humáns.
Dato curioso: Os trolls do Bosque e do Xeo falan cun acento español, mentres que os Trolls da Sombra falan con acento xamaicano.

[editar] Curiosidades

  • Os Trolls na música.

- O "Troll metal" é unha música de tipo black metal relacionada cos trolls, goblins e seres emparentados con eles. Finntroll é unha das máis famosas bandas de "troll metal". Os cantos dos "trolls" relatan o seu odio hacia os humáns, especialmente ós cristiáns, que constitúen para eles unha plaga a erradicar -e comer.

- Edvard Grieg, o meirande compositor de Noruega, escribiu varias piezas sobre os Trolls. No Salón da Montaña do Rei, e a Marcha dos Trolls, son dous exemplos do tema. Polo que toca as súas motivacións, Grieg escribiu: "O extraño da vida foi o que o que me volveu salvaxe e tolo...o poder do anano e a furia indomable...audaz e singular fantasía." A antigua casa de Grieg, en Troldhaugen (que significa "A Colina do Troll"), é actualmente un museo.

- Como Grieg, o director de orquestra Johan Halvorsen foi un compositor noruego nacionalista. Escribiu, A Princesa e o Troll Xigante, Os Trolls entran na Montaña Azul, e Danza dos Pequenos Trolls.

- Geirr Tveitt foi fortemente influenciado polo romanticismo de Grieg e a exploración cultural do folklore escandinavo, así como a música popular noruega. Os Troll Tunes de Tveitt, incluen traballos como a Troll-Tuned Hardanger Fiddle, e The Boy With The Troll-Treasure. Desgrazaadamente, o 80% da obra de Tveitt foi destruida nun incendio.

  • Os trolls en América.

Os Trolls foron popularizados fóra dos países escandinavos por J.R.R. Tolkien. Nos EEUU e Canadá, a antiga crenza nos trolls é paralela a unha crenza moderna no Bigfoot e o Sasquatch. Moitas estatuas de trolls adornan centro da zona dos negocios de Mount Horeb, Wisconsin, cidade que destaca por levar o mote de A Capital do Troll. Tamén hai un barrio no noreste de Fargo, Dakota do Norte que se chama Trollwood.

Na mini-serie de TV The 10th Kingdom ('O Décimo Reino'), os trolls son a raza dominante do 3º reino, e teñen grandes e puntiagudas orellas e narices, pelo crecho, pouca intelixencia e adoración polos zapatos e o coiro.

  • Os bonecos Troll.

Unha variante dos trolls moito máis inofensiva son os bonequiños troll, unha especie de boneco de xoguete que fixo furor trala súa creación en 1959 polo leñador danés Thomas Dam. Esta moda convertiuse nun revival a principios-mediados dos 1970, a través dos moitos conductores que colgaban os bonequiños troll de plástico dos seus parabrisas dianteiros ou dos retrovisores. A pesares de que conservaban a lexendaria fealdade dos trolls, os bonecos troll eran tamén unha cucada adorable, según algúns gustos. Hai xente que os colecciona, hainos de moitas cores e estilos, e teñen o pelo pintado de cores rechamantes levantándose crecho na cabeza.

  • Hipóteses sobre os trolls.

Hai unha teoría según a que os trolls son un recordo lonxano do encontro do home moderno co Homo neanderthalensis ou Neanderthal. Algúns sosteñen tamén que os Neanderthais quizáis viviron efectivamente en tempos históricos, e deben ser recordados como trolls.

Our "Network":

Project Gutenberg
https://gutenberg.classicistranieri.com

Encyclopaedia Britannica 1911
https://encyclopaediabritannica.classicistranieri.com

Librivox Audiobooks
https://librivox.classicistranieri.com

Linux Distributions
https://old.classicistranieri.com

Magnatune (MP3 Music)
https://magnatune.classicistranieri.com

Static Wikipedia (June 2008)
https://wikipedia.classicistranieri.com

Static Wikipedia (March 2008)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com/mar2008/

Static Wikipedia (2007)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com

Static Wikipedia (2006)
https://wikipedia2006.classicistranieri.com

Liber Liber
https://liberliber.classicistranieri.com

ZIM Files for Kiwix
https://zim.classicistranieri.com


Other Websites:

Bach - Goldberg Variations
https://www.goldbergvariations.org

Lazarillo de Tormes
https://www.lazarillodetormes.org

Madame Bovary
https://www.madamebovary.org

Il Fu Mattia Pascal
https://www.mattiapascal.it

The Voice in the Desert
https://www.thevoiceinthedesert.org

Confessione d'un amore fascista
https://www.amorefascista.it

Malinverno
https://www.malinverno.org

Debito formativo
https://www.debitoformativo.it

Adina Spire
https://www.adinaspire.com