Ebooks, Audobooks and Classical Music from Liber Liber
a b c d e f g h i j k l m n o p q r s t u v w x y z





Web - Amazon

We provide Linux to the World


We support WINRAR [What is this] - [Download .exe file(s) for Windows]

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
SITEMAP
Audiobooks by Valerio Di Stefano: Single Download - Complete Download [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Alphabetical Download  [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Download Instructions

Make a donation: IBAN: IT36M0708677020000000008016 - BIC/SWIFT:  ICRAITRRU60 - VALERIO DI STEFANO or
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Xogo de rol - Wikipedia

Xogo de rol

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Atención: Este artigo precisa un traballo de revisión.
Por favor vexa a lista de Artigos con problemas e mellóreo de acordo coas indicacións que aparecen nesa páxina. Cando os problemas se resolvan retire esta mensaxe e borre a páxina da lista de artigos con problemas, pero por favor non quite esta mensaxe ata que estea todo solucionado.

Dados de Rol
Agrandado
Dados de Rol

Un xogo de rol é un xogo no que cada xogador participante interpreta un determinado rol ou papel dentro dunha aventura arbitrada polo chamado director de xogo.

Índice

[editar] Historia dos Xogos de Rol

Nos xogos de rol, os xogadores, axudados polo Dx(Diretor de Xogo, Contacontos, master...)encarnan no seu maxín as vidas de personaxes que habitan outros mundos ou situacións diferentes ás nosas, "vivindo" aventuras neses mundos, que, normalmente están plagados de dificultades, inimigos, xentes e razas estranas, conflictos e maxia.


O Primeiro que debemos saber (e esto é moi importante) é que OS XOGOS DE ROL DESENRÓLANSE Ó REDOR DUNHA MESA, na que se senta un grupo de amigos, que encarna a esos "Px´s"(Personaxes xogadores:Os "heroes" das aventuras)e o chamado "Contacontos" (Ou master, Director de Xogo, Narrador ou Gardián dos Arcanos, dependendo do xogo/mundo en cuestión). Este "Master", contará a historia (que preparou con anterioridade), e irá plantexando ós xogadores diferentes situacións nas que deberán posicionarse dalgún xeito, sempre ACTUANDO DUN XEITO SIMILAR Ó QUE CREN QUE O FARÍA A SÚA PERSONAXE NESAS CIRCUNSTANCIAS. En moitos casos, os Xogadores durante un xogo de rol falarán de xeito moi diferente ó que falan na súa vida real, ou mesmo actuando de xeito moi diferente (mesmo contrario) o que crerían correcto se fosen eles mesmos.


Para xogar, os Xogadores de rol non precisan máis ca algúns dados de diferentes formas poliédricas (de 4,6,8,10,12 e 20 caras), uns lápices e unhas follas, nas que se apuntan as CARACTERÍSTICAS/RASGOS da Personaxe que leva cada ún.


Durante unha partida de rol, aparecerán situacións que se poderán resolver dun xeito automático sen a necesidade de tirar dados ou acudir a algunha regra: Por exemplo:

Contacontos: Escapando da casa do Duque pola porta de atrás, chegades a un caleixón escuro que se bifurca. Polo lado norte escoitades un rebunbio de xentes que vos buscan... Xogadores: Imos polo outro lado.


Para cando esas ocasións non están tan claras, existe o que se chama O SISTEMA DE XOGO: Un conxunto de reglas máis ou menos sinxelas, que delimitan a posibilidade de facer unhas cousas ou outras dependendo do momento.

Contacontos: O ninja lánzate unha estrela shuriken con moi mala intención. Xogador: Tento parala cos dentes. Contacontos: Vale, fai unha tirada pola destreza da túa personaxe. (soan dados) Ui, vai ser que non!

[editar] Os xogos de rol diseccionados

  • O Sistema de Xogo
  • O Entorno ou Mundo de Xogo
  • A Folla de Personaxe
  • As Pantallas
  • Os Manuais


Tipos de Xogos de Rol Dende os anos 70 que apareceu o primeiro xogo de rol propiamente dito, estos creceron e se reproduciron dun xeito abraiante, aparecendo xogos e ambientacións de Campaña (os mundos de xogo)cáseque para o gusto de cada ún... Ou máis ben, varios para o gusto de cada ún.

