Podcasting
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Podcasting é un método de transmisión de arquivos de audio (polo xeral MP3 ou ogg) que utiliza redes RSS para distribuír o contido, os arquivos quedan almacenados nun servidor de internet, os subscritores baixan os ficheiros automaticamente.
O termo orixinouse o 12 de febreiro de 2004 pola combinación de broadcasting co reprodutor de Apple Computer, iPod.
Podcasts en galego
- Plan Galicia: este podcast, creado por Mariano Grueiro, é a primeira experiencia de podcasting na Galiza
- e-music: podcast saído das ondas de radio sobre música electrónica e o mundo contemporáneo.
- Chuzanews: podcast creado ao redor da rede social de comunicación Chuza! ([1]), dirixido por Modesto del Río.