[editar] Dependendo do seu Sistema de Xogo

  • Ad&d (Advanced Dungeons & Dragons) O coñecido Dragóns e Mazmorras, que chegou á península ibérica na súa 2ª Edición.
  • Chaosium: Que nos permitíu pasar bos ratos cos míticos Runequest e A chamada de Cthulhu. Utilizaba tiradas percentiles.
  • L5A A Lenda dos cinco Anéis. Inspirado na mitoloxía e xeito de entende-la vida nun Pseudo-Xapón mitolóxico.
  • NPI: O primeiro sistema de rol feito integramente na Galiza, pertencente ó xogo "As Crónicas de Gáidil". Úsanse únicamente dados de seis caras (D6)
  • Rolemaster: Complexo sistema de xogo con moitas táboas. De gran realismo e tamén (sig.) dificultade.
  • West End Games:Sistema sinxelo que utilizaba un antigo xogo da triloxía "Starwars".
  • Mutantes:: Un dos primeiros xogos feitos na península. Moi bó, ainda que de curta vida
  • White Wolf (sistema Narrativo): O grande negocio levado ós xogos de Rol. Tamén un dos mellores sistemas (todo hai que dicilo). Xoias dos xogos narrativos coma Vampiro: A mascarada, Lobishome: A apocalipse e moitos máis.
  • WHFRPG (Warhammer Fantasy Role Playing Game): Sistema baseado no popular xogo de batallas con figuritas de chumbo. Non é o mellor do mundo pero cumple moi ben a súa función. É salientable o sistema de creación de personaxes.
  • FUDGE (Freeform-Universal-Doityourself-Gaming-Engine)É dicir: Motor de Xogo Universal-libre-Fágaovostedemesmo. Non é senón un número de regras e directrices (gratuítas e de libre descarga)feitas por Steffan O´Sullivan para axudar a aquel que quere facer un xogo de rol e non sabe por onde escomezar. Hai moreas de xogos baseados en Fudge, e moitos moi bós.
  • GURPS: (Generic Universal Role Playing Sistem) É dicir, un Sistema de xogo Xenérico e Universal... Feito por Steve Jackson Games, tanto vale para xogar na idade media, coma nunha campaña na colonización espacial. Simple e sinxelo a máis non poder...
  • HERO SYSTEM Sistema moi popular ó outro lado do charco. Por aquí todavía non se lle viu o pelo (nunha das línguas vernáculas, vamos)
  • Aquelarre: Moi similar ó sistema Chaosium, contrasta en grande medida coa riqueza e xugabilidade do entorno de campaña, baseado na España medieval e renacentista.Feito por Ricard Ibañez, un dos pais do rol na península.
  • UNIVERSO: O xogo de rol Multiambiental. O seu creador Pedro Alcántara, tentou de crear un sistema de xogo que valese para calquer ambientación. Tras dous ou tres expansións (Jurasia, Midgard e algunha máis, se cadra)quedou no camiño. O triste destiño da producción peninsular, por desgracia.
  • CODA: Sistema novo que utiliza o señor dos anéis baseado na triloxía cinematográfica. Sinxelo e de grande realismo. Moi similar ó D20.
  • Palladium: Sistema feito pola compañía do mesmo nome para as súas diferentes liñas de edición.
  • D20: Sistema herdeiro do Ad&d (en teoría porque logo non se parece en nada). Goza de licencia aberta, así que calquera pode descargalo e utilizalo. Hai moitos tipos e cada un adaptado ás diferentes campañas. Hoxe por hoxe, ven sendo o máis extendido o ser o sistema que utiliza o popular Dungeons & Dragons 3ª Edición...
  • OGL (OPEN GAMING LICENSE)Versión do sistema D20 para xogos como o popular Conan RPG

[editar] Dependendo do Mundo de Campaña

[editar] Medievais fantásticos

RunequestEdición de luxo
Agrandado
Runequest
Edición de luxo
Stormbringer
Agrandado
Stormbringer

Mundos nos que os dragóns, os magos e extraños e mitolóxicos seres son tan reais coma a vida misma.

  • MERP Middle Earth RolePlaying
  • O Señor dos Anéis
  • OS REINOS ESQUECIDOS
  • GREYHAWK
  • Darksun (aD&D)
  • Ravenloft (D20)
  • Reinos de Ferro(D20)
  • Eberron (D20)
  • Os Reinos de Kalamar
  • Krynn (Dragonlance)
  • Warcraft
  • Conan RPG
  • Runequest
  • Heroquest
  • Pendragón
  • O Principe Valente
  • WARHAMMER FANTASÍA XOGO DE ROL
  • A LENDA DOS 5 ANEIS
  • 7º MAR
  • STORMBRINGER
  • ELRIC
  • Anno Domini
  • Paladium
  • Oráculo
  • Feeria
  • Aquelarre
  • AS CRÓNICAS DE GÁIDIL(NPI)Xogo en proceso de Publicación. 1º Xogo de Rol en Galego, integramente desenrolado en Galicia. (Realizado por Pablo Fernández e Ignacio Rodriguez)

[editar] Ciencia Ficción

MechWarrior 2ª Ed.
Agrandado
MechWarrior 2ª Ed.
  • Beyond the Supernatural
  • Cyberpunk
  • Darwin's World
  • Exo
  • Fading Suns
  • Fuerza Delta
  • Gamma World
  • Heavy Gear
  • Mechwarrior
  • Megatraveller
  • Rifts
  • Shadowrun
  • Spacemaster
  • Starwars
  • Traveller

[editar] Terror

A Chamada de Cthulhu
Agrandado
A Chamada de Cthulhu
  • Zombie: All Flesh must be eaten
  • A chamada de Cthulhu
  • Ragnarok
  • Lobishome, o apocalipse
  • Mago, a ascensión
  • Wraith, o olvido
  • Changeling, o ensoño
  • Kult
  • Vampiro, a mascarada
  • Vampiro, o requiem

[editar] Outras ambientacións

  • Os Cazapantasmas
  • Unknown Armies
  • Feng Shui
  • Mutantes na sombra
  • Mutantes G2
  • Fanhunter
  • Fanpiro

[editar] Breve Diccionario Roleiro

  • Personaxe Xogador: Tamén chamados Protagonístas, Pjs...Unha das personaxes encarnadas polos xogadores dun xogo de rol.
  • Contacontos:Tamén chamado Master, Gardián dos Arcanos, Narrador, Dj, e moitas cousas máis. É o que dirixe unha partida, e actúa por tódalas personaxes coas que interactúan os Pjs.
  • Px ou Xp´s: Pontos de Experiencia ou "experience points" que otorga unha criatura ó ser vencida polos Xogadores.Cando se xuntan os px´s necesarios, súbese de Nivel.
  • Nivel: Diferentes estadíos que determinan a habilidade do personaxe no exercício da súa profesión. Así un guerreiro de nivel 8 será máis poderoso ca un de nivel 1.
  • Módulo:Unha aventura. Pode levar unha hora, coma un par de días de xogo.
  • Campaña:Grupo de módulos consecutivos, que ten unha mesma temática común. Poden remontarse a anos de xogo coas mesmas personaxes.
  • Dados:Pequenos obxectos de plástico de diferentes formas e cores que se utilizan de cotío nas partidas de rol. Hainos de 4,6,8,10,12 e 20 caras. Normalmente represéntanse cun d diante. P.e. d4 (un dado de catro caras), 3d6 (tirada de 3 dados de 6)
  • Crítico: Golpe ou acción especialmente efectiva. Se se refire a un golpe, e que se fai un dano moi grande coa arma ó ser golpeado un punto vital. Se se refire a unha acción, e que se realiza do mellor xeito posible.
  • Pífia: O contrario de Crítico. Realízase unha acción ou un ataque do peor xeito posible.
  • Folla de Personaxe: Folla de papel (normalmente fotocopiada)que se enche coas características, habilidades, equipo e demáis datos do personaxe xogador. Normalmente, pola parte de atrás apúntanse cousas importantes da partida (propiedades especialmente poderosas, nomes de personaxes non xogadores, datos da partida...)
  • Característica: Rasgo principal da personaxe. As características definen á personaxe física e mentalmente.P.Ex: Forza, Destreza, Sabedoría, Aura... etc.
  • Habilidade: Rasgos secundarios que definen que sabe ou pode facer a nosa personaxe. Normalmente, veñen definidos pola profesión da personaxe.P.Ex: Combate con Espada, conducir carro, nadar, Coñecemento do Mundo, Baixos fondos...
  • Modificador (BONUS-MALUS)Bonificador que pode otorgar o Contacontos ou Narrador dependendo do difícil que poida ser unha acción. Por exemplo, se tentamos abrir unha pechadura dunha porta facil, o Contacontos podería otorgar un bonus de +2(por poñer un exemplo). Así mesmo, se a pechadura e de última xeración, de gran seguridade, podería impoñer un malus de -3...
  • Táboas: Listas de Equipo, habilidades e demáis que completan as regras dun xogo de rol. O Sistema de rol de Rolemaster (e,claro, Spacemaster) é especialmente coñecido pola súa cantidade e calidade.
  • Pantallas: Pequeno muro de cartón que serve de axuda ó master ou Contacontos. Detrás de elas, éste fai as súas tiradas fora da mirada dos xogadores e garda o módulo e outra información confidencial (como os entresixos da partida). Moitas teñen as táboas máis importantes e utilizadas do xogo no seu lado interior, e un bonito debuxo ou mapa no lado exterior. Normalmente, Cada xogo ten as súas.
  • Mapeador: Xogador que se dedica a facer o mapa das habitacións do "Dungeon". Máis frecuente en América que aquí. Soe aparecer nas partidas tipo "Rata de Sumidoiro"
  • Rata de Sumidoiro: Personaxe que pasa a meirande parte das súas aventuras entre sumidoiros e mazmorras abandoadas, loitando con seres malignos e esquivando trampas esquecidas por ouro e Px´s. Moi corriente no Ad&d e Dungeons and Dragons. Tamén coñecido como Dungeonero.
  • Un Gil de Poder-Forza: Personaxe que alcanza unha inusitada forza e poder. O nome ven dun master que facía os Personaxes Non xogadores expecialmente Invencibles e Invulnerábles. Así, os había de 1 Gil de poder, de 2 giles de Poder...
  • PNJ´S Gil: As famosas personaxes non xogadoras invencibles que se labraron un camiño na lenda.
  • Dungeonero: Ver Rata de Sumidoiro.
  • Rollomaster: Apelativo cariñoso co que se coñece o Rolemaster, debido á multiplicidade e dificultade das súas reglas e táboas.
  • "A Destrozar e Degolar": Presunto significado de Ad&d (Advanced Dungeons & Dragons), baseado na temática corriente das súas partidas.
Our "Network":

Project Gutenberg
https://gutenberg.classicistranieri.com

Encyclopaedia Britannica 1911
https://encyclopaediabritannica.classicistranieri.com

Librivox Audiobooks
https://librivox.classicistranieri.com

Linux Distributions
https://old.classicistranieri.com

Magnatune (MP3 Music)
https://magnatune.classicistranieri.com

Static Wikipedia (June 2008)
https://wikipedia.classicistranieri.com

Static Wikipedia (March 2008)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com/mar2008/

Static Wikipedia (2007)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com

Static Wikipedia (2006)
https://wikipedia2006.classicistranieri.com

Liber Liber
https://liberliber.classicistranieri.com

ZIM Files for Kiwix
https://zim.classicistranieri.com


Other Websites:

Bach - Goldberg Variations
https://www.goldbergvariations.org

Lazarillo de Tormes
https://www.lazarillodetormes.org

Madame Bovary
https://www.madamebovary.org

Il Fu Mattia Pascal
https://www.mattiapascal.it

The Voice in the Desert
https://www.thevoiceinthedesert.org

Confessione d'un amore fascista
https://www.amorefascista.it

Malinverno
https://www.malinverno.org

Debito formativo
https://www.debitoformativo.it

Adina Spire
https://www.adinaspire.com